Venres, 1 Agosto de 2025

A Policía Local de Ponteareas vela polo cumprimento das normas da Alerta Sanitaria

A Policía Local de Ponteareas está velando polo cumprimento da alerta sanitaria decretada pola Xunta de Galicia e fai un chamamento á poboación “para evitar a aglomeración de persoas nos establecementos de alimentación”. Durante esta mañá as e os axentes constataron que “un grande número de persoas acudiron aos supermercados da localidade creando un risco para a saúde pública”.

A Policía Local lembra que estes establecementos están abertos “pero a permanencia nos mesmos deber ser a estritamente necesaria” evitándose aglomeracións e controlando que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida para evitar posibeis contaxios.

Os supermercados son espazos nos que o contacto masivo con elementos como carriños, produtos ou billetes e moedas incrementan as posibilidades de contaxio.

A Policía Local fai un chamamento a realizar as compras “de forma escalonada durante os vindeiros días” e recorda que o Goberno xa anunciou que non haberá problemas de desabastecemento.

Por outra banda, os axentes víronse obrigados durante a mañá de hoxe a pechar varios establecementos abertos indebidamente e a pedir aos responsabeis dos supermercados que controlen o aforo dos seus establecementos evitando a aglomeración no seu interior, se é preciso co apoio da propia Policía Local.

Por outra banda, a Policía Local está recibindo chamadas de cidadáns ante a apertura ao público doutros establecementos que prestan servizos como perruquerías. Neste sentido lembran que o decreto da Xunta só afecta de momento ao comercio retallista e ao catálogo de actividades recreativas (como bares, cafetarías, etc) e que servizos como perruquerías, entidades bancarias, despachos profesionais, etc… non están polo momento incluidos na orde de peche.

Por último a Policía Local “apela ao sentido común” e a seguir a consigna de non sair de casa agás en casos realmente imprescindibeis.

Peche das áreas infantís

Doutra banda o goberno de Ponteareas que preside Xosé Represas, ordeou o peche os parques públicos infantís poñendo, dese xeito, unha nova barreira á expansión do COVID-19. O Goberno aconsella seguir “todas as recomendacións e medidas que eviten a propagación do coronavirus” e pide a cidadanía “tranquilidade e responsabilidade” para que todo volva, o antes posible, á normalidade. 

Goberno de Redondela adopta medidas para evitar a propagación coronavirus

0

O Comité de Seguimento do Covid-19 do Concello de Redondela vén de tomar unha serie de medidas que, na medida do posible, contribúan a evitar expansión do virus. O Comité, do que forman parte a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a interventora e secretaria municipal e as tres tenentas de alcalde “informará puntualmente”, logo de cada reunión, aos portavoces dos grupos municipais da Corporación Municipal “porque é un asunto que trascende á vida política e atinxe a toda a cidadanía”, sinalou a alcaldesa Digna Rivas.

As medidas adoptadas hoxe mediante unha resolución da alcaldía “teñen como finalidade evitar ou non favorecer a propagación do virus” e, nesa liña, a resolución asinada por Digna Rivas, o concello pecha ao público dende esta mesma tarde, a biblioteca, multiusos, instalacións deportivas, centros culturais, e Museo de Meirande de Rande. A este primeiro listado, engádense os parques infantis municipais e os centros culturais dependentes do Concello de Redondela. En principio, e dependendo de como evolucione a situación, o peche destas dependencias manterase ata o vindeiro 29 de marzo.

No que atinxe ao Conservatorio municipal de música, escolas infantís e demais centros escolares, a actividade queda suspendida “a partir do luns 16 de marzo de 2020” tal e como indica o acordo do Consello da Xunta de Galicia.

Atención ao público

En canto a atención ao público, tanto no Conservatorio municipal como nas dependencias da Casa do Concello, farase preferentemente de xeito telemático e só no caso de resultar imprescindible acudir presencialmente a instalación municipal, se fará previa cita que se solicitará igualmente vía telefónica no 986 400 300. Esta medida, sinala Digna Rivas, busca “evitar aglomeracións de público e, polo tanto, contribuír a salvagardar a saúde tanto dos veciños e veciñas como do propio persoal municipal”.

En todos os lugares nos que sexa imprescindible a atención presencial polos empregados/as municipais, “adoptaránse as medidas de seguridade, limitando o espazo a unha distancia mínima dun metro co público e adoptando as demais medidas de hixiene recomendadas”.

Actos públicos

O Decreto de Alcaldía asinado onte, tamén fai referencia explícita e clara “á suspensión de todos os actos públicos cuxa organización dependa do Concello, así como todas as actividades e programacións dirixidos a veciñanza e público en xeral”. Faise especial incidencia na suspensión das feiras de Redondela e Chapela lugar no que se dan cita centos de persoas.

Doutra banda, a alcaldesa Digna Rivas fai un chamamento ás empresas concesionarias ou prestadoras de servizos de titularidade municipal “a atender as medidas adoptadas polas autoridades competentes, e a aplicación de solucións que favorezan a protección dos seus traballadores, fomentando as fórmulas de tele traballo, e a xestión telemática e atención telefónica dos usuarios, tendo en conta que se trata de servizos de carácter esencial, debendo garantizar en todo caso a súa prestación”

Persoal municipal

O Concello de Redondela flexibilizará a xornada laboral das traballadoras ou traballadores que teñen fillos, fillas, menores de 12 anos ou maiores dependentes “e que estean directamente afectados polo peche dos centros educativos de de Maiores”.

A alcaldesa de Redondela tamén quixo transmitir unha mensaxe de calma ao sinalar que o Servizo de Axuda ao fogar “seguirase a prestar con normalidade, se ben adoptándose medidas extraordinarias de hixiene e seguridade, atendendo ao protocolo establecido ao efecto pola administración competente”. En todo caso, apunta Digna Rivas, “se algún usuario desexase suspender a prestación do servizo con carácter individual, poderá comunicalo ao servizos social municipais”

A todas estas medidas, que foron dadas a coñer de xeito máis exhaustivo ao persoal municipal, sobre todo no que atinxe ao funcionamento dos distintos departamentos, engádense outras como a da celebración dos plenos a porta pechada e sen asistencia de público “por motivos obvios”.

Digna Rivas fixo tamén un chamamento ás veciñas e veciños a que “limiten, na medida do posible, os seus desprazamentos” e sigan, “en todo momento” as recomendacións que se darán “dende o Concello, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Goberno da nación”. Trátase, sinalou a alcaldesa “dunha situación extraordinaria na que as medidas a tomar terán que irse adaptando á evolución da crise”.

Salceda adopta medidas extraordinarias para evitar a propagación do Covid-19

A corporación municipal de Salceda de Caselas, ante a expansión que se está a vivir do novo coronavirus (Covid-19), ven de adoptar as seguintes medidas para todo o termo municipal:

  • Suspensión de tódalas actividades culturais, deportivas, de formación, etc., celebradas en instalacións municipais, e recomendación ao tecido asociativo de que se tome este mesmo tipo de acordo para as súas actividades.
  • Peche ao público da Casa da Cultura Castelao e biblioteca municipal, así como do Centro Social da Devesa.
  • Suspensión do mercado semanal dos mércores, tanto en exterior como no interior da praza de abastos (mantéñense abertos os postos fixos).
  • Recomendación ao público para que empreguen os servizos de sede electrónica e telefonía en lugar da atención persoal nas diferentes instalacións municipais.
  • Os servizos de policía local, limpeza e vías e obras manteñen o seu funcionamento normal.
  • Nos parques e espazos públicos, recomendación de non empregar elementos común como aparellos biosaludables, xogos infantiles, fontes, etc.
  • Recomendación ao tecido industrial e comercial de Salceda de que apliquen medidas de responsabilidade e contención social.
  • Recomendación á poboación de que se deben extremar as medidas de hixiene, con lavados frecuentes de mans con auga e xabón, e que se apliquen medidas de contención social, evitando as saídas innecesarias.

Estas medidas manteranse mentres as administracións autonómica e estatal non comuniquen o cambio de situación.

Doutra banda, o Concello lembra á veciñanza os teléfonos e correos electrónicos dos diferentes servizos de cara a que poidan realizar trámites coa administración municipal.

A Xunta decreta o Estado de Emerxencia Sanitaria e ordena o peche de bares, restaurantes e locais de ocio

O Consello da Xunta de Galicia, reunido hoxe en sesión extraordinaria, decidiu decretar o estado de Emerxencia Sanitaria no territorio da comunidade autónoma de Galicia, segundo deu a coñecer o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo esta mesma tarde.

Como medida de choque contra o avance do coronavirus, a partir das doce da noite de hoxe cesarán nas súas actividades os restaurantes e cafeterías, aínda que, como explicaba o presidente do Executivo galego, “poderán seguir prestando servizo de entrega a domicilio ou recollida no local”, se ben neste último caso, a recollida farase “coa distancia de seguridade establecida e a permanencia no establecemento será a estritamente necesaria para recoller o pedido”.

Outros establecementos afectados polo peche serán os cinemas, teatros, establecementos de xogo, salas de concertos e auditorios, recintos feirais, establecementos de lecer e entretemento, salas de festa, discotecas, pubs, furanchos e centros de lecer infantil amais de pavillóns e recintos deportivos, ximnasios e piscinas e os albergues do Camiño de Santiago.

Non quedan afectados por este peche os servizos de restauración de establecementos hostaleiros “sempre que se destinen, estritamente aos clientes dos mesmos”, e dos establecementos en instalacións destinados á prestación de servizos públicos.

Núñez Feijóo explicou que o peche de establecementos “non inclúe ao pequeno comercio de alimentación e produtos de primeira necesidade” polo que poderán abrir froiterías, carnicerías, peixarías, panaderías, farmacias, gasoliñeiras, kioskos e tendas de alimentación. No que atinxe ás grandes superficies, só poderán permanecer abertas ao público “as zonas nas que se atopen os establecementos de alimentación”.

As medidas excepcionais adoptadas polo Goberno da Xunta de Galicia, afectan tamén aos funerais, establecéndose un aforo máximo dun terzo do permitido e un número máximo de 25 persoas para o acompañamento do cortexo fúnebre.

O presidente galego adiantou que a partir desta media noite, e ata que se active o Estado de Alarma por decisión do Consello de Ministros, o vicepresidente da Xunta pedirá ao delegado do Goberno en Galicia que “se poñan as forzas e corpos de seguridade do Estado a servizo destas decisións”.

Máxima lealdade ao Goberno de España

Na comparecencia ante os medios por videoconferencia, o presidente da Xunta sinalou que as medidas adoptadas hoxe neste Plan de Emerxencia, quedarán sometidas a súa actualización logo de que o Consello de Ministros de mañá active o Estado de Alarma para o conxunto da nación.

Feijóo foi claro ao sinalar que a postura do Executivo galego “será de absoluta lealdade e máxima coordinación” e, dende o momento en que o presidente Sánchez declare o Estado de Alarma “Galicia estará a orde do que se nos vaia indicando por parte das autoridades estatais”, unha postura que, dixo o presidente galego “xa lle din a coñecer esta mesma tarde ao presidente do Goberno e mañá a voltarei a repetir na conferencia de presidentes”.

Decisións avaliadas polos expertos sanitarios

Alberto Núñez Feijóo fixo especial fincapé en que as decisións adoptadas están baseadas “na información que nos trasladaron os expertos sanitarios en base ao coñecemento científico e tamén en base á experiencia previa doutras comunidades máis afectadas que Galicia e a doutros países que comezaron a sufrir a crise hai algunhas semanas”.

Lembra o presidente galego que organismos internacionais, como a propia OMS “suxiren medidas máis drásticas e máis agresivas para tentar conter o virus” porque –asegurou– “estamos ante unha situación nova e totalmente descoñecida”.

“O que está claro é que o mellor, o máis efectivo para conter o virus, é o distanciamento social” sinalou Núñez Feijóo que insistiu na necesidade de que non haxa aglomeracións e que, con carácter xeral, “a xente quede nas súas casas respectando unhas medidas para evitar o consagio”.

A declaración do Estado de Emerxencia Sanitaria é, en palabras do presidente, “unha declaración extraordinaria que poderá implicar a reorganización funcional dos servizos administrativos e as modificacións orzamentarias necesarias para afrontar a emerxencia”.

Insistiu Feijóo en que é fundamental “unha única coordinación para que as respostas sexan idénticas e uniformes en todos os lugares” e cualificou de “proba complexa” conseguir o “distanciamento social” recomendado pola Organización Mundial da Saúde xa que os galegos e galegas “estamos afeitos estar preto uns dos outros”.

Actuar con responsabilidade

Saír á rúa o mínimo posible e de facelo sempre en espazos abertos e pouco frecuentados, son algunhas das recomendacións dos expertos sanitarios e, nesa liña, o presidente da Xunta lembraba que “estamos a sufrir unha ameaza que nos afecta a todos, de todos depende que a superemos e a todos correspóndenos actuar con responsabilidade”

“Cada persoa, cada institución, cada grupo social ten un papel imprescindible contra este desafío. Todo xesto, todo cumprimento das directrices son pezas insustituíbles na crise que nos afecta. Máis que nunca debemos actuar como un corpo unido, solidario e responsable”, subliñou Alberto Núñez Feijóo

O presidente remataba sinalando que a pandemia ataca aos organismos físicos “pero ataca á propia sociedade. A falta de cohesión social é un factor que favorecería a propagación porque debilítanos. A unidade capacítanos para dar unha resposta idónea. Cidadanía, persoal sanitario e institucións son os tres vértices necesarios para dar esta resposta”.

O Concello de Nigrán adopta medidas excepcionais como prevención ante o coronavirus

0

O Concello de Nigrán, atendendo ao criterio das máximas autoridades da Sanidade Pública, toma medidas excepcionais como medida de prevención ante o avance do coronavirus ao tempo que fai un chamamento á calma da cidadanía. Así, como medida de profilaxis, suspéndense desde este luns 16 de marzo e, como mínimo ata o 1 de abril, todas as actividades municipais culturais, deportivas e de envellecemento activo e péchase a Biblioteca Municipal para evitar a concentración dun alto número de persoas nun espazo pechado. Igualmente, aprázanse as actividades previstas para esta fin de semana (voluntariado ambiental en Chandebrito ou o campionato xuvenil de surf en Patos).

Asimesmo, o goberno local tomou xa durante este días todas as medidas necesarias para implantar e favorecer o teletraballo entre o seu persoal e a atención ao público no Concello limítase ao Rexistro facendo unha chamada á responsabilidade pública para manter unha distancia de seguridade que evite calquera posible transmisión.

Asimesmo, e tamén como medida de prevención, queda reforzado o servizo de limpeza nas instalacións municipáis (especialmente en zonas sensibles como pechaduras) e facilítase aos empregados xel hidroalcólico para a limpeza de mans. Desde o goberno local recoméndase á cidadanía que aprace as súas consultas se non son urxentes e que empregue o servizo telefónico ou de cita previa para evitar calquera aglomeración.

O Concello de Nigrán permanecerá atendo ás indicacións das autoridades sanitarias para modificar, ampliar ou cancelar estas medidas de prevención e pide a poboación que atenda a todas as indicacións médicas ou respecto.

Román Rodríguez reúnese co sector turístico para abordar a situación actual do coronavirus

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuniuse con representantes dos distintos ámbitos do sector turístico galego, encabezados polo presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, para abordar evolución que o coronavirus está a ter na Comunidade. Esta xuntanza dá continuidade á mantida a semana pasada co obxectivo de establecer unha vía de diálogo fluído que permita facer seguimento da situación cunha canle de comunicación estable.

Co obxectivo de que dispoñan de información de primeira man, o conselleiro explicou aos empresarios do sector turístico as medidas de prohibición e limitación aprobadas onte no Consello da Xunta e que comezan a aplicarse desde hoxe. Trátase de decisións que afectan a equipamentos culturais como museos ou arquivos, a albergues de peregrinos da rede pública no Camiño de Santiago ou a eventos tanto ao aire libre como en espazos pechados.

O conselleiro subliñou, así mesmo, a importancia de seguir en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias, que instan a pospoñer todas aquelas viaxes que non sexan imprescindible para a normal prestación dos servizos esenciais, e emprazou a aplicar as recomendacións incluídas na Guía de boas prácticas para os establecementos e traballadores do sector turístico elaborada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e que a Xunta xa distribuíu na nosa Comunidade como material informativo de apoio.

Román Rodríguez quixo coñecer a afectación que o coronavirus está ter nas distintas áreas do sector, as súas propostas e necesidades para establecer unha senda de traballo conxunta que permita reducir e minimizar o impacto do coronavirus na súa actividade. Nese sentido, expresou o compromiso do Goberno galego para avaliar medidas e actuar como interlocutor tanto ante o Goberno central como en todas as vías que sexa necesario.

Medidas establecidas desde hoxe

Cómpre lembrar que, desde hoxe, se suspende a apertura ao público de museos, arquivos e outros equipamentos culturais dependentes da Administración autonómica. No caso das bibliotecas, poderán permanecer abertas, limitando a súa capacidade ata un terzo do máximo permitido co fin de posibilitar a separación dos usuarios e dificultar a transmisión do virus. Así mesmo, recoméndase ás demais administracións titulares de equipamentos culturais a inmediata adopción de medidas semellantes.

As limitacións afectan tamén a espectáculos públicos e actividades recreativas (actividades de lecer, culturais e similares). Así, en espazos pechados, suspéndese a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas con máis de 500 persoas en espazos pechados. En caso de estar por debaixo deste límite poderán celebrarse sempre que non se supere un terzo da capacidade autorizada, aplicando as medidas de distanciamento entre grupos de persoas conforme as recomendacións sanitarias. Esta limitación non afectará a espazos pechados cunha capacidade igual ou inferior a 50 persoas, se ben deberán aplicarse as medidas de distanciamento entre grupos de persoas conforme as recomendacións sanitarias.

Pola súa banda, en espazos abertos recoméndase a suspensión da celebración de actividades colectivas ao aire libre. En todo caso, suspéndense aquelas que concentren máis de 1000 persoas (mercados, festivais, concertos, feiras, festas populares e similares). Ademais, deberán aplicarse as medidas de distanciamento entre grupos de persoas conforme as recomendacións sanitarias.

Finalmente, nos albergues de peregrinos, restrínxese a ocupación dos establecementos da rede pública da Xunta de Galicia a un terzo da súa capacidade máxima. Ademais, permanecerán pechados os seus servizos comúns. Xa foron tamén distribuídos materiais e indicacións na procura de extremar e incrementar as medidas de hixiene e limpeza.

Ponteareas suspende todas as actividades educativas, culturais e deportivas, o mercado do sábado e cursos de formación

Nunha reunión mantida coa representación do cadro de persoal o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, comunicou que “o primeiro é a saúde do persoal municipal e da cidadanía, polo que o desenvolvemento do traballo no Concello supeditarase ás precaucacións necesarias para evitar contaxios”.

Entre as medidas que se adoptarán, ata novo aviso e en todo caso seguindo o prazo de 15 días indicado pola Xunta de Galicia, está a de primar a atención telefónica, reorganizar as axendas de citas para espacialas e evitar acumulacións nas salas e pasillos, suspender actos deportivos e culturais e priorizar as urxencias, ademais de seguir as indicacións da Xunta de Galicia e das autoridades sanitarias e científicas.

No encontro tamén estiveron presentes a concelleira de Saúde e primeira tenente de alcalde Cristina Fernández, a segunda tenenta de alcalde Chus Garrote e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera.

A concelleira de Saúde, Cristina Fernández, solicita aos traballadores “actuar con responsabilidade e atendendo as recomendacións hixiénico e sanitarias”. Nas sedes municipais intalaranse dispensadores con produtos de hixiene específicos e o servizo de limpeza empregará tamén produtos de desinfeccións indicados para estes casos.

O Goberno adianta que a partires do luns estará pechado o conservatorio, a escola infantil, a ludoteca, a biblioteca e museo municipal e os colexios así como as actividades vinculadas a ditos servizos (aula matinal, extraescolares…).

Ademais o Concello, seguindo o protocolo da Xunta, pechará o complexo deportivo Álvaro Pino, xestionado por INSDEGA, que suspende a súa actividade até novo aviso (os dous pavillóns, a piscina, o ximnasio e as pistas de padel).

Doutra banda quedan suspendidas as celebracións do mercado dos sábados e feira dos días 14. O Castelo do Sobroso, que depende na súa xestión da Deputación, tamén estará pechado.

Alcalde e concelleiras adiantaron que se valorará tamén “solicitar a ampliación de prazos dos distintos procesos abertos” como por exemplo o prazo de revisión das pensións, selección de persoal e todo tipo de formacións que non sexan on line.

O goberno de Ponteareas ten creado un comité de seguemento que estudará a diario o progreso do contaxio polo virus Covid-19 para adoptar as medidas oportunas axeitadas dependendo da evolución do coronavirus no concello.

O concello iniciou xa os procedementos para que determinados departamentos e traballadores/as poidan teletraballar e seguirá as indicacións da Xunta de Galicia.

A Guarda adopta medidas de prevención fronte ao Covid19

0

Responsables municipais do Concello da Guarda están facendo un seguimento en tempo real en base ás recomendacións do Estado, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, para establecer os protocolos a seguir ante a evolución do coronavirus COVID-19.

O Concello da Guarda sinalou que priorizará nos servizos de atención ao público municipais a atención de xeito telefónica e telemática, limitando na medida do posible a atención presencial e garantindo a prestación dos diferentes servizos.

Medidas adoptadas en relación aos espazos municipais e atención ao público:

  • Inclusión de monográficos sobre unha axeitada técnica de hixiene das mans e informacións de interese para evitar posibles infeccións nos espazos municipais que permanezan abertos.
  • Recomendación aos traballadores municipais de extremar as medidas de hixiene.
  • Indicación aos servizos de limpeza a extremar a hixiene dos dos espazos municipais que permanezan abertos.
  • Limitar a presenza de traballadores favorecendo o teletraballo.
  • Na web municipal habilitouse un apartado específico para incorporar todas as recomendacións e informacións de interese de xeito que se dispoña dunha información actualizada.

Medidas adoptadas en canto ós servizos e actividades:

  • Peche da Rede de Museos Municipal: Museo MASAT do Monte Santa Trega, Museo do Mar e Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz.
  • Peche dos centros sociocomunitarios, do Conservatorio Municipal, do Centro Cultural, do Campo de Fútbol da Sangriña, da Piscina Municipal e do Pavillón Municipal.
  • Suspensión de todas as actividades culturais, deportivas e, en definitiva, todas aquelas xuntanzas e reunións que non sexan estrictamente necesarias.
  • Suspendense tamén todas as accións formativas e cursos previstos nas vindeiras datas, así coma os procesos selectivos.
  • Suspensión do servizo da Escola Infantil Municipal.
  • Suspensión do mercadillo semanal dos sábados.

Recomendacións:

  • Recomendación a todos os colectivos sociais, deportivos e culturais a evitar a realización de actividades públicas e o peche dos seus locais.
  • Recomendación a toda a cidadanía de evitar a asistencia aos espazos privados e públicos onde exista concentración de persoas (parques, etc.).

As medidas adoptadas estarán vixentes dende o venres día 13 de marzo ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19. A única execpción é o servizo da Escola Infantil Municipal que permanecerá pechadá a partir do luns día 16 para dar tempo as familias a organizarse.

As Neves, Tomiño e Tui suspenden os actos programados e activan medidas de prevención fronte ao Covid19

Os concellos do sur de Pontevedra optaron, no día de hoxe, por suspender os actos previstos durante os vindeiros quince días e habilitar distintos plans de prevención para o persoal municipal de cara a seguir mantendo, coas máximas garantías, os servizos básicos.

As Neves

O Concello que preside Xosé Manuel Rodríguez Mendez facía público a media tarde de hoxe, un comunicado no que daba conta que “con motivo da pandemia de Coronavirus, e en consonancia coas medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para conter o avance do contaxio, o Concello das Neves decidiu cancelar todos os actos, reunións e citas de lecer, deportivas, culturais, sociais e veciñais organizadas no concello dende hoxe, 12 de marzo e ata novo aviso. Do mesmo xeito, tampouco haberá actividade ningunha nos centros dependentes do Concello”.

O Concello prega “acceder de xeito presencial ás oficinas do Concello para facer só aqueles trámites administrativos urxentes e/ou imprescindibles, e optar pola xestión a distancia, chamando ao 986 64 80 38 ou accedendo á páxina web www.asneves.gal“.

Doutra banda o Concello recomenda a todas as organizacións, asociacións, clubs e entidades que teñan previsto actos deste tipo, que tamén os desconvoquen.

Ademais, aconséllase a toda a poboación que faga só os desprazamentos estritamente necesarios e siga os consellos de hixiene recomendados polas autoridades sanitarias.

Tomiño

O Concello de Tomiño celebrou hoxe unha reunión con motivo da situación sanitaria xerada polo Coronavirus. Nesta reunión aprobouse a creación dunha comisión municipal de seguemento da situación do Covid-19, que ten como funcións facer un seguemento continuado das indicacións das autoridades sanitarias a nivel estatal e autonómico, e coordinar as accións pertinentes a nivel municipal. Así mesmo, esta comisión encargarase de coordinar a comunicación á poboación dun xeito áxil e veraz.

A comisión de seguemento estará composta polos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno, que estarán encargados de executar as medidas nas súas áreas de competencia; representantes dos grupos da oposición; representantes dos traballadores e traballadoras e o responsable da policía local e será presidida pola alcaldesa, Sandra González.

A comisión reunirase de xeito ordinario unha vez ao día durante o tempo que dure a situación actual e de xeito extraordinario cando sexa preciso.

En aplicación das instrucións actuais das autoridades sanitarias e da administración estatal e autonómica, o Concello de Tomiño procede hoxe á cancelación de todos os eventos culturais e deportivos dos vindeiros días, entre os que cabe destacar o programa Reactívate, Medrando en Familia, Actividades extraescolares municipais, Programación de Igualdade, a Escola Municipal de Teatro, os cursos da OMIX, o Mercadillo de Goián e Tomiño, o curso para a obtención da ensinanza secundaria e a totalidade dos eventos deportivos municipais.

O Concello súmase ao chamamento á calma e á prudencia, e pide ás veciñas e veciños de Tomiño que sigan as indicacións oficiais en materia de protección e prevención.

Tui

O Concello de Tui vén de acordar unha serie de medidas para previr o contaxio por Coronavirus. Estas decisións adoptáronse por unanimidade na xunta de portavoces celebrada este mediodía na casa do concello. A duración ou modulación das medidas adoptadas se tomará de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

Así pecharanse as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo dende mañá e suspéndese a programación propia.

No ámbito cultural péchanse dende mañá todas instalacións culturais do Concello é dicir Teatro Municipal, Biblioteca Municipal, Sala de Exposicións, e mesmo os centros culturais das parroquias de titularidade municipal. Isto conleva a suspensión de todas as actividades previstas no Teatro Municipal de Tui. En concreto a decisión afecta ao espectáculo “Aguratrat” que Pérez&Fernández ían representar mañá venres no Teatro Municipal, así coma ao concerto “Memoria da melancolía” que Samuel Diz ía ofrecer este sábado. Ambos espectáculo adíanse sen nova data polo momento. As persoas que tiñan mercado xa a súa entrada on line para estes eventos recibirán unha comunicación do departamento de Cultura dando conta da cancelación do espectáculo, e nos próximos días lles será devolto o importe das entradas polo mesmo método no que realizaron o pagamento. Tamén se suspenden as funcións escolares previstas, en colaboración cos centros educativos, programadas até finais de mes. O mesmo acontece coas actividades previstas até finais de mes dentro da programación “Somos e Seremos Inmarcescibles” coas que se estaba a conmemorar o Día Internacional da Muller que quedan adiadas.

Mentres no referido ás instalacións deportivas municipais péchanse os campos de fútbol, pavillóns e pistas deportivas. Igualmente suspéndese toda a actividade dependente do concello xa sexa en recintos pechados ou abertos.

Tamén se suspende toda a actividade no Centro Municipal de Formación.

No referido á actividade política tomouse a decisión de anular a celebración de plenos e comisións informativas que só se retomarán no caso de ter que abordar algún asunto de urxencia.

Na casa do concello queda suspendida a atención ao público e os trámites faranse de xeito telefónico ou a través da sede electrónica. Salvo o rexistro de entrada que permanecerá aberto e o departamento de Servizos Sociais atenderá os casos de extrema urxencia e sempre contactado previamente por vía telefónica.

Por outra parte valorarase, en función da evolución da situación, a posible suspensión do mercado semanal dos xoves en Tui.

Esta información poderá ser ampliada e actualizada a través das web municipal tui.gal e das páxinas oficiais do Concello de Tui en Facebook e Twitter.

Dende o Concello de Tui agradecen a comprensión da cidadanía ante estas medidas que se toman de forma preventiva, e se vai un chamamento á calma e á responsabilidade seguindo en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias.

É responsabilidade de todos, e unha obriga, facer canto estea nas nosas mans para preservar a nosa saúde e a dos nosos. É tamén responsabilidade de todos colaborar para que o sistema sanitario e os seus profesionais poidan continuar a desenvolver o seu traballo coa mesma eficacia que até o de agora.

 

A Xunta pon en marcha novas accións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha de novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus, seguindo os consellos dos expertos na materia.

Deste xeito, no eido educativo, anunciou a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días –a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada–. “Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos mañá, pero a partir do luns, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados”, explicou.

Así mesmo, están suspendidas as prácticas que realizan os alumnos dos graos en Ciencias da Saúde ou doutras titulacións e ciclos formativos, en calquera centro sanitario situado na Comunidade.

No ámbito de política social, o titular do Goberno galego informou do peche dos centros sociocomunitarios a partir de mañá. Ademais, da limitación das visitas aos residentes maiores de 70 anos ou con patoloxías cardíacas ou respiratorias previas; non aceptar visitas de persoas con síntomas respiratorios ou febre e de limitar a presenza de residentes en actividades en espazos pechados.

Sobre as actividades deportivas, Feijóo resaltou a suspensión da actividade do programa Xogade; e a suspensión ou celebración a porta pechada de todas as actividades deportivas, incluíndo as municipais, que conleven asistencia de público.

Así mesmo, lembrou que, onte mesmo, a Administración autonómica pediu ás federacións que toda competición deportiva oficial sexa disputada a porta pechada e incluso, sempre que sexa posible, suspendida ou aprazada.

Novas limitacións de aforo

No tocante a outras actividades, o responsable do Goberno galego anunciou novas limitacións de aforo: en recintos pechados con capacidade para máis de 50 persoas, limitarase a asistencia a un terzo do aforo. “É dicir, nun espazo, por exemplo, de 900 persoas, non poderán acceder máis de 300”, abundou, recordando a suspensión de todas as actividades colectivas celebradas en espazos pechados que impliquen máis de 1.000 persoas; e, no caso de espazos abertos, limítase o aforo a 500 persoas.

Ademais, péchanse os museos, as bibliotecas e os arquivos xestionados pola Xunta de Galicia; “e recomendamos que se faga o mesmo neste tipo de recursos culturais xestionados por calquera entidade pública ou privada”, dixo Feijóo.

En relación á Función Pública, salientou a aprobación dun protocolo de actuación para os empregados públicos da Xunta que, entre outros aspectos recolle: pautas e recomendacións, medidas de protección, a posibilidade de adoptar medidas de flexibilidade horaria, a posibilidade de poñer en marcha o teletraballo e a posible reorganización das quendas de traballo. Ademais, a suspensión na Casa de Galicia en Madrid de calquera actividade que aglutine grupos de persoas, como concertos, inauguracións ou conferencias.

No ámbito sanitario, ademais de limitar a unha persoa como acompañante do paciente durante a estadía no centro, suspéndense as visitas dos visitadores médicos e farmacéuticos e as actividades de voluntarios, e promoverase a e-consulta e a consulta telefónica.

Cómpre salientar tamén que, a maiores do material xa adquirido e anunciado no pasado Consello, hoxe o Consello da Xunta autorizou un convenio co Servizo Vasco de Saúde para subministro sucesivo de mascarillas a Galicia nos próximos tres meses.

“En definitiva, seguimos a traballar en todas as frontes para minimizar o impacto do coronavirus, e seguimos crendo que hai que actuar canto antes e con anticipación; o obxectivo é cortar as posibilidades de contaxio e iso só se fai prevendo e non esperando a que haxa unha incidencia superior”, dixo, lembrando que, baixo este obxectivo, habilitouse un teléfono de información, o 900 400 116, para atender as dúbidas dos cidadáns, reforzouse o 061, contratáronse 60 novos profesionais e destináronse case dous millóns de euros á compra de material para os hospitais.

Reunión da Comisión Interdepartamental e encontros sectoriais

Logo de especificar que todas as medidas se publicarán mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG), Feijóo confirmou que esta mesma tarde volverá presidir a Comisión Interdepartamental, posta en marcha para coordinar a resposta da Xunta ante esta crise e ofrecer información puntual e recomendacións a toda a cidadanía, e na que hoxe tamén se analizarán as decisións adoptadas no Consello de Ministros.

Ademais, estanse xa a levar a cabo encontros sectoriais cos distintos colectivos –sindicatos e representantes empresariais, sector do turismo, Fegamp, federacións deportivas, reitores, directores de centros educativos e formacións políticas, entre outros–.

Durante a rolda de prensa, Feijóo tamén lembrou que, o vindeiro luns, manterá unha reunión cos responsables das distintas formacións políticas para analizar a evolución do coronavirus e para trasladarlles toda a información do que aconteza na reunión de presidentes autonómicos, prevista para o vindeiro sábado a través de videoconferencia.

O presidente da Xunta concluíu facendo un chamamento á cidadanía sobre a atención ás recomendacións. “Seguiremos en preaviso e en prealerta desde a máis estrita responsabilidade”, aseverou, precisando que, ás 13,00 horas, os casos confirmados en Galicia son 35 e os casos pendentes de confirmación son 28.

O Concello de Redondela adopta medidas para garantir a saúde do persoal e o mantemento dos servizos públicos

0

O Concello de Redondela vén de facer público un comunicado oficial no que sinala que logo da evolución do COVID-19 nos derradeiros días que supuxo a adopción de medidas de contención extraordinarias polas autoridades sanitarias estatais e autonómicas, o novo escenario “esixe adoptar medidas que permitan garantir a saúde dos traballadores/as e empregados/as públicos para continuar coa prestación dos servizos e tamén do conxunto da cidadanía na súa relación coa administración municipal”.

A partir das recomendacións do Estado e da Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Redondela adoptará unha serie de medidas, “sen prexuízo da súa modificación en función da evolución da situación e as recomendacións ou disposicións que no seu caso se diten polas Autoridades competentes”.

Así, no comunicado oficial do Concello sinlálase explícitamente que “no caso de que por parte da Administración Autonómica ou Estatal se adopte algunha outra decisión, relativa ao peche de centros educativos ou de maiores, aplicaranse medidas adicionais que permitan a flexibilización da parte da xornada laboral de presenza obrigatoria nos centros de traballo así como calquera outra que resulte necesaria, garantindo en todo caso a prestación dos servizos públicos”.

Centros ou dependencias do Concello aos que se dirixen as medidas adoptadas:

  • Casa do Concello
  • Multiusos da Xunqueira e de Chapela
  • Casa da Cultura
  • Conservatorio Municipal de Música Victor Ureña
  • Escola Municipal de Música
  • Mercados de Redondela e Chapela
  • Dependencias de Protección Civil
  • Dependencias dos Servizos Sociais de Redondela e Chapela
  • Piscinas municipais de Redondela e Chapela
  • Pavillóns municipais
  • Escolas unitarias
  • Dependencias da Policía Local
  • Dependencias do Servizo de Emerxencias
  • Museo Meirande

Medidas a adoptar

Medidas para a mellora da hixiene nos centros de traballo

  • Colocación de dispensadores de solución hidroalcólica en todos os centros de traballo, priorizando a instalación nas oficinas, centros ou unidades de atención presencial e aquelas abertas ao público.
  • Disponse a colocación de guías explicativas para a correcta hixiene de mans nos aseos dos centros de traballo e nos dispensadores de solución hidroalcólica.
  • Obriga das persoas traballadoras dos distintos centros do Concello de hixienizar as mans despois de realizar a fichaxe, seguindo o procedemento indicado nas guías explicativas.
  • Trasladáronse indicacións aos servizos de limpeza do Concello de Redondela para incrementar a limpeza con produtos desinfectantes dos elementos situados nas áreas comúns dos centros de traballo.

Atención ao público

  • Inserirase na páxina web do Concello a recomendación á cidadanía para evitar a realización de consultas presenciais nas oficinas do Concello, aconsellando a utilización dos medios telemáticos e telefónicos para a realización das xestións e consultas coa Administración municipal, sempre que resulte posible.
  • O persoal procurará remitir á cidadanía a estes medios telefónicos e telemáticos para a realización das xestións que resulten posibles.

Actividades

  • Quedan aprazadas as actividades tanto exteriores como os actos culturais organizados polo Concello así como a Feira de Chapela.
  • Quedan aprazados os cursos que realiza o Concello tanto os levados a cabo por AFAGA como os de TaiChi, Memoria e Preocupa.

Por outra banda, tanto a pasada semana como esta, este Concello enviou dous correos electrónicos ao servizo de medicina preventiva da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ao que con data de 11 de marzo contestaron o seguinte: “En contestación a súa solicitude sobre a existencia de protocolo ou medida especial adoptar nas entidades locais en relación co coronavirus, comunícolle que estamos elaborando unhas recomendacións para os concellos, que sairán hoxe ou mañá a través da FEGAMP

A Deputación pon en marcha medidas urxentes ante o peche dos centros escolares

Ante o peche dos centros escolares anunciado hoxe pola Xunta de Galicia, o goberno da Deputación de Pontevedra activou esta tarde un novo protocolo de actuación para que as traballadoras e traballadores da institución provincial poidan acollerse a posibles medidas de flexibilidade laboral, reorganización de quendas ou traballo remoto, ao fin de minimizar o impacto nas familias.

Estas medidas, que serán efectivas a partir do próximo luns, non serán aplicables nos Servizos Esenciais como é o caso de Príncipe Felipe, a fin de garantir o benestar das nenas e nenos do Centro. A presidenta Carmela Silva asinou unha resolución na que se fixan os requisitos para o seu funcionamento, sempre que sexa posible, e baixo os parámetros que se están a elaborar polas Xefaturas de Servizo. Desde o departamento de Novas Tecnoloxías, xa se está a traballar nunha estrutura para que as traballadoras e traballadores da Deputación que poidan acollerse ao traballo remoto segundo as necesidades dos servizos, dispoñan desde os seus domicilios das condicións de conexión adecuadas para poder realizar on line as súas tarefas.

Dispositivo de actuación no Centro Príncipe Felipe

Hoxe celebrouse a primeira reunión do Comité de Seguimento do COVID19 no Centro de Menores dependente da Deputación de Pontevedra, integrado polo director do Centro, a Xefa médica, a Xefa de Sección, os directores dos centros de acollida Agarimo e Escola Fogar e a Xefa de Mantemento. Xa se está a deseñar un dispositivo de actuacións a seguir xa que, tras o peche dos centros escolares, os 192 nenas e nenos de Príncipe Felipe terán que ser atendidos nas 24 horas no Centro. Reforzarase igualmente o persoal de seguridade xa que as entradas e saídas do Centro de Menores quedarán restrinxidas. Amais, decidíronse incrementar as estratexias de hixiene do persoal educador, do persoal sanitario e dos menores coa instalación de novos dispensadores de hidroxel, e dos protocolos de atención para reorganizar o servizo. Tamén canceláronse todas as actividades deportivas no Centro.

Museo Provincial

O goberno da Deputación decidiu hoxe o peche do Museo Provincial de Pontevedra desde este venres, co que quedan suspendidas todas aquelas actividades, seminarios, programas e visitas ata que a se restableza a normalidade. Igualmente péchase o Arquivo Provincial.

