10.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas únese a rede VioGén para protección de vítimas de violencia de...

    Ponteareas únese a rede VioGén para protección de vítimas de violencia de xénero

    O municipio contará con tres oficiais da Policía Local dedicados ao control e seguimento das mulleres afectadas

    Ponteareas da un paso máis para a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero no municipio. O Concello acaba de formalizar na Xunta Local de Seguridade a súa adhesión á rede VioGén, o Sistema de Seguimento Integral dos Casos de Violencia de Xénero, dependente da Secretaría do Estado de Seguridade.

    Coa súa integración na rede Ponteareas pasará a ter tres oficiais da Policía Local dedicados ao control e seguimento das mulleres afectadas, e que traballarán man a man coa Garda Civil, corpo encargado deste labor de maneira xeral. A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila; a subdelegada do Goberno en Pontevedra, M. Carmen Larriba; e o Teniente Coronel Manuel Touceda asinaron este mesmo mércores o protocolo de coordinación entre Garda Civil e Policía Local para facer a cabo este seguimento.

    “Queremos dotar as mulleres que sufriron violencia de xénero da maior cantidade de ferramentas posibles para evitar que saían a rúa con medo”, explica a concelleira de Igualdade, Verónica Carrera. Sumando a oficiais da Policía Local ao traballo que desenvolve a Garda Civil, será máis doado “facer unha mellor predicións dos riscos, mellorar en gran medida o labor preventivo, e integrar unha rede que permita a protección das mulleres e os seus fillos e fillas”, explica a edil.

    Carrera tamén destaca que a través de VioGén será posible dar unha mellor protección aos grupos vulnerábeis, con situacións de risco que se superpoñen: ser muller e ter unha diversidade funcional; ser muller e ter un tentativa de suicidio… “Este é un paso máis dos moitos que debemos dar como sociedade para facer de Ponteareas un municipio libre de violencia de xénero”, conclúe a edil de Igualdade.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.