16.2 C
Pontevedra
Xoves, 7 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoAs NevesA ACD Sanomedio organiza, para esta fin de semana, unha ruta BTT...

    A ACD Sanomedio organiza, para esta fin de semana, unha ruta BTT e outra de sendeirismo nas Neves

    A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio (ACD Sanomedio) organiza un ano máis, co o apoio do Concello das Neves a súa a IX ruta BTT ‘Los 66 del Requesón’, proba que terá lugar este vindeiro domingo. Paralelamente desenvolveráse unha ruta de sendeirismo, apta para todas as idades, cun percorrido de 13 quilómetros.

    A ruta BTT terá a súa saída o domingo, día 15 de marzo a partires das 9:00 horas, dende a Praza Maior das Neves. As e os participantes poderán optar por dous percorridos, ámbolos dous de dificultade media. O longo será unha Bike Maraton de 66 quilómetros mentres que o ‘curto’ será unha marcha cicloturista de 33 quilómetros.

    As persoas interesadas poden facer a súa inscrición entrando na páxina web www.acdsanomedio.com. Unha vez rematada a proba haberá agardando aos participantes, para recuperar forzas, un prato de pasta, requeixo e viño de Rubiós.

    Sendeirismo

    Paralelamente a esta BTT terá lugar unha Ruta de Sendeirismo, pensada para todas as idades, polos montes do concello cunha distancia de 13 quilómetros. Durante a mesma haberá avituallamento sólido e líquido.

    Para participar é obrigatoria a inscrición previa  a través  da web www.acdsanomedio.com,  mediante SMS ou WhatsApp aos teléfonos 616 992 177 ou 629 270 651. Tamén se pode facer mandando un correo electrónico á dirección: organización@acdsanomedio.com o prezo é de 5 €.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.