Unha traballadora do Museo está a desenvolver desde o pasado luns as súas tarefas desde o seu domicilio tras un contacto cunha persoa en Madrid que despois deu positivo no COVID19. A traballadora non presenta sintomatoloxía algunha pero aínda así permanecerá na súa casa nas próximas dúas semanas.

Castelos, Escola de Cantería e Revitaliza

A Deputación tamén pechará desde este venres os Castelos de Soutomaior e Sobroso, así como a Escola de Cantería. Igualmente suspéndense todas as actividades que se estaban a facer nos centros escolares do programa Revitaliza, e dos programas DepoEmprende na Escola, na ESO e na FP, os cursos de Labora 2020 e as actividades presenciais de SmartPeme

Barreiras de Seguridade

Aínda que a recomendación segue a ser evitar a presenza da cidadanía nas sedes da Deputación de Pontevedra e que o público realice todas as xestións ao través das canles telemáticas e telefónicas, o goberno de Carmela Silva decidiu tamén hoxe incrementar a protección do persoal e da cidadanía. Así, nas próximas horas procederase á instalación de barreiras de sinalización coa distancia de seguridade en todas as dependencias de atención ao público que dependen da institución provincial. Estas barreiras suporán a distancia de seguridade dun metro entre as traballadores ou traballadores que están detrás dos mostradores co público, así como entre as persoas.

Amais, o goberno provincial, que lembra a recomendación de non celebrar reunións ou viaxes innecesarias, procedeu tamén á cancelación de novos actos como as conferencias de marzo e abril da Academia Galega de Ciencias, e mañá venres interromperase o prazo de presentación de solicitudes do programa Depotermal, cuxas quendas aprázanse ao segundo semestre do ano.

Finalmente, quedan canceladas na provincia todas as actividades das DeporteEscolas dependentes da Deputación de Pontevedra. Son 209 nas que participan máis de 10.000 nenas e nenos

Convocatorias

Este venres as 10.00 da mañá convocouse o Comité de Seguimento do COVID19, e ás 11.30 horas celebrarase unha Xunta extraordinaria de Portavoces

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor apraza a Feira de Oportunidades ‘Portobelo’ de Gondomar

0

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) informou na mañá de hoxe que “debido á situación tan delicada que se está a vivir, debido ao brote de coronavirus” tomouse a decisión de aprazar, ata novo aviso, a Feira de Oportunidades ‘Portobelo’, programada para este vindeiro domingo, 15 de marzo, a Praza Paradela de Gondomar.

OVALMI agradece tanto aos concellos de Gondomar e Nigrán, coma as escolas de danza Paradela e Ldanzia “e aos comerciantes participantes, a súa comprensión e colaboración en todo momento”.

A feira, de carácter multisectorial e que acada xa a súa décima edición, ten a finalidade de promocionar o comercio de proximidade e o comercio local da comarca, reforzar o contacto cos clientes habituais e permitir xerar outros novos, así como liquidar stocks dos establecementos.

Mos incrementa o volume da reciclaxe en preto dun 18 % no último ano

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Recollida de Residuos, Gonzalo Alonso, fixeron onte balance das porcentaxes de reciclaxe da veciñanza mosense no último ano, aportando datos que sitúan ao municipio con preto do 18 % de incremento con respecto ao ano anterior

Arévalo e Alonso sinalaron que, tras facer cálculos de reciclaxe por habitante durante o ano 2019 e en comparativa co ano anterior, “nas estatísticas apréciase un incremento de reciclado por habitante de ata os 36,19 quilos por habitante e ano, o que representa un incremento do 17,37% no volume de reciclaxe con respecto ao ano 2018 (30,83 quilos por habitante e ano)”.

Destaca así mesmo o importante incremento no reciclado en todas as partidas: un 16,23 % en envases lixeiros, un 20,68 % en papel e cartón; e un 15,29 % en vidro. Polo que Arévalo e Alonso agradécenlle á cidadanía “o seu esforzo para acadar tan bos e esperanzadores datos”.

Aínda que queda moito camiño por andar e siguen existindo verquidos incontrolados no municipio, o certo é que as cifras de reciclaxe suben en todos os seus parámetros. Tamén melloraron os datos de 2019 respecto de 2018 en orgánica, voluminosos e outros; e vexetais-podas. En orgánica o incremento foi do 2,18%, en voluminosos do 34,35% e en podas do 189%.

“Cada vez estase reciclando máis en Mos e esa é unha moi boa nova para este municipio que ademais está adherido ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía e moi sensibilizado coas políticas medioambientais” declararon os representantes municipais. O concelleiro Gonzalo Táboas informou ademais de que actualmente desde o seu departamento estanse a revisar todas as parroquias para reforzar os puntos de recollida de residuos para repoñer e aumentar o número de colectores e incluso crear novos emprazamentos de ser necesario.

Táboas aproveitou ademais para lembrar o servizo de Punto Limpo no Polígono da Veigadaña, aberto ao público de luns a venres de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas e os sábados en horario matinal de 10 a 14 horas. E recordou tamén que a empresa concesionaria do servizo municipal de recollida de lixo conta cun teléfono para solicitar a recollida a domicilio de enseres voluminosos e restos de poda, o 900 720 190, operativo de luns a venres de 9 a 13 horas.

Para continuar nesta liña ascendente as concellerías de Recollida de Residuos e Medio Ambiente Sostible que dirixen Gonzalo Táboas e Leo Costas, respectivamente, iniciarán conxuntamente coa empresa de recollida de lixo, Urbaser, unha campaña de sensibilización que comezará entre finais de abril e principios de maio. Constará de charlas didácticas sobre reciclaxe que serán impartidas nas asociacións das 10 parroquias do Concello de Mos.

Carmela Silva celebra a plantación da camelia ‘María Vinyals’ a primeira “con nome de muller”

Coas palabras de María Vinyals reflexionando sobre a posición das mulleres hai máis de 100 anos e a canción contra a violencia de xénero ‘A porta violeta’ de Rozalén, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, das deputadas provinciais Ana Laura Iglesias, Raquel Giráldez e Victoria Alonso, do autor do libro ‘María Vinyals, a muller do porvir’, Diego Piay, e da historiadora Silvia Cernadas, realizou esta mañá a plantación da camelia “María Vinyals” no Castelo de Soutomaior, a primeira “con nome de muller” do xardín. Silva, asegurou que con esta plantación “este xardín vai darlle visibilidade ás mulleres. Para que poidamos seguir dando pasos cara a igualdade é preciso ter referentes femininas”.

A presidenta provincial destacou a figura de María Vinyals, a marquesa vermella, “unha muller que demandaba educación, o voto e a presencia das mulleres en todos os eidos”. “Estou segura de que a María Vinyals lle encantaría que xeracións futuras, cen anos despois, seguiran a loitar polo que ela loitou cando estaba en efervescencia, a loita das mulleres sufraxistas defendendo o voto, o dereito universal máis importante, que finalmente conseguiu Clara Campoamor”, enxalzou. Tamén sobre a figura de Vinyals detívose o alcalde de Soutomaior que aplaudiu a iniciativa da Deputación por permitir “potenciar e dar a coñecer á marquesa” e “mellorar o xardín de excelencia internacional”.

O novo cultivar de camelia, tal e como explicou a presidenta da Deputación, foi desenvolvido na Estación Fitopatolóxica de Areeiro e trátase dunha flor dobre formal que ten unhas cores cunha simboloxía “moi potente”; predomina a cor vermella, en referencia a como foi coñecida Vinyals “a marquesa vermella”; e vira a cor lila lavanda cando se cultiva en chans ácidos e está totalmente aberta, cor relacionada a día de hoxe co movemento feminista do que ela foi precursora hai 100 anos. Sobre a camelia “María Vinyals” Carmela Silva tamén avanzou que se rexistrará oficialmente en xuño e posteriormente ampliarase esta iniciativa coa “plantación doutros cultivares con nomes de mulleres, como Rosalía de Castro ou a Bella Otero”.

A camelia plantada esta mañá por Carmela Silva en Soutomaior conta cunha placa de madeira na que figura o lema ‘Camellia japónica «María Vinyals»’. Nos xardíns deste castelo que María Vinyals tanto amou medrará esta camelia que leva o seu nome. Unha flor única para a muller do porvir. Deputación de Pontevedra, 11 de marzo 2020”. Así mesmo, a placa levará un Código QR, que ofrece información da ficha técnica do exemplar.

A presidenta da Deputación aproveitou a ocasión para poñer en valor o papel desenvolvido por Diego Piay e agradecer o estudo sobre María Vinyals de Silvia Cernadas, xa que a institución provincial foi tomando decisións a partir da súa investigación sobre a figura da marquesa vermella. “Nós escoitamos moito á sociedade, e moitos dos estudos que se fan aplicámolos nas nosas políticas”, concluíu a presidenta.

Adiados os actos lúdicos do evento ‘Bosque da Luz’ de Nigrán

0

A Asociación Galicia Ambiental e os organizadores do evento ‘Plantación Bosque Festival da Luz’; Concello de Nigrán; Comunidade de Montes de Chandebrito e a Asociación Veciñal, veñen de anunciar o adiamento das actividades que estaban programadas para esta fin de semana do 14  e 15 de marzo de 2020, como medida de prevención fronte ao coronavirus COVID-19.

Nos actos previstos para esta fin de semana estaban programados algunha actividade como o concerto e a durmida no Pavillón Escola de Chandebrito, que fai recomendable a súa non celebración, pois ao evento estaban inscritos voluntarios procedentes de diferentes puntos da xeografía galega, así como nacional. Deste xeito e atendendo ao principio de prevención, quedan aprazadas as actividades infantiles e o concerto previstos para o sábado, así como a andaina etnográfica que ía celebrárse o domingo.

Con todo, malia que se pospoñen os actos máis lúdicos do Bosque da Luz, do que se dará a coñecer a nova data de celebración proximamente, váise a realizar unha reforestación coas árbores destinadas ao evento por parte dun grupo reducido de profesionais que estará pechado ao público en xeral.

A Guarda suspende a visita cultural a Póvoa de Varzim e Vila do Conde

0

O Concello da Guarda e o Club da Terceira Idade veñen de comunicar a suspensión da saída cultural prevista para o sábado 4 de abril como medida preventiva fronte ao COVID-19.


Seguindo as recomendacións marcadas en canto a viaxes e poboación de risco, decidiuse suspender esta actividade, para o Concello da Guarda dado que “o importante son as persoas e a saúde”.

A ACD Sanomedio organiza, para esta fin de semana, unha ruta BTT e outra de sendeirismo nas Neves

0

A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio (ACD Sanomedio) organiza un ano máis, co o apoio do Concello das Neves a súa a IX ruta BTT ‘Los 66 del Requesón’, proba que terá lugar este vindeiro domingo. Paralelamente desenvolveráse unha ruta de sendeirismo, apta para todas as idades, cun percorrido de 13 quilómetros.

A ruta BTT terá a súa saída o domingo, día 15 de marzo a partires das 9:00 horas, dende a Praza Maior das Neves. As e os participantes poderán optar por dous percorridos, ámbolos dous de dificultade media. O longo será unha Bike Maraton de 66 quilómetros mentres que o ‘curto’ será unha marcha cicloturista de 33 quilómetros.

As persoas interesadas poden facer a súa inscrición entrando na páxina web www.acdsanomedio.com. Unha vez rematada a proba haberá agardando aos participantes, para recuperar forzas, un prato de pasta, requeixo e viño de Rubiós.

Sendeirismo

Paralelamente a esta BTT terá lugar unha Ruta de Sendeirismo, pensada para todas as idades, polos montes do concello cunha distancia de 13 quilómetros. Durante a mesma haberá avituallamento sólido e líquido.

Para participar é obrigatoria a inscrición previa  a través  da web www.acdsanomedio.com,  mediante SMS ou WhatsApp aos teléfonos 616 992 177 ou 629 270 651. Tamén se pode facer mandando un correo electrónico á dirección: organizació[email protected] o prezo é de 5 €.

Amador Castro Moure fala en Ponteareas da súa novela ‘Shangai a Barcelona’ nunha nova edición de Venres D_letras

O chantadino Amador Castro Moure visitará este venres Ponteareas para participar no ciclo literario ‘Venres D_letras’, organizado pola Concellería de Cultura, que se desenvolverá na Biblioteca Municipal a partir das 20:30 horas.

Castro Moure falará da súa última novela, ‘Shanghai a Barcelona’, coa que o ano pasado se fixo co Premio Xerais de Narrativa, un dos máis prestixiosos do panorama literario galego.

Manrique Fernández, habitual colaborador deste xornal, falaba desta novela na súa sección O Meu Andel

A Deputación activa o Comité de Seguimento do Coronavirus e suspende os “eventos de carácter masivo” previstos para marzo

A Deputación de Pontevedra activou hoxe desde presidencia o Comité de Seguimento pola crise do Coronavirus que avaliará diariamente as medidas que, baixo o principio de prudencia, o goberno provincial xa ten posto en marcha e das que este mesmo mércores informou directamente á toda a corporación provincial e aos sindicatos.

A presidenta Carmela Silva asinou unha resolución presidencial para a creación do Comité, e para activar un protocolo e un amplo programa de medidas que xa se implantou desde o pasado día 9 de marzo cara á protección das traballadoras e traballadores da institución así como de prevención para a cidadanía. Asimismo, o Goberno provincial decidiu hoxe o aprazamento de eventos e actividades, así como de participación en diferentes programas provinciais co fin de evitar situacións de risco de contaxio. En principio as cancelacións afectarán a todos aqueles actos de carácter masivo previstos para este mes de marzo, aínda que non se descartan novas medidas en función da evolución da crise. Respecto ao público en xeral, a Deputación de Pontevedra aconsella á cidadanía que evite as consultas presenciais nas sedes e dependencias da institución, e que utilice as canles informáticos e telefónicos para calquera consulta, unha recomendación que se está a facer ao través da web da institución e das súas redes sociais.

Amais, caso que a administración autonómica ou estatal tome algunha nova decisión respecto ao peche de centros educativos ou de maiores, a Deputación de Pontevedra estudiará medidas que permitan a flexibilidade horaria das traballadoras e traballadores que dea resposta ás súas necesidades

Entre as primeiras decisións destinadas ao persoal da Deputación de Pontevedra remitiuse desde fai unha semana toda a información oficial de sintomatoloxía, información e medidas de prevención individual para evitar o contaxio do coronavirus. Do mesmo xeito, colocáronse paneis explicativos nos servizos de aseo da institución coa normativa de hixiene para o lavado das mans, información que se está a trasladar tamén aos concellos da provincia. Estanse a instalar dispensadores de hidroxel en centros e dependencias de atención ao público da Deputación, dispensadores igualmente situados na zona de fichaxes de traballadoras e traballadores. Será obrigatoria a súa utilización despois da impresión dixital de entrada e saída das dependencias provinciais. Igualmente, cara ao persoal da institución provincial, serán canceladas todas aquelas reunións, cursos e actividades de grupos de carácter masivo, e os desprazamentos e viaxes que non sexan de estrita necesidade. Amais, os servizos de limpeza das sedes de Pontevedra e Vigo están a realizar desde onte a desinfección diaria do material, mobiliario e instrumental.

Mención aparte merece a atención no Centro Príncipe Felipe onde un comité específico está a avaliar diariamente as medidas e o seguimento da crise. Ata o momento os e as educadoras están a remitir aos menores que extremen as medidas de hixiene; o persoal médico ten a indicación de adquirir o material necesario para atender calquera incidencia; e xa está designada unha zona de illamento por se chegara unha situación de contaxio. Tamén se remitiu unha carta á Dirección Xeral de Política Social solicitando información sobre medidas a implementar nos centros de menores.

En canto aos cursos e probas selectivas, manteranse aquelas que non sexan de carácter masivo, (por enriba de 10 persoas) coas necesarias medidas de separación. Así mesmo, no caso da Liña 3 de emprego do Plan Concellos, remitirase aos municipios que as probas de selección se fagan de xeito o máis individualizado posible, nas mesmas condicións que fai o ente provincial.

Nos programas sociais, sobre todo os destinados ás persoas maiores, a Deputación xa decidiu pospor as actividades lúdicas do programa de teleasistencia na provincia. Amais, os programas Depo en Marcha e En Ruta coa Depo en principio non deberían verse afectados xa que o seu inicio está previsto para próximos meses, aínda que se especifica que todo decidirase en función da evolución do coronavirus. O programa Depotermal si que se verá modificado, xa que as primeiras quendas estaban previstas para a primavera. A intención es aprazar todas as saídas ao segundo semestre do ano.

Respecto aos actos, o goberno provincial decidiu hoxe a cancelación de todos os eventos de carácter masivo previstos para este mes de marzo, que serán aprazados a datas posteriores en función da evolución da crise na nosa comunidade. Entre os eventos cancelados están a Gala de Turismo, prevista para o 25 de marzo que será aprazada en principio ao mes de maio, ou a Xornada sobre a Axenda 2030 no Ámbito Local que, organizada coa Fundación Democracia e Gobierno Local, estaba programada para mañá xoves na sede da Deputación en Vigo.

Da mesma forma, cancélase a Xornada sobre Tic Emprendes, prevista para este vindeiro venres; a presentación dos proxectos de DepoEmprende na FP; a presentación do libro de María Vinyals; as xornadas de sensibilización do SICTED; e estudiaranse medidas para separar os grupos do próximo Coworking no Viveiro de Barro.

Respecto á situación dos e das 15 estudantes Erasmus que están en Italia, a Deputación está en contacto diario con eles e elas para trasladarlles as instrucións do SEPIE. Ata o momento só 2 alumnos solicitaron o seu regreso, pero de momento as autoridades italianas e as medidas adoptadas onte en España impiden a súa saída. Amais, seguindo as recomendacións di SEPIE, a Deputación pospón as próximas mobilidades do programa.

Polo demais, os Castelos de Soutomaior e Sobroso seguirán de momento abertos ao público, aínda que se seguirá diariamente a evolución da crise para tomar calquera decisión. De momento, a Deputación xa está a revisar todos os grupos programados para evitar que coincidan, e se están a extremar as medidas de hixiene.

En canto ás actividades deportivas a súa realización estará condicionada ás decisións das Federacións deportivas na provincia que, no caso do fútbol, si afectarán aos partidos da Copa Deputación, previstos para os próximos 15 días.

A Guarda aposta polo aforro no consumo enerxético renovando o alumeado público

0

Na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación da Guarda celebrada na xornada deste martes día 10 de marzo de 2020, aprobouse por unanimidade o proxecto para a renovación do alumeado público, un proxecto para o modernizar ás instalacións iluminación e sinalización exterior por importe de 862.497,91 euros (IVE engadido).

Esta actuación, que permitirá que a totalidade da vila estea alumeada con dispositivos LED de baixo consumo, é posible gracias as xestións do equipo de goberno, que conseguiu acceder a unha subvención do “Instituto para la Diversificación y Ahorro de  la Energía” (IDAE) para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono. A axuda europea procede do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

Do total do custe do proxecto un 80 %,  será aportado polo IDAE e o 20 % restante polo Concello da Guarda.

Coa aprobación plenaria de hoxe iniciase un procedemento aberto para a contratación administrativa destas obras que suporán reducir o consumo do alumeado público na Guarda en, alomenos, un 30%, e que permitirá regular os niveis de iluminación segundo diferentes horarios nocturnos e tipos de vías, axustándose ás necesidades dos cidadáns.

Esta actuación representa un beneficio tanto dende punto de vista do aforro económico como medioambiental, gracias a redución no consumo enerxético que representa. O equipo de goberno guardés manifesta así a súa aposta polo aforro enerxético e a súa implicación e responsabilidade en medidas orientadas a frear o cambio climático.

Este proxecto compleméntase con outro subvencionado a través da Deputación de Pontevedra, valorado en 100.000 €, que contempla o cambio de luminarias a LED en diversas rúas da Guarda, no Monte Santa Trega e no Castelo de Santa Cruz. 

Samuel Diz estrea en Tui ‘Memoria da Melancolía’

0

‘Memoria da Melancolía’ é o título do concerto que o músico e investigador tudense Samuel Diz ofrecerá este sábado, 14 de marzo, ás 20:30 h no Teatro Municipal de Tui. Será a estrea do seu novo traballo discográfico que interpretará cunha réplica da guitarra de Federico García Lorca, que tocará por vez primeira neste concerto, evento que foi presentado este mediodía polo alcalde, Enrique Cabaleiro; a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, e o propio Samuel Diz.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, felicitaba a Samuel Diz por “volver os teus ollos sobre a xeración do 27, que marcou culturalmente o país” e que con este traballo vólvese a pór de actualidade nunha aposta, dicía o rexedor, “acertada e valente”. Enrique Cabaleiro agradecía ao músico o feito de “converter a Tui en testemuña privilexiada deste evento” coa estrea na cidade desta obra, o que apuntaba “amosa o compromiso e aposta de Tui pola cultura”. Facía un chamamento ao público a acudir a “un evento único e moi especial” do que gozaremos o sábado en Tui.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, amosou a súa satisfacción por poder presentar en Tui este concerto “no que amais de gozar da música imos poder coñecer mellor á Xeración do 27 a través da persoa de Mª Teresa León”.

“Memoria da Melancolía” o traballo discográfico que Samuel Diz estrea este sábado en concerto no teatro tudense “é un proxecto concibido dende unha óptica coral, dende unha óptica social e participativa” que parte das memorias autobiográficas de María Teresa León, a quen rende homenaxe. Está formado por 15 temas de Gustavo Durán, Emiliana de Zubeldía, Baltasar Samper, Regino Saínz de la Maz, Adolfo Salazar, Manuel de Falla ou Carlos Guastavino.

O concerto deste sábado será único xa que en cada evento-presentación Samuel Diz dialogará con outras persoas sobre o escenario. Neste caso será con Yolanda Castaño que, vestida de miliciana, porá voz en galego a María Teresa León, e co músico Benxamín Otero que tocará o corno inglés.

Nunha ampla exposición, Samuel Diz explicou o traballo de investigación iniciado en 2010 sobre a Xeración do 27 que plasmou xa nun primeiro traballo presentado en 2016 e que continuou en México, París, Roma, distintos lugares de España e La Habana dando agora lugar a este traballo ‘Memoria da Melancolía’ cunha homenaxe a María Teresa de León, a través da súa autobiografía.

Precisamente neste concerto empregará unha copia da guitarra de 1906 de Federico García Lorca, na que o chopo, unha das árbores que marcaron a vida de Lorca, está moi presente xa que por dentro a guitarra está unida por pezas de chopo.

Na presentación desta mañá Samuel Diz lembrou, emocionado, ás persoas que fixeron posible que se iniciara no mundo da música en Tui, e a todos aqueles que o teñen apoiado na súa traxectoria profesional e que “permitiron que poida estar vivindo isto”.

As entradas para o concerto deste sábado en Tui están á venda en www.culturatui.info até o sábado ás 12 h ou o sábado dende ás 19 h poderanse mercar no despacho de billetes na Área Panorámica aos prezos de 5€ e 4€.

Tras esta estrea en Tui a próxima semana Samuel Diz ofrecerá o concerto ‘Picaso guitar maker’ nas xornadas ‘Picaco and paper’ que se celebrarán na Royal Academy of Arts en Londres. E o 28 de maio ofrecerá un concerto de ‘Memoria da Melancolía’ coa guitarra orixinal de Federico García Local na Huerta de San Vicente.

Na rolda de prensa desta mañá Samuel Diz confirmou tamén a celebración do 1 ao 7 de agosto dunha nova edición de Música no Claustro en Tui, o festival que dirixe.

Luís Bará presenta en Ponteareas a candidatura do BNG “para abrir un tempo novo” na Xunta

O BNG presentou hoxe en Ponteareas a súa candidatura encabezada por Luís Bará para o 5A co ánimo de “abrir un tempo novo” na Xunta de Galiza con políticas que non discriminen a comarca do Condado. Bará estivo arroupado polos tamén candidatos, a concelleira Cristina Fernández Davila e o veterinario e ex director xeral de gandaría, Francisco Chivite, así como de varios alcaldes, cargos institucionais e orgánicos da zona.

Bará subliñou que o BNG está no mellor momento e “sae a por todas, a gañar”, en todo o país, na provincia de Pontevedra, e tamén na comarca do Condado onde xa conta con alcaldías importantes como a de Ponteareas, As Neves ou Mondariz –e a presenza no cercano goberno de O Porriño- que demostran o bo facer da formación nacionalista cando está no goberno.

“No BNG presentamos unha proposta gañadora, unha proposta de futuro”, dixo Bará, quen se reafirmou en que o Bloque está en condicións de lidera e de impulsar o cambio necesario. Destacou que é preciso non só un cambio cosmético ou unha alternancia, senón poñer sobre a mesa un cambio galego, un goberno sen ataduras e sen dependencias que teña o centro de gravidade e de decisión en Galiza. “Hai que poñer en marcha un cambio verdadeiro, auténtico, liderado por unha muller, ao igual que ocorre nos novos tempos con liderados femininos en Europa. Temos que ter a primeira presidenta nacionalista na historia, Ana Pontón, xa que ten as mellores cualidades: liderado, capacidade, atracción…”.

Cristina Fernández e Francisco Chivite, con Luís Bará

Segundo dixo Bará, só o BNG é antídoto da situación actual de “parálise, decadencia, e submisión” que representa o PP nun “goberno en tempo de desconto, que está pedindo a hora, sen ideas, sen rumbo, e sen ambición”. Segundo afirmou, o PP debe perder un acta pola provincia de Pontevedra, unha situación que fai que os ‘populares’ estean nerviosos e preocupados porque saben que o cambio é posíbel se hai unha grande mobilización o 5 de abril.

“Queremos que O Condado sexa chave na derrota do PP, é fundamental que a xente de aquí que lle quere a este país se mobilice o 5A, xa que así se abrirá un tempo novo. Darase paso a un país novo, que existe xa, que está agardando, e que non pode perder outros catro anos”, insistiu.

Propostas para a comarca

Bará incidiu moito na necesidade de que o novo goberno da Xunta liderado polo BNG dará un trato xusto ao Condado, deixando atrás a política partidista e sectaria do PP, cun programa e propostas que atenden ás necesidades da veciñanza da zona.

Entre as propostas que plantexou para a comarca están a transferencia a Galiza da confederación hidrográfica Miño-Sil e a realización de plans de investimentos en materia de saneamento e depuración cofinanciados pola Xunta, o goberno central e os concellos. Plantexou tamén a activación da Plataforma loxística Salvaterra as Neves (PLISAN), clave para o relanzamento industrial e a competitividade económica do sur de Galiza, a conexión por estrada e ferrocarril, e a recuperación dos terreos expropiados que quedaron fóra da PLISAN.

