Domingo, 14 Setembro de 2025

Comarcas

Tui repartirá 81 composteiros individuais entre a veciñanza que o solicite

Na aposta que pola reciclaxe do lixo que se realiza dende o Concello de Tui, e grazas á participación no programa Revitaliza da Deputación, vanse repartir 81 composteiros individuais de exterior, COINEX, e un aireador, entre aqueles veciños e veciñas que así o soliciten.

José María Gude será o homenaxeado no Acto Cívico do Alivio en Tomiño

O Concello de Tomiño homenaxeará ao José María Gude Méndez o vindeiro domingo 15 de setembro dentro da programación das Festas do Alivio. Homenaxea así, o Concello tomiñés "a un home caracterizado polo seu activismo no asociacionismo cultural local e polo seu voluntarismo. Unha traxectoria longa enraizada na vida local tomiñesa".

A Deputación inicia o acondicionamento da rúa Silleda na Cañiza

Este martes 27 de agosto comezaron na Cañiza as obras de acondicionamento da rúa Silleda, adxudicadas por 136.080,87 euros. A través desta actuación, que está previsto que estea rematada nun prazo de tres meses, a Deputación de Pontevedra acondicionará a beirarrúa da estrada e renovará servizos.

Redondela inicia os trámites para o traslado de Servizos Sociais

O Concello de Redondela licita,esta semana,o contrato para a realización das obras de acondicionamento, tanto exterior como interior, do novo local que albergará a oficina municipal de Servizos Sociais e o servizo de Atención á Muller. O proxecto para o traslado destas dependencias, contaba co informe favorable dos servizos técnicos do Concello dende xuño de 2018 pero o expediente levaba paralizado máis dun ano.

A vela chega á Guarda este sábado co ‘X Cruceiro Río Miño’

O Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello da Guarda, organiza este sábado día 31 de agosto a 10º edición do Cruceiro Río Miño, unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C.

Salvaterra de Miño adxudica o contrato do Servizo de Axuda no Fogar

A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, vén de asinar o novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para os próximos catro anos coa empresa Idades, S.L. por un importe de 1.711.584,00 €, entre SAF dependencia e SAF básico.

Mos, unánime na adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía

O Pleno do Concello de Mos aprobou onte, durante a sesión ordinaria do mes de agosto e por unanimidade dos seus membros, a adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, unha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático.

A veciñanza de Mondariz Balneario di non ao abandono da Fonte de Troncoso

Medio centenar de persoas mobilizáronse de urxencia o pasado domingo 25 para dignificar a histórica fonte de Troncoso, en Mondariz Balneario, obra do arquitecto Antonio Palacios, patrimonio do pobo de Mondariz Balneario e inmoble recollido no catálogo de bens protexidos.

Esta fin de semana O Codesal, en Camposancos, acolle o ‘Torneo de Volei Praia Vila da Guarda’

O domingo día 1 de setembro as pistas deportivas de O Codesal en Camposancos acollen o Torneo de Volei Praia Vila da Guarda, organizado polo Clube de Volei Miño en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello da Guarda.

Nigrán presenta “numerosas alegacións” a un plan de transporte que “desatende o interior”

O Concello de Nigrán presentou este pasado venres as súas alegacións ao anteproxecto de explotación do Plan de Transporte Público de Galicia 2020 para que se corrixa, entre outras moitas cousas, a supresión de frecuencias da liña Vigo-Baiona/Baiona-Vigo tanto por Panxón como pola estrada xeral (PO-552) ou se subsane o illamento que se contempla novamente das parroquias do interior.

Participación Cidadá presentará o borrador do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable ao tecido asociativo de Redondela

O próximo xoves días 29/08/2019 ás 17:00 horas están convocadas todas as Asociacións do Concello de Redondela (Asociacións veciñais, Comunidades de Montes, Anpas, Asociación de Taxistas, Asociacións de Persoas con Diversidade Funcional, etc.) no Multiusos de Redondela, onde a empresa redactora realizará a presentación do borrador elaborado.

A Sociedade Cultural do Viso, en Redondela, retoma os cursos de cultura tradicional

A Antiga Escola de Tuimil, epicentro de actividades e cursos na parroquia do Viso, Redondela, será escenario de novos cursos de cultura tradicional organizados pola Sociedade Cultural do Viso. En setembro iniciaránse as actividades do curso de Gaita e Percusión e xa en outubro o fará o de pandeireta e canto tradicional.