Mércores, 23 Xullo de 2025

Tomiño consolida o seu innovador programa Encaixa-T

0

Tomiño segue traballando para ser un referente en políticas de infancia e adolescencia. O Concello vén de aprobar en pleno a renovación do convenio con Aldeas Infantís SOS de Galicia para consolidar o programa Encaixa-T, un innovador proxecto posto en marcha o curso pasado para atender á infancia dun xeito integral recollendo as necesidades de apoio escolar e psicosocial, de atención psicolóxica e de apoio ás e aos familiares de referencia para que nenos e nenas poidan vivir de forma integrada e feliz na súa contorna.

Tras o bo funcionamento do primeiro ano, o Concello segue a apostar por esta iniciativa que converte a Tomiño nun centro de proximidade grazas á colaboración do Servizo de Educación e Apoio á Familia (SEAF) municipal e os Grupos de Atención de Proximidade (GAP) de Aldeas Infantís. Rapaces e rapazas de 6 a 17 anos poden participar neste programa que emprega unha metodoloxía innovadora, con actividades socioeducativas que se desenvolven na Aula Estudo e con sesións psicoterapéuticas que se realizan nas instalacións dos Servizos Sociais municipais.

O equipo está integrado por una educadora social, una psicóloga e pola coordinadora dos GAP, que traballan en estreita colaboración coa técnica responsable do SEAF do concello. “Apostamos por atender á nosa infancia e adolescencia dun xeito integral, coordinando recursos e fomentando sinerxías para prestar un servizo moi necesario”, explica a alcaldesa, Sandra González, que salientou a importancia de crear este espazo socio-comunitario no que atender ás necesidades da rapazada e das súas familias achegando recursos sen que teñan que desprazarse e facilitando a superación daquelas situacións que supoñen una brecha na igualdade de oportunidades.

O concelleiro de Benestar Social, Rubén García, salienta ademais a relevancia de contar cun programa como o Encaixa-T nun momento no que a atención psicolóxica pública segue a ser deficiente, xa que permite “poñer remedio a problemas que se poden facer crónicos e que desta maneira se atallan nunha idade temperá, permitindo que nenos e nenas acaden unha integración plena e unha oportunidade para vivir nunha contorna mellor, máis segura e feliz”.

Seis novas accións formativas esta semana a cargo de SmartPeme

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta na semana do 25 ao 28 de setembro seis novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. Centraranse en ciberseguridade, emprendemento, posicionamento SEO, manexo de Chat GPT e Stable Diffusion e  uso de WhatsApp Business para alugueiro vacacional.

O luns 25 ás 10 horas terá lugar o obradoiro “Ciberseguridade, que é o malware”. O obxectivo é dar a coñecer que é un malware e os diferentes tipos que existen, así como aprender a detectar se o equipo está infectado. O taller correrá a cargo de Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D.

O martes 26 ás 12 horas dará comezo o taller “A iniciativa emprendedora” para dar a coñecer as razóns para crear unha empresa, os requisitos que debe reunir a persoa emprendedora e as recomendacións para iniciar o proxecto empresarial. Paz Ares, licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo será a encargada de impartir a formación.

O mércores 27 ás 12 horas iniciarase “SEO para e-commerce: Posiciona a túa tenda en liña en Google”. Este obradoiro de SEO está especializado nas tendas online e céntrase en ensinar ás persoas participantes a optimizar a web e a mellorar o posicionamento en Internet. A docente será Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais con experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.

Na mesma xornada do mércores, ás 17 horas, comezará o taller complementario “Redacta os textos da túa web ou tenda online para posicionarte en Google” que ofrecerá as claves para acadar bos resultados nas procuras a través da redacción, tendo en conta as estratexias de contidos e empregando ferramentas para escoller as palabras clave. O taller será impartido por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relaciones Públicas con experiencia como asesora de comunicación e marketing dixital.

O xoves 28 realizaranse outros dous obradoiros telemáticos. O primeiro será de mañá, ás 12 horas,  e dá continuidade ao novo itinerario formativo dedicado á intelixencia artificial con “Chat GPT e Stable Diffusion, aprende o seu funcionamento II”, para coñecer o manexo das ferramentas. O taller será impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire. O segundo, na quenda de tarde, dará comezo ás 17 horas co título “WhatsApp Business para alugueiro vacacional”. O obxectivo deste obradoiro, impartido por Sonia Torres, é ensinar a empregar WhatsApp Business como ferramenta de marketing no sector turístico.

Redondela solicita á Xunta que asuma o transporte escolar dos alumnos de Bacharelato e FP

0

O Concello de Redondela denuncia que o comezo do curso escolar puxo de manifesto unha vez máis as carencias no sistema do transporte escolar. Alumnado dos IES Pedro Floriani e Mendiño, especialmente os das parroquias de Reboreda, Portocabeiro, Vilar de Infesta, Cesantes, Quintela e Cedeira, non contan con prazas suficientes nos autobuses para poder facer o percorrido entre os seus domicilios e o instituto que lle corresponde. O alumnado de Bacharelato e Ciclos de FP non ten dereito ao transporte escolar, segundo recolle a normativa da Consellería de Educación, agás que existan prazas libres no autobús, e o incremento da matrícula nalgúns cursos complicou aínda máis a situación. O Concello de Redondela denuncia que a rapazada de entre 14 e 17 anos ten que trasladarse desde as diferentes parroquias en vehículo privado ou camiñando, xa que tampouco existen liñas de transporte público ordinario.

Esta situación levou ao goberno local a reunirse coas ANPAS dos centros afectados para buscar unha solución. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que “o ensino público e de calidade é un dereito de todos e todas”, polo que denuncia que a Xunta de Galicia non estea a respectar a igualdade de oportunidades da mocidade de Redondela “ao discriminar ao alumnado que vive nas parroquias e que tampouco conta cun transporte público alternativo para desprazarse ao instituto”. Tal e como acordaron coas familias o goberno local non descarta convocar mobilizacións de protesta se a Xunta de Galicia non resolve estas deficiencias. Rivas denuncia que hai dúas semanas solicitaron unha reunión urxente coa Consellería de Educación para tratar este asunto “e aínda non temos resposta”.

Levarase a pleno da próxima semana unha moción consensuada coas ANPAS solicitando ao goberno galego “que se garantan os dereitos dos nenos e nenas á educación, considerando como esencial o servizo de transporte escolar, tanto para Bacharelato como para os ciclos de FP e Educación Infantil”. Na sesión plenaria deste mes buscarán o apoio do resto dos grupos para instar á Xunta de Galicia a que modifique a normativa actual “habilitando o transporte escolar e universal para todo o alumnado de 3 a 18 anos, sen restricción por distancia”. Por outra banda demandan á Xunta que “con carácter urxente modifique o horario do transporte regular adaptándoo ao horario escolar e aumentado o servizo se é necesario”.

A rexedora local comprometeuse coas familias a que mentres a Xunta de Galicia non asuma este transporte o Concello de Redondela “mediará coa empresa concesionaria do servizo para tentar aumentar a capacidade dos autobuses e así garantir que os mozos e mozas de Bacharelato e Ciclos de FP poidan acudir puntualmente aos seus centros e regresar aos seus domicilios aínda que vivan no rural de Redondela”.

A moción debatirase no pleno da corporación municipal que se celebrará o próximo xoves, día 28 de setembro, no auditorio da Xunqueira.

Comezan as actividades formativas do programa “Conectadas”

Un total de 350 mulleres de asociacións de 14 concellos da provincia comezan a próxima semana 20 novas accións formativas enmarcadas no programa “Conectadas” da Deputación de Pontevedra. Esta iniciativa ten como principal obxectivo potenciar a promoción das mulleres a través de accións formativas que este ano se desenvolverán en 53 concellos e contarán coa participación de máis de 4.000 usuarias.

O luns 25 darán comezo catro accións. Doce mulleres da Asociación de Veciños San Mamede de Torroso en Mos iniciarán un curso de poda e tarefas do campo desde a sustentabilidade; 18 mulleres da Asociación Cultural Deportiva Saliceta de Salceda de Caselas un de ximnasia hipopresiva; 20 integrantes da Asociacón de Mulleres Rurais “Mar e Agro” de Bueu outro de teatro; e 25 mulleres da Asociación de Mulleres Féminas en Acción de Vilanova de Arousa outro de pilates.

O martes 19 será a quenda de dez novos obradoiros. Neste caso, 23 mulleres da Asociación Española Contra el Cáncer de Bueu comezarán o curso “Coidar coidándonos”; 16 persoas da Asociación de veciños de Corrigatos de Moraña e outras 16 da Asociación de Veciños de Santa Cristina de Cobres o de “Alfabetización dixital”; 25 integrantes da Asociación de veciños Nosa Terra de Pereiras de Mos iniciarán unha actividade de “Ximnasia hipopresiva”; 22 mulleres da Asociación Española Contra el Cáncer de Mos comezarán o curso de Risoterapia; 20 persoas da Asociación Cultural Candelas de Portas o de “Taichi”; 16 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Matalobos na Estrada e outras 12 da Casa Santa María de la Esperanza Esclavas de la Virgen Dolorosa o de “Pilates”; e 14 persoas da Asociación de veciños Barrio de Saramagoso de Redondela iniciarán unha acción formativa sobre pintura. 

O mércores 14 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais “Castro Valente” da Estrada comezarán un curso de ioga e outras 12 da Sociedade Cultural do Viso en Redondela unha acción formativa de artesanía en coiro. Pola súa banda o xoves comezarán o seu curso de pintura 15 mulleres da Asociación Santa Isabel de Silleda.

Finalmente, o sábado 30 de setembro comezarán as súas accións formativas tres asociacións da provincia. Quince mulleres da Asociación O Abeiro de Marín e outras 24 da AAVV Cultural e Deportiva de Lourido, en Poio, iniciaranse no sendeirismo. Ademais, outras 14 mulleres da Asociación Amas de Casa Témporas de Agolada comezarán un curso para aprender a realizar artesanía en coiro.

