Martes, 22 Xullo de 2025

Roi Méndez, protagonista da fin de semana en Ponteareas

O Concello de Ponteareas destina a programación desta fin de semana á mocidade, coa organización de dous eventos musicais con artistas de prestixio e absoluta actualidade.

A cita musical comeza o venres por partida dobre. Por unha banda, o grupo indie AriMagritte actuará ás 21:30 h na Praza Bugallal e a continuación o artista galego Roi Méndez, na Praza Maior a partir das 22:30 h.

Despois de darse a coñecer na orquestra Olympus, acadar o éxito como concursante no programa televisivo Operación Triunfo e capturar as etapas do camiño de Santiago como influencer, Roi Méndez chega a Ponteareas para facer desfrutar a persoas de todas as idades.

E o sábado, música en dous emprazamentos: a Praza Bugallal e a Praza Maior acollerán a primeira edición do festival urbano O Son do Tea, con nomes tan recoñecidos no seu cartel como Uri Sabat, Groove Amigos, Dumore, Samu Pexe, Manu Pérez e DJ Crazy.

A partir das 20:00h comezará a sonar a música para despedir o verán por todo o alto, pero as Festas de Setembro continúan ata o 1 de outubro.

A entrada para ambos eventos será de balde e agárdase unha gran acollida por parte do público máis novo.

“Os mozos, que xa non son nenos, pero tampouco adultos, precisan de actividades e eventos adaptados aos seus gustos e necesidades. Por iso, esta fin de semana quixemos dedicarlla a eles, que sempre son os grandes esquecidos das programacións de ocio ofertadas polas institucións públicas” asegura o concelleiro de Cultura, Ricardo González.

O Viso de Redondela retoma os cursos para a tempada 2023-24

0

A Sociedade Cultural do Viso vén de comezar o curso lectivo despois do parón do verán no mes de setembro co curso de gaita tradicional e percusión impartido por Manuel Cruces, gaiteiro do grupo Tanto Nos Ten, os venres pola tardiña. Nesta actividade aínda quedan prazas dispoñibles para quen desexe adentrarse na cultural musical tradicional.

Os martes pola tarde retomáronse o curso pandeireta e canto tradicional, impartido este por Luis Prego, músico do grupo Ardentía, a partir das 18:30 h. Tamén nos vindeiros días comezará un curso de restauración e tapicería dentro do programa “Depo en Marcha” da Deputación de Pontevedra. Ambos cursos xa contan coa maioría de prazas cubertas.

Dentro do programas “Conectadas” da Deputación ofrécese un curso de Artesanía en Coiro para as tardes dos mércores. Este conta con prazas dispoñibles.

Para recibir máis información destes cursos, os interesados pódense dirixir ao correo electrónico [email protected] ou ao teléfono 656938058.

A parroquia de Casteláns celebra as súas festas esta fin de semana

0

O barrio covelense de Lourido, na parroquia de Casteláns, celebra as festas na honra da Virxe da Escravitude con discoteca móbil, música tradicional, gastronomía popular e actos relixiosos.

O sábado 16 ás 12 horas Lourido honrará, como de costume, aos seus defuntos cunha misa. Pola noite, a partir das doce da noite Disco Loop actuará no recinto da casa cultural de Lourido onde teremos, tamén, servizo de bar.

O domingo día 17 ás 11:45 actuarán “O Carballo da Armada” e as “Retranqueiras de Barcia de Mera”. A continuación terá lugar a misa solemne, ás 12:30 horas, para dar paso á procesión acompañada dos gaiteiros. Despois da misa volverán a animación musical para amenizar a sesión vermú na que non faltará o servizo de bar e o polbo.

Aberto o prazo de inscrición na aula de teatro de Baiona

0

A aula de teatro de Baiona “Nos si? Teatro”, abre o prazo de matrícula para o curso 2023/2024. As clases comezarán o vindeiro 2 de outubro, estarán impartidas por Mónica Sueiro e terán lugar no Auditorio Municipal V Centenario.

Avanzado, Nos si? Teatro:
Luns: de 20:00 a 21: 30h.

Teatro para a vida, Taller de Teatro:
Xoves: de 20:00 a 21:30h.

Taller Matinal:
Mércores: de 10:00 a 11:30h.

Máis información no correo electrónico [email protected] / 638 186 112.

Mos traballa no convenio coa Asociación Psicoanalítica de Galicia para reforzar o servizo de apoio psicolóxico municipal

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, reuníronse na sede do departamento no Edificio Multiusos das Pozas, acompañadas pola psicóloga municipal, Elena Bastos, co presidente da Asociación Psicoanalítica de Galicia, psicólogo de profesión e veciño da mosense parroquia de Dornelas, Antonio Muñoz Gallego, para abordar a primeira das accións do Plan Local de Impulso á Saúde Mental, que foi unha das propostas que a rexedora Arévalo presentara no seu último programa electoral no capítulo adicado ao ‘Mos das persoas’.

Da xuntanza extraeuse a vontade de inicio dun marco de colaboración para a vindeira sinatura dun convenio polo que a Asociación presidida por Muñoz Gallego ofrece ao Concello sesións de terapia gratuítas con pacientes tanto maiores como menores de idade que se deriven desde os departamentos municipais de Política Social (entre as familias usuarias dos Servizos Sociais Comunitarios), Centro de Información á Muller, CIM, e Educación (alumnado da comunidade educativa mosense: colexios e instituto).

Deste xeito verase reforzado o servizo de atención psicolóxica municipal, dotado de dúas psicólogas, unha en Servizos Sociais e outra no CIM. O reforzo virá dotado dun psicoanalista da Asociación Psicoanalítica de Galicia que ofrecerá terapia a varias persoas usuarias, a razón dunha sesión semanal que terá lugar nas propias dependencias municipais do departamento de Política Social no Multiusos das Pozas.

Desde o Concello de Mos faise este anuncio coincidindo coa recente celebración do Día Internacional para a prevención do suicidio, o pasado domingo 10 de setembro; e como primeiro paso do Plan Local de Impulso á Saúde Mental que o goberno local ideou como xeito de implementar o coidado dunha saúde, a mental, tan importante no aspecto tanto físico como psicolóxico do ser humano, que históricamente ten sido tan esquecida e que está a ser visibilizada nos últimos anos en aras de erradicar a estigmatización das enfermidades mentais.

Así mesmo esta iniciativa pretende ser un bo acompañamento para persoas do municipio que estean a atravesar unha crise por un suceso traumático, unha experiencia especialmente dura ou difícil, etc.

Setembro xudeu chega coa exposición ‘Tu pueblo será mi pueblo’ en Tui

0

A exposición “Tu pueblo será mi pueblo” sobre o museo xudeu da cidade ucraína de Odesa pode visitase ao longo deste mes no anexo da Sala Municipal no edificio Francisco Sánchez, en Tui. A mostra chega a Tui da man da Red de Juderías España coa colaboración do Concello de Tui e forma parte da programación ‘Setembro xudeu en Tui’.

Esta exposición é unha iniciativa do Museo Xudeu de Béjar, en colaboración coa Rede de Barrios Xudeus de España e xorde como unha colaboración internacional para permitir que o Museo Migdal Shorashim de Odesa, en Ucraína, pechado dende o inicio da invasión rusa, abra as súas portas a 4.000 quilómetros de distancia.

A exposición, que toma o seu nome, “Tu pueblo será mi pueblo”, do Libro de Rut, permite coñecer a historia da comunidade xudía desa cidade ucraína, situada á beira do mar Negro e que albergaba unha das comunidades xudías máis importantes do mundo. As imaxes sobre a súa cultura, as súas tradicións, as figuras máis destacadas dos séculos XIX e XX e a evolución da comunidade compleméntanse con catro pezas musicais seleccionadas para a ocasión, que acompañan o percorrido, e cunha visita virtual que completa a experiencia.

A concelleira Turismo do Concello de Tui, Ana Núñez, indica que  o obxectivo de contar presenza desta exposición en Tui na programación do “Setembro xudeu” é amosar a solidariedade entre as diferentes comunidades a través dos seus museos xudeus, acollendo unha parte da súa historia e incidindo nos efectos da guerra na cultura, a convivencia e a solidariedade internacional.

Recollidos preto de 17.000 quilos de uva na vendima de Soutomaior

A empresa Enoturismo Acha finalizou os traballos de vendima nos viñedos da finca do Castelo de Soutomaior, propiedade da Deputación de Pontevedra, cun total de 16.775 quilos de uva branca recollidos. Un total de vinte e cinco persoas participaron esta semana na colleita, realizada ao longo de dúas xornadas, o martes 12 e o mércores 13, nas catro hectáreas de viña desta contorna.

A firma que resultou adxudicataria na poxa pública promovida pola institución provincial para realizar la vendima encárgase tanto destes traballos de colleita como do seu traslado posterior e pagará 1,45 euros por quilo de uva albariña recollida e 1,05 € para as outras variedades.

A explotación vitivinícola do Castelo de Soutomaior remóntase ao ano 1984 e ocupa catro das 30 hectáreas coas que conta o complexo histórico e patrimonial no seu conxunto. Toda a uva do castelo é autóctona e albariña na súa maioría, pero nos viñedos tamén se atopan outras variedades brancas (godello, torrontés, loureiro e treixadura) e tintas (mencía e sousón).

Últimas prazas para participar no programa Capacitadas en Baiona

0

O Concello de Baiona, a través do Centro de Información a Muller da Concellería de Igualdade, informa de que aínda quedan prazas para poder participar o programa Capacitadas, unha iniciativa destinada a activar o emprego entre as mulleres do municipio.

O Concello incide en que se trata “dunha acción formativa gratuíta para que as mulleres baionesas prepárense para traballar en Atención ao público”.

O programa, do que se poderán beneficiar un total de 15 persoas, desenvolverase en forma de itinerario formativo cun total de 150 horas, incluíndo talleres de sensibilización en igualdade e empoderamento para o emprego con perspectiva de xénero, ata prácticas formativas non laborais en empresas, pasando pola formación teórica práctica que inclúe formación de inglés básico. A formación arrincará o próximo 26 de setembro en horario de 09:00 a 14:00.

O programa vai dirixido a mulleres desempregadas ou en mellora de emprego. Terán prioridade as mulleres empadroadas no municipio e vítimas de violencia de xénero.

Desde o Concello de Baiona infórmase da apertura do prazo de inscrición. Aquelas mulleres interesadas en participar no programa deben inscribirse non CIM de Baiona antes de 20 de setembro. Para máis información poden contactar no teléfono 986 35 75 54 ou a través do correo electrónico: [email protected].

Todas as accións que se poñerán en marcha dentro do proxecto desenvolveranse a modo de itinerario formativo que comprenderá as seguintes fases:

  • Formación teórica en atención ao público ( 35 horas)
  • Inglés básico ( 20 horas)
  • Sesións de apoderamento para ou emprego con perspectiva de xénero ( 15 horas)
  • Prácticas formativas non laborais en empresas ( 80 horas )

O programa Capacitadas está subvencionado pola Deputación de Pontevedra no marco das axudas dirixidas a concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero.

O Rosal dá os primeiros pasos na creación das súas comunidades enerxéticas

0

O Rosal continúa a súa aposta por converterse nun municipio máis verde e sostible cun novo paso na creación das súas comunidades enerxéticas. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís; a concelleira de Medio Ambiente, Beatriz Rodríguez; o concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández; o doutor en Economía da Universidade de Vigo, Xavier Simón; o experto en enerxías renovables, Xosé Manuel Golpe, e equipo técnico reuníronse nun primeiro encontro de traballo para avanzar de xeito coordinado nas diferentes iniciativas postas en marcha que converten ao Rosal nun municipio pioneiro na creación de comunidades enerxéticas.

Tras a reunión, a rexedora amosou a súa satisfacción “por comezar a traballar man a man entre todas e todos para avanzar desde o local no camiño das enerxías limpas, un dos grandes compromisos do Goberno municipal”.

O Concello do Roal vén de adherirse ao proxecto EC4RURAl da Universidade de Vigo, unha iniciativa liderada por Xavier Simón coa que investigadores e investigadoras buscan desenvolver novos mecanismos de apoio ás Comunidades Enerxéticas nos espazos rurais. A iniciativa, financiada con fondos europeos a través do programa LIFE, está dedicado ao medio ambiente e á acción polo clima e procura garantir unha transición enerxética limpa nas comunidades rurais.

O obxectivo do proxecto é impulsar a creación das comunidades enerxéticas no rural, así como mellorar a colaboración entre Concello e veciñanza, a concienciación social e a formación en desenvolvemento enerxético comunitario, ademais de fomentar a participación cidadá e promover decisións de investimento flexibles e viables en enerxías renovables.

Durante o encontro o Concello tamén deu os primeiros pasos para a creación da Oficina de Transformación Comunitaria, que se dedicará nos próximos dous anos a apoiar e promover novas iniciativas de comunidades enerxéticas e orientar á veciñanza en cuestións de aforro enerxético e instalación de enerxías renovables, con asesoramento e información de vías de financiamento dispoñibles.

O Concello do Rosal captou unha subvención de case 75.000 euros para a posta en marcha desta oficina, sendo un dos tres municipios galegos en conseguir esta axuda para a posta en marcha deste proxecto pioneiro de promoción das enerxías renovables no eido local. A oficina está orientada a facilitar.

A estes dous piares súmase ademais unha subvención da Xunta de Galicia conseguida polo Goberno local para a implantación da comunidade enerxética no Rosal. Trátase así de tres iniciativas que terán grandes beneficios medioambientais no municipio, coa diminución do consumo de enerxía e a redución no uso de combustibles fósiles, máis tamén combater a pobreza enerxética e outros beneficios sociais, como a creación de emprego local ou o fortalecemento do tecido comunitario.

O Concello da Cañiza adquire o edificio e os terreos da antiga Cámara Agraria da Miñoteira – Valeixe

0

A compra oficializouse, ante a Notaria da Cañiza coa intervención e sinatura do alcalde, Luis Piña; e da xefa de Servizo de Administración e Xestión Patrimonial da Xunta de Galicia, Eva Lorenzo; asistindo tamén a secretaria do Concello, Inés Montero.

Esta propiedade será incorporada á relación de Bens Patrimoniais do Concello por un importe de 59.331,40 € que o Concello abonará á Xunta de Galicia en 9 prazos de 4.944,28 € anuais máis intereses.

Previamente a esta sinatura, o Concello transferiu o pasado 08 de maio, á Xunta de Galicia, a cantidade de 14.832,85€ en concepto de fianza. Condición requerida pola Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta para poder proceder á adquisición do inmoble e dos terreos dos que era titular a Comunidade Autónoma.

O PLENO DO PASADO 30 DE MARZO ACORDOU A ADQUISICIÓN DA ANTIGA CÁMARA AGRARIA DE VALEIXE

O Concello da Cañiza aprobou no Pleno celebrado o pasado 30 de marzo a adquisición da “antiga Cámara Agraria da Miñoteira – Valeixe”, despois de terse tramitado un expediente iniciado pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, chegando a un acordo de valoración aconómico de 59.331,40 €.

Este inmoble senlleiro da parroquia de Valeixe foi desafectado pola Xunta de Galicia en 2003, mediante o Decreto 346/2003 do 24 de xullo, cedéndose a título gratuito o uso ao Concello por un período de 10 anos. Con posterioridade iniciáronse os trámites de adquisición.

O rexedor, Luis Piña, manifestou a súa satisfacción despois de asinar o documento de escritura pública “ xa que a Antigua Cámara da Irmandade sempre foi e pretende continuar sendo un punto de encontro para todos os veciños da parroquia. Un lugar onde ademáis se concentran e desenvolven case todos os actos principais de Valeixe, xa sexan cursos de formación, festas ou xuntanzas populares”.  “Por todo isto é de grande valor poder incorporar este inmoble ao Patrimonio de todos os cañicenses”.

Ademais “para poder desenvolver calquera tipo de actuación neste entorno, o Concello obrigatoriamente ten que ser o titular da edificación e dos seus terreos, polo que esta adquisición permitirá executar nun futuro as obras da nova AREA DE LECER que contará cunha zona de paseo, de xogos e zona de descanso, mellorando integralmente este espazo público”.

“Unha importante actuación para a que o Concello xa está buscando financiación”.

Aberto o prazo de solicitude de axudas escolares en Mos

0

Co inicio do curso escolar 2023-24, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras de Educación e Política Social, Julia Loureiro e Sara Cebreiro, respectivamente, informan da apertura tamén do prazo para solicitar as axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar e uso do servizo de comedor. O prazo estará aberto ata o 29 de setembro.

A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, lembrou a este respecto que a partida do orzamento anual de Educación incrementouse este ano 2023, pasando de 495.255,50 euros en 2022 a 506.836,10 euros en 2023, potenciando a actividade extraescolar de inglés para a obtención do Certificado Trinity nas escolas, triplicando a contía dedicada ás axudas para comedor escolar, duplicando a de material, e incrementando tamén a da Aula Madruga.

Os departamentos municipais de Educación e Política Social explican que a apertura hoxe do prazo de solicitude das axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar e uso do servizo de comedor, para o alumnado de educación infantil, primaria e secundaria dos centros educativos do noso municipio, ten como obxectivos principais os de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e apoiar as familias con dificultades socio-económicas.

As axudas de material escolar están dirixidas ao alumnado escolarizado nos centros educativos do Concello de Mos, dende o primeiro ciclo de educación infantil ata secundaria, sendo as contías máximas que se poden conceder as seguintes:

  • Educación Infantil (1º ciclo) ata 40,00 € 
  • Educación Infantil (2º ciclo) ata 80,00 €
  • Educación Primaria ata 80,00 €
  • Educación Secundaria ata 80,00 €

Das axudas de comedor escolar poderán ser beneficiarias as familias con menores matriculados nos CEIP Públicos do noso Concello (CEIP Atín-Cela, CEIP Mestre Martinez Alonso, CEIP Mestre Valverde Mayo, CEIP Pena de Francia e CEIP Petelos), e a axuda será de 2€/menú/día, que se aboarán trimestralmente unha vez xustificado o gasto.

As familias que queiran solicitar as axudas poden consultar as bases e a documentación complementaria a presentar na páxina web do Concello de Mos, ou no departamento de Educación, cuxas oficinas están no Edificio Multiusos. As solicitude e documentación deben ser presentadas no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica en www.mos.es.

Para calquera dúbida poden pórse en contacto no correo electrónico [email protected] ou no telefono 986 339 404.

O CEIP Humberto Juanes estreou a súa nova cociña

0

Crema parmentier, abadeixo salteado con verduras, iogur e pan. Con este menú estreou o luns a empresa concesionaria Aramark a cociña escolar municipal construída polo Concello de Nigrán no CEIP Humberto Juanes tras realizar un investimento de 373.878 € e loitar coa Xunta para que nos pregos de contratación figurase a obrigatoriedade de empregala e unha redistribución dos lotes para abarcar a todos os colexios públicos da localidade. O resultado é histórico, desde aquí xa se elaboran directamente os menús dos aproximadamente 500 comensais dos colexios CEIP da Cruz, Carlos Casares, Mallón e o propio Humberto Juanes (o CPI Arquitecto Palacios e CEE de Panxón xa dispoñían de cociña propia). Finaliza así un sistema de catering decadente no que as crianzas recibían a comida elaborada a centos de kilómetros.

“Como goberno estamos moi orgullosos deste logro, froito de anos de traballo conxunto coa comunidade educativa. Estamos investindo na saúde e o benestar dos nenos e nenas de Nigrán, e para iso precisamente estamos en política: para mellorar a calidade de vida da veciñanza”, indica o alcalde, Juan González”, comenta o alcalde, Juan González. Para chegar ata este punto, a presión de máis dun ano de toda a comunidade educativa e do Concello traducíuse nuns novos plegos de concesión da Xunta que, ademais de recoñecer finalmente esta instalación como válida, redestribuíu os lotes para que a comida do CEIP Humberto Juanes, Mallón, Carlos Casares e Da Cruz (lote 21) se elaborase exclusivamente aquí. “O investimento pagou a pena porque doutro xeito, sen mobilizarnos xunto á comunidade educativa, nada tería cambiado: seguiría a cociñar un catering ubicado a centos de kilómetros, como ata agora”, resume González.

A nova concesionaria foi a gañadora de entre cinco empresas presentadas ao concurso público da Xunta, que partía dun prezo unitario de 5,83 + IVE. Así, descalificáronse as dúas que mellor oferta económica presentaran (4,45 € e 4,49 € respectivamente) ao considerar que realizaban unha baixa temeraria non xustificada e, finalmente, gañou Aramark cunha oferta de 4’77 €+IVE. Ademais, entre as cuestión que puntuaron favorablemente para esta empresa foi o compromiso de incluír produtos de tempada en todos os menús, que un 10% sexan ecolóxicos e que máis dun 50% dos proveedores sexan locais. “Transmitíronnos que a súa comida é sabrosa, variada, equilibrada e nutricionalmente idónea, así que aos nenos vailles gustar e van notar o cambio”, explica.

