Luns, 10 Novembro de 2025

Os Servizos Sociais das Neves amplía a 12 horas diarias o seu servizo de atención telefónica

0

O Concello das Neves vén de ampliar o horario de atención telefónica do seu departamento de Servizos Sociais co obxectivo de “facilitar a atención a todas aquelas veciños e veciñas que o precisen”, cando enfrontamos a segunda semana de confinamento e logo de que estea previsto que este se alongue, cando menos, dúas semanas máis.

As persoas que o precisen poden establecen contacto chamando aos teléfonos 986 66 71 34 ou 689 98 42 10, en horario de 09:00 a 21:00 h. Tamén están abertos os enderezos electrónicos, para contacto por email, [email protected] e [email protected].

Esta medida súmase ás que está a impulsar o Goberno local ante a pandemia de coronavirus e que, entre outras iniciativas, xa en marcha, abranguen a entrega de mascarillas a todas as traballadoras e traballadores dos establecementos abertos nas Neves; a  subministración de alimentos e medicinas o seguimento de veciños e veciñas maiores que viven soas, ademais de todas as que están a ser atendidas polos Servizos Sociais do Concello e as usuarias do Centro de Día, ou  a información “a diario” sobre a necesidades, situación e funcionamento do Centro de Saúde.

A Deputación habilita a liña 2 do Plan Concellos para facilitar novos recursos na loita contra o virus

A Deputación de Pontevedra vén de remitir unha carta aos 59 concellos da provincia beneficiarios do Plan Concellos para informalos da habilitación da liña 2 do Plan 2020, dedicada a amortizacións, gasto corrente e actividades, para facilitar o destino dos seus recursos á loita contra o coronavirus. Deste xeito, a institución provincial pon a disposición dos municipios ata máis de tres millóns de euros para que os concellos teñan a posibilidade de dispoñer de maior liquidez a fin de dar resposta ás necesidades da súa veciñanza nesta situación de crise sanitaria.

En total, ata o de agora, os concellos tiñan xa solicitado recursos da liña 2 por valor de 1,3 millóns de euros, quedando pendentes de resolución outros 1,7 millóns. Con esta nova medida da Deputación de Pontevedra, aos concellos que xa teñan algunha subvención concedida ao abeiro desta liña 2 facilítaselles presentar a súa desistencia total ou parcial á mesma ou modificala para destinar os recursos ao que estimen máis prioritario ou urxente no contexto actual. Ademais, os concellos que presentaron solicitude pero aínda non a tiñan resolta por mor desta situación poderán tamén presentar a súa desistencia ou modificación.

Mediante esta medida, a Deputación de Pontevedra pretende flexibilizar aínda máis os recursos postos a disposición dos concellos da provincia, como xa se fixo con outros programas provinciais como as axudas de emerxencia, o Plan do Servizos Comunitarios, a liña de axudas extraordinarias ou os anticipos do Fondo de Liquidez do ORAL.

A Guarda invita á veciñanza a “sacar o investigador que levamos dentro”

0

O Concello de A Guarda, en estreita colaboración coa Deputación de Pontevedra, vén desenvolvendo durante os últimos anos un intenso traballo –un “traballo silencioso” o cualifican dende o Goberno local– en favor da conservación e posta en valor do patrimonio material e inmaterial do municipio. O confinamento obrigado pola crise do COVID-19 é un bo momento para compartir os resultados cos veciños e veciñas e axudar a facer máis doada a situación.

[su_image_carousel source=”media: 13445,13444,13442,13441″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Presenta o Concello guardés, polo tanto, o portal ATOPO, un portal de descubrimento de recursos de información a partir das coleccións e fondos documentais, bibliográficos, cartográficos e audiovisuais do Museo de Pontevedra, do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, dos arquivos municipais e doutras institucións, públicas ou privadas, da provincia de Pontevedra.

Así que, a través dese portal ao que se pode acceder a través deste link, cada veciña e veciño da Guarda pode sacar á luz ese investigador ou investigadora que case todos levamos dentro, e merguarse na historia do municipio. O bo, é que Atopo é un proxecto vivo, en construción, que día tras día incorpora novos rexistros e que neste momento conta con 707.185, con documentación que se pode consultar e, en moitos casos descargar en formato PDF.

Veciñas e veciños poderán consultar, por exemplo, un interesantísimo Expediente de creación da parroquia de Santa Isabel de Camposancos, do ano 1798; ou o Expediente de Real cédula de Carlos II que concedeu a este Municipio privilexios sobre os tributos reais”, de 1669. As imaxes tamén teñen o seu espazo e así a veciñanza poderá aoptar fotografías antigas da Guarda que datan de 1870 en adiante e que foron cedidas por particulares, aos que o Concello guardés dalles as grazas unha vez máis pola súa colaboración. Así que, neste tempo de “parón” obrigado, o mellor é coller asento e rebuscar en preto de 1.500 fotografías relacionadas coa Guarda.

Lembra que neste metabuscador ATOPO, non so aparecen documentos referidos ao concello de A Guarda (s. XVII-actualidade). As persoas que teñan calquera dúbida ou precisen máis información, poden escribir ao enderezo de correo electrónico [email protected]

A Biblioteca de Tui prorroga os empréstitos de libros ata o fin do estado de alarma

0

Ante o peche da Biblioteca Municipal de Tui, como medida de actuación ante a situación actual de contención da propagación dos contaxios por coronavirus, a concellería de Cultura, que dirixe Sonsoles Vicente Solla, vén de informar dunha prórroga dos empréstito bibliotecarios. Todos os empréstito que tiñan a data de vencemento a partir do 13 de marzo quedan prorrogados ata o 30 deste mes. No caso de que a situación se alongue, procederase a adiar novamente a data de devolución. Durante este período o persoal de biblioteca atenderá as consultas dos usuarios a través do correo electrónico: [email protected]

Por outra banda, a Biblioteca Municipal de Tui lembra que as persoas dadas de alta na Biblioteca Municipal de Tui e por tanto na Rede de Bibliotecas de Galicia teñen acceso aos fondos dixitais a través da plataforma GaliciaLe. En caso de non ter credenciais dende esa mesma páxina se indica o proceso a realizar. Para calquera dúbida pode poñerse en contacto coa Biblioteca Municipal de Tui a través do correo electrónico.

Se o interesado non é socio da Bublioteca Municipal tudense poderá autorrexistrarse co formulario do OPAC de Koha nesta ligazón.

Daráselle un prazo dun mes desde a fin da corentena para que se achegue á biblioteca para obter o carné. Estes lectores terán a categoría “Autorrexistro” e poderán acceder a GaliciaLe. Unha vez rematada a corentena, se o usuario se dirixe á biblioteca para que se lle faga o carné, asignaráselle a categoría que lle corresponda. Se non fai o carné nese prazo, o rexistro eliminarase automaticamente de Koha e o lector deixará de ter acceso a GaliciaLe.

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o ‘Catálogo galego’ e outro que aloxa o ‘Catálogo en castelán’. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademais, desde un lector de libro electrónico.

A Deputación garante a “xestión segura” dos centros de compostaxe comunitaria durante a crise do COVID-19

Os centros de compostaxe comunitaria (CCC) en uso na provincia ao abeiro do Revitaliza considéranse como “xestión segura” debendo sempre manter as precaucións de uso. Así o indica hoxe a Deputación de Pontevedra nun documento no que se facilitan á cidadanía indicacións de como tratar o lixo nos domicilios durante a crise sanitaria do COVID-19.

O departamento que xestiona o Revitaliza, así mesmo, vén de colocar en todos os centros de compostaxe comunitaria as recomendacións para evitar posibles contaminacións cruzadas xa que o sistema da compostaxe, por si mesmo, ten máis garantías que os sistemas tradicionais. Dende o punto de vista técnico, o asesor Carlos Pérez explica que os virus non soportan temperaturas maiores de 42º – morren nesas condicións- e no caso dos centros de compostaxe alcánzanse temperaturas maiores a 55º sostidas no tempo.

As recomendacións para o uso dos CCC para evitar as contaminacións cruzadas encáixanse nas xenéricas á hora de interactuar nos espazos públicos e son: gardar dous metros de distancia co resto das persoas; o uso de luvas dun só uso e lavar periódicamente as mans; non tocar nariz, boca e ollos, e en xeral extremar a hixiene.

Como xa se anunciou coa declaración do estado de alarma, a Deputación de Pontevedra está a manter en normal funcionamento os centros de compostaxe comunitaria directamente dependentes do Plan Revitaliza xa que supoñen un servizo básico e esencial aínda que particular e diferenciado con respecto a outras localidades. Co fin de garantir a súa correcta actividade estes CCC estanse a vixiar e xestionar de maneira diaria por parte das mestras e mestres composteiros e do persoal técnico responsable de cada zona.

En total, están atendidos pola Deputación 80 CCC pertencentes aos concellos de Lalín (1), Cerdedo-Cotobade (1), Vilagarcía (2), Portas (1), Campo Lameiro (1), Barro (1), Ribadumia (2), Caldas (4), O Grove (10), Sanxenxo (1), Redondela (1), Vilaboa (10), Cangas (3), Bueu (2), Ponteareas (2), Mondariz (13), Mondariz Balneario (7), As Neves (5), Gondomar (2), O Porriño (1), Salceda de Caselas (5), Oia (2) e Tui (3).

Para o caso de concellos con CCC non dependentes da Deputación a institución provincial ten aconsellado que se manteñan abertos e atendidos para seguir garantindo o servizo á poboación aínda que sexa con servizos mínimos.

No caso dos composteiros individuais instalados dentro da propiedade particular das persoas usuarias, o Revitaliza está a realizar o seguimento vía telefónica e a realizar as actividades presenciais imprescindibles. Nestos casos, segundo explican os especialistas, as recomendacións son seguir os criterios habituais sempre que non se detecten casos positivos polo Covid.

En relación co manexo domiciliario de residuos de persoas afectadas por Covid-19, dende a Deputación ínstase a seguir as directrices ao respecto contidas nos puntos 1 e 2 do ANEXO da Orde SND/271/2020, baseadas nunha anterior instrucción editada polo MITECO días atrás. Estas explican que os residuos de persoas enfermas débense recoller de maneira xunta, sen separación para a reciclaxe, nunha bolsa plástica que despois deberá ser introducida nunha segunda bolsa pola persoa coidadora con luvas e máscara. Posteriormente ese material debe ser introducido nunha terceira bolsa co resto do lixo xeral do domicilio e depositada finalmente no colector da fracción resto.

A Xunta remite ao Concello de Redondela o convenio para a humanización da Avenida Mendiño

0

O Concello de Redondela vén de recibir, para a súa posterior sinatura, o convenio de colaboración para o proxecto de “Mellora da Seguridade viaria e reaordenación da PO-363. Treito Redondela–Praia de Cesantes” cuxa execución corresponde a Axencia Galega de Infraestruturas e que suporá unha transformación total desta céntrica zona.

O proxecto inclúe a renovación dos servizos públicos de abastecemento, saneamento e pluviais, nova pavimentación e ampliación de beirarrúas, reorganización de accesos aos aparcadoiros e nova iluminación, amais da instalación de semáforos e unha nova glorieta na intersección coa Avenida Ernestina Otero que favorecerá a circulación de vehículos e mellorará a seguridade viaria de viandantes.

O documento, con data de entrada no Rexistro Xeral do Concello, de 23 de marzo de 2020, deixa ao descuberto “as manobras electoralistas do exalcalde Javier Bas” que hai máis de un ano “anunciara a ‘bombo e platillo’ as inminentes obras da Avenida Mendiño, xunto a unha infografía (hoxe desaparecida) das obras”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Queda asi mesmo demostrada, sinala a rexedora local, “a falta de lealdade do grupo municipal do PP que acusou a este Goberno de non querer asinar un convenio que, segundo os populares, a Xunta xa tiña enviado”. Agora e como case sempre, apunta Rivas, “o tempo pon a cada quen no seu lugar e a chegada do convenio este luns, demostra a realidade da situación: que non había proxecto, que non había convenio e que o Goberno local actuou, como o fai sempre, con honestidade e transparencia”.

O Equipo de Goberno subliña o feito de que este proxecto chega ao Concello de Redondela xustamente agora “pola insistencia de este grupo que Goberno, que requiriu ata en 4 ocasións á Consellería que tramitara o correspondente expediente”. No último escrito, de data 13 de marzo, a Alcaldesa deu un “ultimatum”, no que indicaba “que ou enviaban o proxecto ou se tomarían as medidas oportunas para esixir responsabilidades”.

Digna Rivas que non entra a valorar a campaña de descalificacións de que foi obxecto nas redes sociais, nas que participou a propia conselleira de Infraestruturas que acusaba a alcaldesa de mentir, pero si lamenta “a falta de respecto institucional que a Xunta de Galicia ten con Redondela” e prácticas coma esta, engade a rexedora local, “amosan a cara máis deplorable da política, actitudes caciquís de políticos autonómicos que están a filtrar información aos seus compañeiros de partido, información que corresponde coñecer a este Goberno de primeira man e non mediante prensa ou perfiles de facebook”

Agora, o borrador do Convenio que xa está en mans dos técnicos municipais e deberá ser informado polos servizos xurídicos e económicos que deberán xustificar á Xunta de Galicia a existencia de crédito para facer fronte a este cofinanciamento. O proxecto redactado pola Axencia Galega de Infraestruturas prevé un investimento de 1.594.713,10 euros e o Concello deberá colaborar cunha achega de 433.000 euros en dous anos.

O Goberno local espera que o procedemento axilícese e estas obras “póidanse iniciar o antes posible”. En todo caso, o Concello de Redondela “descoñece o estado de tramitación do proxecto que entendemos necesitará distintas autorizacións sectoriais” pero esperan que a licitación das obras realícese este ano, “ao tratarse dunha obra de máxima necesidade”.

Cómpre lembrar que esta avenida é unha zona de moito tránsito, tanto peonil como de vehículos, ao atoparse nas inmediacións centros escolares, deportivos e o Centro de saúde.

A Guarda intensifica a desinfección de limpeza de espazos públicos

0

O Concello da Guarda iniciou a pasada fin de semana unha serie de desinfeccións e limpezas extraordinarias de diferentes espazos públicos e municipais para conter e previr novos contaxios polo coronavirus COVID-19. Neste senso o pasado sábado procedeuse ás limpezas e desinfeccións completas da Praza de Abastos Municipal, das instalacións da Policía Local, do GES, de Servizos Sociais, as instalacións do vello edificio do Concello, do Novo e dos vehículos municipais. Estes espazos serán desinfectados de xeito semanal, ao igual que os vehículos da Policía Local, do GES e os de vías e obras.

[su_image_carousel source=”media: 13417,13411,13415,13412″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Dende a pasada madrugada unha brigada mixta, na que participan traballadores municipais, membros do GES e da Comunidade de Montes da Guarda, encárganse de desinfectar e limpar os espazos públicos exteriores de maior afluencia e os seus arredores, coma por exemplo, o Centro de Saúde, entorno de supermercados e áreas comerciais, estancos e farmacias, Praza de Abastos, así coma os contedores da recollida selectiva do lixo, entre outros.

Estas accións de desinfección e limpeza recomendada, en lugares onde a afluencia de público e a posibilidade de contaxio son elevadas, seguen un protocolo establecido con produtos virucidas autorizados de nivel TP2(Desinfección de superficies e área, uso ambiental).

Preténdese, con desinfeccións que se repetirán de xeito diario e fumigacións semanais, unha acción preventiva para eliminar a posibilidade de contaxio en espazos públicos con importante afluencia de persoas.

O PP de Ponteareas pide ao Concello atrasar os cobro de impostos e habilitar axudas para autónomos

O Grupo Municipal do PP rexistrou tres propostas para propoñer ao Goberno local unha serie de melloras que axuden a paliar os graves efectos económicos que carrexará o Covid-19. Estas iniciativas únense á presentada, hai uns días, na que os populares instan o alcalde Represas a actuar xa na Residencia de maiores e protexer a todos os empregados municipais.

No primeiro documento, referente a medidas fiscais, o PP propón suspender ou aprazar o pagamentoo de impostos locais como o  IAE,IBI, lixo e subministración de auga a empresarios e comerciantes que se viron abocados ao peche. Ademais, solicitan unha liña de axudas para colaborar nos pagos da cota de autónomos e para os seguros sociais daqueles empresarios que manteñan aos seus empregados a pesar de ver reducidos os seus ingresos. Bonificación para aqueles hostaleiros que fixeron fronte á taxa por instalación de terraza.

En relación aos servizos municipais prestados, os populares solicitan ao Goberno local que se devolva ou se conxele a cota abonada polo uso de piscina, pavillóns e outras instalacións deportivas de propiedade municipal, polo menos no referente aos meses que se manteña o Estado de Alarma. O mesmo sucede coas cotas mensuais abonadas polos usuarios da escola infantil, Asprodico, Conservatorio  e Escola de Música.

Por último, o PP, solicita suspender o servizo de zona azul, facilitando que as persoas poidan deixar os seus vehículos estacionados próximos ás súas vivendas, sen ter que saír de casa exclusivamente para movelos de lugar. “É unha medida que xa se tomou noutros concellos veciños”.

Para dar cobertura a estes posibles gastos extraordinarios derivados da situación que está a xerar o decreto de Estado de Alarma, polo Covid-19,  solicitan a creación dun fondo especial. “Propoñemos que se destinen a estas medidas o remanente de Tesourería obtido este 2019 e solicitar á Deputación de Pontevedra un adianto das taxas e impostos recadados a través do servizo ORAL”.

O PP considera que nestes momentos a unidade e unha coordinación anticipada é esencial para superar os problemas que se poidan xerar. “Esperamos que o Goberno local responda as nosas propostas ou nos informe se ten outras medidas que non se contemplaron. A comunicación actualmente en relación ao problema estamos a recibila polos medios de comunicación e sindicatos”.

Salceda resiste fronte ao COVID-19

Salceda de Caselas mantense ata o de agora con un único positivo entre as cartillas do seu centro de saúde. Cada dous días reúnese o comité de seguemento do COVID 19, presidido pola alcaldesa, con participación da concelleira de sanidade, o portavoz da oposición e a xefa de servizo do centro de saúde, no que se actualizan os datos da área sanitaria de Vigo e no que se establecen as medidas precisas a tomar por prevención, así como o protocolo de actuación cando xurde algún positivo no municipio.

No comité dase conta tamén dos protocolos que se están a seguir con aquelas persoas que dalgún xeito puidesen estar en contacto co coronavirus, ás que se lles fai seguemento telefónico por se nalgún momento aparecese algún síntoma.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda quixo transmitir una mensaxe de tranquilidade á poboación ao sinalar que “as diferentes entidades con presenza no municipio estamos a facer un traballo importante por minimizar a presenza de coronavirus no noso Concello, e estamos coordinadas para afrontar os posibles casos que poidan producirse”.

“Hoxe celebramos o sexto comité de seguemento, –engade Castiñeira– no que os datos aportados seguen a ser esperanzadores para o noso municipio, pero a poboación pode estar segura de que non baixaremos a garda”.

Tanto os servizos sanitarios como a propia alcaldesa están tamén en contacto coas dúas residencias de maiores existentes no municipio, que se amosan tranquilas ata o de agora. Centro de saúde e Concello téñense posto á súa disposición para que a colaboración sexa máxima no que sen dúbida é o sector da poboación de maior risco.

O Concello de Salceda foi dos primeiros de toda a área en tomar decisións como a da propia creación do comité de seguemento ou a realización de xuntanzas de coordinación coas forzas de seguridade dende o primeiro momento. A coordinación coa garda civil está a ser tamén fundamental no seguemento do cumprimento das normas do estado de alarma que salvo excepcións, que xa teñen sido postas en coñecemento das autoridades, se está a respetar pola maioría da poboación de Salceda.

A propia alcaldesa difundiu una mensaxe por vídeo a través das redes sociais oficiais do Concello, na que pedía responsabilidade á veciñanza, e na que agradecía os servizos tanto do persoal médico como das forzas de seguridade e protección civil, sectores que están a resultar fundamentais nesta crise, e que cada día poñen en xogo a súa saúde por protexer á totalidade da veciñanza.

O Rosal aproba, por unanimidade, o recoñecemento extraxudicial de crédito para pagamento a provedores

0

O Concello do Rosal vén de aprobar en pleno por unanimidade o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito, 350.000 euros que irán destinados a pagar inmediatamente a todos os provedores municipais. Con esta medida o Goberno municipal busca paliar os efectos económicos negativos que a crise sanitaria por COVID-19 poida causar en empresas, PEMES e autónomos da localidade “pagando coa maior axilidade posible as diferentes facturas pendentes sen ter que esperar ao fin da crise sanitaria para facelo”, asegura a alcaldesa, Ánxela Fernández.

Cos plenos ordinarios e as comisións informativas municipais suspendidas con motivo da situación de emerxencia sanitaria, o Goberno municipal decidiu celebrar un pleno extraordinario para dar resposta inmediata ás necesidades xurdidas a raíz da crise do COVID-19. Para garantir a saúde de todas as persoas participantes na sesión, o pleno celebrouse adoptando diferentes medidas de prevención e todas as recomendacións dos organismos.

Así, o pleno celebrouse de modo excepcional a porta pechada e coa asistencia mínima de concelleiros necesaria para manter a proporcionalidade da Corporación municipal, acordada previamente cos portavoces dos grupos municipais. Así, a este pleno asistiron 4 concelleiros e concelleiras do BNG, 2 do PP e 1 do PSOE, practicamente a metade da Corporación municipal.

Aqualia cede ao Concello de Nigrán dúas furgonetas para o reparto de alimentos

0

O Concello de Nigrán recibiu a semana pasada da man da xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago, a cesión de dúas furgonetas Citroën Berlingo para optimizar o reparto do servizo de axuda a persoas especialmente vulnerables ante o Covid-19 (reparto de alimentos a domicilio, menciñas, libros…). Estes vehículos, unha vez se supere esta crise sanitaria do Covid-19, se engadirán á actual frota do Servizo Municipal de Augas no Concello de Nigrán que sumará así cinco.

Compre recordar que, nestas circunstancias, o Concello facilita a liña telefónica oficial 986383930 (operativa de 9:00 a 14:00 horas) co obxectivo de xestionar a compra e entrega a domicilio de menciñas e alimentos.

“Para facer o reparto de xeito individual e de maneira efectiva precisamos empregar toda a frota do Concello de Nigrán, polo que estes dous vehículos cumpren unha función esencial nestes intres”, sinala o alcalde, Juan González.

Esta renovación dos vehículos utilizados para a prestación do servizo municipal de augas en Nigrán pon unha vez máis de manifesto a implicación do Concello de Nigrán e a súa empresa concesionaria Aqualia na optimización da xestión en beneficio do municipio.

