24.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Setembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaSanidade comunica ao Concello de Redondela o fin do episodio de contaminación...

    Sanidade comunica ao Concello de Redondela o fin do episodio de contaminación microbiolóxica nas augas de baño do concello

    A administración sanitaria sinala que os valores de enterococos intestinais e Escherichia coli, “non supoñen risco para a saúde dos bañistas”

    A Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade remitiu un informe ao concello de Redondela no que se da conta da “finalización do episodio de contaminación microbiolóxica nas augas de baño do seu concello”.

    A administración sanitaria sinala que nas análises microbiolóxicas das remostraxes de auga de baño recollidas o día 12/09/2021, segundo os informes do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia do 14/09/2021, acadáronse os seguintes resultados:

    Zona de BañoVALORES MICROBIOLÓXICOS (NMP/100 mL)
    Enterococos intestinaisEscherichia coli
    Praia de Arealonga10 NMP/100 ml<10 NMP/100 ml
    Praia de Rande<10 NMP/100 ml<10 NMP/100 ml

    Segundo os datos remitidos por Sanidade á o Concello, afirma o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, estes dan conta que os niveis son aceptables xa que son inferiores a 800 NMP/100 ml de Escherichia coli e 500 NMP/100 ml de enterococos intestinais, “polo que non supoñen un risco para a saúde dos bañistas”.

    Asi mesmo, engade o concelleiro de Medio Ambiente, “e segundo a lexislación vixente no relativo á xestión da calidade das augas de baño, Sanidade autoriza ao concello á retirada dos carteis de prohibición de baño un recomendación de absterse deste”.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.