Este ano participan en “Conectadas” 219 entidades de 53 concellos da provincia. Os colectivos puideron escoller entre 30 obradoiros ofertados dentro de cinco bloques temáticos: “Emprende, iniciativas sostibles para o emprego”, “ExpresARTE”, “Conéctate”, “Sementa sostibilidade” e “O teu momento. Coidado e benestar”. Todas as accións formativas inclúen, de forma transversal nos seus contidos, o tratamento da igualdade entre homes e mulleres e teñen unha duración de 35 horas.

Retomadas as obras da Rúa Carabela Pinta de Baiona

0

O Concello de Baiona retomou este luns, 18 de setembro, as obras de humanización na Rúa Carabela Pinta.

Despois da tempada de verán retómanse as obras no tramo correspondente ao Canellón de Hortas Reais, restituirase o pavimento de lousa por pedra, dando continuidade á rúa Carabela Pinta. Prevese que os traballos teñan unha duración de contorna a catro semanas.

O tráfico rodado mantense, unicamente verase afectado o tránsito peonil da marxe esquerda da Rúa Carabela Pinta.

Desde o Concello de Baiona lembramos que a parte alta desta  céntrica rúa baionesa é “de convivencia” onde , os peóns teñen prioridade e os vehículos deben circular a unha velocidade moi reducida, de 10km/hora.

Desde o Concello de Baiona facemos un chamamento á colaboración da veciñanza para que os traballos desenvólvanse da mellor forma posible e pídense desculpas ás persoas afectadas polas molestias que poidan ocasionar os traballos aos veciños do municipio.

Os horarios dos autobuses de Tui a Vigo cambiarán desde o xoves ante a aumento dos usuarios

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade modificará desde o vindeiro xoves, día 28 de setembro, horarios nos servizos de autobús entre Tui e Vigo para atender axeitadamente o aumento de usuarios rexistrados.

Concretamente, adiantarase o horario de saída da liña A Guarda-Tabagón-Goián-Tomiño-Taborda-Tui-Porriño-Vigo estación intermodal.

Este servizo, que sae actualmente ás 08,00 horas da Guarda e pasa por Tui ás 08,45 horas, adiantarase ás 07,10 horas, pasando por Tui ás 07,55 horas e con chegada á estación intermodal de Vigo ás 08,55 horas.

Esta viaxe contará coas seguintes paradas intermedias entre Tui e a estación de autobuses intermodal de Vigo: Tui (magnolia), Rebordáns, Guillarei (cruce), Guillarei (casa oficios), Empalme de Guillarei, Cerquido (bar Antoxo), Cerquido, Empalme Cerquido, Empalme de Casal (Budiño), Rocha (Atios), Porriño (A Guia), Porriño (Instalauto), Porriño (Xulgado), Ponte Galo (Avda.de Galicia), Puxeiros, Meixoeiro (instituto), Meixoeiro (hospital), Vigo (Avd.Madrid), Vigo estación intermodal. As paradas intermedias permiten ampliar as alternativas de viaxe dos estudantes que se desprazan cara a Vigo.

Co adianto de 50 minutos trátase de dar resposta ao incremento da demanda na conexión entre Tui e Vigo derivada do inicio do curso escolar, atendendo ao tempo a cuestións organizativas dos servizos de transporte público interurbano de competencia autonómica. A Xunta destaca a disposición e colaboración da empresa operadora para dar resposta ás necesidades globais de mobilidade da cidadanía.

A información relativa aos novos horarios polas respectivas paradas, así como tamén aos servizos dispoñibles pódese consultar na páxina web www.bus.gal.

Mañá abre a inscrición na penúltima ruta de “Voando nas Rías Baixas”

A Deputación de Pontevedra abre este luns, 25 de setembro, o prazo de inscrición para a penúltima das rutas ornitolóxicas programadas dentro da sexta edición do programa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife. O obxectivo é dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos. Esta nova ruta, que se desenvolverá o 8 de outubro, permitirá coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística do Esteiro do Río Miño no concello de A Guarda. Ofértanse 25 prazas para esta actividade guiada de carácter gratuíto e as persoas interesadas poden anotarse na páxina web da Deputación (www.depo.gal).

O Esteiro do Río Miño é un espazo situado ao sur da provincia de Pontevedra, concretamente no concello de A Guarda, lindando con Portugal e protexido pola Rede Natura 2000. A desembocadura do río Miño forma un esteiro intermareal con gran diversidade de hábitats que atraen infinidade de aves. No inverno e nos pasos migratorios pódese desfrutar de aves acuáticas, rapaces ou paxariños palustres que buscan refuxio nas súas ribeiras. Destacan as limícolas (mazaricos, biluricos, pilros, avefrías…), variedade de gaivotas, diferentes especies de patos, garzas, rálidos e mergullóns, ademais de aves mariñas, coma carráns cristados. Tamén é posible ver aves rapaces, entre as que destacan a tartaraña das xunqueiras, o lagarteiro cincento e a aguia pescadora, á que se pode observar pescando.

A  andaina estará conducida por dúas guías ornitolóxicas de SEO Birdlife. Como recomendacións para os participantes, aconséllase levar roupa cómoda e calzado apropiado para moverse polo terreo, así como protector solar. Cada participante terá á súa disposición prismáticos de observación de aves, así como dous telescopios terrestres de alta gama para poder desfrutar das aves sen molestalas. Tamén recibirán como material didáctico unha guía de aves, así como unha lista de aves para que elaboren a súa propia lista durante a ruta. No caso daquelas persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo, recoméndase que os leven, ao igual que unha pequena libreta para aprender a facer un caderno de campo.

A última visita desta sexta edición de “Voando nas Rías Baixas” terá lugar pola Enseada de San Simón, (Redondela, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa), o 26 de novembro e as inscricións estarán abertas dende o 13 de novembro.

Máis de 150 persoas participarán na “Depo Ruta BTT” de Mondariz

0

Máis de 150 persoas participarán este domingo 24 de setembro en Mondariz na segunda das “Depo Rutas BTT” que organiza a Deputación de Pontevedra este ano e que transcorrerá por paraxes da vila. Estas rutas en bicicleta enmárcanse na programación impulsada pola institución provincial co obxectivo de fomentar os hábitos saudables a través da práctica de actividade física en contacto coa natureza.

A “Depo Ruta BTT” por Mondariz, con saída (ás 10:00 horas) e chegada ao Campo de Fútbol da Lagoa, consta de aproximadamente 25 quilómetros e ten dificultade media. Discorre a través de paisaxes nos que as persoas participantes poderán desfrutar de elementos como o carballo da Armada, unha árbore centenaria, así como das vistas do Castelo de Sobroso ou da ermida de Santa Trega. Haberá un aprovisionamento na metade do percorrido e ao finalizar.

Dirixidas a persoas que gocen do deporte en contacto coa natureza, as “Depo Rutas BTT” ofrecen percorridos ciclistas polos montes da provincia, nunha aposta pola actividade física como forma de vida para coñecer e descubrir a variedade natural, ecolóxica e patrimonial da provincia. Despois da celebración da ruta por Mondariz, este luns 25 de setembro ábrese o prazo de inscrición para a terceira e última proba, que transcorrerá pola Serra do Cando, en Forcarei, e se celebrará o 25 de outubro. Ofértanse un total de 200 prazas e as persoas interesadas deberán anotarse no formulario que atoparán na web provincial (www.depo.es). 

O Porriño humanizará a rúa San Sebastián

O Concello do Porriño acometerá a humanización da céntrica rúa San Sebastián. Concluída a humanización de Manuel Rodríguez e do tramo que enlaza con Fernández Areal, e para poder avanzar no acondicionamento dos barrios de San Bieito e San Sebastián, é prioritaira a humanización do segundo tramo desta rúa, dende o seu enlace coa Avenida Domingo Bueno ata a capela do mesmo nome, dado o deficiente estado que presenta na actualidade.

“A obra conectará coas de acondicionamento do parque do Campo da Feira que xa se atopa en execución e coas de humanización da rúa Parque Infantil que xa están proxectadas”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Esta é unha das actuacións que se inclúen no proxecto que temos para a que é unha das principais vías de acceso ao centro urbano, unha das nosas cartas de presentación”.

Tendo en conta as características desta obra a intervención dividirase en dúas fases de actuación. Unha primeira, a que se leva agora a pleno cunha inversión de 555.384 euros que abrangue dende Domingo Bueno e a praza de San Sebastián, e unha segunda entre a praza e a capela.

A prolongación da autovía Tui-A Guarda vén de acadar o visto e prace ambiental

0

O proxecto de prolongación da autovía Tui-A Guarda entre a estrada autonómica PO-350 e Estás vén de acadar o visto e prace ambiental.

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe o anuncio informando de que a declaración de impacto ambiental (DIA) emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (DXCASCC) ao respecto desta actuación está xa colgada e dispoñible na paxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Con relación ao proxecto, cómpre indicar que se trata da reformulación dun treito da vía de alta capacidade entre a estrada PO-350 e Estás co obxectivo de mellorar as comunicacións na comarca do Baixo Miño. A tal fin e como alternativa, proponse a execución dunha nova autovía.

Así, unha vez finalizada a análise técnica do expediente de avaliación ambiental do proxecto, a Xunta conclúe na súa DIA que esta infraestrutura é viable medioambientalmente sempre que se cumpran, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e no resto da documentación avaliada, os condicionantes sinalados na propia resolución.

Con esta resolución, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pon fin á tramitación ambiental do proxecto construtivo, unha decisión que tamén lle foi trasladada á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), como organismo promotor da actuación, para que poida continuar cos trámites necesarios para a súa execución.

Cómpre lembrar que a Xunta está a piques de finalizar o treito en execución da vía de altas prestacións do enlace de Areas no que inviste 30 millóns de euros.