“As expectativas son altas e están comprometidos a cumprilas, a alimentación das crianzas de Nigrán non é un asunto menor, por iso levamos anos de loita coa Xunta ata conquerir este resultado”, indica o alcalde, Juan González, quen recoñece que “a situación que había era insostible”. “As queixas eran fragrantes e tiñamos máis que contrastado que o menú que se elabora directamente no CEE de Panxón é dunha calidade moi superior aos dos demais colexios, e non estabamos dispostos a que se discriminase ao alumnado da ensinanza pública dentro dun mesmo municipio”, destaca.

O servizo de Atención Temperá de Covelo axuda no comezo do curso escolar

0

“Despois de case tres meses sen acudir ao colexio é normal que aos nenos lles custe volver adquirir a rutina do curso, por iso durante as primeiras semanas é probable que estean máis irritables, nerviosos e cansados” así o explica Olalla Rodríguez, psicóloga responsable do servizo público de Atención Temperá do Concello de Covelo.

Para que a volta ao cole sexa un pouco máis doada as tres profesionais deste servizo municipal que atende no centro de saúde de Maceira recomendan seguir algunhas pautas para unha mellor adaptación. Olalla Rodríguez, psicóloga; Cristina Sandes, terapeuta ocupacional e Aldara Raposo, logopeda, queren compartir coas familias algúns consellos, xogos e trucos baseados en anticipar o cambio de rutina, familiarizarse cos hábitos do curso e contribuír a soster as emocións que poidan aparecer.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, agradece a implicación das profesionais deste servizo que dende hai un ano axuda ás familias con necesidades específicas. “Sen saír do noso concello podemos contar co apoio de profesionais expertas que acompañan ás familias  derivadas do servizo de pediatría e que unha vez á semana atenden no noso Concello para  mellorar o desenvolvemento das nenas e dos nenos que o precisan”.

A ferramenta principal é a comunicación e a comprensión, falar do remate das vacacións, do comezo do curso, do reencontro, ir tachando os días, aproximar os horarios á rutina escolar, rescatar bos recordos e moitas doses de empatía e paciencia son algúns dos segredos para facer máis levadeira a posible rebeldía que pode aparecer nos días previos ante o nerviosismo do cambio.

“O máis importante é saber que o teu fillo non fai nada para “fastidiarte”. Son nenos pequenos, que non entenden ben os cambios de rutina e non comprenden igual que os adultos os tempos, os cambios exactos que se van producir, etc. Por iso, o entorno (os pais, sobre todo) debe xogar un papel fundamental no apoio aos máis pequenos nestes momentos confusos e complexos para eles. Con ese apoio a volta ao cole será menos estresante para toda a familia”, explican dende Atención Temperá Covelo.

Consellos para comezar o cole  

             • Anticipar o cambio de rutina:

Falarlles de que o tempo de vacacións está a punto de rematar e volverán ao cole. En casos de nenos e nenas máis pequenas, ou con algún tipo de dificultade relacionada coa comprensión ou rixidez mental, podemos axudarnos de imaxes que describan ese proceso de volta ao cole, con instrumentos como calendarios no que se vexan os días, e se sinale con imaxes o día no que comeza o cole, facendo una conta atrás, xa que os apoios visuais son de moita axuda nos nenos e nenas.

Podemos ir tachando días, para que visualmente vexan que o día de comezar o cole se acerca (ten en conta que un neno ou nena menor de 6 anos non ten adquiridos os conceptos de tempo e espacio, polo que non entenderán conceptos como “dentro dunha semana” ou “dentro de poucos días”)

    • Anticipar os hábitos do curso:

Durante o verán toda a familia funciona de xeito distinto; os horarios flexibilízanse, as actividades cambian, as persoas cas que estamos tamén en moitas ocasións….

O ideal é comezar coa rutina do curso uns días antes do comezo do mesmo, adiantando a hora de deitarse, facendo actividades máis tranquilas e incluso relacionadas coa volta ao cole (ir comprar material, firmar os libros, elexir mochila,etc) de forma que lles resulte motivante.

    • Falar do cole:

Os días previos á volta ao cole, podemos empregar un tempo en recordar as cousas que lle gustan a nena/o do cole: compañeiras/os que non ven durante o verán, volver ver á profe se lles gusta, recordarlle o ben que o pasaron o ano pasado…se pode ser con recordos de actividades concretas (“acórdaste que ben o pasaches nas actividades de nadal?/ entroido?…aquel día que debuxastes cos dedos?”…etc)

    • Soster as emocións que aparezan:

Ante o cambio de rutina, aparecerán no neno/a distintas emocións, que poden ser, en ocasións, contrarias entre sí, pero todas son lícitas e normais, e así llo debemos facer saber e sentir, preguntándolle cómo se sinten, normalizando ese sentir e permitíndolles estar un pouco máis irritables e desorientados ese días. Quizáis  estéan ”máis rebeldes” e necesiten da nosa axuda como adultos/as para xestionar emocións que eles non comprenden.

            Algunas formas concretas nas que podemos axudalos son, por exemplo:

A nena/o non quere recoller os xoguetes e entra en rabieta. Ofrecémoslle axuda e recollemos con eles/elas ou incluso recollemos nós os xoguetes algún día. Isto non supón facelos “consentidos”, senón brindarlle axuda emocional cando están sobrepasados, como faríamos con calquera persoa do noso entorno.

Ás veces esixímoslle máis aos nenos/as que aos propios adultos e non entendemos as súas emocións e necesidades.

Así, por exemplo, se un día non quere comer, podemos intentar darlle nós a comida, ou se non se quere deitar, podemos negociar con eles/as o tempo que poden estar na TV ou xogando (“cando a agulla do reloxo estea aquí (sinalando o número) imos á cama, vale?”, ou dando avisos “cando remate de recoller isto, imos ir á cama, vale?”, repetíndollo algunas veces.

Isto é válido patra calquera outra situación na que vemos que o neno/a está máis irritable. Facilitarllo axudaralle moito a xestionar a frustración e desorientación que sufren esas semanas.

Aberto o prazo de inscrición da Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra

A Fundación Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra ten aberto xa o prazo de matrícula para o seu novo curso 2023/24 e, un ano máis, volve a ofrecer clases completamente gratuítas para nenos a partir dos 6 anos nas modalidades de gaita, pandeireta e tambor.

Tamén haberá outras propostas formativas como Zanfona, Canto Tradicional, Corda pulsada, Acordeón e Música e Movemento, todas elas sen límites de idade.

As persoas interesadas en calquera destas clases tradicionais poden atopar toda a información ao respecto e formalizar a súa inscrición a través da web www.escoladegaitas.es o chamando ao 986487020.

Será o vindeiro luns, día 18 de setembro, cando comece o novo curso nas súas instalacións do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), sede física da Escola de Gaitas.

Máis de 5.000 alumnos

Despois de dar os seus primeiros pasos como asociación a principios do novo milenio e tras unha importante actividade dentro e fora de Galicia, foi no 2005 cando naceu a Escola de Gaitas chegando a contar con distintos centros operativos en distintos puntos das comarcas de O Salnés, Deza, Morrazo, Pontevedra y Vigo.

Pola Escola de Gaitas, pasaron xa uns 5.000 alumnos e alumnas e, na actualidade, centra toda a súa actividade nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo, IFEVI, xestionando, ademais, a Escola de Gaitas do Concello de Fornelos de Montes.

No 2019 se constitúe formalmente a Fundación Banda de Gaitas da Provincia co principal obxectivo é promulgar a valorización, o respecto e a transmisión nas xeracións tanto da música como da tradición galega. Un proxecto formativo que busca afondar na riqueza musical da gaita, a zanfona e a percusión, a través do desenvolvemento dun proceso de ensinanza e aprendizaxe onde se combinan coñecementos teóricos e prácticos sobre as técnicas específicas de interpretación e os seus valores culturais.

Entre os fitos máis destacados da Escola de Gaitas, a súa participación no Día da Hispanidade no 2003 en New York o Festival de Santa Lucia en Monterrey (México) no 2008, na saída da volta ciclista a España 2013 e na etapa final da volta ciclista a España no ano 2022.

O Porriño renova a praza de abastos

O Concello do Porriño iniciou os trámites para licitar a contratación da primeira fase das obras de mellora que se levarán a cabo na Praza de Abastos, cun  orzamento máximo de licitación de 106.000 euros.

O Concello pretende con este proxecto impulsar a Praza de Abastos converténdoa nun espazo de encontro e lecer que ofrecerá aos consumidores produtos de calidade e hostalería. As instalacións melloraranse para conseguir un interior máis diáfano e, nas seguintes fases, acondicionarase a contorna.

“Queremos reconverter o mercado, tanto no interior como na súa contorna, para facer deste emblemático edificio o centro neurálxico da zona comercial e de ocio e atraer nova clientela. Respectando sempre a esencia deste edificio de Xosé Bar Boo”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “A nosa praza de abastos debe ser un centro de referencia para as compras non só no Porriño senón en toda a contorna, un lugar atractivo para a veciñanza”.

A actuación na Praza de Abastos inclúe a renovación das instalacións de fontanería e saneamento, infraestruturas eléctricas incorporando iluminación led e sistemas de dixitalización. Ademais, renovarase o pavimento de todo o edificio, tanto na planta baixa como na entreplanta, ampliando esta última para conseguir máis superficie de uso. Traballarase tamén no exterior do edificio para subsanar os danos estructurais que presenta.

O proxecto do Goberno Municipal para este espazo é global, e inclúe en seguintes fases a mellora da contorna,  trasladando o espazo de aparcadoiro a unha parcela contigua para crear unha praza exterior anexa ao edificio, que permita dispoñer dun amplo espazo para a celebración de feiras e eventos, coa idea tamén de que sirva como reclamo para atraer a nova clientela á vila. Tamén a reordenación do tráfico para mellorar a circulación e solventar problemas de aparcamento, ademais da adaptación de todo o mobiliario urbano.

O alcalde incidiu en que todo isto se fará “da man dos praceiros e praceiras, atendendo ás súas propostas e necesidades e, por suposto, causando o menor perxuízo posible para a súa actividade mentres duren os traballos”.