Plan de continxencia

A concesionaria ten activado un plan especial de continxencia para garantir a continuidade do servizo sen incidencias e protexer aos seus operarios. A empresa garante o subministro de auga á totalidade do municipio asegurando que as actividades de mantemento e control non se ven comprometidas. Asimesmo, desde a concesionaria se garante a normalidade no que respecta á calidade da auga da villa, xa que os tratamentos de desinfección habituais e normais que se aplican en España son totalmente eficaces para a eliminación do virus.

Protección Civil de Redondela percorre as parroquias informando á veciñanza con especial atención as persoas maiores que viven soas

0

Voluntarios e voluntarias de Protección Civil percorren as parroquias de Redondela para atender ás necesidades das veciñas e veciños durante a crise do COVID-19, unha labor que vai dende ofrecer información á veciñanza das medidas de protección que teñen que adoptar para evitar o contaxio, ata ocuparse especialmente daquelas persoas maiores que viven soas.

Nesa liña, explica a alcaldesa Digna Rivas, “tivemos claro dende o primeiro momento, que esa labor tiña que estar en mans de Protección Civil que conta con persoas voluntarias, altamente cualificadas e perfectamente capacitadas tanto para informar como para axudar ás veciñas e veciños que o precisen”.

A maiores dese traballo, os voluntarios e voluntarias encárganse da distribución e reparto de alimentos ás familias que teñen nenos e nenas beneficiarios do comedor escolar. A elección de Protección Civil para este cometido, sinala o Equipo de Goberno de Redondela, “responde á necesidade de que ese servizo sexa desenvolvido por persoas con coñecementos sanitario, de xeito que os alimentos aos nenos e nenas beneficiarios, fágase con todas as garantías”.

Carmela Silva salienta o “excelente traballo” do persoal do Príncipe Felipe para garantir a saúde das e dos menores

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou nunha nova xuntanza do Comité de Seguimento do COVID19, creado especificamente no Centro Príncipe Felipe para deseñar as medidas preventivas e de protección da saúde do alumnado e do persoal, así como para garantir o adecuado desenvolvemento psicosocial e pedagóxico dos nenos/as durante o confinamento imposto trala declaración do estado de alarma.

O Comité de Seguemento, que está formado polo director, Manuel Cendón; a xefa de Xestión, Ana Soto; a médica do centro, Ana Canabal; o director do Centro de Infantil, Emilio López; a directora da Escola Fogar, María Isabel Casal; a directora do Centro Agarimo, Asunción Reboreda e a técnica de Mantemento, Antía Parcero, recibiu instrucións claras e directas da Presidencia da Deputación de comunicar calquera medida adicional que poida implantarse e que contribúa aínda máis á protección e benestar dos menores.

Carmela Silva fixo un recoñecemento explícito ao traballo que está a desenvolver todo o persoal do Príncipe Felipe, comezando polo seu equipo directivo, ao que agradeceu moi especialmente a súa dedicación total e absoluta. O Centro Príncipe Felipe está a ser modélico durante esta crise, afirmou, converténdose nunha referencia na adopción temperá de medidas organizativas e de sensibilidade no coidado dos rapaces e rapazas, tanto os tutelados, que permanecen no centro, como os que están en situación legal de garda, que pasan o confinamento nas súas casas.

A presidenta da Deputación pediu ao equipo directivo que traslade a todo o persoal do Príncipe Felipe o agradecemento non só do Goberno provincial, senón de todo o cadro de persoal da Deputación, “diante do traballo tan intenso que se está a realizar nunha situación extremadamente complexa, na que, como moi ben dixo unha integrante da Comisión de Seguimento, traballamos con nenos e nenas, e non con papeis”. “Confirmei persoalmente”, engade Carmela Silva, “que a maior preocupación da xente que traballa no Príncipe Felipe son os nenos e as nenas”.

Durante a xuntanza, na que mesmo se revisaron os informes de seguimento individualizado dos educadores do Centro, alertouse de que os estudos sociolóxicos alertan sobre os efectos emocionais das corentenas. Deuse conta de que os nenos e nenas teñen problemas para asimilar unha situación tan complexa. Nestas circunstancias, insistiuse, o traballo diario do persoal require dunha planificación exhaustiva. “Foi unha xuntanza na que nos ocupamos case exclusivamente da situación dos nenos e das nenas e que, debido á súa dificultade para comprender e asimilar esta restrición absoluta de movementos, están en risco de padecer depresións, estrés, desánimo ou ansiedade”, explica Carmela Silva.

En canto aos rapaces que están nos seus domicilios, destacouse que o persoal educador está a realizar chamadas telefónicas e video-chamadas diarias ás familias máis sensibles. Así continúase realizando orientación ás nais e pais, ofrécense consellos para organizar actividades durante este período de illamento, provense recursos psicoeducativos para axudar ao establecemento de rutinas, asesoramento para a abordaxe de problemas emocionais e mesmo sesións de “minifullness”. Todo elo sen perder de vista o reparto diario de víveres básicos, medicamentos para os nenos/as que os teñan prescrito e, nalgúns casos, kits de hixiene persoal. Aos menores que non dispoñen de Internet nos seus fogares comunícanselle as tarefas escolares e tamén se lle achegan en papel.

Unha última cuestión abordada hoxe foi a satisfacción polas medidas tomadas, como o reforzo no servizo de Vixilancia e na Enfermería, a habilitación de dous espazos como “minihospitais de día” por se aparecera algún caso positivo, así como o novo reforzo que estes días se lle deu ao servizo de limpeza. A elo súmase a desinfección exterior de tódalas rúas e espazos do Centro, que comezou a realizarse cunha cadencia de dúas veces por semana, baixo a supervisión dos especialistas da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

Finalmente, deuse conta da actualización constante de tódolos protocolos en materia sanitaria atendendo ás publicacións que vai facendo a Xunta de Galicia e o Goberno de España, publicacións que mesmo en ocasións van por detrás das medidas que xa se tiñan implantado no Príncipe Felipe.