O IES Val do Tea abre a inscrición para o curso gratuíto de capacitación dixital para adultos

O Instituto de Ensino Secundario Val do Tea de Ponteareas abre o prazo para inscribirse no curso de “capacitación dixital para as persoas adultas”. Implicados no fomento da aprendizaxe continua, o IES Val do Tea convida a toda a cidadanía a seguir formándose a través dun curso no que adquirir habilidades para relacionarnos coas distintas administracións con ferramentas electrónicas pero tamén para actualizar o noso curriculum e coñecementos.

Avanzar na alfabetización dixital e facilitar o día a día das persoas son os obxectivos deste curso no que aprenderemos a xestionar citas médicas, realizar a declaración da renda ou obter unha clave PIN ou a chave 365 precisas para acceder ao sistema. Ademais, tomaremos contacto coa economía circular e adquiriremos soltura no manexo da banca electrónica. Entre os contidos do curso tamén está o emprego da informática no ámbito laboral, a navegación segura nas redes sociais ou a xestión de información na nube.

Os recursos dixitais son unha importante ferramenta para axilizar xestións e relacionarnos as 24 horas coas distintas administracións públicas. Intuitivas e máis doadas do que semellan, permiten que calquera persoa poida a calquera hora dos sete días da semana realizar solicitudes ou tramitacións evitando desprazamentos e perda de tempo.

Calquera idade é boa para seguir aprendendo, con esta premisa o IES Val do Tea convida a todas as persoas a realizar este curso de capacitación dixital co que obterán unha certificación europea. O centro anima a todas as persoas a actualizar os seus coñecementos e, especialmente,  ás nais e pais ou avós e avoas que aforrarán tempo á vez que acompañan o crecemento das súas fillas e fillos cun coñecemento máis profundo das posibilidades e riscos que ofrece a rede.

Organizados en quendas de mañá e tarde o curso é gratuíto e as persoas interesadas deberán inscribirse ou de xeito presencial no centro educativo, ou no número de teléfono 886 110 513 ou a través do enderezo electrónico [email protected]

As prazas para este curso, financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional co apoio dos fondos europeos Next Generation, son limitadas.

No IES Val do Tea ofértase a Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharalato en distintas modalidades, Ensino Secundario para Adultos (ESA) e alberga unha sección da Escola Oficial de Idiomas.

Con esta nova iniciativa o IES Val do Tea contribúe na redución da fenda dixital e amosa o seu compromiso co cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ODS, concretamente co novo obxectivo de educación mundial ODS 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas e todos (Organización de las Naciones Unidas para la Cultura, las Ciencias y la Educación, UNESCO 20230).

Mos dá os primeiros pasos para lograr o gran San Eleuterio

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Grandal, e o edil de Urbanismo, José Ramilo, visitaron as obras do Plan Hurbe de humanización da contorna de San Eleuterio; que comezaron fai tres semanas, a finais do pasado mes de agosto, e avanzan a bo ritmo.

Os representantes municipais, Arévalo, Grandal e Ramilo, informaron de que ata o de agora procedeuse a realizar a excavación necesaria para acometer o muro de contención proxectado para o torreiro. Así como a execución da zapata do muro, colocación da armadura e formigonado da zapata.

Tamén se levou a cabo o replanteo de cotas e niveis, así como de instalacións urbanas como o abastecemento de auga, e de rego.

O primeiro paso dos traballos, e previo incluso á excavación, foron as demolicións necesarias e a retirada de postes na zona do talud onde vai ubicado o muro de contención do torreiro.

Para esta obra Xunta de Galicia e Concello de Mos destinan un total de 1,03 M€ e a actuación acométese ao abeiro do chamado Plan Hurbe, un programa impulsado polo goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza. A Xunta tamén ten proxectada a construción de Vivenda de Protección Oficial, VPO, 100% pública en San Eleuterio; co que se converterá a zona no gran San Eleuterio.

Como se dixo, a Xunta de Galicia e o Concello de Mos destinan 1,03 millóns de euros á humanización da contorna da ermida de San Eleuterio, en Tameiga, segundo o convenio de colaboración que hai asinado entre as administracións autonómica e local. Esta actuación ten como obxectivo converter a contorna desta ermida nun espazo público de calidade no que se lle dará prioridade total aos peóns sobre os vehículos. A Xunta financia o 70% da obra e o concello asume o 30% restante.

Con esta obra ponse en valor unha vez máis a colaboración estreita e coordinada entre Xunta e Concello de cara a dotar ao municipio de espazos públicos de calidade. Así, desde 2019 xa se levaron a cabo outras actuacións ao abeiro desta iniciativa, como a mellora da contorna da Casa Consistorial, a mellora urbanización e da pavimentación da urbanización de San Eleuterio e a humanización da contorna parroquial de San Mamede. E, a maiores, atópase tamén en marcha mellora integral da urbanización de San Rafael.

As devanditas actuacións, supoñen un investimento global de 2,8 millóns de euros para mellorar as contornas públicas e humanizar rúas e prazas da localidade mosense.

Neste caso da contorna da Ermida de San Eleuterio as obras consisten na dotación de zonas verdes, na renovación completa do mobiliario urbano e na remodelación total da pavimentación da zona, ademais da protección de todos os elementos culturais como a propia ermida de San Eleuterio, e o cruceiro.

Nigrán informa da convocatoria do programa ‘Benestar en Balnearios’

0

O Concello de Nigrán informa da apertura do prazo de solicitude ata o 18 de outubro para participar no programa de ‘Benestar en Balnearios 2023’ da Consellería de Política Social, cun total de 1.204 prazas para as estancías e o tratamento termal para disfrutar entre o 22 de octubro e o 31 de decembro deste ano.

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos: ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema dá Seguridade Social; estar empadroados e residir nalgún concello de Galicia; valerse por se mesmos para as actividades da vida diaria, entre outros.

En cada solicitude só se poderá solicitar ata un máximo de 3 destinos por orde de prioridade. As quendas teñen unha duración de 10 días (nove noites) e realizaranse en réxime de pensión completa. O programa inclúe aloxamento con pensión completa e tratamento termal, asi como actividades de animación sociocultural.

O prazo de solicitude termina o 18 de outubro as solicitudes presentaranse Preferiblemente por vía electrónica a través dá sede electrónica dá Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para ou que é preciso ou DNI electrónico ou calquera dous certificados electrónicos recoñecidos pola sede dá Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para maior información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais de Nigrán ou chamar ao 986.365.000 ext 4

A Xunta apoia a 55 edición do concurso de gaitas de Ponteareas

Imaxe de arquivo

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistirá mañá á entrega de premios do Concurso Rexional de Gaitas do País, o certame máis antigo de Galicia destas características que se celebra na localidade pontevedresa de Ponteareas, un evento consolidado como un referente no panorama da música tradicional. 

Como é habitual, a Xunta de Galicia colabora co Concello de Ponteareas neste certame, a través duns premios Artesanía de Galicia para a agrupación que resulte gañadora. O galardón consiste nunha gaita elaborada polo obradoiro Gaitas Gil (Ponteareas), así como un tamboril elaborado por Sanín Percusión Tradicional (Santiago de Compostela). Con estes premios búscase apoiar os construtores artesanais de instrumentos musicais tradicionais galegos e facer promoción do labor e da calidade dos obradoiros artesáns.

Redondela celebrará mañá a carreira Contrarreloxo

0

Mañá sábado, día 23 de setembro, terá lugar a II edición da Contrarreloxo por equipos Concello de Redondela, que conta co patrocinio de Rodavigo e en colaboración coa asociación deportiva C.A.R.

A proba dará comezo ás 19:00 horas e terá unha duración de vía urbana cunha distancia aproximada de 5 km. O perfil do mesmo é completamente chan 100 % asfaltado. Os equipos sairán progresivamente cada minuto.

O tráfico no centro da vila permanecerá pechado de 17:30 a 21:00 horas.

O obradoiro Tecendo Lazos “Madurez activa e comunidade” chega á Guarda no mes de outubro

0

O vindeiro 6 de outubro dará comezo o obradoiro Tecendo A Guarda, unha actividade orientada para que as persoas participantes dediquen parte do seu tempo de lecer a compartir espazos e experiencias á vez que elaboran distintas pezas creativas que serán colocadas en rúas e prazas do Concello, aumentado así o seu sentido de pertenza á comunidade na que viven.

O obradoiro vai dirixido a persoas de 65 anos en diante e se desenvolverá os venres de 16:00 a 17:30 horas.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poderán facelo a partir do luns 25 de setembro chamando ao Concello da Guarda ao teléfono 986610000 ext. 7.

Domingo é dia de Festival de Bandas de Música

Tradicionalmente, em setembro, o centro histórico de Vila Nova de Cerveira ecoa as sonoridades filarmónicas para um dia recheado de intercâmbio cultural. Quatro bandas filarmónicas portugueses e uma espanhola atuam, este domingo, 24 de setembro, no âmbito do XVI Festival de Bandas de Música.

O encontro musical arranca às 10h00 com um desfile das bandas convidadas, e prossegue às 15h00 com os concertos. O encerramento do festival é já um momento muito peculiar, com a interpretação da Marcha de Valdemar Sequeira – “Ponte da Amizade” – em uníssono pelas bandas participantes (19h00).

Organizado pela Cerveira – Associação Cultural e Recreativa, com o apoio do Município de Vila Nova de Cerveira e da União de Freguesias de Vila Nova de Cerveira e Lovelhe, as bandas presentes nesta XVI edição são: Banda Musical Velha de Barroselas (Viana do Castelo), Banda Musical Caldas das taipas (Guimarães), Banda Sociedade Filarmónica Vizelense (Vizela), Banda de Música Municipal de Silleda (Pontevedra, Espanha), Orquestra Filarmónica 12 de Abril (Águeda).

Pelo forte convívio em torno da valorização da música filarmónica, o sucesso deste evento já ultrapassa as fronteiras cativando o público da nossa vizinha Galicia.

O Rosal distribuirá bolsas de tea e materiais reciclables para impulsar o comercio local

0

O Rosal continúa traballando para poñer en valor o comercio local, nesta ocasión a través dunha acción posta en marcha ao abeiro do proxecto ‘Da túa man’, unha campaña que busca promocionar que a veciñanza merque nos comercios rosaleiros e fomentar a sostibilidade e a economía circular no municipio.