Éxito da homenaxe a “Diego Carmona, Vasco Gómez Gallego, Vasco Gallego e Vasquito” en Baiona

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura á fronte de Policarpo Vilar Misa, levo a cabo durante esta fin de semana do acto homenaxe a “Diego Carmona, Vasco Gómez Gallego, Vasco Gallego e Vasquito (fillo de Vasco Gallego)”. Desde o departamento municipal quíxose honrar con este acto aos mariños de Baiona que navegaron con Magallanes e Elcano no 501 Aniversario da Primeira Circunnavegación á terra.

Os actos centrais do acto de homenaxe tiveron lugar este domingo, 10 de setembro, ás 20:00 h na confluencia das Rúas Vasco Gallego e Diego Carmona onde se descubriu unha placa conmemorativa en recordo destes catros mariños de Baiona. O Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, estivo presente xuntos a outros membros da Corporación Municipal. O Alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, ausentouse do acto ao estar en Sabarís ante o grave incendio acontecido nos Viveiros desta parroquia de Baiona.

Acto seguido, sobre as 20:15 h, a Igrexa de Santa María de Baiona acolleu o concerto “Pangea” de Abraham Cupeiro. Foron moitas as persoas que se achegaron ata o lugar para gozar deste peculiar recital.

Durante o concerto soou desde a austral Oceanía cos ecos das súas buguinas, ata as misteriosas montañas chinesas que o son do Hulusi debuxa cos seus melismáticas melodías: Grandes chairas de América do Norte, selvas como as de Sudamérica, a flaute Peule de Senegal, a Gaita Búlgara, a desafiante Zurna e as milenarias cornas de pastor, coserán o vestido que unirá unha vez máis á nosa terra. PANGEA é un canto á diversidade cultural do noso planeta.

Estreada en 2018, foi gravada coa Royal Philarmónica de Londres no estudos Abbey Road baixo o selo de Warner Classics.

Os actos comezaron xa o venres 8 de setembro, o Monte Real Club de Iates de Baiona acolleu ás 19:30h unha conferencia baixo o título “Unha odisea para lembrar, un mundo para explorar e unha poboación para esquecer: Encontros e desencontros na primeira viaxe a América”. A profesora titular do Departamento de Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela, Begoña Fernández Rodríguez, foi a encargada de ofrecer este interesante relatorio.

O sábado día 9 de setembro, no mesmo emprazamento e á mesma hora, o Doutor en Historia Moderna e escritor José Calvo Poyato, conversou de “A primeira volta ao mundo de Juan Sebastián Elcano e as súas relacións con Galicia”.

Ambos os relatorios contaron cun gran número de relatores.

Desde a Concellería de Cultura do Concello de Baiona infórmase de que se seguirá traballando para poñer en valor a historia da Real Villa e a súa xente pois se conta cun gran pasado que hai que sacar á luz e poñer en valor.

Volve DesfilaMos e Concurso de Novos Deseñadores das Palilleiras de Mos

0

A Asociación de Palilleiras de Mos organiza unha nova edición do seu Concurso de Novos Deseñadores e o DesfilaMos 2023 que terá lugar o vindeiro sábado 16 de setembro ás 20.30 horas nos xardíns do Pazo de Mos. As Palilleiras mosenses contan coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Mos e o Obradoiro de Emprego Queda en Mos para este evento.

Ademais o venres día 15 de setembro farán a inaguración da Exposición dos traballos de Bistra Pisancheva de Bulgaria ás 12.30 horas na sala de exposicións do Pazo de Mos.

DesfilaMos é un evento onde artesanía, moda e novos deseñadores que promoven e promocionan a artesanía do encaixe de palillos “palilleiros”. 

Durante o desfile do próximo sábado terá lugar o Concurso de Novos Deseñadores pero tamén estarán presentes representantes de Bulgaria e Portugal, así como tamén participarán virtualmente Arxentina, Italia, Polonia e Eslovaquia, e diferentes artesáns e empresas de Galicia.

Para asistir como público, as persoas interesadas deben facer reserva previa do seu asento antes do mércores 13 de setembro en pazodemos.org ou no teléfono 639300974.

Tomiño mellorou as súas escolas con motivo do inicio escolar

0

O alumnado de Tomiño regresou ás aulas esta semana con instalacións renovadas. O Concello investiu máis de 100.000 euros na mellora, reforma e mantemento dos centros educativos de Infantil e Primaria do municipio, unhas obras que se realizaron na súa maior parte no verán para non interromper a actividade lectiva pero que tamén se abordaron no primeiro semestre do ano para resolver á maior brevidade diferentes problemáticas que xurdiron ao longo do curso pasado.

Con estas obras o Concello busca, como explica a alcaldesa, Sandra González, “dar resposta ás necesidades detectadas nos diferentes colexios e que foron trasladadas dende as direccións. Pero tamén buscan seguir camiñando cara uns centros escolares máis sostibles enerxeticamente, totalmente equipados, modernos e o máis confortables posible para alumnado e equipo docente”.

Co inicio de curso, a rexedora tamén quixo agradecer o grande esforzo que fixo ao longo destes días o equipo de limpadoras preparando todos os centros para o inicio das clases. “O seu traballo preparando cada recuncho é fundamental para brindar unha contorna segura e acolledora ao noso alumnado. O noso compromiso co ensino e coa comunidade educativa é firme e o traballo que desempeñan tanto elas como o equipo de operarios e operarias municipais é fundamental”, resaltou.

Este ano un dos traballos de maior relevancia foi o realizado no CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán, no que se investiron case 43.000 euros para realizar diferentes melloras como o pintado exterior do centro, así como o ximnasio e a Secretaría. As obras completáronse co cambio do peche exterior por malla electrosoldada nas pistas deportivas, coa mellora da sala de caldeiras e da zona de agarda do transporte escolar, a reparación de portais e bolardos, o cableado de Secretaría e radio ou a instalación de electrodomésticos na cociña.

Importante mellora tamén a realizada na escola unitaria de Carregal do CRA Mestre Manuel Garcés na que se levou a cabo a reforma integral, mellora na cuberta e cambio do falso teito e do chan do centro, así como o pintado da aula.

O Concello procedeu á limpeza e hidrofugado na cuberta e fachada da escola de Taborda, así como os arranxos nas cuberta de Amorín, Figueiró, Forcadela, Estás e Barro. Ademais, cambiáronse os radiadores no Seixo e Vilachán e realizáronse diferentes melloras e correccións na instalación eléctrica para que estivera a punto.

En total foron case 48.000 euros investidos para rehabilitar estas escolas antigas, moitas delas con problemas de filtracións, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética de todos os centros, buscando non só unha diminución na pegada de carbono e un aforro económico, senón tamén un maior confort nas aulas.

A todos estes traballos hai que sumar outros como a mellora da accesibilidade na entrada do CEIP de Sobrada, todas as melloras realizadas en cociña e comedor no CEIP de Barrantes ou os máis de 15.000 euros investido nas melloras das escolas infantís de Goián e Tomiño, mellorando a tarima do patio exterior e do sumidoiro do xardín central na de Goián e reformando o baño de bebés na de Tomiño.

Como ven sendo habitual, o Concello procedeu a revisar a instalación de fontanería e electricidade, a limpar canlóns e cubertas, realizar tarefas de desratización e posta a punto patios, hortas ou areeiros de todos os centros educativos de Tomiño.

A Federación Galega de Motonáutica imparte no Rosal un curso para obter a licencia de navegación

0

A Real Federación Galega de Motonáutica en colaboración co Concello do Rosal e co Club Náutico Inclusivo Baixo Miño impartirá un curso para obter a licencia de navegación, a titulación que permite gobernar motos náuticas sen limitación de potencia e embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e unha potencia de motor axeitada segundo a empresa fabricante.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse xa enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected] ou chamando ao 986 62 50 00. En canto haxa conformado grupo, o Concello porase en contacto con todas as persoas participantes para establecer día e hora da formación.

O curso, que será de balde, consistirá nunha parte teórica que se impartirá en instalacións municipais e noutra prácticas que se desenvolverá no río Miño pola zona do Rosal e que contará cunha embarcación adaptada para aquelas persoas inscritas con mobilidade reducida.

O Club Náutico Inclusivo Baixo Miño é una asociación nacida en 2022 para achegar, facer accesible e iniciar ás persoas con discapacidade nos deportes náuticos como actividade de lecer, preparalas para a obtención de titulacións e animalas a practicar deporte adaptado federado de competición. Ademais de contar con dous pilotos que participan en competición internacionais, Sergio Pereira e Eugenio Norberto, o club imparte cursos de formación, organiza diferentes eventos deportivos e participa en programas de sensibilización para a mellora da accesibilidade.

Preto de 500 persoas comezan esta semana no programa “Depo en marcha”

Arredor de 500 xubilados e pensionistas de 27 entidades con sede en 19 concellos da provincia comezarán esta semana, entre os días 11 e 16 de setembro, novas accións formativas do programa provincial “Depo en marcha”. A través desta iniciativa, a Deputación de Pontevedra promove a participación e a creación de espazos de encontro e intercambio de experiencias para fomentar a independencia das persoas maiores.

A semana arranca este luns 11 de setembro con seis novos obradoiros. Dúas entidades comezarán cursos de teatro, o Centro Social da Terceira Idade de Vilagarcía de Arousa e a Asociación da Terceira idade Garatuxa das Nosas Rúas (Vigo). A Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer AGADEA, da Estrada, iniciará un curso de habilidades dixitais para o uso cotián, mentres que a Asociación de Mulleres Rurais de Loño (Vila de Cruces) iniciarase en pilates. Ademais, a Asociación Camiño Vello de Marín e Comarca e a Asociación de Veciños San Andrés de Barrantes (Ribadumia) comezarán cursos de conservación da memoria.

O martes 12 de setembro será a quenda do comezo doutras cinco accións. Dous colectivos iniciaranse nos talleres de risoterapia: ATEGAL (Vigo) e a Asociación Centro Cultural e Social de Baíña (Baiona). A Asociación de Maiores de Ponteareas comezará un curso de conservación da memoria, a Asociación Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valadares (Vigo) un obradoiro de musicoterapia e a Asociación de Veciños San Antonio (Arbo) iniciarase nas plantas medicinais.

O mércores 13 de setembro a Asociación Veciñal Doutor Fleming de Vigo iniciará un curso de conservación da memoria, e as Mulleres Rurais Anduriña de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa) comezarán un de restauración de mobles e tapicería.

O xoves 14 de setembro dúas asociacións iniciarán cursos de risoterapia: a Asociación Veciñal da Parroquia de Bora (Pontevedra) e a Asociación Cultural Chorima (Moraña). Tamén en Moraña, a Asociación de Mulleres Rurais O Menhir iniciarase na terapia emocional, positividade e canalización das emocións, mentres que a Asociación de Mulleres Rurais A Xuntanza (Fornelos de Montes) comezará un curso de restauración de mobles e tapicería.

O venres 15 de setembro comezan oito obradoiros no marco do programa da Deputación. A Asociación Párkinson Baixo Miño (Tui) iniciarase na musicoterapia, mentres que a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Caldas de Reis comezará un obradoiro de teatro. A Asociación Veciñal de Consumidores, Usuarios e Cultural Emilio Crespo de Navia (Vigo) iniciará un curso de risoterapia, e a Asociación Centro Culrutal Recreativo Parada do Miñor (Nigrán) o de pandeireta e canto popular. Ademais, dúas asociacións comezarán cursos de bailes de salón, a Asociación Mulleres Rurais a Torre da Barreira de Riobó (A Estrada) e a Asociación de Veciños do barrio de Saramagos (Redondela), a Asociación de Veciños Penelas de Aguasantas-Cotobade (Cerdedo-Cotobade) comezarán un curso de pilates e a Asociación de Pensionistas de Ariño-Aldán (Cangas do Morrazo) iniciará unha acción de conservación da memoria.

Por último, o sábado 16 de setembro a Asociación de Veciños e Amigos Santiago de Caroi (Cerdedo-Cotobade) comezarán un curso de pandeireta e canto popular, mentres que a Asociación Veciñal de Manduas (Silleda) se iniciará na restauración de mobles e tapicería.

Estas son algunhas das 130 accións que se ofertaron na actual edición de “Depo en Marcha”, que beneficia a arredor de 3.000 persoas ao longo de todo o ano. A Deputación destina preto de 146.000 euros ao programa e os obradoiros enmárcanse nos seguintes apartados temáticos: ‘Aprendendo da natureza’, ‘Móvete, activando corpo e mente’, ‘Enredando’, ‘Dálle marcha’ e ‘En rede’.

Sorteo de produtos de Arbo para potencias as visitas ao museo

0

O Concello de Arbo convoca o sorteo “Visita o Museo e Gaña”, co obxectivo de premiar aos visitantes ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, así como dar a coñecer este recurso turístico de Arbo que no ano 2023 cumpriu 20 anos dende a súa inauguración e a o mesmo tempo promocionar os viños das adegas de Arbo, a gastronomía e a “LXIV Festa da Lamprea” que terá lugar o 26, 27 e 28 de abril de 2024.

Participación e mecánica do sorteo

Poderán participar no sorteo as persoas maiores de idade que visiten o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo” dende o 16 de setembro de 2023 ao 31 de marzo de 2024 . Os interesados en participar deberán encher a papeleta que  se lles entregara o final da visita na urna ubicada na entrada ao Museo. Os/as gañadores/as coñeceranse o 2 de abril.

Atraer turistas a Arbo potenciando os nosos recursos, foi o primeiro obxectivo desde que chegamos ao goberno, e faise   imprescindible para que a economía de Arbo  xere beneficios, os cales van dirixidos para unha parte da poboación, e conseguindo que Arbo móstrese ao exterior cunha imaxe positiva, converterase nun beneficio para toda a poboación- explica o alcalde de Arbo  Horacio Gil.

Premios

Primeiro Premio: Un lote de produtos do Museo. Segundo Premio: 1 lote de viño, 1 botella de espumoso e 1 botella de augardente das adegas de Arbo.  Terceiro Premio: 1 Vale degustación de lamprea Seca a consumir en Arbomostra o sábado e domingo da LXIV Festa da Lamprea” e unha botella de viño. Cuarto Premio: 1 Vale degustación de lamprea Estilo Arbo a consumir en Arbomostra o sábado e domingo da LXIV Festa da Lamprea”. Quinto Premio: 1 Vale degustación de lamprea en empanada a consumir en Arbomostra o sábado e domingo da LXIV Festa da Lamprea”.

Antes de empezar a promoción, planificamos unha serie de cuestións que nos ían a axudar a ter un maior impacto, e, por tanto, que foran máis efectivas – informa o rexedor Horacio Gil- Así conseguimos no 2016 o titulo de festa da lamprea de interese Turístico Nacional e neste ano o de titulo de Interese Turistico Internacional para a Festa da Lamprea que ten lugar o último fin de semana de Abril, que nos dá unha visión traspasando fronteiras. No ano 2022 tamén a Festa da Lamprea seca que ten lugar o segundo fin de semana de agosto acadaba o titulo de “Festa de Interese Turístico de Galicia”.Participación en eventos como Expourense, Fitur, presentación na Casa de Galicia en Madrid, en Lisboa, León ou Lleida, concursos, blogue trip… fan que cada ano máis turistas escollan Arbo para pasar as súas vacacións.

A Xunta favorece o ocio educativo para persoas con discapacidade en Nigrán

0

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou os participantes da última quenda de campamentos de verán da Xunta na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán. A actividade ‘Natureza xunto ao mar’ acolle desde o 1 de setembro a persoas con discapacidade de entre 15 e 50 anos.

A directora xeral lembrou que a campaña de verán da Xunta é unha referencia a nivel estatal por ser a máis ampla —máis de 11.200 prazas ofertadas entre distintas actividades, 400 máis que o ano pasado—pero tamén por ser a máis inclusiva e accesible. Neste sentido, apuntou que todos os campamentos están a disposición das persoas con discapacidade e das súas familias.

Deste xeito, Begoña Abeijón sinalou que se favorece a plena inclusión destas persoas que teñen a oportunidade de pasar uns días de ocio educativo e de tempo libre nas mellores paraxes de Galicia. Paralelamente, o Goberno galego pon a disposición das familias unha orde específica para mozos con discapacidade, que este ano ofertou 250 prazas.

Mos dá un paso máis no seu camiño cara a transformación fomentando o comercio local

0

O evento ‘Queda en Mos’ dará un impulso ao comercio abrindo unha nova etapa para a economía local. O Concello de Mos dinamiza este encontro multisectorial entre os comerciantes e profesionais locais para estimular o asociacionismo e a visibilización.

A pasada semana, no Multiusos das Pozas, tivo lugar a presentación do novo proxecto ‘Queda en Mos’. No evento, reuníronse os responsables da iniciativa, que ten como obxectivo dinamizar accións beneficiosas para promover e impulsar o comercio local, a hostalaría e o turismo mosenses.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, acompañada pola concelleira de Emprego e Participación cidadá, Julia Loureiro, presentaron as primeiras accións do proxecto ‘Queda en Mos’ como o punto de partida das accións que se desenvolverán.

Na presentación, revelaron nunha proxección de vídeo a nova identidade corporativa que simboliza ao sector e anunciaron a celebración dun evento expositivo dos comerciantes que estará aberto a todo o público.

Os comerciantes aportaron a este acto de presentación unha cesta con agasallos que se sorteará para todo o público no día do evento.

Segundo Arévalo, a identidade corporativa representa ás dez parroquias mosenses unidas polo comercio. Destacou o apoio do Concello aos comerciantes coa organización da I edición do evento ‘Queda en Mos’ que terá lugar no Multiusos das Pozas o domingo 17, a partir das 10:00h ata as 21:00h; e no que xa confirmaron a súa presenza más dunha vintena de negocios locais.

Os empresarios participantes proceden de todas as parroquias de Mos e a exposición conta tamén con emprendedores, algún deles destacando pola seu enfoque innovador a nivel local e outros a nivel internacional.

Sinalaron que os comerciantes recibirán ao público mosense e visitantes para que poidan coñecer os negocios locais, os seus produtos e servizos. Haberá un ambiente similar ao dun centro comercial aberto con hostalaría, actividades infantís e espazo para demostracións dos comerciantes.

A concelleira confirmou a participación artistas emerxentes e destacou a actuación musical da asociación das folclóricas ‘Lagharteiras’ de Mos que participaron no himno do Centenario do Real Club Celta con C.Tangana. O grupo de pandereteiras actuarán ás 12:30h e asegura ambiente de lecer, entretemento e diversión para adultos e público infantil.

A alcaldesa concluíu o acto de presentación cun chamamento ao emprendemento, á unión comercial e á óptima utilización dos recursos dispoñibles, como os programas de apoio das institucións ás iniciativas comerciais e o contexto do proxecto promotor ‘Queda en Mos’.

Tui mellora todos os centros educativos públicos da vila

0

Aproveitando o descanso lectivo do verán, o Concello de Tui ten acometido nas últimas semanas obras de reparación, mantemento ou mellora e todos os centros escolares públicos do municipio, obras que van dende o pintado de aulas ou paredes exteriores ata a posta en marcha dun novo comedor escolar como foi o caso do CEIP de Guillarei.

Precisamente a construción do comedor no colexio Guillarei, cun investimento superior aos 15 mil euros,  foi o maior investimento realizado. Deste xeito  todos os colexios públicos de Primaria do Concello de Tui contarán neste novo curso escolar con comedor, un servizo imprescindible para facilitar a conciliación.

Esta foi unha das actuacións máis importantes acometidas antes do inicio deste curso. Amais no CEIP Nº 2, o centro que conta co maior número alumnado de todos os colexios tudenses, leváronse a cabo obras de pintado, albanelería e fontanería, ao  igual que nos colexios de Randufe e Pazos de Reis. Mentres no CEIP de Rebordáns  executáronse as obras necesarias para dividir unha aula en dúas con aseo para o alumnado de infantil.  A posta a punto do salva-escaleiras e reparacións de mantemento foron as actuacións levadas a cabo no CEIP nº1 .

En todos os colexios, incluídas as aulas do CRA Mestra Clara Torres,  puxéronse a punto todos os patios exteriores e restauráronse todos os elementos de xogos infantís.

Amais destas obras de mantemento no centros de ensino de Infantil e Primaria o Concello de Tui tamén acometeu obras de mantemento e reparación no Conservatorio de Música Municipal.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente, explica que todas estas obras acometéronse con fondos propios, o que demostra o compromiso do equipo de Goberno cun ensino público de calidade, procurando ter nas mellores condicións posibles os centros escolares”.

Nigrán abre o prazo de inscrición para actividades socio-deportivas e culturais

0

As inscricións serán os días 12 e 13 de setembro para o alumnado inscrito no curso 2022-2023 nunha actividade estando empadroado no Concello de Nigrán (e que segue a estalo) e que desexe continuar na mesma actividade e no mesmo horario no curso 2023-2024. Esta inscrición poderá realizarse presencialmente no auditorio do Concello de Nigrán nos días sinalados en horario de 9:00 a 13:00, ou telematicamente na web www.actividadesnigran2023.es (calquera dos dous días posto que a praza está gardada). Agás música e tenis que será presencial.