Por outra banda, froito das suxestións recollidas durante a xuntanza do Comité de Seguimento celebrada a semana pasada, o Príncipe Felipe estreou novos equipos tecnolóxicos para que os menores internados no Centro Agarimo e o persoal educador poidan interactuar de cara á realización telemática das tarefas escolares. A maiores implantouse un servizo de “streaming” para que as 15 unidades do Centro Infantil, Agarimo e Escola Fogar teñan acceso aos contidos de Disney+ e Netflix. A Deputación abona as subscricións e, ademais, adquiriu reprodutores Android. Esta novidade foi moi ben acollida e supuxo unha mellora no estado de ánimo.

O reforzo tecnolóxico inclúe tamén o traballo remoto de todo o persoal técnico do Centro sen actividade presencial ao non estar de quenda. Con este obxectivo estase a prestar asistencia técnica ás traballadoras e ós traballadores para configurar os seus equipamentos informáticos domésticos e, ademais, puxéronse catro ordenadores portátiles e un teléfono móbil para aqueles casos nos que no dispoñían dos medios necesarios.

Tomiño cancela a recollida de voluminosos para priorizar a desinfección de colectores es espazos públicos

0

O Concello de Tomiño vén de anunciar a cancelación do servizo de recollida de voluminosos co fin de intensificar a desinfección de colectores e espazos públicos de tránsito. Nestes días, tamén na xestión do lixo, se precisa a colaboración de toda a cidadanía para tirar o mínimo lixo posible e nada fora do colector correspondente.

Paralelamente, o Goberno local sinalou que se continúa a traballar “intensa e diariamente” na hixienización e limpeza en múltiples puntos do municipio, parroquias e centros urbanos ( zonas de tránsito como tendas, colectores, caxeiros, mobiliario urbano, etc.).

A Guarda adopta o primeiro paquete de medidas económicas fronte a alarma do coronavirus

0

Ante a situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19 e a situación de declaración de estado de alarma por parte do Goberno de España, estado que alongarase, en principio, ata o 11 de abril, o Concello da Guarda vén de adoptar unha serie de medidas para afrontar a situación de crise das que se deu traslado aos diferentes grupos políticos. 

“Estamos diante dunha situación excepcional que require de medidas excepcionais” sinala o alcalde Antonio Lomba e así o Concello adoptou –e agora fai público– o primeiro paquete de medidas de carácter económico “que teñen como obxectivo minimizar, na medida do posible, o impacto negativo desta crise na economía de veciños e empresas na súa relación coa administración local”.

Para  iso, e despois de ter analizado a situación, o Goberno guardés tomou as seguintes medidas:

  1. Axilizar o pagamento ás empresas e subministradores do Concello para trasladar liquidez aos mesmos. Este pagamento está xa preparado e estamos en condicións de proceder ao mesmo de xeito inmediato.
  2. Atrasar a data da domiciliación de diferentes taxas  para despois do remate do estado de alarma.
  3. Ampliar o período de pagamento para a totalidade das taxas e impostos, pasando dun período  de 2 meses a tres meses. Retrasar o inicio do imposto de vehículos, que estaba previsto para inicios do mes de abril, ata  o 1 de maio.
  4. Asi mesmo o concello de A Guarda  procederá á devolución aos particulares do importe correspondente a servizos que non se realizaron como por exemplo as andainas, pilates ou  ximnasia senior.
  5. Respecto da escola infantil, non se pasará ao cobro o importe polo tempo que permaneza pechada a instalación. Respecto do conservatorio imos esperar ao pronunciamento das autoridades educativas que están tomando en consideración  a ampliación do curso lectivo.

O Concello da Guarda adiantou que seguirá analizando a situación e terá en consideración “outras medidas” que poderán ser adoptadas en función de como vaia evolucionando a crise xerada polo COVID-19.

“Queremos trasladar á cidadanía e as empresas guardesas que, ante a situación excepcional que estamos vivindo, a administración local ten que ser quen de adoptar medidas tamén excepcionais tendo como único horizonte a protección das empresas e da veciñanza”, sinalou o alcalde Antonio Lomba.

O PSOE cualifica de “vergoñento” o envío da Xunta de material de autoprotección aos concellos

“Ridículo, vergoñento e insultante” son algúns dos cualificativos cos que o PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra cualificou o envío de material de autoprotección para os concellos da provincia de Pontevedra, realizado onte “a bombo e platillo” pola Xunta de Galicia.

“Os alcaldes e alcaldesas de toda a provincia recibiron un “paquetiño” que contén material obsoleto, de pésima calidade e mesmo inservible, con algunhas máscaras rotas, outras caducadas dende 2015 e mesmo luvas non estériles ou de uso para perruquería”, sinalan as e os socialistas pontevedreses que consideran “unha auténtica tomadura de pelo nunhas circunstancias tan dramáticas como as que estamos a vivir nesta pandemia de COVID-19 e nas que, unha vez máis, os concellos se están a converter na primeira liña de batalla”. O PSOE esixe da Xunta de Galicia que se “non quere colaborar cos concellos, polo menos non tente utilizalos para a súa propaganda”.

[su_image_carousel source=”media: 13366,13371,13370,13363,13369,13368,13365,13364,13362″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Alcaldes e alcaldesas fan unha apelación “á cooperación leal da Xunta de Galicia cos concellos nesta crise sociosanitaria causada polo COVID-19” e pregúntase cando vai aprobar o Goberno galego unha orde de axudas económicas imparciais e obxectivas para os concellos da provincia “semellante ás acordadas pola Deputación de Pontevedra, que creou unha partida con axudas específicas por valor de 1,3 millóns de euros e habilitou o adianto do 100% dos 4,2 millóns de euros de tódolos programas sociais e dos 21 millóns de euros da recadación tributaria do ORAL cun fondo de liquidez extraordinario”.