O Concello porá a disposición de establecementos comerciais 25.000 bolsas promocionais de tea e material reciclables, que nos vindeiros días as e os comerciantes repartirán entre os seus compradores e compradoras. As bolsas comezarán a repartirse a partir da vindeira semana.

O Concello chegou a un acordo con ACOR para distribuír este material promocional entre os comercios asociados á entidade. Dende o Goberno municipal quérese poñer en valor o traballo que día a día realiza esta asociación para poñer en marcha actividades que dinamicen o comercio local, como a Feira do Mirabel que se celebrará o vindeiro 1 de outubro no Tamuxe con torneos, mercadiño, andainas, gastronomía e moita música.

Aqueles establecementos non asociados que estean interesados en participar na iniciativa poderán solicitar as súas bolsas na propia Casa Consistorial. O Concello tamén distribuirá parte destas bolsas entre os diferentes postos do Mercado.

O concelleiro de Comercio, Alejandro González, reuniuse estes días coa asociación de comerciantes e cos praceiros e praceiras para informar acerca desta iniciativa que busca promover o comercio de proximidade. “Apostar polo local non só fomenta o crecemento económico do Rosal, senón que tamén fortalece lazos entre os nosos veciños e veciñas, permite asentar poboación e que construamos un futuro máis sólido e sostible entre todos e todas”, destacou González.

O reparto deste material promocional reutilizable é unha das medidas recollidas no proxecto ‘Da túa man’, que contempla accións como a colocación de tótems informativos e consignas ou actividades formativas dirixidas ao comercio. O obxectivo é promover o desenvolvemento sostible no municipio non só polo impacto positivo directo nos establecementos, senón tamén por como repercute na economía local e na dinamización cultural e social das zonas urbanas comerciais.

A campaña ‘Da túa man’ está financiada nun 70 % polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos Fondos NEXT Generation da Unión Europea. A coordinación corre a cargo da Deputación de Pontevedra, que achega un 15 % do orzamento, mentres que o Concello do Rosal achega o outro 15 %.

Regresan as catas ao Season Fest

0

O Season Fest, que se celebra en Gondomar ata o domingo, sempre programa actividades complementarias aos concertos para mellorar a experiencia do seu público. E entre as máis valoradas están as catas, a perfecta combinación de música en directo cos mellores viños de Regina Viarum e Altos de Torona, aderezado cunha degustación de xamón de Torre de Núñez.

As catas regresan ao festival hoxe venres, ás 18 horas, en Casa Peralba, un dos recintos do festival, con entradas a vinte euros máis gastos. Só para maiores de 18 anos, os pases poden mercarse desde o apartado “Catas” da web do festival (seasonfest.es) e inclúen a degustación das variedades Rosae e Mencía de Regina Viarum e tamén o Godello e Rosal das bodegas Altos de Torona. E todo isto gozando ao tempo dunha degustación de xamón Torre de Núñez cortado no momento polos seus expertos.

A xornada de mañá venres no Season Fest será do máis especial. Na Casa Peralba de Gondomar daranse cita Los Punsetes, Habitación Vudú, Visions of Johanna, Sr. Jingles e Señora DJ. E cada concerto tamén “maridará” cun dos caldos de Regina Viarum e Altos de Torona. Así, o Godello de Altos de Torona acompañará ao concerto de Habitación Vudú e o Regina Viarum Rosae fará o propio con Sr. Jingles, mentres que o Rosal de Altos de Torona se asociará a la actuación de Visions of Johanna e o Regina Viarum Mencía, a Los Punsetes.

Nun recinto tan fermoso como a Casa Peralba de Gondomar, a suma das catas dos viños de Regina Viarum e Altos de Torona co xamón de Torre de Núñez e a música en directo auguran un ambiente único e unha experiencia irrepetible. O que o Season Fest sempre procura para o seu público.

Baiona prepárase para a Romaría de San Cosme e San Damián

0

Este luns, 25 de setembro, e o martes 26, festivo local, Baiona recupera a celebración da Romaría de San Cosme e San Damián.

Os veciños e veciñas poden participar na contorna de Santa Liberata nalgún dos cultos que se celebran en honra aos santos,  gozar das actuacións musicais ou ben para participar no tradicional mercadillo de froitos do campo e produtos outonais. Dous dos produtos estrela serán o mel e as noces da comarca.

Estes días ofícianse actos relixiosos na honra dos santos e como obriga a tradición, algúns romeus ofrecen os seus produtos do campo, figuras de cera e donativos en agradecemento polos favores recibidos.

Durante dous días a Praza de Santa Liberata convértese nun mercado onde se poden comprar todo tipo de produtos do campo, desde mel e noces ata froitas, verduras, apeiros de labranza, embutidos do país, produtos cosméticos naturais como xabóns, cremas hidratantes, aceites, plantas ornamentais, antiguallas, artesanía, etc. O mercado exténdese tamén pola rúa Marqués de Quintanar ata a Glorieta de Colón.

O Concello de Baiona profunda na súa aposta pola recuperación da gran romaría de San Cosme e San Damián no municipio, con dous días de programación.

As actuacións comezan o luns,  ás 18:30 h cun pasarúas polo recinto da Asociación Cultural “A Seneira”. A partir das 20:30 h poderase gozar da actuación da Asociación Folclórica “Vila de Baiona” na Praza de Santa Liberta.

O martes 26, festivo local, o grupo de gaitas “Os Trebellos” de Baíña ofrecerá unha actuación no atrio de Santa Liberata ás 13:00 h. Ás 18:00 h este mesmo grupo será o encargada de por música co seu pasarrúas polo recinto da festa. 

“Os Terribles de Donas” amenizarán ás 19:00 h  co seu pasarrúas o recinto da romería.

Actos relixiosos

En canto aos actos relixiosos, o luns, día 26 de setembro (festivo local),  haberá misas ao longo de todo o día: Ás 08:00 e ás 09:00, na Capela de Santa Liberata. Ás 10:00, 12:00 (misa solemne), 18:00 e 20:00 na  Ex-Colexiata de Santa María. A tradicional procesión terá lugar ás 11:00 h acompañada por “Os Trebellos” de Baíña.

Arbo convoca un concurso de fotografía

0

O Concello de Arbo convoca unha nova edición do concurso de fotografía, co lema “ARBO, EN TI MIRADA – LXIV FESTA DA LAMPREA”, para dar a coñecer os recursos turísticos que este municipio pode ofrecer, así como a Festa da Lamprea, declarada de Interese Turístico Internacional no ano 2023, que este ano esta prevista para os días 26, 27 e 28 de abril de 2024.

Poderán participar neste certame fotográfico todas as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que os seus traballos axústense ás bases do mesmo e sexan orixinais.

“Somos un municipio que ten o seu encanto e o seu potencial durante todos os meses do ano, por iso, queremos que aqueles fotógrafos que queiran participar móstrennolo a través dos seus obxectivos” sinalou Horacio Gil Alcalde de Arbo.

Os que desexen participar no certame, deberán enviar as fotografías ao correo electrónico [email protected] e ten de prazo ata o 4 de marzo. As imaxes participantes deberán incorporar unha identificación do seu autor (nome e apelidos ou un sobrenome) e deberán ter unha referencia ao lugar de Arbo en que foi realizada. É opcional o engadir calquera información ou comentario que se desexe.

As imaxes deberán ser necesariamente orixinais, inéditas non sendo presentadas e/o premiadas noutros certames ou concursos, poderán ser en cor ou branco e negro.e cada participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografas

O alcalde, comentou que “neste concurso teñen cabida todas aquelas imaxes tomadas no termo municipal de Arbo” e termina animando aos turistas para admirar a paisaxe, as augas do río, espazos naturais únicos, o abrazo de dous países irmáns unidos polas augas do Miño. “Arbo é o corazón dunha proposta turística chea de sabor e historia, patrimonio e un remanso de tranquilidade para toda a familia”.

O primeiro e segundo premio sería un paquete turístico dunha fin de semana en Arbo para dúas persoas, con visitas e deporte de aventura. O terceiro, cuarto e quinto premio serían lotes de viño ou licores das adegas de Arbo.

Para máis información poden consultar as bases en https://festadalamprea.gal/evento/iv-certame-fotografico-arbo-na-tua-mirada-lxiv-festa-da-lamprea/.

Salvaterra alberga a exposición “Cartografía de A Raia”

O Centro Xeográfico do Exército de Terra e a Subdelegación de Defensa en Pontevedra, en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, organizan a exposición «Cartografa da Raia», que mostra a evolución histórica dos traballos para o establecemento da fronteira con Portugal, prestando atención preferente á zona fronteiriza ao longo do Río Miño.

A exposición temporal presenta cartografía histórica de Galicia e a provincia de Pontevedra, con especial fincapé na zona obxecto da exposición: a fronteira luso-española, incluíndo, entre outros, mapas costeiros e de zonas fluviais en Baiona, Tui ou Salvaterra de Miño.

A mostra recolle láminas ilustrativas achega do Tratado de Límites entre ambas as nacións e o seu desenvolvemento histórico ata a actualidade, así como os métodos e instrumentos empregados ao longo da historia para a representación xeométrica da Raia e outras fronteiras internacionais.

A exposición poderase visitar na Casa do Conde que, xunto co Castelo de Dona Pega rabilonga, conforma o espazo expositivo do Museo dá Ciencia do Viño do Condado do Tea – D. Ou. Rías Baixas, en Salvaterra de Miño, de mércores a domingo, entre o 27 de setembro e o 8 de outubro, en horario de 11 a 14 h e de 17 a 19 h.

Na mesma localización, o mércores 4 de outubro, ás 19 h, terá lugar a conferencia «Traballos de delimitación na Raia», con entrada libre ata completar aforo.