Os días 18 e 19 de setembro inscribiranse os empadroados no concello de Nigrán que  inicien actividades este curso (nas prazas vacantes). Presencialmente no auditorio do Concello de Nigrán en horario de 9:00 a 13:00.

As persoas non empadronadas poderán inscribirse, sempre que haia prazas disponibles, do 25 e 26 de setembro. Presencialmente no auditorio do Concello de Nigrán en horario de 9:00 a 13:00.

No momento de inscribirse realizarase o pago (con tarxeta, mediante transferencia ou pago na oficina bancaria), non quedando garantida a praza ata que se abone.

As actividades comezarán a semana do 2 de outubro de 2023 e rematarán o 31 de maio do 2024 (8 meses).

  • O prezo das actividades é de 75 € para as persoas empadroadas en Nigrán e de 100 € para os non empadroados. (Nos importes inclúese o seguro obrigatorio de accidentes).
  • A actividades de Tenis de Adultos dos sábados terán un prezo de 37,5 € para as persoas empadroadas en Nigrán e de 50 € para os non empadroados.
  • A actividade de Marcha Nórdica a o ten unha duración de 3 horas semanais (dúas sesións de 1,5h) terán un prezo de 112,50 € para as persoas empadroadas en Nigrán e de 150 € para os non empadroados.
  • Terán dereito a unha bonificación do 50 % sobre o prezo público de 50 €, 100 € e 150 € as persoas empadroadas en Nigrán que se atopen nunha situación de necesidade ou de dificultade económico – financieira e que pertenzan a unha unidade familiar.

ACCESO GRATUITO SALA DE FITNESS

Calquera persoa maior de idade matriculada nas actividades deportivas 2023/2024 poderá inscribirse gratuitamente para o uso da Sala de Fitness do Pavillón en horario de:

O  número de prazas está condicionado polo número de máquinas e elementos propios da sala. Cada persoa só poderá asistir dúas horas semanais a esta actividade e o exercicio estará controlado por un monitor en todo momento. Os interesados deberán anotarse o primeiro día da actividade (3 de Outubro) directamente no pavillón co monitor, as peticións serán atendidas por orde de inscrición.

“Unha amplísima oferta de actividades deportivas e culturales dirixidas a todas as idades, e perto de 900 persoas,  nas que se consolidan Teatro e Marcha Nórdica e se incorpora Cómic despois do éxito entre a xente máis nova dos cursos que se levaron acabo durante o verán” declara Juan González, Alcalde de Nigrán.

Actividades

ACTIV. DEPORTIVASPRAZAS
Act. Fª de  mantemento90 prazas (15 por grupo)
Act. Fª para maiores15 prazas (15 por grupo)
Aeróbic- Step30 prazas (15 por grupo)
Ioga40 prazas (20 por grupo)
Tai chi80 prazas (20 por grupo)
Surf  (nados entre 2011 e 2014)30 prazas (6 por grupo)
Pilates72 Prazas (12 por grupo)
Zumba30 prazas (15 por grupo)
Tenis120
Marcha Nórdica40 (20 por grupo)
Adestramento Funcional20 (10 por grupo)
ACTIV. CULTURAISPRAZAS
Música90 prazas
Cerámica (máx. 18 pers/grupo)10 prazas menores 36 prazas maiores
Pintura (máx. 12 pers/grupo)8 prazas menores 36 prazas maiores Gravado 20 prazas
Torno8 prazas
Teatro70 prazas
Cómic20 prazas

Aberto o prazo de inscrición de Galgas Dixitais en Tomiño

0

O Concello de Tomiño vén de abrir o prazo de inscrición para participar en Galegas Dixitais, un programa de formación gratuíto dirixido á dixitalización de mulleres.

Cunha duración de 120 h, a formación impartirase na Escola Obradoiro O Regatiño (Goián) do 4 de outubro ao 15 de novembro deste ano. Será de luns a venres, en horario de 09.00 h a 14.00 h e estará dirixido a mulleres desempregadas do Concello de Tomiño.

O curso ten prazas limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 21 deste mes. As persoas interesadas deberán inscribirse a través da no teléfono 886203763 / 604039575 (whatsapp) e poden consultar calquera dúbida no Servizo de Orientación Laboral do Concello.

Ao rematar a formación as persoas participantes recibirán un diploma acreditativo e un ordenador portátil de regalo.

A SD Ponteareas e a SD Juvenil Ponteareas renovan o convenio entre clubes

A presidenta da SD Ponteareas, Elena Rodríguez Freitas e o presidente da SD Juvenil Ponteareas, Pedro A. Alfaro reuníronse para firmar a renovación do convenio de filialidade entre os clubs.

O convenio foi asinado no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas coa presenza da alcaldesa, Nava Castro Domínguez e o Concelleiro de Deportes, Francisco J. Represas.

Tras o éxito do anterior convenio, que levou á SD Ponteareas a ser a maior escola de fútbol da comarca e ao SD Juvenil a constituir o equipo de formación SD Juvenil Rodosa e ascender a Segunda Autonómica, decidiuse ampliar a colaboración.

Todos os asistentes alentan a continuidade dos éxitos deportivos e esperan que este convenio sexa o pulo definitivo ao deporte local de Ponteareas.

A piques de finalizar a reforma integral da Escola Unitaria das Eiras

0

O Rosal continúa coa súa aposta pola educación de proximidade a pola recuperación do patrimonio. O Concello está a rematar as ambiciosas obras de rehabilitación da Escola Unitaria das Eiras, instalacións que este  curso escolar acollerán ao alumnado da Escola Unitaria de Tabagón mentres se leva a cabo a súa reforma integral, coa que se reorganizarán os espazos e se mellorará a eficiencia enerxética.

A reforma estrutural da escola das Eiras amosa o esforzo do Concello por preservar o patrimonio local, modernizar as instalacións educativas e promover a sostibilidade nos edificios municipais. “As escolas son unha prioridade para nós, xa que ademais de ser inmobles con gran valor arquitectónico e patrimonial, son equipamentos de grande importancia para potenciar o ensino de proximidade, que contribúe sen dúbida a fixar poboación”, como salientaron a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, e o concelleiro de Educación, José Carlos Martínez Crespo, nunha visita ás instalacións.

Cun orzamento de case 41.000 euros financiados ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, o Concello do Rosal procedeu a realizar melloras na cuberta e nos interiores da Escola Unitaria das Eiras, un edificio de 1955 deteriorado polo paso do tempo. Xunto á renovación do tellado, reparáronse interiores, rematáronse os aseos e cambiáronse as fiestras, contribuíndo así a unha maior eficiencia enerxética do edificio.

O Concello leva a cabo esta reforma estrutural non só para que alumnado e equipo docente poidan desfrutar dunhas instalacións confortables durante este curso escolar, senón que se busca adaptar o edificio para o seu futuro uso por parte da veciñanza e do tecido asociativo, converténdose nun espazo de lecer e convivencia e nun espazo educativo adicional.

Nigrán oferta un curso de manexo de dispositivos móbiles para maiores

0

O Concello de Nigrán ofrece do 3 de outubro ao 30 de xaneiro de 2024 no Local Social de Vilameán un obradoiro para aprender a manexar aplicacións móbiles destinado a xubilados empadroados no municipio e será impartido por María José Parada Santoro, profesora xubilada.

O curso, que se desenvolverá os martes e xoves de 11,30 a 12,30, é gratuíto e prestará especial antención ao uso da aplicación do ‘Sergas Móbil’, ao almacenamento de imaxes e ás posibilidades doutras apps. A inscrición debe facerse presencialmente o xoves 13 de setembro na Casa de Maiores de Vilameán de 10:00 a 12:00 horas e as prazas distribuiranse por rigorosa orde de chegada (consta inicialmente de 15 prazas pero se hai demanda se organizarán máis obradoiros). Para participar é preciso acudir con un smartphone cargado de batería.

“Moitos maiores síntense moi inseguros á hora de empregar o móbil, polo que este curso busca que se atopen cómodos á hora, por exemplo, de pedir unha cita médica a través da app do Sergas”, explica o alcalde, Juan González, sobre esta iniciativa da Concellería de Maiores que dirixe a edil María Mayán.  “Non son nativos dixitais e moitos precisan formación práctica ao respecto, especialmente agora que se van a retirar as tradicionais cartillas bancarias, e este tipo de cursos son moi útiles porque lles pode facilitar moito o seu día a día”, resume Mayán.

O Consorcio de Augas do Louro renova equipos na captación de auga do río Miño

O Consorcio de Augas do Louro vén de adquirir unha nova bomba de impulsión de auga potable e un novo motor eléctrico de alta eficiencia enerxética para renovar unha das catro bombas existentes na captación de auga do río Miño.

Trátase dunha bomba somerxible tipo lapis capaz de elevar 60 litros de auga por segundo a 142 metros de altura. O motor Franklin de 110 KW (150 CV) é completamente de aceiro inoxidable, conta con protección contra areas e permite e seu rebobinado. Este motor de alta eficiencia e menor potencia que o substituído permitirá acadar un aforro na instalación de ata un 26% no consumo enerxético e na emisión de gases de efecto invernadoiro asociada á produción desa enerxía aforrada.

“A actuación, por importe de máis de 16.000 euros, foi necesaria toda vez que quedou acreditado o desgaste dos equipos que se substitúen, que os facía completamente inoperativos”, explica Alejandro Lorenzo, presidente do Consorcio. “Deste xeito, a captación disporá de catro bombas en perfecto estado de funcionamento para garantir o caudal de auga impulsada ata a potabilizadora de Randufe, que dá servizo ao concello de Tui, parte de Tomiño e, ocasionalmente, aos concellos do Rosal e A Guarda”, puntualiza.

O subministro realízase de xeito coordinado cos traballos de posta a punto dos novos equipos de dosificación de reactivos e do novo programa informático que os controla, o que permite adaptar automaticamente as cantidades de cloro, coagulante e floculante que se engaden durante o proceso de filtración da auga do río Miño para acadar unha óptima potabilización.

Esta actuación enmárcase dentro da campaña de renovación das instalacións de abastecemento de Tui que o Consorcio vén levando a cabo dende a súa posta en funcionamento en 2014 e que ascende a máis de 630.000 euros.