Algúns exemplos do material distribuído onte: O Grove recibiu 80 máscaras e 450 luvas; O Porriño, 150 máscaras, 1.600 guantes, unhas gafas e dúas garrafas de lixivia; Tui, 100 máscaras e 550 luvas; O Rosal, 60 máscaras e 350 luvas; Tomiño, 100 máscaras e 650 luvas; A Guarda, 60 máscaras e 350 luvas; Ponte Caldelas, 50 máscaras e dúas caixas domésticas de luvas. E así ata completar a relación de concellos da provincia.

Os alcaldes e alcaldesas lamentaron este novo desprezo da Xunta de Galicia “que cando hai unha situación de emerxencia, xa sexan os incendios de 2017 ou esta pandemia, nunca está”. Moitos insisten en que para o que mandaron “case era mellor que non mandaran nada porque hai cousas que hai que tirar directamente ao lixo e o pouco que vale dá para un día ou dous”.

De feito, moitos dos concellos xa teñen adquirido ou conseguido material pola súa conta en mellores condicións e, sobre todo, en moita máis cantidade. O malestar agrávase polo feito de que os concellos de toda a provincia tiveron que recoller o paquete nas delegacións de Pontevedra e Vigo e asinar un acta de recepción. Algúns alcaldes e alcaldesas cuestionan mesmo que “merecera a pena o gasto en combustible”.

Os socialistas pregúntanse para que serve o Posto de Mando Avanzado (PMA) que a Xunta de Galicia creou. “Un nome pomposo para un órgano oco toda vez que está presidido por dous políticos oficinistas, como José Manuel Cores Tourís e Corina Porro, cuxa función consiste en ser axentes electorais do PP na provincia aproveitando a súa condición baleira de delegados territoriais”. Acusan á Xunta de perverter o Plan de Emerxencias de Galicia (Platerga), que prevé estes PMA como verdadeiros mandos operativos no territorio en situacións de catástrofe “e non como chiringuitos de propaganda”.

Finalmente, consideran “incualificable” o comunicado difundido onte pola Xunta, con foto incluída de Cores Tourís simulando facer estes “paquetes da vergoña” para os concellos e anunciando un reparto de medios por toda a provincia “que queda, na realidade, nunha entrega de refugallo”.

Unha persoa ferida logo de atopelar a un cabalo co seu vehículo en Covelo

0

Unha persoa resultou ferida a primeira hora da mañá de hoxe despois de atropelar a un cabalo, que resultou morto, co vehículo que conducía ao seu paso pola parroquia de Paraños, no concello de Covelo.

O sinistro rexistrouse no punto quilómetro 3 da EP-5107. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao recibir a chamada de alerta do mesmo condutor, ás 7:00 horas. Segundo a información facilitada na propia chamada realizada ao 112, reclamábase a intervención dos profesionais sanitarios.

Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea, amais dos bombeiros de Ponteareas.

A persoa ferida foi atendida in situ polos efectivos sanitarios e o corpo do animal foi retirado da vía polos servizos de conservación da estrada.

Baiona pon en marcha un dispositivo de axuda ás persoas e colectivos máis vulnerables

0

O Concello de Baiona porá en marcha, a partir do mércores 25 de marzo, un dispositivo especial de asistencia “aos colectivos máis vulnerables”, tal e como deu a coñecer o alcalde Carlos Gómez quen, no anuncio desta iniciativa, estaba acompañado por Pedro Alonso, inspector xefe da Policía Local de Baiona e Iago Álvarez, do servizo de Protección Civil do Val Miñor.

A posta en marcha desta iniciativa “coordinada polos Servizos Sociais do Concello”, tal e como explicaba o alcalde de Baiona, contará en principio coa participación de 12 voluntarios e voluntarias de Protección Civil do Val Miñor “aínda que de ser preciso –aclarou Carlos Gómez– podería ampliarse o número ata os 40 efectivos”. As persoas que precisen deste servizo deberán dirixirse ao teléfono 986 385 926.

“En momentos dunha crise destas dimensións, as administracións temos a obriga de dar resposta ás necesidades básicas da cidadanía, especialmente daqueles colectivos e persoas en situación de especial vulnerabilidade”, insistiu o alcalde de Baiona. Nesa liña, o servizo tamén cubrirá ás necesidades de “persoas maiores que vivan soas e entren dentro dos parámetros de ‘persoas de risco’ e que polo tanto non deban saír da casa”.

As medidas serán coordinadas polo recen creado Comité Municipal de Baiona COVID-19, do que forman parte o Goberno local, Policía Local e Protección Civil “porque –apuntou Carlos Gómez– deben estar sempre avaliadas polos profesionais nestes temas e seguindo as recomendacións dos profesionais e das autoridades sanitarias”.

Carlos Gómez tamén deu conta da iniciativa municipal de creación dunha listaxe de voluntarios e voluntarias “para que poidan axudar neste programa que agora poñemos en marcha, pero sempre coordinados pola Concellería de Servizos Sociais, Protección Civil e Policía Local”. Insistiu o rexedor local que “non é o momento para iniciativas particulares ou individuais por moi ben intencionadas que estas sexan” xa que do que se trata “é de facer un exercicio de responsabilidade e só polo feito de quedarse na casa, cada veciña e cada veciño, xa é un heroe”.

Ata o momento, o Concello de Baiona recibiu un total de 26 solicitudes para facer este servizo voluntario, entre as que hai persoas profesionais dos servizos sociais ou con formación sanitaria “persoas coas que o Concello se poñerá en contacto en breve e ás que quero expresarlle o meu agradecemento persoal e o de toda a cidadanía de Baiona pola súa solidariedade”, engadiu Gómez.