Outra das apostas do BNG para o Condado baséase na posta en marcha dun Plan de mellora da rede de estradas autonómicas na comarca, atendendo sobre todo á seguridade viaria e accesibilidade. Bará tamén sinalou a necesidade dun programa de reactivación económica e ambiental das zonas afectadas polos lumes en 2017, a necesidade de mellora do transporte público por estrada e o apoio ás pequenas e medianas empresas dos sector fronte á deslocalización, ou a defensa dos servizos públicos, especialmente a sanidade, fronte ás políticas de recortes e de privatizacións do PP.

Carmela Silva chama a traballar “dende o optimisno e facendo moito ruído a prol da Igualdade”

0

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo un chamamento esta mañá en Redondela, no marco da acción musical de Somdolilá do programa da institución provincial ‘Mulleres en acción. Violencia Zero’, a traballar “dende o optimismo e facendo moito ruído a prol da igualdade”.

A peza de Somdolilá, co título ‘Conversas de bo trato sen palabras’, implicou activamente ao alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Illa de San Simón para loitar contra as violencias machistas a golpe de baqueta. Ao respecto, a presidenta manifestou a importancia de “traballar particularmente cos centros educativos porque precisamos que a mocidade se sume nesta loita pola igualdade”.

Para a presidenta da Deputación “non hai ningunha lacra máis terrible que as violencias machistas”. Ao respecto, Silva recordou que as mulleres “temos que enfrontarnos a moitas discriminacións, sendo a máis grave a violencia que sufrimos. Neste ano xa van 15 mulleres asasinadas, dende que hai enquisas 1.049”.

Por este motivo a presidenta propón que as administracións públicas sexan máis activas, “non hai nada máis fermoso que construír un mundo onde cada persoa poida cumprir os seus soños sen que ninguén lle poña teitos de cemento armado. Por iso debemos poñer en marcha proxectos que nos permitan a través da educación cambiar o mundo e que todas e todos poidamos ser libres, iguais, felices e non padecer discriminacións”. Neste eido, Silva remarcou o compromiso das mestras e mestres e das profesoras e profesores coa igualdade: “o seu papel é fundamental para construír unha sociedade mellor”.

Pola súa banda a alcaldesa de Redondela Digna Rivas amosou o seu orgullo por acoller una acción artística do programa ‘Mulleres en acción. Violencia Zero’. Ao tempo, Rivas remarcou a importancia de “impulsar a igualdade en todas as accións e decisións de xeito transversal”.

A peza ‘Conversas de bo trato sen palabras’ de “Somdolilá”, a novena da quinta edición do programa “Mulleres en acción. Violencia Zero”, tivo lugar na praza do Concello de Redondela, conxugando percusión e movemento para poñer o foco nas violencias invisibles contra a muller. Esta peza musical conxunta, sen palabras, iniciouse previamente no instituto o que lles permitiu descubrir ás integrantes do grupo a un alumnado “súper implicado, capaz de escoitarse e respectar os tempos dos demais”.

Nela participou activamente o alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Illa de San Simón e ata a praza do concello acudiron tamén alumnas e alumnos de 1º da ESO do mesmo instituto para escoitar o resultado final, unha peza rítmica na que se transmitiu a sensación de unidade, de empoderamento, sorodiade e transformación.

A Asociación do Patrimonio Val do Tea amosa nos colexios de Ponteareas o valor patrimonial da comarca

A ‘Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea’ que recentemente vén de colaborar coas I Xornadas sobre Patrimonio do Condado, celebradas a pasada semana no Museo de Ponteareas, iniciará mañá mércores, 11 de marzo, unha máis que interesante iniciativa que terá como destinatarios os centros educativos de primaria, secundaria e bacharelato de Ponteareas.

Trátase, tal e como explica Sebastián Merino Carrera, secretario da Asociación, de desenvolver “a nosa filosofía de colaborar e divulgar o patrimonio do concello de Ponteareas e do Val do Tea”.

A primeira cita será mañá mércores no CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera onde Sebastián Merino Carrera explicaralle ao alumnado a importancia patrimonial do Castro de Troña a través da proxección do documental inédito ‘O castro de Troña no Tempo’, que foi estreado na presentación pública da Asociación.

Os nenos e nenas – asi como o equipo de docentes dos centros escolares– teran a oportunidade de coñecer a labor de divulgación e posta en valor do noso patrimonio e cultura que desenvolve a Asociación Val do Tea. Nesa liña, a Asociación agradeceu xa o interese dos docentes dos colexios ponteareás aos que animan a “seguir ensinando aos rapaces e rapazas o valor do noso patrimonio”.

Sebastián Merinoa sinalaba que “é imposible protexer ningun patrimonio se non o coñecemos”.

O PSdeG-PSOE elixe un comité de campaña que traballar para que Pontevedra “volva a liderar o voto socialista en Galicia”

O PSdeG-PSOE xuntou hoxe ao seu Comité Executivo Provincial para designar aos integrantes do Comité Electoral Provincial, é dicir, ao grupo de traballo encargado de conducir o proceso ata as próximas Eleccións Autonómicas do 5 de abril. Paula Fernández Pena volverá exercer como coordinadora xeral e David Regades como voceiro, repetindo así o esquema das catro últimas convocatorias electorais nas que a do socialismo foi a candidatura máis votada na provincia.

Milagros Lores exercerá como Adxunta á coordinadora, José Manuel Vázquez ocuparase da Acción Electoral; Hugo Andrade será o responsable de Actos Públicos; Luís Góñez Piña, de Administración e Xerencia; Sara Senlle terá a responsabilidade da Loxística; José Manuel Valcárcel, da Acción Política e Programas; Alejandro Figueroa, de Accións de Xuventude; Manuel González, Análise e Estratexia; Margarita Castejón, Administración Electoral e, finalmente, Margariña Valderrama ocuparase da coordinación do “día D”.

O secretario xeral provincial, David Regades, definiu este Comité Electoral Provincial como “un grupo humano experimentado e potente”, que xa levou ao PSdeG-PSOE á vitoria nas últimas catro eleccións, polo que houbo moi pouco debate á hora de elixir aos seus integrantes. “É un comité de campaña testado e no que tamén están moi representadas as institucións dirixidas polo Partido Socialista”.

Regades subliñou que hai datos claros que indican que ao PSdeG-PSOE vaille corresponder a responsabilidade de gobernar Galicia “e a provincia de Pontevedra obterá o mellor resultado entre as catro provincias, tanto en porcentaxe como en número de votos”. “Necesitamos unha Xunta de Galicia que aposte pola colaboración institucional, tanto por arriba, co Goberno de España, como por abaixo, coas Deputacións e os concellos”, remarcou, “e iso só o pode facer o Partido Socialista porque Feijoo representa todo o contrario”.

Deste xeito, o máximo responsable da Executiva provincial anunciou unha campaña moi próxima á xente e mirando aos ollos, sen agochar as siglas do partido. Regades anunciou unha participación moi activa de tódolos cargos institucionais do Partido, comezando polas 21 alcaldesas e alcaldes que gobernan a 600.000 das 900.000 persoas que viven na provincia. “Imos facer o que sabemos facer”, recalcou.

Catro persoas feridas logo de que o coche no que viaxaban caese ao río no Rosal

0

Catro persoas resultaron feridas de diversa consideración logo de que o vehículo no que viaxaban caira ao río na parroquia de Tabagón, no Concello do Rosal, nas proximidádes do velódromo.

Un particular daba aviso do sinistro ao 112 Galicia cara ás 1:40 horas de hoxe, momento en que por parte do CIAE 112 avisábase aos servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e demáis servizos de emerxencia.

As catro persoas foron trasladadas ao hospital de referencia, logo de ser tratadas das feridas nas mans producidas ao romper as fiestras do coche para saír do interior do vehículo, que rematou totalmente cuberto de auga.

Finalmente, o turismo accidentado foi retirado do río por un guindastre.

Atopado un corpo sen vida duna persoa en augas das Illas Cíes

O corpo sen vida dunha persoa foi localizado na mañá de hoxe por un pesqueiro, pasadas as 11:30 horas, no lugar coñecido como Freu da Porta, na canle entre as dúas illas Cíes, –a Norte e a de San Martiño– lugar no que tras o naufraxio do Marsua J, no pasado mes de febreiro, centrábanse os traballos de procura do tripulante desaparecido.

O cadáver, aínda por identificar, foi recuperado polo helicóptero Pesca I do servizo de Gardacostas de Galicia, que posteriormente o trasladou a unha patrulleira da Garda Civil de cara a desembarcalo no porto de Vigo.

Cómpre salientar que logo do naufraxio do Mansua J en augas das Cíes, os servizos de emerxencia recataran o corpo dun dos tripulantes mentres que o segundo, o patrón da embarcación, permanecía desaparecido.

Doblete para o C.N. Ponteareas no Campionato Galego de Fondo

O Club Natación Ponteareas vén de pechar unha extraordinaria fin de semana ao proclamarse Campión Galego de Fondo na categoría máster, por partida doble, nos campionatos galegos disputados na piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela onde o equpo ponteareán competía nas probas dos 800 e 1.500 metros.

Por unha banda, o equipo feminino era o rival a batir polos demáis clubs logo de gañar o campionato galego os dous anteriores anos. Facendo bo o refrán de ‘non hai dous sen tres’ as ponteareás volveron a demostra todo o seu potencial e proclamábanse, un ano máis Campioas Galegas de Fondo celebrando, ao grande, o Día Internacional da Muller.

Para non ser menos, o equipo conxunto, acadaba o primeiro posto e se proclamaba, polo tanto, Campión Galego de Fondo. A concelleira de Deportes do Concello de Ponteareas, Nahir Covelo, en nome de todo o Goberno, quixo felicitar “novamente aos e ás nadadoras da categoría máster do Club Natación Ponteareas polos podios acadados”.

Ponteareas aposta decididamente pola peonalización

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico Roberto Mera deu a coñecer os resultados da enquisa cidadá realizada no marco do Plan de Mobilidade durante o mes de novembro do pasado ano. Un total de 491 persoas responderon ao cuestionario que estivo dispoñíbel durante quince días para ser cumprimentado por calquera cidadán ou cidadá. Mera agradeceu a participación veciñal “que foi moi elevada se se compara con procesos semellantes realizados noutros concellos da entidade de Ponteareas nos que as enquisas apenas acadaron o centenar”.

O cuestionario recollía preguntas relativas aos diferentes modos de desprazamento, o uso do transporte público ou as peonalizacións e humanizacións para mellorar a mobilidade.

Os datos revelan que para as persoas enquisadas os principais problemas na mobilidade a pé radican no estado e dimensións das beirarrúas, que se consideran en xeral demasiado estreitas, así como na perigosidade dos pasos de peóns, especialmente polos seus problemas de visibilidade. Para mellorar a mobilidade a pé a maioría das persoas enquisadas defenden, por esta orde, a eliminar barreiras de accesibilidade, ampliar as beirarrúas e dotar de máis sombra os espazos públicos.

En canto ás peonalizacións, case o 80% das persoas enquisadas apostan por máis rúas completamente peonís (como a rúa da Esperanza na actualidade) ou semipeonís coma a reforma realizada recentemente no primeiro tramo do Paseo Matutino. Máis concretamente, o 50%, das persoas enquisadas demandan máis rúas completamente peonís. Tan só o 21,3% cre que Ponteareas non precisa máis rúas peonís ou semipeonís e defenden manter a rede viaria con predominio do vehículo.

En canto ás propostas de rúas ou espazos completamente peonís destacan, por orde de preferencia manifestada nas enquisas, a Praza de Bugallal, a zona da Praza de Abastos e Auditorio, a Praza Maior, a Avenida da Constitución, o entorno do Concello, Senén Canido, Vidales Tomé, Reveriano Soutullo e Emilio Rodríguez. Esas mesmas zonas tamén se propoñen para semipeonalizacións, engadindo neste caso outras como Concha Brey, Doutor Fernández Vega ou o resto do Paseo Matutino.

Roberto Mera salientou que a enquisa revela que “unha ampla maioría de ponteareáns queren máis peonalizacións e semipeonalizacións e en numerosos lugares da vila, fundamentalmente nos máis céntricos, onde xa están previstas por parte do goberno actuacións nesa liña como a do Mercado e Auditorio, actualmente en execución, ou a Praza de Bugallal cuxa humanización se licitará proximamente”.

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico valorou positivamente a opinión veciñal expresada nas enquisas “pois é coincidente co modelo de vila do goberno local que aposta por poñer Ponteareas ao servizo das persoas humanizando os espazos públicos para mellorar a calidade de vida da xente”.

O PP de Salceda volve a votar en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito para pagar a provedores

O Equipo de Goberno de Salceda lamentou hoxe o acontecido na Comisión Informativa onde “unha vez máis o Partido Popular de Salceda seguiu na liña de votar en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que permitirá o pago de 858.457,85 € a diferentes provedores/as do Concello de Salceda”, sinala o Goberno local.

Este segundo REC debatirase nun pleno extraordinario que terá lugar mañá martes día 10 e no que o Goberno que preside Loli Castiñeira, non ten moitas esperanzas de que o PP levante “o veto a que proveedores/as e empresas poidan cobrar polos seus traballos”.

Segundo a concelleira de Facenda, Lucía Pereira, “non existe ningún motivo” facer o pagamento a provedores e provedoras, “en moitos casos de Salceda, que realizaron os seus traballos ou ofreceron os seus servizos”. Pereira cualifica de “extrema gravidade” que se poñan en risco “os ingresos de tantas persoas polos intereses dun partido político”.

