O próximo Domingo día 29 de Setembro celebrase a 'XII Limpeza simultánea de Ríos en toda Galiza' e, como o vén facendo case que dende o comezo desta iniciativa, 'Defendendo o Tea', en colaboración co 'Proxecto Ríos' de Adega, mollarase unha vez máis polo río e polo medio ambiente.
O grupo Avelaíña de Teo, A Coruña, gaña o LII Concurso de Gaitas do País organizado polo concello de Ponteareas. O grupo formado polas gaitas de Xesús Rodríguez Callejón e Raquel Vilas Otero, o bombo Ricardo González Martín e tambor de Santiago López Suárez faise co primeiro premio do concurso de gaitas máis antigo de Galicia recibindo un premio de 1.800 €.
Cando están a piques de cumprirse os primeiros cen días dende a toma de posesión, o equipo de goberno de Salceda, formado por Movemento Salceda e PSdeG-PSOE, cualificou este primeiro período como “moi positivo” e, o máis importante, “moi productivo”. En tan só tres meses de andadura do mandato, Salceda aprobou xa inicialmente o Regulamento Orgánico Municipal e o Regulamento de honores e distincións.
O Salón de Plenos do Concello de Arbo, acolleu o acto de sinatura dos convenios de colaboración, entre o Concello de Arbo e distintas Asociacións Arbenses, mediante o cal se establecen as bases de colaboración entre ambos. Os convenios, asinados polo alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito e os presidentes das distintas asociación, establecen as cláusulas que rexerán a colaboración entre estas entidades e o Concello de Arbo.
O BNG do Porriño formalizará, no decurso do vindeiro pleno da Corporación, o relevo da súa concelleira Ana Bastos por Cami Moreira. O relevo de Bastos prodúcese por motivos laborais. A actual concelleira, explican os nacionalistas porriñeses, "continuará na organización nacionalista exercendo de responsable local do BNG do Porriño, función que leva desenvolvendo nos últimos anos".
O Grupo Municipal do PP, a través do seu portavoz José Ángel Fernández Rodríguez amosou a súa "disconformidade" coa decisión do alcalde de Tui de contratar un cargo de confianza para a xestión municipal "incrementando o gasto que supón para as arcas municipais os soldos para o goberno municipal".
A Concellería de Tráfico e Mobilidade que dirixe Roberto Mera fixo públicos os seus obxectivos para o actual mandato coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade. Mera marcou dúas liñas de traballo e obxectivos na súa área para os vindeiros catro anos: a mobilidade sustentábel e a accesibilidade universal.
Alternativa Ciudadana de Ponteareas cualificou de "inadmisible" que o Concello ponteareán ceda a unha empresa privada unhas instalacións municipais para a realización dun torneo de fútbol no que o Concello, afirma o seu portavoz Juan Carlos González Carrera, "pagou o trofeo, a electricidade, limpeza e reparación do campo".
"Estou super orgullosa, como alcaldesa, de presentar esta Programación Cultural de Outono elaborada pola Concellería de Cultura é que está dirixida a todos os públicos e que inclúe todo tipo de actividades", asegurou Digna Rivas na presentación do amplo programa de actividades culturais, presentación na que estivo acompañada do concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa.
O Concello de Redondela vén de comunicar á empresa Unión de Operadores Reunidos que deberá paralizar calquera tipo de obra que se estea a realizar no local situado na Avenida Ernestina Otero, 47 de cara a adaptalo a salón recreativo e de xogo, “en tanto non presente a solicitude de licenza de instalación da actividade con comunicación previa de obra”, segundo figura no informe emitido, a petición da Alcaldía de Redondela, pola Técnica de Urbanismo do Concello.
Diversos colectivos e veciños e veciñas a nivel particular participaron o pasado mércores, na Casa da Cultura de Redondela, nunha xuntanza que tiña como obxectivo chamar a atención sobre o problema xurdido polo que cualifican "inminente apertura" dun local de apostas "moi cerca da zona escolar e deportiva da Marisma pola que diariamente circulan centos de mozas e mozos".
O Concello de Nigrán insta á Xunta de Galicia a que execute sen demora obras de substitución das vellas e oxidadas tubaxes do CEIP de Mallón "ao detectarse niveis de ferro elevado na auga pese a ser apta para o consumo", tal e como revela a analítica realizada esta semana dende a concesionaria Aqualia a instancias do propio Concello e que foi remitida hoxe a Consellería de Educación xunta a imaxes e un escrito oficial.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.