Arbo deu comezo ás obras de abastecemento en Cuarto

0

O Concello de Arbo tramitou, ante a Dirección Xeral da Administración Local, unha achega para a obtención dunha subvención 39.959,97 € (IVE do 21 % incluído que ascende a 6.935,20 €), para a actuación denominada “RENOVACIÓN DE RED DE ABASTECIMIENTO EN CUARTO TRAMO DESDE AS CORVACEIRAS HASTA PORTELA, PARROQUIA DE SAN CRISTOVO DE MOURENTAN, ARBO”.

Ante a intención de tramitar estas obras que teñen un importe de contratación de 39.959,97 e o desexo de esta administración de arranxar as problemáticas no barrio do Cuarto-Mourentan co abastecemento, e decide renovar a tubaxe existente, entre a arqueta 5 e a arqueta 7, mediante a reposición da mesma, repoñer as válvulas de corte, as válvulas redutoras de presión e unha nova ventosa trifuncional (instalada nun novo pozo nun punto alto) e ademais, renovar as acometidas domiciliarias.

Obras

As obras consistirán na construción dunha rede abastecemento de subministración de auga potable para substituír á actual rede de abastecemento en mal estado.

Realizaranse os correspondentes replanteos para definir o trazado adecuado da nova rede e para manter o servizo ata a finalización dos traballos e poida cambiarse a subministración á rede reposta. A tubaxe existente discorre principalmente polo lado dereito do camiño en sentido cara ao núcleo de Portela. Aínda que nas proximidades da arqueta na que está situada a ventosa, a tubaxe cruza o vial, pasando a estar pola marxe esquerda. A tubaxe nova instalarase evitando coincidir coa que está instalada, de tal forma que non se produzan afeccións á subministración de auga na zona, mantendo a tubaxe existente sempre en servizo ata que ao final da obra realícense as conexións coa nova condución.

Unha exposición de postais antigas percorre os 150 anos de Balneario de Mondariz

O Balneario de Mondariz acolle unha exposición de postais antigas, emitidas entre 1880 e 1932 que recolle os recordos dos “aguístas” que pasaron as súas vacacións estivais na vila termal. Retrincos de historia que pertencen á colección privada de postais máis importante de España sobre Balneario de Mondariz, propiedade do vigués Manuel García Prado.

Un total de 200 exemplares enviadas desde a estafeta postal do propio balneario a diferentes recunchos de Galicia, España, Portugal, Francia e Cuba, entre outros destinos. Imaxes do exterior do Gran Hotel, a Fonte de Gándara nos seus diferentes momentos arquitectónicos; o bosque que rodeaba o establecemento coa súa cancha de tenis, unha das primeiras de Galicia, e a súa mini golf construído en 1900; os xardíns e as terrazas onde se reunían o máis selecto da aristocracia e personaxes que gozaban das augas mineromedicinales en xullo e agosto; así como o edificio Varanda coas tendas de moda de París, a barbaría para os cabaleiros e salón de peiteado de damas E os servizos de telecomunicacións onde se recibía diariamente os movementos da Bolsa madrileña.


Entre as redaccións máis singulares e curiosas, unha dirixida á familia Sturla na que un visitante comenta ademais das marabillas do destino, unha referencia ao elitista do mesmo: “Xa tiña ganas de deixar este hotel porque aquí déixanlle ao bañista sen pluma e cacarexando. Xa me entende vostede. O seu amigo. Prudencio Valdeolivas. Mondariz 1902”, comentaba.
Outra postal, selada en 1912 na que se conta: “Queridos curmáns. Esta é a outra fonte destes mananciais onde tomamos a auga de Mondariz, pois tía sente mellor con ela, e eu ata o de agora non podo dicir nada. Por orde do médico teño que tomar dez baños diarios. Dous en xaxún, catro ao xantar e catro á hora da comida, ou sexa, á tarde, pois ás comidas non se pode beber auga ningunha. Isto é bastante divertido pois hai moitísima xente tomando as augas. Abrázovos a todos. Unha terceira dun soldado que pasou polo Gran Hotel cando este foi Hospital de Guerra, en 1939, e que aparece con censura militar. Nela, ademais de confirmarlle á súa muller en Barcelona que está a ser moi ben tratado, descríbelle o lugar como un espazo que ben podería estar en calquera recuncho de Centroeuropa pola súa arquitectura.


A mostra, instalada no hall do Balneario de Mondariz e aberta ao público en xeral, inaugurouse coa presenza do presidente de Balneario de Mondariz, Javier Solano Rodríguez-Losada; o director, Ricardo Fuciños; o actual alcalde de Mondariz Balneario, César Gil, e o propietario da colección, Manuel García Prado. Unha actividade que está englobada na programación que se desenvolve en 2023 e 2024 pola conmemoración do 150 Aniversario do Balneario de Mondariz.

Porto do Molle acollerá a segunda Festa Equina de Nigrán

0

Acoaga 1018 S.L., en colaboración coa asociación hípica GZ-Horse e a Federación Hípica Galega, organiza unha Festa Hípica en Porto do Molle.

O concello de Nigrán poderá disfrutar, no parque empresarial, de este evento hípico, que está previsto para os vindeiros días 15, 16 e 17 de setembro. O evento consiste na realización de diversos espectáculos e competicións escuestres para disfrute do público.

Entre as competicións poden atoparse a doma clásica, a final do campionato de enganches de carruaxes ou a Copa de Galicia de enganches. Todo isto complementarase con actividades musicais da man de diversos grupos de música tradicional galega.

O peche do evento será a cargo do grupo musical “La Patrulla”. Además, tamén haberá unha feira artesanal no entorno do evento.

Venres 15 de setembro

  • Comezo da festa equina, xunto coa feria de artesanía e a participación de diversos centros ecuestres de todo o concello de Nigrán. Realizarán diversas disciplinas de exhibición, así como o clásico bautismo hípico

Sábado 16 de setembro

  • Ás 17:00 horas terá lugar a exhibición de doma clásica a cargo de Alejandro Nande Iglesias (campión de España da súa disciplina e veciño da vila).
  • Ás 18:00 horas será a competición de xinetes e cabalos na especialidade de xincanas o xogos “mounted games” con entrega de premios e trofeos.
  • E xa para rematar a xornada, ás 20:00 horas será o final das actividades ecuestres. As actividades estarán amenizadas por diversos grupos de gaiteiros.

Domingo 17 de setembro

  • 11:00: concurso de demostración de enganches de carruaxes con diferentes modalidades como son o enganche con limorera (enganche cun cabalo) e o enganche en tronco (enganche con dous cabalos).
  • 13:30: entrega de trofeos
  • 16:30: final da Copa de Galicia de enganches
  • 19:00: entrega de trofeos e recordos do evento
  • 20:00: peche da festa equina cun concerto a cargo do grupo “La Patrulla”

Tomiño achega 25.000 bolsas de material reciclable para potenciar o comercio local

Tomiño pon en valor o comercio local cunha nova acción de ‘Da túa man’, unha campaña que busca promocionar que a veciñanza merque nos establecementos tomiñeses e fomentar o desenvolvemento sostible do municipio. O Concello está a repartir cerca de 25.000 bolsas promocionais de tea e diferentes materiais reciclados entre os comercios interesados e os praceiros e praceiras dos mercados de Tomiño e Goián, que se encargan de distribuílas posteriormente a compradores e compradoras.

A primeira distribución de bolsas realizouse contando coa colaboración de ADETO e coincidindo coa Festa do Comercio para achegar ao maior público posible. Os establecementos que aínda non se inscribiran e queiran recibir un lote de bolsas poden solicitalo no Concello durante o mes de setembro.

O Concello de Tomiño participa dende o ano 2022 no proxecto ‘Da túa man’, que contempla diversas medidas de apoio ao comercio local, como a instalación de sinalética con cargadores de batería de dispositivos móbiles nas zonas comerciais de Goián e Tomiño, a colocación de consignas no mercado de Tomiño ou diferentes accións formativas e de publicidade. O obxectivo é promover o desenvolvemento sostible no municipio non só polo impacto positivo directo nos establecementos, senón tamén por como repercute na propia economía local e na dinamización cultural e social das zonas urbanas comerciais. O proxecto ‘Da túa man’ está financiado nun 70% polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos Fondos NEXT Generation da Unión Europea. A coordinación corre a cargo da Deputación de Pontevedra, que achega un 15% do orzamento, mentres que o Concello de Tomiño achega o outro 15%.

Haberá un servizo especial de autobús para os desprazamentos ao `Negrita Music Festival´

Dende o Concello do Porriño informamos á cidadanía de que os días 9 e 10 de setembro, para facilitar os desprazamentos ao Negrita Music Festival, activaranse servizos especiais de autobús entre O Porriño e Vigo.

Os usuarios contarán con servizos de ida e volta. Reforzaranse os servizos Vigo- O Porriño a partir das 15 h nas expedicións actuais cun autobús a maiores en cada unha. A saída será dende a estación intermodal de Vigo.

No caso do traxecto de volta, Porriño-Vigo, a demanda prevese a partir das 24 h, polo que se dispoñerá un autobús para completar o traxecto dende a Avenida de Galicia no Porriño ata a Praza de España en Vigo ás 24 h, 1h, 2h e 3h.

Estes servizos especiais actívanse para facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución noturna despois de xornadas de lecer e se diminúa o tráfico.

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, ao igual que fan en todos os autobuses da Xunta e os demais usuarios do transporte público poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

Máis de 15 rapaces participaron no obradoiro de intelixencia emocional de Salvaterra

O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa ANPA Chan da Ponte do IES Salvaterra de Miño, levaron a cabo este obradoiro impartido por Marta e Verónica de Latenting, que buscaba aportar aos asistentes ferramentas e habilidades para o día a día.

Moi necesario é saber xestionar as emocións e identificar as dos outros como tamén o é aprender máis sobre o modo no que tomamos decisións na nosa vida cotiá. A través de diferentes dinámicas, reflexións e intercambio de experiencias os rapaces aprenderon máis deste proceso de toma de decisións e sobre as emocións.

Ponteareas acollerá o domingo o musical ‘Camiñantes e Cantantes’

No marco da primeira fin de semana das Festas de Setembro en Ponteareas, o broche das festas dos Remedios virá a cargo do musical ‘Camiñantes e Cantantes’ un espectáculo para toda a familia no que participan Manquiña, Pepo Suevos ou Pili Pampín.

A cita, presentada esta tarde no concello pola alcaldesa Nava Castro, o concelleiro de Cultura, Ricardo González, o músico de La OcaBand David Montes e o propio Pepo Suevos, será este domingo ás 22:00 horas, na Praza Maior. Trátase dun repaso polos últimos anos de música galega a través das diferentes variantes do Camiño de Santiago. Un espectáculo que abre Pepo Suevos cun monólogo e que presenta xunto a Manuel Manquiña, no que a música está acompañada por imaxes aéreas do camiños tomadas con drons e xogos visuais en pantallas multimedia.

La OcaBand é a encargada de facer o repaso musical pola música popular galega máis representativa dos últimos anos con temas dos máis diversos estilos, desde Fixan os Ventos a Cómplices, de Julio Iglesias a Siniestro Total pasando por Juan Pardo, e todo, aderezado con abundantes dosis de humor.

Un percorrido de dúas horas polo Camiño de Santiago e a música galega, nun espectáculo patrocinado pola Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, con entrada de balde.

Redondela aposta pola saúde e benestar dos maiores

0

O programa “Esperta a túa mente” ten aberto o prazo de matrícula ata o 15 de setembro e os obradoiros comezarán o día 20 deste mes. Actividades como xogos de mesa, pasatempos ou exercicios en cadernos permiten mellorar a memoria e evitar o deterioro cognitivo, xa que se exercita a capacidade de cálculo e atención. Ademais, o propio feito de establecer unha rutina para asisitir ás clases e socilizar cos compañeiros e compañeiras é unha gran axuda para favorecer o envellecemento activo”, sinala a concelleira Pilar Martínez.

Establécense tres grupos no Multiúsos da Xunqueira (Redondela), os mércores (de 09.30 h a 10.45 h) e os venres de e 09.30 h a 10.45 h e de 11 h a 12.15 horas. En Chapela, as clases serán os xoves con dous horarios, de 10 h a 11.15 horas e de 11.30 h a 12.45 horas.

“Maiores en Forma” é outro dos programas estrela desta concellaría, que conta sempre cun gran éxito entre a veciñanza. A concelleira Pilar Martínez explica que “co obxectivo de facilitar a participación de todos aqueles que o desexen, este curso amplíanse as actividades ás parroquias de Cabeiro e Quintela, ademais de continuar en Redondela, Chapela, O Viso (Saramagoso), Reboreda e Ventosela”. Neste curso realízase un exercicio suave e adaptado ás necesidades dos alumnos e alumnas que lles axuda a activar a circulación sanguínea, exercitar a mente, diminuír a tensión e aliviar a dor articular. “O exercicio, unido á interacción social que se dá nas clases, axuda aos maiores a mellorar o seu equilibrio tanto físico como mental”, sinala Martínez.

O prazo de matrícula estará aberto do 15 ao 28 de setembro, e as clases comezarán en outubro en diferentes horarios. En Redondela será os martes e xoves con tres quendas (de 8.30 a 9.30 horas, de 9.30 a 10.30 horas e de 10.30 a 11.30 horas). En Chapela a actividade realizarase os luns e venres de 9.00 a 10.00 horas no pavillón municipal e pola tarde de 17.30 a 18.30 horas no Círculo Cultural. En Cabeiro as clases serán os mércores de 18.30 a 19.30 horas. Na parroquia do Viso a actividade impartirase no barrio de Saramagoso os martes e xoves de 20.00 a 21.00 horas. En Reboreda será os luns e venres de 19.00 a 20.00 horas, en Ventosela os martes e xoves de 18.00 a 19.00 horas, mentres que en Quintela será os mércores de 19.50 a 21.00 horas . As prazas serán adxudicadas por estrita orde de inscrición.

No caso das Visitas de Lecer e Culturais para Maiores, que comezan o mércores 13 de setembro cunha excursión ao norte de Portugal, a inscrición está aberta nas oficinas de Turismo da Rúa Isidoro Queimaliños. Na visita guiada percorrerán Valença, Monçao, Melgaço e Vilanova de Cerveira. Haberá saídas o mércores 13, xoves 15 e venres 15 de setembro, e aínda quedan prazas dispoñibles. O prezo é de 19 euros e o transporte está financiado polo Concello. Tal como mantén a rexedora local, Digna Rivas, “a intención é que as persoas maiores poidan saír, socializar e hfcer actividades ao aire libre a un prezo accesible para todos e todas, ao tempo que coñecen lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial.”

A próxima visita será á localidade ourensá de Allariz. O prazo de inscrición estará aberto entre o 2 e o 11 de outubro.

A ludoteca do Porriño abre as súas portas de novo en setembro

O Concello do Porriño, a través da concellería de Igualdade que dirixe Carolina González, pon en este mes un servizo gratuíto de ludoteca dirixido aos máis pequenos e pequeñas da casa. Este recurso estará disponible dende o vindeiro luns 11 de setembro e ata o día 28 do mesmo mes, en horario de tarde, de 16 a 20 h, pero o Concello traballa para dar continuidade ao mesmo co fin de facilitar a conciliación familiar.

A concelleira explicou que se desenvolverá nas instalacións do Centro Cultural municipal e poderán facer uso os/as nenos/as de entre 3 e 12 anos inclusive. Cabe destacar que non se require inscrición previa, todas as persoas que queiran usar este servizo deberán dirixirse ao Centro Cultural a partir do luns 11 e facilitar os seus datos persoais, incluíndo o seu DNI e teléfono de contacto, así como o nome, apelidos e data de nacemento do neno.

Na mesma ficha ou plantilla sinalarase o día e a hora de entrega e recollida. A ludoteca estará aberta de 16 a 20 h e o aforo está limitado a 50 usuarios.

“Traballamos para mellorar a conciliación da vida persoal e laboral das familias do Porriño impulsando medidas que, dentro das nosas competencias, poidan consolidarse na vila”, concluíu a edil.

Este recurso que engloba diversas actividades forma parte do Programa “Medidas de impulso por unha mellora na búsqueda de emprego e incorporación ao mercado laboral das mulleres con cargas familiares”, cofinanciado pola Federación Española de Municipios e Provincias FEMP e o Instituto da Muller.

O Season Fest converte a Gondomar no punto de encontro do indie nacional

0

Gondomar foi escenario da presentación da nova edición do Season Fest, que este ano celebra o seu 5º aniversario. O acto tivo lugar na histórica Casa Peralba da localidade, que será un dos escenarios do festival xunto ao Parque das Ánimas, ao carón do río.

No acto oficial de presentación partiparon Paco Ferreira, alcalde de Gondomar, Jacobo Sutil, director de AGADIC, Marta Fernández-Tapias, vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e Deputada de Deportes e Cultura, Txus Sáez, Marketing local y de clientes de Mahou San Miguel en Galicia, Anabel Pérez, responsable de marketing do Grupo HGA e o director do Season Fest, Isaac González.

Ferreira destacou a importancia que ten para o municipio albergar un festival destas características e a “altura de miras do Concello por albergar un evento deste calibre que a piques estivo de non celebrarse no Val Miñor para que continuase levándose a cabo aquí”. “O Val Miñor é un conxunto territorial que ten que apostar pola cultura porque consideramos que é un xeito importante de darlle visibilidade”, sinalou. “Gondomar sempre será un concello aberto á cultura”, rematou.

Pola súa banda, Jacobo Sutil, falou da relevancia que ten o Season Fest no circuito de festivais de Galicia e, en concreto, dentro da marca Fest Galicia, creada pola Xunta. Salientou tamén o “grande nivel de programación deste festival e a aposta que sempre fai por grupos galegos, algo que dende AGADIC valoramos moi positivamente”.

Fernández-Tapias subliñou a programación deste evento, que “chega con aires renovados pero sen perder a esencia que o converteu no gran festival de pequeno formato”, cun “cartel de luxo para despedir o verán como merece” e actividades “para impulsar a nosa gastronomía e o noso destino” baixo o eixo da sostibilidade. A vicepresidenta e responsable de Cultura sinalou que “para o novo equipo da Deputación a cultura será un alicerce fundamental coa premisa de apoiar este sector, que sempre ofrece experiencias interesantes ao público co fin de que a nosa cultura siga estando moi viva, e desde a perspectiva local”.

Txus Sáez lembrou que Mahou leva apoiando o festival desde a súa primeira edición a través de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou 5 Estrellas. “En Mahou cremos que

os encontros entre persoas son esenciais para ser felices e vivir mellor e que mellor sitio para atoparnos que neste gran festival de pequeno formato, acompañados da música dos excelentes grupos e artistas que compoñen o cartel desta edición”, explicou Txus Sáez, responsable de Marketing local e de clientes de Mahou San Miguel en Galicia.

Anabel Pérez, del Grupo HGA, definiu coma “unha sorte” poder colaborar cun “festival de prestixio como o Season Fest no que se coida tanto ao público coma o entorno”.

Para finalizar, o director do festival, Isaac González, dixo sentirse orgulloso de poñer en marcha un proxecto que cumpre xa 5 anos de vida e que se está a converter nun referente no panorama indie dentro e fóra de Galicia. “Fainos moi felices comprobar como grupos emerxentes polos que apostamos desde o Season Fest en anos anteriores, hoxe son programados polos grandes festivais”, destacou. Tamén agradeceu aos patrocinadores públicos e privados a súa aposta e ao concello de Gondomar a súa xenerosidade por cedernos “dous espazos tan especiais”.

O festival, terá lugar do 21 ao 24 deste mes no Parque das Ánimas e a Casa Peralba de Gondomar. Xoel López, Iván Ferreiro, Triángulo de amor bizarro, Los Punsetes, os portugueses Capicúa, Querido, Pablo Novoa & Friends e os grupos emerxentes do indie nacional de dentro e fóra de Galicia Margarita quebrada, Anabel Lee, Xenia, Firmado, Carlota, Lusillón, Aeronave adolescente, Visions of Johanna, Sr. Jingles, Habitación Vudú, Tarde a todo e Señora DJ, protagonizan o cartel dun dos festivais máis importantes do calendario estival de Galicia

Entradas e abonos á venda

O público que queira asistir ao Season Fest pode mercar xa o abono na súa web. Ademais, todas as persoas usuarias do Carné Xove poderán mercar as entradas ao Season Fest cun 15% de desconto. As e os menores de 14 anos acceden de balde.

O festival contará unha vez mais co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Fest Galicia, AIE, Concello de Gondomar e Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que crea encontros en torno ao directo. 

O festival contará unha vez mais co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Fest Galicia, AIE, Concello de Gondomar, e Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que crea encontros en torno ao directo. Tamén colaboración de empresas como el Grupo HGA.