12.7 C
Pontevedra
Sábado, 23 de Setembro de 2023
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoHaberá un servizo especial de autobús para os desprazamentos ao `Negrita Music...

    Haberá un servizo especial de autobús para os desprazamentos ao `Negrita Music Festival´

    Habilitaranse servizos de ida e volta entre O Porriño e Vigo os días 9 e 10 de setembro para facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público co fin de reducir os riscos da condución nocturna

    Dende o Concello do Porriño informamos á cidadanía de que os días 9 e 10 de setembro, para facilitar os desprazamentos ao Negrita Music Festival, activaranse servizos especiais de autobús entre O Porriño e Vigo.

    Os usuarios contarán con servizos de ida e volta. Reforzaranse os servizos Vigo- O Porriño a partir das 15 h nas expedicións actuais cun autobús a maiores en cada unha. A saída será dende a estación intermodal de Vigo.

    No caso do traxecto de volta, Porriño-Vigo, a demanda prevese a partir das 24 h, polo que se dispoñerá un autobús para completar o traxecto dende a Avenida de Galicia no Porriño ata a Praza de España en Vigo ás 24 h, 1h, 2h e 3h.

    Estes servizos especiais actívanse para facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución noturna despois de xornadas de lecer e se diminúa o tráfico.

    Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, ao igual que fan en todos os autobuses da Xunta e os demais usuarios do transporte público poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS