23.5 C
Pontevedra
Mércores, 27 de Setembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaAberto o prazo de inscrición na aula de teatro de Baiona

    Aberto o prazo de inscrición na aula de teatro de Baiona

    A aula de teatro de Baiona “Nos si? Teatro”, abre o prazo de matrícula para o curso 2023/2024. As clases comezarán o vindeiro 2 de outubro, estarán impartidas por Mónica Sueiro e terán lugar no Auditorio Municipal V Centenario.

    Avanzado, Nos si? Teatro:
    Luns: de 20:00 a 21: 30h.

    Teatro para a vida, Taller de Teatro:
    Xoves: de 20:00 a 21:30h.

    Taller Matinal:
    Mércores: de 10:00 a 11:30h.

    Máis información no correo electrónico monicasueiro@gmail.com / 638 186 112.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.