24.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Setembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Viso de Redondela retoma os cursos para a tempada 2023-24

    O Viso de Redondela retoma os cursos para a tempada 2023-24

    A Sociedade Cultural do Viso vén de comezar o curso lectivo despois do parón do verán no mes de setembro co curso de gaita tradicional e percusión impartido por Manuel Cruces, gaiteiro do grupo Tanto Nos Ten, os venres pola tardiña. Nesta actividade aínda quedan prazas dispoñibles para quen desexe adentrarse na cultural musical tradicional.

    Os martes pola tarde retomáronse o curso pandeireta e canto tradicional, impartido este por Luis Prego, músico do grupo Ardentía, a partir das 18:30 h. Tamén nos vindeiros días comezará un curso de restauración e tapicería dentro do programa “Depo en Marcha” da Deputación de Pontevedra. Ambos cursos xa contan coa maioría de prazas cubertas.

    Dentro do programas “Conectadas” da Deputación ofrécese un curso de Artesanía en Coiro para as tardes dos mércores. Este conta con prazas dispoñibles.

    Para recibir máis información destes cursos, os interesados pódense dirixir ao correo electrónico acsmviso@gmail.com ou ao teléfono 656938058.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.