Nigrán creará en 4 anos un percorrido seguro de 67 km en bicicleta

0

O Concello de Nigrán dará un paso de xigante nos vindeiros catro anos de cara a que a bicicleta sexa o gran referente da mobilidade sostible no municipio. Se no pasado mandato a gran aposta do goberno local foi o establecemento do ‘Nigranbus’ (unha liña de autobús intramunicipal que se achega ás parroquias do interior), diversas facilidades para os vehículos eléctricos como electroliñeiras gratuítas e bonificacións ou a e creación de parkings disuasorios; o novo reto é levar adiante o plan ‘Plan Via-Bici’ que esta tarde (Auditorio Municipal, 19:00 horas), coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, se presenta ao público para fomentar os desprazamentos en bicicleta polo municipio empregando vias compartidas que outorguen as máximas garantías de seguridade.

Este plan estratéxico xa finalizado é froito do traballo previo e desinteresado do colectivo do Val Miñor ‘Resiliencia’, formado por xubilados expertos en temas medioambientais (Santiago Fraga, Carmela García, José R.Ojea e Fernando Lahuerta) baixo a dirección posterior da consultora Innova contratada polo Concello, que recolleu todas as súas propostas e o deseñou. O resultado é unha rede de 66,8 km que atravesa todo o territorio e que está conformada por 8 tramos principais que se interconectan entre si e que favorecen o transporte intermodal (encádranse en tres grandes bloques: itinerarios de ocio, norte-sur e Este a Oeste).

“Cremos neste plan deseñado a conciencia por expertos porque plantexa opcións moi coherentes que mellorarán a calidade de vida de toda a veciñanza grazas ao uso compartido de vias ás que se lle outorga a máxima seguridade aos ciclistas”, expón o rexedor, Juan González, quen aposta firmemente por todo o que implique avanzar nunha mobilidade “amable, rápida, limpa, económica, saudable e compartida” e, precisamente, por este motivo creou neste mandato a concellería de ‘Desenvolvemento Sostible’ que dirixe Roberto Garrido. “Queremos implantar unha nova cultura da mobilidade, con solucións innovadoras, alcanzables e que reducen as emisións”, resume Garrido.

O plan descarta o carril-bici exclusivo e diferenciado e aposta por carriles compartidos cos vehículos a motor que deberán estar debidamente sinalizados e con limitacións de velocidade de xeito que non ofrezan ningunha inquedanza ao usuarios. “Os tramos que se seleccionaron son precisamente os que resultan seguros de por si, con visibilidade e sen puntos perigosos, comprenden ás veces estrada convencional e outras camiños”, indican desde Innova.

O plan consta de 4 catro fases anuais “para que a veciñanza vaia pouco a pouco gañando confianza e comprobando todas as súas vantaxes e posibilidades”. A primeira delas será crear vias seguras de chegada ás principais praias de Nigrán, onde haberá estacionamentos para elas; a segunda de cara a desprazamentos desde as parroquias do interior aos principais núcleos urbanos (Ramallosa, Porto do Molle, Nigrán ou Panxón) para ir a traballar ou a mercar; a terceira para paseos de ocio pola natureza, como poden ser o río Muíños ou o Camiño de Santiago; e a derradeira para achegarse á escola mediante camiños seguros e con iniciativas de concienciación e sensibilización dirixidas ás familias (comprende o CEE de Panxón e Arquitecto Palacios, CEIP Humberto Juanes, CEIP Mallón, CEIP Carlos Casares e IES Val Miñor e Proval, colexios como o de Camos descártanse por seguridade e pola propia orografía). Esta ‘folla de ruta’ é a que será presentada hoxe ás asociacións de veciños, culturais, empresariais e educativas de Nigrán, xunto con usuarios da bici e veciñanza interesada, que ademais poderá formular propostas.

 “O plan é ambicioso e estamos convencidos de levalo adiante porque queremos seguir dando pasos de cara a un Nigrán amable coas persoas e co medio ambiente nun contexto de crise climática. Ademais, forma parte das nosas iniciativas de cara a acador os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible desde o local”, engade o alcalde, quen defende o uso da bicicleta tamén en termos de “habitabilidade, saúde, medio ambiente, equidade e sociabilidade”.

Covelo abre o prazo para solicitar as axudas para libros e material do alumnado de infantil

0

O Concello de Covelo informa que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar de educación infantil.

Co obxectivo de axudar ás familias a sufragar os gastos derivados do comezo do curso escolar as familias empadroadas poderán recibir un máximo de 100 euros por alumno agás as familias numerosas ou con fillos cunha minusvalía igual ou superior ao 33 % que poderán chegar aos 125 €.

“Axudar á conciliación familiar e laboral con servizos como os campamentos de verán ou a aula matinal en colaboración coa asociación de nais e pais, a oferta de actividades deportivas e de tempo de lecer no propio concello ou a axuda económica para contribuír nos gastos de material e libros son fundamentais para acompañar o día a día das nosas familias”, Explica o alcalde, Pablo Castillo.

As persoas interesadas deberán solicitar cita previa nos servizos sociais municipais para a presentación da documentación. O teléfono é o 986650027, extensión 3. O prazo rematará o vindeiro 9 de outubro.

A multinacional galega Copo plantexa deixar Monte Faquiña ante a subida do canon

0

O Concello de Mos, representado pola súa alcaldesa, Nidia Arévalo, emite un comunicado oficial da administración local de total apoio ás empresas de Monte Faquiña e á Plataforma Galega de Afectados de Comunidades de Montes pola posible marcha de Mos e de Galicia da gran empresa Copo que ve multiplicado por 15 o canon das súas parcelas, tendo que pasar de pagar de 40.000 a 800.000 euros anuais.

A rexedora local mosense informou de que se levará ao vindeiro Pleno do Concello unha moción neste senso, de apoio a Copo, e que xa se puxo en contacto esta mañá con todas as administracións supramunicipais para trasladarlles o calado desta situación.

A declaración institucional mosense emitida desde a Alcaldía do Concello de Mos califica esta situación de “alarmante, sangrante e moi grave; ao estar en perigo os 400 empregos dos traballadores e traballadoras que Copo ten contratados nas tres plantas coas que conta no noso municipio”.

“O máis lamentable”, declarou Arévalo, “é que todo isto é consecuencia e producto dunha minoría representada pola directiva da Comunidade de Montes de Tameiga, xa que a fuga de empresas e a perda de emprego non é para nada a vontade nin o desexo da maioría de comuneiros nin dos parroquianos de Tameiga, que queren tortalmente o contrario”.

A ameaza de saída desta localización por parte do Grupo Copo era cuestión de tempo e na misma situación que esta empresa atópanse os titulares de empresas ou fincas privadas que estean dentro dos planos nos que se apoian os comuneiros nas súas reclamacións. Unha situación dramática para a economía, o progreso e o emprego locais.

A rexedora local manifesta sentirse “enormemente preocupada polo futuro das empresas en mans dos comuneiros de Tameiga”. E apoia “con contundencia” aos afectados como Copo xa que considera considera a estratexia da Comunidade de Montes de Tameiga “unha ofensiva clara contra Concello, empresas e veciñanza. Unha tremenda inxustiza que pon en risco centros de empregos dos traballadores das empresas afectadas”.

A Comunidade de Montes en man común de Tameiga impón unhas condicións leoninas para continuar desenvolvendo a súa actividade. No caso de Copo o canon multiplícase por 15 e noutros casos sube ata o 2.000 %.

Nos casos en que as concesións caducan, nin sequera se respectan os acordos tácitos e verbais alcanzados polas empresas co Concello para prorrogalas, e a entidade comunal impón un canon totalmente desorbitado e inasumible, con incrementos que chegan, como se dixo, ata o 2.000%.

Así vólvese incerta a situación de propietarios particulares e das compañías demandantes algo que preocupa enormemente á alcaldesa Nidia Arévalo, que volta a reiterar neste novo comunicado o total apoio do Concello de Mos aos empresarios de Monte Faquiña.

Outros casos

Outras 5 empresas de Monte Faquiña afectadas pola suba do canon imposta pola Comunidade de Montes de Tameiga presentaron recurso no Tribunal Supremo o pasado 12 de xaneiro. Estas cinco compañías demandantes son Redphone Galicia, Telenet Central Loxística, Distribucións Alonso Otero, Blanco Quintás e Autocares García. Nestes casos, desde o Concello de Mos confíase na decisión definitiva do Tribunal Supremo para poder atopar fórmulas que poidan dar seguridade xurídica ás empresas que queren permanecer e crecer en Galicia.

Ao igual que xa fixera anteriormente con estas 5 empresas, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acudiu o pasado mes de xuño a declarar ao Xulgado, en calidade de testemuña, a favor de Copo e en contra da dramática destrucción de emprego no municipio que suporía a desproporcionada suba do canon por parte da Comunidade de Montes de Tameiga.

Ponteareas presenta unha moción ao goberno de España para unha solución da N-120 en 2024

O mes de setembro é a data clave na confección dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano seguinte polo que o grupo de goberno do Concello de Ponteareas vai presentar unha moción a fin de que o Pleno acorde instar ao Goberno a que reserve unha partida para a mellora da seguridade da estrada N120 ao seu paso pola vila e para a construción da Variante ou Circunvalación de Ponteareas.

No escrito no que se solicita a moción, o grupo de goberno local recorda que xa en 2018 houbo unha partida orzamentaria reservada polo por entón Goberno central de 27 millóns de euros, pero que estes non se chegaron a executar e desapareceron dos orzamentos dos anos seguintes coincidindo co mandato do PSOE e máis PODEMOS ata o día de hoxe.

Así mesmo, nos Presupostos Xerais do Estado do actual ano 2023, había unha partida por importe de 500.000 € destinada ao proxecto da Variante que non especificaba os termos en concreto á que se dedicaría e da que non se tivo máis noticias.

Por este motivo, solicítase información do estado de ambos proxectos ao órgano responsable, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana sen máis demora, así como a instancia ao Goberno central dunha partida económica destinada a tal fin no exercicio 2024. Ademais, solicitarase a transferencia do tramo urbano da estrada, desde a entrada a A Freixa ata o IES Barral.

