21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosSomos MoS, Obradoiro que formará a 20 persoas desempregadas para mellorar...

    Somos MoS, Obradoiro que formará a 20 persoas desempregadas para mellorar o paseo do Louro e muíños municipais

    A acción formativa inclúe tamén a especialidade de atención sociosanitaria, debido a alta demanda de postos de emprego neste sector

    O Concello de Mos, ven de recibir unha axuda de 376.946 € para a posta en marcha do  Obradoiro dual de Emprego “SOMOS MOS”, a través dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Este Obradoiro vai a permitir que 20 mosenses poidan formarse nas especialidades de Atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio e albanelería,  durante 9 meses.

    A través da especialidade de albanelaría vanse realizar actuacións no Paseo do Río Louro que consistirán na reparación dos bordos do paseo e a consolidación de soleiras existentes, reparación de cimentacións de mobiliario urbano, así como reparacións de muros. Actuarase tamén no Muiño do cubo onde se van a realizar obras de delimitación da parcela, limpeza das paredes do Muiño e consolidación destas e da canle, realizadas en mampostería de pedra do país e obras de rehabilitación necesarias para a restauración e conservación do Muiño.

    A especialidade de atención sociosanitaria, está enfocada a poder cubrir con persoal cualificado a alta demanda de postos de emprego neste sector. Este Obradoiro conseguirá que a súa cualificación non sexa só teórica senón que os alumnos poderán poñer en practicas os seus coñecementos adquiridos con exemplos diarios de atención. É necesario realizar unha substitución  xeracional entre os actuais traballadores e que mellor forma que aprender da experiencia deles. Ademais existe un crecemento na demanda destes servizos debido ao envellecemento da poboación eo crecemento da esperanza de vida.

    Aquelas persoas que teñen interese en poder solicitar a participación no Obradoiro de Emprego “Somos Mos”, poden solicitalo a través da oficina virtual do SPEG  (https://emprego.xunta.gal/portal/es/) ou acudindo as instalacións da Axencia de colocación do concello de Mos ( sita na Avda. de Peinador 39 /986487786).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.