O executivo de Salceda salienta o feito de que, nas diferentes partidas orzamentarias “existe suficiente de crédito” polo que a postura do Partido Popular e entendida como unha liña de actuación “de ir en contra da acción de Goberno, sen importarlle que os proveedores/as poidan ou non cobrar polos traballos realizados para o Concello”.

O Goberno sinala a “enorme irresponsabilidade do Partido Popular, que unha vez máis defende os seus intereses sobre os intereses, neste caso, das empresas e persoas autónomas que traballan para o Concello de Salceda”.

Na relación de pagos inclúense facturas de servizos considerados como “fundamentais” caso do Servizo de Axuda no Fogar, para o cal o Concello de Salceda “leva feito un esforzo importante de incremento de horas para poder atender a todas aquelas persoas que o precisan, así como facturas derivadas de rogos e peticións presentadas polos diferentes grupos da corporación”, explica o Equipo de Goberno. Cómpre salientar que unha parte importante deste REC vai tamén destinado “ao pago de facturas de electricidade, servizo fundamental no Concello, polo que non se entende de ningunha forma a negativa do PP a pagar estes servizos”.

Lembran dende o equipo de goberno que o Recoñecemento Extraxudicial de Crédito é unha figura legal para “evitar o enriquecemento inxusto da Administración”. O informe de intervención sinala tamén que “existe crédito suficiente nas aplicacións adecuadas do orzamento para 2020 para a imputación das obrigas cuxa aprobación se propón”.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, que salientaba o dinamismo dun municipio “no que os servizos medran continuamente” incidía no feito de que ese crecemento “require un maior esforzo orzamentario”. “O Concello de Salceda –remataba a rexedora local– está en condicións de facer fronte de inmediato ao pago das facturas adebedadas, e é cuestión de responsabilidade facelo canto antes”.

Brillante papel da A.D. Avanza en Ponteareas e Viana do Castelo

Intensa fin de semana para Asociación Deportiva Avanza do Porriño, que na xornada desta pasado domingo estivo presente en varias das probas que se disputaban tanto en Galicia como no veciña Portugal. David Fernández subía ao máis alto do podio en Ponteareas, na primeira proba da Copa Galicia de Enduro, mentres que Uxía Soto remataba segunda en Viana do Castelo na XVI BTT XCO de Vila Franca – 1ª Prova Taça de Portugal XCO 2020.

Dous dos corredores chamados a destacar na modalidade de Enduro, desprazáronse ata Ponteareas para disputar a primeira proba do calendario galego da Copa Galicia de Enduro, competición que este ano contará con sete probas case duplicando as da edición do 2019.

David Fernández e André Martínez  foron os representantes da escola de ciclismo onde o primeiro David Fernández e un gran coñecedor desta disciplina, contando no seu haber con múltiples vitorias nesta modalidade e sen esquecernos de que e o actual campión galego de Enduro. Na xornada de hoxe e a pesar dos nervios e tensión da primeira das sete xornadas desta copa Galicia David Fernández na categoría Junior soubo dominar a presión conseguindo  subir o mais alto do podio e vestir o primeiro maillot desta tempada.  O seu compañeiro André Martínez estreándose na categoría Cadete conseguíu nunha espectacular xornada de incribles saltos e trazadas de  subir o mais alto do podio levándose para a cas o maillot de líder o igual que o seu compañeiro de equipo.

[su_image_carousel source=”media: 12868,12871,12870″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Ante a falta de probas de BTT-XCO unha pequena delegación de  7 corredores da escola de ciclismo Avanza desprazáronse ata localidade de Viana do Castelo no pais Veciño de Portugal onde se disputou a XVI BTT XCO de Vila Franca – 1ª Prova Taça de Portugal XCO 2020 Cat. Internacional C1. Onde os alumnos da escola de ciclismo Avanza tiveron que afrontar un circuíto espectacular non acto para pais cardíacos con baixadas de pedra  e barro que fixeron deleitar  tanto os participantes como o publico presente na proba, onde os alumnos da escola asinaron unha boa actuación conseguindo un posto de podio de mans de Uxía Soto remataba segunda  na categoría Cadete Feminina nunha proba espectacular.

Mañá ábrense as plicas para a licitación do proxecto de supresión do paso a nivel do Porriño

O ADIF confirmou hoxe á alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, que maña martes día 10 abriranse as plicas das empresas interesadas no proxecto de supresión do paso a nivel existente no centro urbano da vila. A resolución deste concurso “será inminente e desarrollase en tres fases, sendo a primeira o estudio xeotécnico” segundo manifestáronlle á alcaldesa responsables do Administrador de infraestructuras Ferroviarias.

Eva García de la Torre trasladouse hoxe a Madrid, onde mantivo unha reunión na sede de ADIF con María Luisa Domínguez Gónzalez, directora xeral de Proxectos e Planificación e dous técnicos deste departamento reponsables da licitación. A alcaldesa valorou que “a reunión foi moi ben”.

Segundo as explicacións recibidas “confirmaronnos que mañá martes abriranse as plicas para coñecer as ofertas das empresas interesadas na primeira das tres licitacións que se desarrollarán, que corresponde ao estudio xeotécnico e de xeito inminente, en tres semanas, adxudicarase” explicou a rexedora local. As dúas seguintes licitacións serán para resolver o proxecto básico e finalmente o proxecto constructivo.

Para a alcaldesa de O Porriño “non hai dúbida de que ADIF ten o firme propósito de eliminar ese paso a nivel”. A solución técnica que se formula é mediante a depresión da rasante da vía férrea polo que ADIF inclúe na licitación do proxecto a realización de sondaxes e estudio xeotécnico para dispoñer dunha valoración axustada do orzamento que terá a obra.

A reunión de hoxe daba continuidade ás xestions realizadas no mes de setembro de 2019 e anteriormente en agosto de 2018 pola alcaldesa Eva García coa presidenta do ADIF, Isabel Pardo de Vera cando lle trasladou a proposta unánime dos grupos municipais e dos colectivos sociais e económicos de Porriño para suprimir o paso a nivel como evidenciouse na histórica manifestación celebrada o 1 de xuño dese ano.

O paso a nivel existe en Porriño dende 1948. A súa supresión é unha demanda histórica que se reforzou a partires do accidente de hai catro anos cando o Tren Celta descarrilou por exceso de velocidade o que provocou catro mortos e perto de medio centenar de feridos.

Peregrinos xacobeos na cidade de Tui (II)

A presenza de peregrinos xacobeos no territorio tudense está documentada, ao longo dos séculos, en numerosos exemplos da chamada literatura odepórica. Con esta denominación, baseada nun término grego, referímonos á literatura que trata dos acontecementos, vivencias e noticias de todo tipo vividas durante unha viaxe. Neste tipo de relatos atopamos xunto á lembranza dos feitos e a experiencias persoais, datos xeográficos, históricos e ambientais estritamente vinculados á viaxe realizada. É un dos xéneros literarios máis significativos para documentar á peregrinación xacobea.

Pero realizan estes relatos e publicacións exclusivamente persoas dotadas dun nivel cultural e económico que lles dotaba de capacidade para a elaboración e ulterior edicións destes relatos. A inmensa maioría dos peregrinos non chegaron ata o noso coñecemento e fican no anonimato, son elos dunha inmensa cadea que percorre, ao longo do séculos, as rutas de peregrinación ao sartego do Apóstolo Santiago dende todos os países e territorios que conforman Europa.

Unicamente rescatamos a estes peregrinos de época medieval e moderna do seu anonimato a través da súa presenza en diversas fontes documentais que conservan a súa memoria a través do tempo. A presenza de peregrinos foi unha constante na vida tudense, con momentos de esplendor e decadencia, pero nunca chegou a esmorecer definitivamente.

Moitos deste sinxelos e anónimos peregrinos chegan onda nós pola súa presenza nos libros parroquias de bautizados ou defuntos da Catedral que nos ilustra sobre a súa permanente presenza. En xeral eran peregrinos acollidos no Hospital de Pobres e Peregrinos que na súa estadía neste establecemento falecen ou, en casos máis raros, alumaron unha criatura.

Lamentablemente non se conservan todos estes libros. A titulo de exemplo e recollendo algún casos de peregrinos estranxeiros podemos citar os seguintes casos datados no século XVIII recollidos por Ernesto Iglesias Almeida:

1722.12.27: Josep Rapo e a sua muller Maria Quers “peregrinos al apostol y patrón de España el Señor Santiago, vecinos y naturales del lugar de Crosa provincia de Brandesvurveg” que bautizan a súa filla.

1728.08.28: “Fue Nuestro Señor servido llevarse para si a Pedro Juan natural de Italia de la ciudad de Turiana. Peregrino al Apostol Sr. Santiago. Recivio los Santos Sacramentos necesarios y sepultose en el claustro de la Santa Iglesia Catedral desta ciudad (…) Murió en el Ospital de pobres desta dha Ciudad”

1728.08.29: morte de Manuel Rodriguez “marido de Christina de Fife termino de Viana Arzobispado de Braga, Reino de Portugal, el qual difunto venía del Apostol Santiago

1730.05.16: bautizo da filla de “Jacob Rayder y Margarita Fortes naturales de Alemania en los cantones esquisaros de la ciudad de Zirghen y peregrinos que pasan al Apostol Señor Santiago de Galicia”.

1734.03.15: “Fue Nuestro Señor servido llevar para sy a Maria de la Resurecion morena y libre según consta del testamento de su amo Francisco Nuñez Varela que ella dio por libre vecina que fue de la ciudad de Evora Reino de Portugal. Y a la dha. Maria de la resurecion peregrinando al Apostol Sr. Santiago de Galicia se fallecio en el Ospital de Pobres y Peregrinos de esta ciudad de Tuy reino de Galicia de enfermedad natural”

1737.08.02: Falecemento de “Ana Barbara Floriana natural del Imperio en Viena en el Ospital de Pobres de esta ciudad de Tuy muger de Valenya Cotis natural de Polonia en Lobrin y caminaba en peregrinación al Apostol Sr. Santiago en compañia de una hija Ana Maria

1738.11.27: Falecemento e sepultura de “María Antonia Forte natural de la Fonsagrada Obispado de Oviedo y muger lexitima de Gregorio Lopez natural de la feligresia de San Juan de Romesar, Obispado de Lugo que uno y otro pasaban de peregrinacion al Apostol Sr. Santiago de Galicia”

1741.11.23: Morte de “Phelipe Aleman, pobre, peregrino, natural de Alemania”.

1745.12.22: Pasamento de “Manuel Antonio Joseph en el Ospital de Pobres de esta ciudad de Tuy, de nacion portuguesa que pasaba de peregrino al Apostol Sr. Santiago de Galicia

1749.07.09: Morte de Pedro Pon “peregrino que segun sus papeles venía de Roma y Santiago de Galicia, de naçion espanol”.

1764.01.26: Bautizo dunha nena de “Antonio Ruciel y de Maria Josepha Lossada que pasaban por esta ciudad en peregrinación a Santiago y naturales del Reyno de Francia

1764.11.03: morte de “Catalina Francisca, viuda de nación flamenca, que pasaba por esta ciudad en peregrinación al Apostol Santiago

1765.07.19: falecemento de “un peregrino llamado Joseph Cuco marido que fue de Maria Dominga Serrata Cuca naturales y vezinos de la villa de Varesi en el Obispado de Arbenga republica de Jenoba

1767.09.16: morte de “Jospeh de Andrea, natural de Genova, que venia en peregrinación”.

Este peregrinos falecidos no Hospital tudense son soterrados, cos fondos propios deste centro asistencial, no claustro da Catedral tudense con asistencia de cregos e capeláns oficiando a misa por caridade. Suso Vila sinala que “los fallecidos en la ciudad son enterrados en el claustro catedralicio y no tanto en el cementerio de pobres de la Misericordia (solo un caso)… es posible que su condición de peregrino se tuviese en cuenta para enterrarse en el Claustro y no en la Misericordia, atendidendo a su condición de pobre. No tenemos muchos datos pero no sería extraño que los fallecidos en el hospital de pobres y peregrinos de la ciudad en la Baja Edad Media tuviesen su sepelio en el atrio norte de la Catedral; será a partir del siglo XVI cuando se enterrarán en el claustro al desaparecer el otro como espacio para dicha función para la ciudad.”

Gracias a que os seus nomes foron recollidos nestes libros de defuntos e batizados podemos rescatar do esquecemento a estes peregrinos que doutra forma estarían condenados ao anonimato e cuxa memoria quedaría perdida do noso coñecemento. Este tipo de peregrinos eran a inmensa maioría dos que cruzaban a nosa cidade cara a Compostela, aínda que unicamente coñecemos polo seu nome aos que nos legaron un relato do seu percorrido de peregrinación ou viaxe á Catedral de Santiago.

Esta relación que abrangue os séculos centrais do século XIX nos ofrece unha imaxe de grande interese pois atopamos a presenza no Hospital tudense de peregrinos de ata oito nacionalidades diferentes, procedentes de Alemaña, Portugal, Italia, Austria, Polonia, España, Francia ou dos Países Baixos. Resulta evidente como a presenza de peregrinos internacionais é unha das constantes do fenómeno xacobeo ao longo dos tempos e, curiosamente, as nacionalidades seguen manténdose na actualidade: Alemaña, Portugal e Italia. Hoxe seguen sendo os principais países de orixe dos peregrinos deste século XX que realizan o Camiño Portugués.

