13.3 C
Pontevedra
Sábado, 23 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño achega 25.000 bolsas de material reciclable para potenciar o comercio local

    Tomiño achega 25.000 bolsas de material reciclable para potenciar o comercio local

    Tomiño pon en valor o comercio local cunha nova acción de ‘Da túa man’, unha campaña que busca promocionar que a veciñanza merque nos establecementos tomiñeses e fomentar o desenvolvemento sostible do municipio. O Concello está a repartir cerca de 25.000 bolsas promocionais de tea e diferentes materiais reciclados entre os comercios interesados e os praceiros e praceiras dos mercados de Tomiño e Goián, que se encargan de distribuílas posteriormente a compradores e compradoras. A primeira distribución de bolsas realizouse contando coa colaboración de ADETO e coincidindo coa Festa do Comercio para achegar ao maior público posible. Os establecementos que aínda non se inscribiran e queiran recibir un lote de bolsas poden solicitalo no Concello durante o mes de setembro. O Concello de Tomiño participa dende o ano 2022 no proxecto ‘Da túa man’, que contempla diversas medidas de apoio ao comercio local, como a instalación de sinalética con cargadores de batería de dispositivos móbiles nas zonas comerciais de Goián e Tomiño, a colocación de consignas no mercado de Tomiño ou diferentes accións formativas e de publicidade. O obxectivo é promover o desenvolvemento sostible no municipio non só polo impacto positivo directo nos establecementos, senón tamén por como repercute na propia economía local e na dinamización cultural e social das zonas urbanas comerciais. O proxecto ‘Da túa man’ está financiado nun 70% polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos Fondos NEXT Generation da Unión Europea. A coordinación corre a cargo da Deputación de Pontevedra, que achega un 15% do orzamento, mentres que o Concello de Tomiño achega o outro 15%.

    Tomiño pon en valor o comercio local cunha nova acción de ‘Da túa man’, unha campaña que busca promocionar que a veciñanza merque nos establecementos tomiñeses e fomentar o desenvolvemento sostible do municipio. O Concello está a repartir cerca de 25.000 bolsas promocionais de tea e diferentes materiais reciclados entre os comercios interesados e os praceiros e praceiras dos mercados de Tomiño e Goián, que se encargan de distribuílas posteriormente a compradores e compradoras.

    A primeira distribución de bolsas realizouse contando coa colaboración de ADETO e coincidindo coa Festa do Comercio para achegar ao maior público posible. Os establecementos que aínda non se inscribiran e queiran recibir un lote de bolsas poden solicitalo no Concello durante o mes de setembro.

    O Concello de Tomiño participa dende o ano 2022 no proxecto ‘Da túa man’, que contempla diversas medidas de apoio ao comercio local, como a instalación de sinalética con cargadores de batería de dispositivos móbiles nas zonas comerciais de Goián e Tomiño, a colocación de consignas no mercado de Tomiño ou diferentes accións formativas e de publicidade. O obxectivo é promover o desenvolvemento sostible no municipio non só polo impacto positivo directo nos establecementos, senón tamén por como repercute na propia economía local e na dinamización cultural e social das zonas urbanas comerciais. O proxecto ‘Da túa man’ está financiado nun 70% polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos Fondos NEXT Generation da Unión Europea. A coordinación corre a cargo da Deputación de Pontevedra, que achega un 15% do orzamento, mentres que o Concello de Tomiño achega o outro 15%.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS