Un obradoiro, un almorzo informativo sobre o Pacto de Estado e un taller de ioga e mediación centran esta semana a programación “Somos e seremos Inmarcescibles” coa que se está a conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller.
Mañá martes, 10 de marzo, ás 19 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica celebrarase o obradoiro ‘Mulleres fronte ao espello’ impartido pola coach Hérika Míguez.
O mércores, 11 de marzo, ás 10 h, tamén na Sala Xacobeo, está previsto un almorzo informativo sobre o Pacto de Estado. Intervirá Laura Seara, avogada e exsecretaria de Estado de Igualdade. Trátase dun evento dirixido a empresas, profesionais, centros educativos, administracións, e público en xeral.
O venres, 13 de marzo, ás 19 h no Espazo Xove na rúa Sanz terá lugar o taller ioga e meditación ‘Equilibrio mente e corpo’ a cargo de Vanesa Rodríguez Martínez.
Nestas tres actividades é recomendable inscrición previa en [email protected] ou no 986 60 36 25 ext 54.
Programación ‘Somos e seremos Inmarcescibles’
-
Martes, 10 de marzo ás 19 h na Sala Xacobeo da Área
Panorámica
- Obradoiro “Mulleres fronte ao espello” impartido pola coach Hérika Míguez. É recomendable inscrición previa en [email protected] ou no 986 60 36 25 ext 54.
-
Mércores, 11 de marzo, ás 10 h na Sala Xacobeo da Área
Panorámica
- Almorzo informativo sobre o Pacto de Estado no que intervirá Laura Seara, avogada e exsecretaria de Estado de Igualdade. Dirixido a empresas, profesionais, centros educativos, administracións, e público en xeral. É recomendable inscrición previa en [email protected] ou no 986 60 36 25 ext 54
-
Venres, 13 de marzo, ás 19 h no Espazo Xove na rúa Sanz
- Taller de ioga e meditación “Equilibrio mente e corpo” a cargo de Vanesa Rodríguez Martínez. É recomendable inscrición previa en [email protected] ou no 986 60 36 25 ext 54.