Por outra banda neste peregrinos do século XVIII atopamos dúas notas de interese. Por unha banda nos camiños xacobeos había un número significativo de pobres que atopaban na condición de peregrinos un medio de vida beneficiándose da acollida que a ampla rede de hospitais para pobres e peregrinos. Estes hospitais están financiados en xeral pola Igrexa directamente, como é o caso tudense, ou ben por confrarías e irmandades que dan cumprimento así aos mandatos evanxélicos promovendo unha rede asistencial que é aproveitada por estes peregrinos.

Tamén nestes peregrinos do século XVIII atopamos outra das características que singulariza ao Camiño Portugués ao longo do tempo, moitos dos peregrinos estranxeiros que o percorren, realizan este itinerario logo de chegar por vía marítima aos portos lusos, especialmente de Lisboa ou Porto, e dende alí desprazarse ata a Catedral compostelá ou que retornan a súa terra por esta vía de comunicación a través do mar. Un fenómeno que podemos documentar de xeito claro nos relatos de peregrinos que se conservan e sobre os que trataremos nos seguintes capítulos desta serie sobre a peregrinación en terras tudenses.

Tomiño procede á rehabilitación enerxética da antiga Escola Obgradoiro de Goián

0

O Concello de Tomiño está levando adiante a rehabilitación enerxética da antiga Escola Obradoiro de Goián, consistente no acondicionamento e mellora da envolvente actual do edificio, renovación completa da cuberta, dunha parte da fachada, renovación da carpintería exterior e instalación dun sistema de ventilación con recuperación do calor para renovar o aire interior.

Na actualidade, o consumo enerxético do edificio é moi alto, debido a que é necesario quentar continuamente o interior para garantir una temperatura confortable. Ademais, o edificio sofre outras patoloxías relacionadas coa situación actual da envolvente térmica, coma son grandes manchas de humidade no exterior das fachadas, producidas pola inexistencia de canelóns e baixantes provocando que dita humidade penetre no interior do edificio,

Co fin de mellorar a eficiencia enerxética do edificio e reducir o gasto en calefacción, disporase un sistema de illamento térmico composto por placas e revestimento final. Deste xeito, conseguirase reducir as perdas de enerxía e resolver os problemas de humidades por condensación existentes, aportando un acabado renovado.

Tamén se procederá á substitución da carpintarías de madeira existentes por outras de PVC de cinco cámaras con vidro dobre, que aumentarán o illamento térmico da envolvente e a estanquidade ao aire.

Para aumentar a eficiencia enerxética en fachadas e cubertas, instalarase un sistema mecánico de renovación de aire interior con recuperadores de calor, que permitan garantir unha adecuada calidade e salubridade do aire interior sen apenas perdas enerxéticas.

Esta obra é posible grazas a unha subvención de 142.203,73 euros outorgada polo IDAE (Instituto de Eficiencia Enerxética), dentro do Programa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020, Medida 1. Rehabilitación enerxética da envolvente térmica dos edificios municipais. O Concello achega ademais unha partida de 62.766,89 euros.

Para Fran Campo, concelleiro responsable da área de Promoción Económica (que visitou as obras co arquitecto encargado), esta rehabilitación do edificio “era moi necesaria para garantir unhas condicións óptimas ás persoas que realizan cursos de formación impulsados polo Concello durante todo o ano”.

Tui continúa desenvolvendo a programación de ‘Somos e seremos Inmarcesibles’

0

Un obradoiro, un almorzo informativo sobre o Pacto de Estado e un taller de ioga e mediación centran esta semana a programación “Somos e seremos Inmarcescibles” coa que se está a conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller.

Mañá martes, 10 de marzo, ás 19 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica celebrarase o obradoiro ‘Mulleres fronte ao espello’ impartido pola coach Hérika Míguez.

O mércores, 11 de marzo, ás 10 h, tamén na Sala Xacobeo, está previsto un almorzo informativo sobre o Pacto de Estado. Intervirá Laura Seara, avogada e exsecretaria de Estado de Igualdade. Trátase dun evento dirixido a empresas, profesionais, centros educativos, administracións, e público en xeral.

O venres, 13 de marzo, ás 19 h no Espazo Xove na rúa Sanz terá lugar o taller ioga e meditación ‘Equilibrio mente e corpo’ a cargo de Vanesa Rodríguez Martínez.

Nestas tres actividades é recomendable inscrición previa en [email protected] ou no 986 60 36 25 ext 54.

Programación ‘Somos e seremos Inmarcescibles’

  • Martes, 10 de marzo ás 19 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica
    • Obradoiro “Mulleres fronte ao espello” impartido pola coach Hérika Míguez.  É recomendable inscrición previa en [email protected] ou no 986 60 36 25 ext 54.
  • Mércores, 11 de marzo, ás 10 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica
    • Almorzo informativo sobre o Pacto de Estado no que intervirá Laura Seara, avogada e exsecretaria de Estado de Igualdade. Dirixido a empresas, profesionais, centros educativos, administracións, e público en xeral. É recomendable inscrición previa en [email protected] ou no 986 60 36 25 ext 54
  • Venres, 13 de marzo, ás 19 h no Espazo Xove na rúa Sanz
    • Taller  de ioga e meditación “Equilibrio mente e corpo” a cargo de Vanesa Rodríguez Martínez. É recomendable inscrición previa en [email protected] ou no 986 60 36 25 ext 54.

O Concello da Guarda e o Club da Terceira Idade organizan unha saída cultural a Póvoa de Varzim

0

Para o sábado 4 de abril está prevista a celebración dunha visita cultural a Póvoa de Varzín que permitirá ás e aos participantes coñecer o patrimonio deste municipio estreitamente vinculado á Guarda como vilas costeiras adicadas á pesca.

A visita comezará ás 9:00 h coa saída do autocar en dirección a Povoa de Varzim para visitar en primeiro lugar a igrexa románica de São Pedro de Rates que foi edificada sobre unha pequena capela. A continuación percorrerase o casco histórico onde destaca o edificio da Câmara Municipal co seu característico muro de azulexo con escenas tradicionais como o arranxo das redes, as comidas familiares, a lonxa e outros aspectos cotiáns. Destacar en Póvoa a visita a praza denominada como Eça de Queirons Monument cun edificios ben curiosos.

A xornada continúa coa visita a Vila Do Conde. O primeiro monumento a coñecer é a Capela da Nosa Senhora da Vila, unha pequena igrexa nas aforas. Tamén se percorrerá o entorno do acueduto e o Covento de Santa Clara. A visita continuará polo casco urbano e zona marítima destacando a visita á igrexa Noso Señor dos Navegantes, unha peculiar igrexa construída como monumento homenaxe aos pescadores de Vila Do Conde. O regreso ao Concello da Guarda está previsto para ás 20:00 h

A visita inclúe o traslado en autocar, xantar, guía acompañante e visitas. O prezo desta actividade é de 20 € por persoa que será abonado antes da saída.

Para inscribirse ou ben recibir máis información as interesadas ou interesados poden contactar directamente co Club da Terceira Idade no teléfono 986 61 03 69 ou ben na Oficina de Turismo no teléfono 986 61 45 46.

Nigrán remata a renovación da rúa do Ceán cunha marquesina de madeira para preservar a contorna

0

O Concello de Nigrán vén de completar a renovación da rúa do Cean, realizada o ano pasado, incluíndo unha marquesina de soporte de madeira na parada do autobús á altura do cemiterio, punto onde non existía e que por tal motivo demandaba a veciñanza.

Precisamente, o arranxo desta estrada encádrase dentro da política de mellorar a seguridade viaria e peonil dos espazos ruráis que vertebran o seu territorio. Ao situarse fronte ao Cemiterio Municipal e co fin de preservar e por en valor esta contorna, a marquesina elexida é tipo rústica (madeira) e foi feita por unha carpintería local (con este mesmo obxectivo, a nova pavimentación deste punto realizouse en adoquín en granito con 6 alcorques onde se plantaron cipreses e o cruceiro tamén foi posto en valor cun axardinamento do pé do mesmo).

As obras nesta rúa, cun orzamento de 132.000 € ao cargo do Plan Concellos 2018, incluíron a súa ampliación, construción de beiravías accesibles, aparcamentos en liña (dous deles para persoas con mobilidade reducida), reparación do firme, mellora da instalación de pluviais, renovación do saneamento ou nova luminaria LED. Contémplouse tamén a execución dun paso de peóns sobreelevado para a máxima seguridade dos peóns á altura do parque infantil (tamén renovado recentemente cunha pista multideportes).

‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’ chega a Redondela da man de ‘Sondolilá’

0

O concello de Redondela acollerá este martes 10 de marzo a novena acción da edición 2020 do programa da Deputación de Pontevedra ‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’. A cita aberta ao público, á que asistirá a presidenta provincial Carmela Silva, acompañada da alcaldesa Digna Rivas, terá lugar ás 12:30 horas no na praza do Concello.

Baixo o título ‘Conversas de bo trato sen palabras’, o colectivo feminista ‘Somdolilá’, conformado por activistas, artistas e formadoras, poñerá o foco nas violencias invisibles contra a muller a través dunha proposta multidisciplinar que conxugará percusión, palabra falada e movemento.

Durante o acto, o colectivo tratará de utilizar a arte como ferramenta de empoderamento, sororidade e transformación. A través da peza rítmica ou batucada, todas as participantes poderán sentirse unidas. Ademais, este evento terá unha fase de preparación previa que contará con alumnos do IES Illa de San Simón e na que as integrantes de ‘Somdolilá’ levarán a cabo exercicios de reflexión sobre as violencias e as súas solucións para, posteriormente, impartir un obradoiro de batucada onde a comunicación será exclusivamente musical, sen palabras.

‘Somdolilá’, conformado por un grupo de mulleres que traballan para desenvolver accións de concienciación e visibilización das violencias machistas, consolidouse como proxecto no 2018. Cos tambores como ferramenta, tratan de transmitir a sororidade ó escenario máis esixente: as rúas. Así, trátase dun grupo de mulleres con ampla traxectoria como educadoras e artistas cuxas formacións e experiencias no eido musical e de dinamización social tentan construír oradoiros dende a individualidade para xerar un sentimento colectivo.

‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’ ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade. Este ano volve reunir a 25 artistas especializadas en modalidades como a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta quinta edición novamente se celebra en 25 concellos da provincia (Pontevedra, Vigo, Lalín, Ponteareas, A Cañiza, Forcarei, Crecente, Mos, Redondela, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Tui, Mondariz, Pontecesures, Gondomar, O Grove, Marín, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Sanxenxo, O Porriño, O Rosal, A Guarda, Meis e Moaña).

Máis de 200 persoas na concentración reivindicativa do Día Internacional da Muller na Guarda

0

A Guarda conmemorou a data do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller 2020, con diversas actividades que se iniciaron na xornada do pasado venres día 6 de marzo cunha charla coloquio e posterior proxección de ‘Unha moza volta para casa soa de noite’ de Ana Lily Amirpour, e continuaron onte domingo cun cun Obradoiro de Biodanza ‘Danzando pola Igualdade’, impartido por Sara Rodríguez.

De seguido realizouse a Concentración Reivindicativa 8M na Praza do Reló, onde se realizou unha concentración en prol da igualdade real entre mulleres e homes, coincidindo co propio Día Internacional das Mulleres e na que participaron máis de 200 persoas, concentración na que a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, daba lectura a un manifesto feminista. As actividades continúan ata o 3 de abril co programa de Cinema de Muller

[su_image_carousel source=”media: 12818,12817,12816,12814,12813,12812,12811″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Cinema da Muller

O Centro Cultural da Guarda é o escenario para as tres proxeccións do programa de Cinema da Muller, a primeira delas xa se realizou o pasado venres, pero aínda quedan pendentes as dos días 20 de marzo e 3 de abril, todas as proxeccións contan cunha charla coloquio previa ás 20:00 h e posterior proxección ás 21:00 h.

O venres día 20 de Marzo de 2020 proxectarase ‘As Lindas’ de Melisa Liebenthal.

As Lindas é un documental dirixido pola novísima Melisa Liebenthal (Bos Aires 1991) que a pesar de ser a súa ópera prima, foi xa premiada na sección Bright Future do Festival internacional de cinema de Rotterdam,  e na terceira edición Asterisco do Festival internacional de cinema LGBTIQ, así como no BAFICI 2016, onde obtivo o premio á mellor directora na competencia arxentina.

¿Que é belo e que non o é? Melisa aborda os estereotipos de xénero baseándose nun arquivo documental de fotografías vellas onde aparecen ela e as súas amigas, feito que a leva a ter unha excusa para reunirse con elas, gravalas e entrevistalas para coñecer cuais foron as súas vivencias a partir da adolescencia e como as sentiron. Nestos encontros máis que sinceros, Melisa descobre que os medos e angustias que a chegaron en certo punto a obsesionar, foron medos compartidos polo resto das protagonistas nesta viaxe ao pasada e que agora levan a cabo xuntas dende unha perspectiva máis madura.

Para rematar este ciclo o venres día 3 de Abril de 2020 proxectarase ‘Histeria’ de Tanya Wexler.

Dr. Mortimer Granville (Hugh Dancy) é un xoven médico que constanmente ten problemas cos seus compañeiros polos seus puntos de vista modernos sobre a medicina. Granville é contratado como asistente polo Dr. Dalrymple (Jonathan Pryce), o cal está especializado no tratamento da histeria, un mal diagnosticado comúnmente ás mulleres da época, e que tiña por tratamento masaxes na área xenital para causar ‘convulsións paroxísticas’ que na verdade eran orgasmos.