Esta moción deberá ser aprobada no Pleno Municipal, no que o grupo de goberno agarda os votos positivos ao tratarse dunha actuación tan necesaria para a vila e os seus veciños.

A Xunta procede á limpeza dos ríos Miñor e Zamáns en Gondomar

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e de limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Zamáns e Miñor, no concello de Gondomar.

Estes traballos enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial de inundacións.

As tarefas céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-sur e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións do departamento que preside Ethel Vázquez contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Continúa o Ciclo Mestre Mateo en Baiona

0

Baiona acolle este venres 22 de setembro un novo pase da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. O Centro Multiusos de Sabarís será o escenario, ás 21:00 horas, do pase do filme O corpo aberto, Mellor Longametraxe nestes galardóns.

Dirixido por Ánxeles Huerta, o filme está protagonizado por Tamar Novas, Victoria Guerra e María Vázquez nos seus principais papeis e acumulou un total de quince candidaturas aos premios deste ano. A historia, ambientada no 1909, sitúa a Miguel, un mestre novo, destinado nunha vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a extraña morte dun veciño da aldea libera un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, o que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.

Amais de Baiona, os outros concellos nos que recala a segunda edición do Ciclo Mestre Mateo son os do Grove, A Guarda, A Estrada e Caldas. Estes municipios exhibirán ata novembro unha programación que inclúe ademais de O corpo aberto, os filmes María Casares, a muller que viviu mil vidas, Unicorn Wars, recoñecidos respectivamente como Mellor Documental e Mellor longametraxe de animación na última edición dos Mestre Mateo.  O resto de títulos do programa sontraballos finalistas destes premios como os documentais Onde máis doe (Manane Rodríguez, 2022), A foreign song, (César Souto, 2022) gañador dos premios á Mellor longametraxe española e Mellor dirección española no pasado Festival Internacional de Cine de Xixón, e No somos nada (Javier Corcuera, 2022), estreado no Festival de Cine de San Sebastián. Tamén o filme Valentina (Chelo Loureiro, 2022), gañador do Goya á mellor longametraxe de animación na XXXVI edición dos premios da Academia Española e as  longametraxes Live is life (Dani de la Torre, 2022) e Código Emperador (Jorge Coira, 2022).

Celebración en Chapela coa VII edición do “Día do Remo”

0

Chapela acollerá este sábado, día 23 de setembro, a VII edición do Día do Remo. “Unha xornada de deporte, cultura e gastronomía en torno a este deporte con tanto arraigo no municipio de Redondela”, sinala a alcaldesa Digna Rivas. A cita, organizada polo Concello de Redondela a través das concellerías de Deporte e Cultura, a Asociación Día do Remo e o Club de Remo Chapela, comezará ás 11.00 horas cunha travesía popular a remo. Trátase dunha travesía multidisciplinar na que poden participar embarcacións de todo tipo co único requisito de que estean propulsadas a remo. Aos bateis, traiñeiras ou piraguas sumaranse outras embarcacións tradicionais como dornas ou gamelas. Os participantes percorrerán unha distancia de 4 millas náuticas con saída desde Arealonga, pasarán por baixo da ponte de Rande até chegar ao museo de Meirande e logo regresarán a Chapela. Desde a organización explican que este percorrido “quere servir de homenaxe aos caídos na Batalla de Rande que tivo lugar nestas augas en 1702”. A Agrupación A.D.C Rande será a encargada de poñer en escena unha recreación da batalla naval entre a armada da coalición hispanofrancesa e as tropas corsarias angloneerlandesas.

Rematada a homenaxe, ás 12.00 horas, celebrarase unha regata de traiñeiras na categoría de veteranos coa modalidade de contrarreloxo cunha distancia de 2.500 metros.

A partir das 13.30 horas terá lugar o xantar baixo unha carpa instalada no paseo marítimo de Chapela. O prato estrela será un arroz de marisco xigante con máis de 700 racións.

As actividades continuarán ás 17.00 horas coa regata Día do Remo na que participarán remeiros e remeiras de Chapela e doutros clubs galegos. O concelleiro de Deporte, Iván Valles, salienta que este Día do Remo celébrase unha vez rematadas todas as competicións das diferentes ligas, “polo que é o momento idóneo para que todos poidan gozar dun ambiente festivo, unha xornada de convivencia entre deportistas, amigos e veciños”. As tripulacións das traiñeiras montaranse de xeito aleatorio con todos os deportistas que desexen participar, polo que compartirán bancada homes e mulleres de diferentes idades e de distintos clubs. “Nun mesmo barco terán cabida remeiros en activo nas ligas galegas ou ACT, veteranos retirados hai anos ou deportistas doutras ligas veciñas”, explican desde a asociación. Serán regatas en diferentes tandas a catro longos fronte á praia de Arealonga “onde o máis irrelevante é o resultado final”.

O gran remate da festa será a cea, aberta a todo o público, onde se degustarán dúas tenreiras ao espeto preparadas polo asador cántabro Ángel Azcano e mexillóns ofrecidos polos bateeiros locais.

A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez, adiantou que a música será tamén protagonista desta xornada festiva coa actuación de Gin Toni’s, “unha banda divertida cun gran directo que nos fará viaxar polas versións dos mellores temas do pop rock español, desde os 80 até a actualidade, e o Dj  redondelán Rodri Vegas será o encargado de animar a festa ata a madrugada”. Pérez destaca “o compromiso do Concello de Redondela cos artistas galegos, xa que temos grandes grupos e bandas de todos os estilos”.

A esta cita do remo non faltará o símbolo chapeleiro, dando vida en forma de mascota ao berete que este ano navegou na proa das embarcacións do CR Chapela.

O Porriño ofrecerá monólogos polas Festas do Cristo

As tardes de humor regresan á Vila do Louro polas Festas do Cristo.  Tres grandes monologuistas se darán cita na praza Arquitecto Antonio Palacios para facer as delicias dos amantes da comedia.

O domingo 24 ás 21 h será o cómico Víctor Grande quen suba ao escenario; o luns 25 de setembro ás 20:30 horas o fará Pepo Suevos e o xoves 28, tamén ás 20:30 h pechará o ciclo Oswaldo Digon, cuxo monólogo previsto para hoxe foi adiado polo mal tempo.

Víctor Grande, cómico e zurdo

Tal e como el mesmo explica, todo empezou en setembro de 1979, polo menos para el. Tras unha infancia empapada polso 80 e unha mocidade efervescente nos 90, entrou no novo século facendo os seus primeiros pasos na comedia.

En 2001, ao Kubrick, subiuse por primeira vez a un escenario e de aí xa non lle baixa nin Jobs. Descubriu os praceres da radio, fixo un pouquiño de tele, escribiu guións e mesmo publicou un libro. Tras dez anos deuse conta de que xa tiña historias que contar e algún que outro ensino xeral básico, por iso é polo que agora se lle de tamén por dar charlas e clases de comedia.

Pepo Suevos, un dos humoristas galegos máis rodados

Este cómico que se pagou os estudos de económicas traballando de porteiro de discoteca, descobre casualmente alá polo ano 2000 que o seu é a comunicación. Empeza nun taller de narración oral co arxentino José Campanari, e a partir de aí precipítanse os acontecementos. As súas características físicas (un animal con roupa de 130 quilos) permítenlle debutar como actor na Televisión de Galicia, e a popularidade que isto lle reporta, dálle pé para iniciar unha carreira como cómico que acaba sendo a base da súa actividade artística.

Así, Pepo Suevos é un dos humoristas máis rodados no mundo dos monólogos e o humor en directo en Galicia, con máis de mil oitocentas actuacións en bares, auditorios, galas, etc. Ademais da súa faceta de monologuista (a máis explotada, sen dúbida), Pepo exerce de animador, actor de dobraxe, deportista e mesmo locutor de radio.

E xa se nos metemos no mundo do audiovisual, Pepo Suevos ten unha gran experiencia como actor para cinema e televisión: participou tanto en series galegas como “Caseiros” (produción estreada en 2014 na que Pepo é protagonista), “Mareas vivas”, “Terra de Miranda”, “Matalobos” ou “Pazo de familia” (TVG) e estatais (“Piratas”, ou “Aquí paz y después Gloria”, de Telecinco; ou “Fariña”, de Antena 3), como en programas de éxito, “Tourilandia” ou “Land Róber” (aquí tamén traballou como guionista, outro dos seus “oficios”), e longametraxes para o cinema, como “Secuestrados”, “Entre bateas” ou “Heroína”, “A esmorga”, “La playa de los ahogados” ou “As bestas”, de Rodrigo Sorogoye.

Oswaldo Digón, un galego cun humor moi teatral

Oswaldo Digón é un actor, guionista, presentador e monologuista galego cun humor moi teatral. É capaz de escenificar todos os detalles nas súas historias.

Empezou a súa carreira como contacontos e máis adiante traballou como actor de teatro profesional. Foi guionista dos programas de humor ‘Tourilandia’ e ‘A Casa da Conexa’ para TVG, pero destaca máis o seu paso polos escenarios, coa realización de espectáculos como ‘Los duguis World Tour’, ‘HAIPOD’, ‘Las noches de monólogos 10’ e ‘Las noches de El Club de la Comedia’.

No 2003 gañou o concurso de comedia Fórum Comedia co espectáculo escrito e interpretado por el mesmo ‘Historias da miña Historia’ co que estivo dúas tempadas no Teatreneu de Barcelona.

Xornada de observación estelar no Castelo do Faro en Covelo

0

O Concello de Covelo organiza unha nova xornada de observación estelar. En colaboración coa Deputación de Pontevedra e o GDR Condado Paradanta, e dentro da programación cultural estable que se ofrece ao longo do ano no concello, esta fin de semana corenta persoas poderán gozar do roteiro guiado e observación estelar na paraxe starlight do Castelo do Faro.

