A Piscina Mancomunada de Val Miñor, un dos centros deportivos de referencia na zona e xestionado por Serviocio, lanzou este setembro unha campaña de reactivación para todas esas persoas que practicaban deporte pero que o deixaron no último ano e medio.
Coa mensaxe ‘Cada día que fas deporte, é un día feliz. Volve sentilo’, Serviocio pretende motivar aos veciños da zona de Val Miñor a reactivarse despois de meses de sedentarismo, volver abrazar o deporte, poñerse en forma e levar unha vida saudable.
Para facilitar as inscricións, o centro deportivo, non cobra a matrícula, regala un mes aos que se abonen na modalidade individual e ofrece a integración gratuíta dos fillos no abono a aqueles que o fagan na modalidade familiar. Para máis información sobre esta campaña, Serviocio habilitou a web www.serviocio.es/serfeliz onde ademais poderase entrar o sorteo de seis meses gratis de ximnasio.
Os responsables da instalación reforzaron a grella de actividades e os servizos complementarios como a escola de natación ou a sauna e o baño de vapor para ofrecer unha experiencia deportiva máis completa.
O centro deportivo segue demostrando que é un espazo seguro grazas a todas as medidas implementadas no último ano e medio sempre acordes ás recomendacións das autoridades sanitarias.