12.6 C
Pontevedra
Luns, 29 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiAberta a inscrición para Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Tui

    Aberta a inscrición para Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Tui

    As persoas interesadas deben inscribirse até o 28 de setembro

    Até o venres 28 deste mes de setembro está aberto o prazo de inscrición para cubrir as prazas vacantes no Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Tui. Os requisitos son ter cumpridos os 18 anos, contar co carné de socio/a da Biblioteca Municipal de Tui ou da Rede de Bibliotecas de Galicia.

    As persoas integrantes do Club de Lectura na temporada 2022/23 manteñen a súa praza. Aquelas que desexen incorporarse deben inscribirse persoalmente na propia biblioteca no edificio Francisco Sánchez ou enviando un correo electrónico a biblioteca@tui.gal, non podendo unha persoa usuaria inscribir a outra. Unha vez completadas as prazas vacantes por rigoroso orde de inscrición formarase unha lista de agarda.

    O venres 29 de setembro comunicarase a todas as persoas inscritas a súa integración no Club de Lectura ou na lista de agarda para cubrir as vacantes que se produzan.

    Un club de lectura é unha xuntanza periódica onde un grupo de persoas comentan diferentes libros, obras que previamente cada un deles leu de xeito individual.

    A conversa varía dunha sesión a outra, pois xira arredor de aspectos moi variados: o estilo literario, a temática da obra, o pensamento do autor ou autora, amén das impresións persoais ou das emocións que o texto evoca nos lectores… todo ten cabida nas paroladas dos clubs. Este encontro e posta en común resulta moi enriquecedor, pois favorece que os participantes amplíen os seus puntos de vista, perciban detalles que se lles pasaran por alto, ou enfoquen os textos dun xeito diferente. Na conversa todos se enriquecen de todos.

    Participar é de balde, e a biblioteca proporciona os libros para cada sesión. As actividades desenvolveranse desde o mes de outubro de 2023 ata xuño de 2024 cunha sesión o segundo martes de cada mes. Lese un libro diferente de cada vez, procurando que as propostas lectoras sexan diversas e variadas.

    Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, este club de lectura é unha nova oferta de promoción da lectura e de participación que promove a Biblioteca Municipal tudense.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.