Ás 18:00 horas deste sábado 23 partirán da igrexa de Prado para subir ao miradoiro paisaxístico do Faro, o punto xeodésico máis alto de Pontevedra con 1.154 m de altitude situado na parroquia de Prado. De once da noite a dúas da madrugada observarán o firmamento da man da Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía.

As persoas interesadas en participar nesta actividade de interpretación astronómica deberán contactar nos números de teléfono 622 676 355 / 986 65 00 27.

O alcalde, Pablo Castillo, explica que esta actividade, deseñada dengtro da estrataxia de promoción turística que se desenvolve tanto en tempada alta como baixa, supón unha ocasión única na que aprender ao aire libre da man de expertos, gozar dunha actividade saúdable nunha contorna natural e confraternizar co resto das e dos participantes.

Máis de 1.000 nenos de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade

Para conmemorar o Día da Cooperación Europea, a Eurocidade Cerveira-Tomiño entregou este mércores a guía turística ‘A pequena gran historia – Eurocidade Cerveira-Tomiño’ a máis de 1.000 nenos de entre 6 e 12 anos de ambos os dous concellos. Coincidindo co arranque do ano escolar e grazas á colaboración do profesorado, este reparto adquiriu unha dimensión máis divertida e interactiva ao ser levada a cabo polas mans da simpática mascota Mizi.

Tomiño e Vila Nova de Cerveira pretenden afirmarse así cada vez máis como un “destino amigo das familias”, aproveitando as súas potencialidades naturais, patrimoniais, culturais e de lecer en prol dunha experiencia realmente única. Neste sentido, esta publicación ilustrada procura dar a coñecer os lugares máis emblemáticos a visitar neste territorio transfronteirizo.

Cun perfil moi amigable e un discurso accesible, Mizi asume o papel de guía turístico e promete conquistar a atención das familias. A través de diferentes episodios, como a vida castrexa e a chegada dos romanos, a independencia de Portugal, a Guerra da Restauración ou a Invasión Francesa, Mizi explica a evolución histórica deste territorio transfronteirizo sen esquecer a realidade actual.

O carácter didáctico arredor da historia de cada concello e das relacións transfronteirizas comúns que, de maneira informal, sempre existiron e que serían impulsadas coa constitución da Eurocidade Cerveira-Tomiño en 2018, xustifica esta acción destes municipios ante a comunidade escolar. Ademais de captar a atención da cativada para a singularidade desta cooperación entre dous territorios de dous países, a oferta da publicación enmárcase tamén nunha acción de incentivo a hábitos regulares de lectura.

‘A pequena gran historia – Eurocidade Cerveira Tomiño’ está contada combinando os dous idiomas, optando por usar un ou outro de acordo co idioma no que foi escrito o texto orixinal e distinguíndoo coa súa bandeira respectiva. O obxectivo é tamén destacar a proximidade lingüística, derivada dunha orixe histórica compartida, e que contribúe a reforzar aínda máis os lazos de amizade.

É importante salientar que a publicación é resultado da aprobación do proxecto 0780_AMIZADE – Institucionalización Estratéxica da Cooperación transfronteiriza entre Cerveira e Tomiño, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do INTERREG V-A POCTEP 2014-2020.

Destácase tamén que o Día da Cooperación Europea celébrase anualmente o 21 de setembro con múltiples accións dinamizadas en diversas rexións de Europa que buscan subliñar o potencial e a riqueza cultural presentes nos diferentes países que forman parte da Unión Europea.

Nigrán establece un servizo técnico para informar sobre o PXOM

0

O Concello de Nigrán establecerá desde o luns 25 de setembro ao venres 6 de outubro un servizo específico de atención a persoas interesadas en coñecer detalles concretos do documento previo do PXOM que se proporá para aprobación provisional. Este estará atendido polo propio arquitecto municipal e dous técnicos do departamento de 17:00 a 20:00 horas nas dependencias de Urbanismo mediante cita previa no 986383288 de 9:00 a 13:00 horas. O obxectivo é que todo aquel veciño/a que non puidera acudir ás reunións que desde inicios de mes o Concello está a facer en cada parroquia poida resolver as súas dúbidas de xeito certeiro acudindo aquí (onte foi o turno de Priegue con centos de asistentes no local do Torreiro, mañá xoves en Parada ás 20:30 e o luns 25 finalízanse as 7 parroquias ás 20:30 horas en San Pedro, no local de La Unión). Igualmente, e tamén en aras da máxima transparencia, o Concello ten pendurado o documento desde xullo na web municipal (portada> www.nigran.org).

“Foi unha das demandas que se nos plantexou nestes encontros por parroquias e pareceunos moi pertinente establecelo para que a veciñanza reciba información de primeira man sobre o documento ao tempo que desconxestionamos o departamento de Urbanismo durante ás mañás”, explica o alcalde, Juan González, quen avanza que “se ampliará no tempo se seguise existindo demanda pasadas as dúas semanas”.

Igualmente, e co obxectivo tamén de outorgalle a máxima transparencia, este mesmo documento será presentado nun Consello Sectorial que se convocará en outubro, órgano este que se reuníu por última vez no 2018 para abordar a proposta de modificación número 25 das Normas Subsidiarias (NNSS) que rexen o planeamento urbanístico do municipio dende 1991.

Desde inicios de ano, todos os informes sectoriais son favorables e, como seguinte e derradeiro paso, o Concello enviou o 5 de maio á Xunta o ‘Estudo Ambiental Estratéxico’, trámite final para a súa aprobación provisional e que debe ter resposta nun prazo máximo de 3 meses, estimándose que se produza de xeito inminente e que sexa positiva ao dispor de todos os informes favorables.

“É unha enorme tranquilidade e unha satisfacción ter rematados todos os ‘deberes’ do PXOM por parte do Concello. Moi pronto Nigrán contará cun plan urbanístico do século XXI que a maioría dos municipios aínda non teñen, isto é grazas á colaboración e sintonía destes anos coa AXI e os demáis organismos implicados”, finaliza González.

Salvaterra presenta os cursos para maiores de 65 anos

O Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar os cursos para persoas maiores de 65 anos que se desenvolverán durante os próximos meses. Despois do éxito do pasado curso retómase esta iniciativa de carácter gratuíto con actividades que promoven o envellecemento activo da poboación e que están enfocadas no aprendizaxe sen esquecer o importante que é a socialización.

Os cursos están dirixidos a aquelas persoas que teñan máis de 65 anos empadroadas en Salvaterra de Miño e darán comezo a segunda quincena de outubro remantando a mediados do mes de xuño. As persoas interesadas poderán optar os seguintes cursos: MEMORIA os xoves de 10:00 a 11:00 ou de 11:00 a 12:00 na Biblioteca Municipal de Salvaterra, PINTURA os martes de 16:00 a 17:30 na Casa do Maior de Leirado, XIMNASIA os luns de 10:00 a 11:00 no Centro Cultural de Leirado e PILATES os mércores de 10:00 a 11:00 no Centro Cultural de Leirado.

As inscricións darán comezo o luns 25 de setembro e rematan o 9 de outubro. As prazas son limitadas polo que as persoas maiores de 65 interesadas deberán realizar a inscrición no correo [email protected] ou ben no teléfono 629 770 177.

Juan Magan, cabeza de cartel do Louro Valley Festival

O Porriño acollerá este venres 22 de setembro unha nova edición dun dos eventos musicais estrela das Festas do Cristo: o Louro Valley Festival. 

Unha vez máis, o festival chega cun cartel de luxo encabezado polo DJ e produtor, Juan Magán. Xunto a él os locais Groove Amigos, Traffic House, Samu Pexe, Pitty e Khris Guez. Tamén B2B, Marcos Gramola DJ Mus, Raper e BROKKT.

Algúns deles impartiron hoxe unhas clases de DJ a máis de cen escolares que se achegaron á praza a aprender dos mellores.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polos djs locais que participarán e polos nenos e nenas, desvelou hoxe outro dos grandes protagonistas da noite. Trátase da madriña do evento, a porriñesa Juaniña Valdemoro, que aos seus 98 anos será a encargada de presentar a actuación de Juan Magán.

“Para min, e para todo O Porriño, é unha verdadeira honra que Juaniña participe deste evento e sexa quen suba ao escenario a presentar un dos actos estrela da programación das festas do noso pobo”, apuntou o rexedor, puntualizando que “Juaniña disfrutou moito do Negrita Music Festival e agardo que este sexa para ela aínda máis especial”.

Lorenzo lembrou que este evento nace da ilusión e a iniciativa de artistas locais de primeiro nivel que seguen a apostar por facer no seu pobo un evento á altura dos mellores e agradeceulles a súa profesionalidade,  iniciativa e o orgullo que sempre mostran de ser porriñeses. “Moitas grazas a todos por levar o nome do Porriño por bandeira por todo o mundo”, concluíu o rexedor.

O Louro Valley desenvolverase no recinto da rúa Progreso e a entrada é gratuíta. As portas abriranse ás 20:30 h e o concerto de Juan Magán dará comezo ás 00.30 h.

A mesa intersectorial da saúde constituíuse onte en Ponteareas

Onte pola mañá constituíuse a mesa intersectorial da  saúde no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Ponteareas. A mesa conta coa participación do grupo de traballo da rede galega de promoción da saúde da Xunta de Galicia e á súa constitución asistiron as asociacións Afaga, Avelaíña e Adapta, así como o fundador de Marcha Nórdica Galicia, Ricardo Angueira e, en representación dos centros educativos, a orientadora Beatriz Iglesias, xunto aos concelleiros do goberno municipal Francisco Represas, Silvia Fernández, Ricardo González e Raquel Plana.

O obxectivo da mesa é o de dar voz e posibilidades de participación reais no debate público aos axentes sociais máis relacionados cos ámbitos da saúde e a calidade de vida, acadando a implicación do maior número posible de sectores e por tanto, achegándose á cidadanía. A idea de fondo é promover os hábitos e entornas saudables en Ponteareas, partindo dos recursos cos que xa conta a vila.

