10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaUn alumno da Guarda rexeitado por non poder desprazarse a Santiago en...

    Un alumno da Guarda rexeitado por non poder desprazarse a Santiago en 24 h para matricularse nun curso superior 100 % online

    Hai algo máis incongruente que rexeitar a un alumno por non poder presentars, nun prazo de 24 horas en Santiago, para matricularse nun ciclo superior 100 % online? Dificilmente, sería a resposta máis lóxica pero, as veces a lóxica asemella non ter cabida en determinados trámites ou instancias educativas e, como afirma o dito, a realidade sempre supera a ficción.

    O martes 14 de outubro, Felipe Rodríguez recibe unha chamada o IES San clemente, na que lle indican que, estando en lista de espera para matrícula nun ciclo superior de formación profesional (non foi admitido na primeira adxudicación), actualmente estaba admitido para matricularse en catro módulos do ciclo que solicitara.

    Pero, explica Felipe, a sorpresa vén cando, a pesar de tratarse da modalidade de educación para adultos a distancia, de terse realizado a solicitude anterior totalmente en liña (na que xa se achegou toda a documentación e información requirida para a matrícula), e de non restar máis trámite que o ingreso da cota de matrícula e a súa formalización (algo que se pode facer perfectamente por medios telemáticos), por teléfono indícanlle que debe acudir en persoa ao IES San Clemente, como máximo, ao día seguinte (dicindo literalmente que “non imos estar esperando por ti catro días”), en non deixando ningunha outra opción para poder exercer o seu dereito para formalizar a matrícula.

    Na mesma chamada, ao indicar o interesado que non podía acudir o mércores a Santiago –reside na Guarda e trátase dun día laborable con horario ata as 14 h e para o que se avisa o día anterior–, comunícanlle que pasan a considerar a súa solicitude como “RENUNCIA” automaticamente.

    Acto seguido, e non sen tratar de razoar nunha segunda chamada ao instituto (na que o alumno preguntou para que se requiría a presenza física exactamente, pregunta que non soubo contestar a persoa que atende o teléfono, que se reduciu a dicir “funciona así, poña unha queixa a admisión de ciclos”), o interesado tramitou unha queixa a través do rexistro electrónico da Xunta dirixida á Consellería de Educación para denunciar o caso e indicar claramente que non renuncia á matrícula e que espera unha solución razoable que sexa respectuosa coa legalidade vixente e razoable considerando o trámite para realizar e o medio elixido.

    Felipe Rodríguez asegura que trátase dun caso claro de discriminación xa que todos os alumnos que formalizaron a matrícula na semana anterior, puideron facer o proceso 100 % a distancia. Ao denunciar este feito ao IES San Clemente na segunda chamada telefónica, a persoa que atende simplemente dixo “Os de lista de espera teñen que vir en persoa a facer a matrícula, son normas de admisión de ciclos”.

    Asegura Felipe que hoxe día existen medios telemáticos dabondo para poder realizar un trámite administrativo: Certificado electrónico para a firma, correo electrónico, rexistro e sede electrónica… Pero ademais, estamos en plena pandemia do Covid-19, polo que non parece moi razoable obrigar a realizar un desprazamento e comparecencia física, cando non é necesaria, e ademais existe unha situación de risco que esixe “Sentidiño” e realizar os mínimos desprazamentos necesarios e inevitables.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.