Deste xeito dáse continuidade á adhesión do Concello de Ponteareas á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, á vez que se poñen en marcha as liñas de traballo socio-sanitarias a nivel local.  A estratexia fundamenta as súas actuacións na reorientación do sistema sanitario cara a promoción da saúde e a prevención da enfermidade, coa implicación de toda a sociedade a través dun Plan de desenvolvemento local e a colaboración dos sectores educativos e deportivos, pero integrando outros como urbanismo e medio ambiente.

Aberta a inscrición para Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Tui

0

Até o venres 28 deste mes de setembro está aberto o prazo de inscrición para cubrir as prazas vacantes no Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Tui. Os requisitos son ter cumpridos os 18 anos, contar co carné de socio/a da Biblioteca Municipal de Tui ou da Rede de Bibliotecas de Galicia.

As persoas integrantes do Club de Lectura na temporada 2022/23 manteñen a súa praza. Aquelas que desexen incorporarse deben inscribirse persoalmente na propia biblioteca no edificio Francisco Sánchez ou enviando un correo electrónico a [email protected], non podendo unha persoa usuaria inscribir a outra. Unha vez completadas as prazas vacantes por rigoroso orde de inscrición formarase unha lista de agarda.

O venres 29 de setembro comunicarase a todas as persoas inscritas a súa integración no Club de Lectura ou na lista de agarda para cubrir as vacantes que se produzan.

Un club de lectura é unha xuntanza periódica onde un grupo de persoas comentan diferentes libros, obras que previamente cada un deles leu de xeito individual.

A conversa varía dunha sesión a outra, pois xira arredor de aspectos moi variados: o estilo literario, a temática da obra, o pensamento do autor ou autora, amén das impresións persoais ou das emocións que o texto evoca nos lectores… todo ten cabida nas paroladas dos clubs. Este encontro e posta en común resulta moi enriquecedor, pois favorece que os participantes amplíen os seus puntos de vista, perciban detalles que se lles pasaran por alto, ou enfoquen os textos dun xeito diferente. Na conversa todos se enriquecen de todos.

Participar é de balde, e a biblioteca proporciona os libros para cada sesión. As actividades desenvolveranse desde o mes de outubro de 2023 ata xuño de 2024 cunha sesión o segundo martes de cada mes. Lese un libro diferente de cada vez, procurando que as propostas lectoras sexan diversas e variadas.

Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, este club de lectura é unha nova oferta de promoción da lectura e de participación que promove a Biblioteca Municipal tudense.

Preto de 1.200 persoas participan esta semana no programa “En Ruta coa Depo”

A Deputación de Pontevedra organiza esta semana 27 saídas no marco do programa provincial “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares do territorio provincial. Entidades dos concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade, Salceda de Caselas, Vigo, Pontevedra, Crecente, Sanxenxo, O Porriño, Tui, Cangas, Ponteareas, Bueu e de Gondomar mobilizarán preto de 1.200 persoas para coñecer a ría de Arousa, as illas de Ons e Cíes, o castro de Santa Tegra na Guarda, ou a Casa da Navegación de Baiona, entre outros.

Trala saída dun grupo do Colegio Nuestra Señora de Fátima de Crecente, que percorreu este martes a ría de Arousa, este mércores AMENCER-ASPACE, de Pontevedra, visitará a illa de San Simón, o castelo de Soutomaior e o Museo Meirande de Redondela. Ademais, nesta xornada, a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple desprazarase ata Cíes e a Fundación Tutelar Sálvora de Vigo visitará o conxunto histórico de Baiona, a Casa da Navegación e os paseos de Monte Boi e marítimo.

O xoves, 21 de setembro, participarán no programa da Deputación dúas entidades. O Club de Pensionistas de Sanxenxo visitará o castro de Santa Trega, na Guarda, e o conxunto histórico de Tui, o Monte Aloia e o Alto dos Cubos. Pola súa banda a asociación Ategal de Vigo gozará dun paseo en barco pola ría de Arousa. Actividade que tamén realizará o venres a Asociación de padres de personas con discapacidad intelectual de Vigo, ASPAVI. Tamén durante esa xornada a Asociación de Jubilados de San Pedro de Cerdedo-Cotobade fará unha ruta por Salvaterra de Miño e Arbo con paradas no conxunto histórico e parque da Canuda e no Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea.

O sábado 23 nove entidades da provincia sairán con “En Ruta coa Depo”. A Asociación de Mulleres Rurais Avelina Valladares da Estrada visitará o mosteiro de Poio, a illa de Tambo e Combarro; o Club De Jubilados y Pensionistas De Portonovo de Sanxenxo percorrerá diferentes puntos de Cangas e Bueu; a asociación Cultural y Social de Soutelo en Salceda e a Unión Musical de Coruxo farán unha ruta en barco ata Cíes e Tambo respectivamente; a Xunta de Montes en Man Común de Freixo en Crecente percorrerá a Ruta da Pedra e da Auga e o mosteiro da Armenteira; a Coral Centro Social de Tui e a Asociación de Veciños San Esteban de Oca pasearán en barco pola ría de Arousa e irán ata a illa da Toxa e o Museo da salga do Grove; e a Asociación Cultural Mulleres Rurais San Xurxo de Vea da Estrada visitarán o porto de Santo Adrián de Cobres e o lago Castiñeiras, con parada nas Salinas de O Ulló en Vilaboa.

O domingo 24 ADICAM de Cangas e a Asociación de Mulleres Rurais Caselas de Salceda visitarán o mosteiro de Poio, a illa de Tambo e Combarro; a Asociación Veciñal Doutor Fleming e ANHIDA (ambas de Vigo) e a Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar percorrerán a illa de Ons; a Asociación de Maiores de Ponteareas realizará un itinerario por varios puntos de Lalín e, por último, a Asociación Robaleira e a Asociación San Salvador de Ponteareas percorrerán San Simón e Cíes respectivamente.

A través de “En Ruta coa Depo”, a Deputación de Pontevedra está a fomentar a participación, a convivencia e a cohesión social dos colectivos sociais da provincia a través de 33 rutas temáticas nas que, en total, este ano daranse cita preto de 20.300 persoas de case 400 asociacións da provincia. Todas as prazas do programa, que conta cun orzamento próximo aos 480.000 euros, están subvencionadas pola institución provincial. Delas, 300 prazas son financiadas ao 100% co obxectivo de achegar o programa ás persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión social.

Salvaterra continúa co programa “Xuntas”

Na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño tivo lugar un novo obradoiro dentro do Programa “Xuntas”, unha iniciativa conxunta cos concellos de Salceda e As Neves cofinaciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

O programa dirixido a tódalas mulleres que inclúe asistencia psicolóxica, asesoramento xurídico e inserción laboral; continúa o próximo venres 22 de setembro, ás 10:00 h, na Casa do Conde cun obradoiro sobre emprego. Durante a mañá trataranse temas como a capacitación para o acceso ó emprego, procesos de selección, habilidades de comunicación e a construción do perfil e currículum vítae.

Para máis información sobre esta actividade aquelas mulleres interesadas poden dirixirse ó teléfono 685 211 882.

O venres terá lugar a gala dos premios Cabezudos de Honra do Porriño

Este venres, a Asociación “Cabezudos de Honra do Porriño”, en colaboración co Concello da localidade, celebra a terceira edición dos seus premios na Praza do Cristo, ás 20:00 horas, dentro da programación das Festas do Cristo.

Desde fai tres edicións, estes galardóns honran en vida a traxectoria e o exemplo de porriñeses e porriñesas en diferentes ámbitos e disciplinas. Ademais dunha reprodución dun busto do arquitecto Antonio Palacios, os premiados veranse representados nas festas da localidade polo seu propio cabezudo, confeccionado de maneira artesanal.

Este ano, os homenaxeados son o músico Pancho Álvarez, o xornalista e escritor Diego Giráldez e Horacio Barros, unha personalidade do ciclismo en Galicia.

Pancho Álvarez é un dos músicos máis relevantes do folk en Galicia. Co grupo Na Lúa, grava 6 discos cos que percorre medio mundo. Despois formaría parte tamén de grupos como Matto Congro ou Tres. A partir do ano 95 comeza a súa andaina á beira de Carlos Núñez ofrecendo concertos por América, Europa, Asia e Australia pasando polos escenarios máis emblemáticos do mundo como o Carnegie Hall, Ópera de Sidney, gravando BSO para películas como Mar Dentro e tocando xunto a algúns dos grupos de folk máis importantes do mundo. Tamén ten discos en solitario como “Florencio, ou cego dous Vilares”.

Outro dos homenaxeados é o xornalista e escritor Diego Giráldez. O porriñés, considerado unha das voces máis importantes da literatura galega actual, exerceu o xornalismo en distintos medios escritos e dixitais. Ademais de coordinar varias cabeceiras ou colaborar con reportaxes culturais no País, publica columnas de opinión en distintos medios. Ademais, en 2016 arrincou a súa traxectoria como escritor publicando libros de relatos e novelas en importantes editoriais. Giráldez, ten varios premios como o José Saramago, o premio Manuel Murguía, o premio Fervenzas Literarias ao “Mellor Autor Gallego do ano 2016” e foi finalista do Premio Francisco Fernández del Riego de Xornalismo. Ademais, a nivel local, sempre estivo vinculado ao activismo cultural dirixindo a revista Malladoura, o CanZine, do Festival de Cans, escribindo libros de historia e arquitectura do Porriño ou colaborando co Círculo Recreativo Cultural da localidade.

Un das homenaxes máis emotivas será para Horacio Barros, unha auténtica personalidade no mundo do ciclismo porriñés e galego. Cofundador do Club Ciclista SPOL en 1967, Horacio foi 5 veces consecutivas campión galego de Ciclocrós, modalidade para a que preseleccionado para participar en dúas ocasións no mundial, Ademais, ocupou o cargo de Presidente da Selección Española de Ciclocrós, Director e Presidente da Escola Nacional de Adestradores e Asembleísta da Selección Española de Ciclismo. Horacio Barros é o responsable de que grandes nomes do ciclismo galego haxan destacado a nivel nacional e internacional.