Unha maioría responsable

Pola súa banda, o inspector xefe da Policía Local de Baiona, Pedro Alonso, salientou “o alto grao de colaboración cidadá” que cumpre o estipulado no estado de alarma decretado polo Goberno de España. Alonso deu conta que a Policía local tramitou “un total de 15 denuncias por incumprimento do antedito estado de alarma e tramitáronse outros 300 requirimentos por non cumprir o estipulado no Real Decreto”.

Ao traballo da Policía Local no contexto desta crise sanitaria engádese, sinalaba Pedro Alonso, “a actividade diaria que desenvolven as e os axentes” aínda que precisou que “prioritariamente estanse a atender situacións enmarcadas no contexto do estado de alarma”.

O traballo “a pé de rúa” dá a Policía Local unha visión especial desta crise do COVID-19 e nese sentido, o inspector xefe sinalaba a importancia “dos traballos que se desenvolven na vixilancia e control dos espazos públicos para que a afluencia de persoas sexa o máis controlada posible”. Remataba Alonso asegurando que por parte da Policía Local de Baiona “en colaboración coas demais administracións temos articulado elementos de coordinación que garantan unha resposta eficaz ante os problemas que se poidan dar”.

Protección Civil

Iago Álvarez, de Protección Civil do Val Miñor, expresaba a importancia dunha iniciativa como a posta en marcha polo Concello de Baiona na que temos a responsabilidade, dixo, “de levar alimentos e produtos básicos ás persoas que teñan limitacións físicas o de saúde, ou que non poidan acceder aos supermercados”.

Protección Civil ten activados, nestes momentos, un total de 30 voluntarios e voluntarias “e traballamos en estreita colaboración cos corpos e forzas de seguridade do estado no control da circulación” comprobando se se están a realizar actividades non contempladas no Real Decreto do estado de alarma “e dando conta á Policía Local ou Garda Civil”.

Estas labores compaxínanse coas de visitas a persoas maiores que viven soas “para comprobar se están ben” e transmitir á cidadanía as instrución que dean as administracións.

O Centro de Saúde de Ponteareas aplica o protocolo de Triaxe ante o estado de alerta polo COVID-19

O Servizo de Atención Primaria de Ponteareas, que presta servizo a pacientes de Mondariz, As Neves, Salvaterra, Covelo e Ponteareas, vén de aplicar o protocolo de Triaxe, recibindo na porta do centro aos e ás pacientes para derivalos á zona do centro de saúde donde serán atendidos reducindo así a posibilidade de contaxios tanto entre pacientes como entre o propio persoal sanitario.

A responsable do Centro de Saúde pide a cidadanía “comprensión e empatía co persoal sanitario” que, baixo as medidas de seguridade sanitarias pertinentes, atende a todos e todas as pacientes posibles. Nesa liña cómpre salientar que o centro de saúde local está en pleno rendemento e que si se producen cambios nas citas “é porque se está readaptando o servizo para dar prioridade ás urxencias e ao protocolo sanitario do COVID-19”, sinalan fontes sanitarias.

O servizo de saúde pide á cidadanía que antes de desprazarse realicen unha chamada aos teléfonos 986 641 048 / 986 661 000 “pode ser que nese momento o servizo estea desbordado, os e as usuarias deberán ter paciencia e chamar ata que os atendan. Hai que evitar, na medida do posible, todos os desprazamentos e contactos e dar sempre prioirdade ás urxencias reais”.

Todos e todas os que consideren que teñen síntomas de coronavirus deben chamar ao 900 400 116/ 900 400 016.

Todos os e as pacientes que o persoal sanitario considere que poden ser atendidos por teléfono recibirán nestes días unha chamada do centro de saúde para atender aos síntomas, diagnosticar e prescribir as mediciñas.

Ademais, pide responsabilidade e colaboración “hai que evitar saídas innecesarias e actividades de risco porque o persoal sanitario debe centrar os seus esforzos en mitigar o virus e cantas menos incidencias e patoloxías diversas teña que tratar máis poderán traballar en atallar a pandemia”.

Recomendan, doutra banda, a necesidade de “extremar as precaucións” polo que “todos e todas debemos illarnos para que o número de contaxios sexa o menor posible”

No que fai referncia ás curas domiciliarias, o Centro de Saúde sinala que o persoal do centro “as está atendendo con normalidade” pero que si, chegado o caso, se tiveran que reducir as visitas para centrar os seus esforzos nas urxencias, “pedirán a colaboración das familias para que coa debida formación e información as poidan realizar”.

Finalmente, a traballadora social tamén continúa desenvolvendo o seu labor “aínda que coas visitas domiciliarias suspendidas”, polo que aqueles informes que precisen desprazamento ao domicilio quedarán aprazados ata que non se levante o estado de alarma.

As Neves reparte mascarillas a todos os establecementos que teñen que estar abertos ao público

Como parte das medidas impulsadas dende o Goberno local das Neves para controlar a expansión do COVID-19, este pasado comezouse co reparto de mascarillas destinadas a “todos os establecementos que están abertos ao público”, sinala a concelleira de Servizos Sociais, Pilar González Casas.

As mascarillas, que foron doadas ao Concello das Neves, están sendo entregadas ás empregadas e empregados de supermercados, panaderías, gasolineiras, tendas, ferreterías, carnicerías ou farmacias que seguen a traballar estes días e que están extremando as súas medidas de protección para evitar o contaxio do COVID-19.

Estas medidas están, tamén, sendo reforzadas no propia casa do Concello e entre todas e todos os traballadores municipais que seguen a facer o seu labor e que dispoñen das mesmas, ademáis de luvas e desinfectante para as mans.

Esta iniciativa súmase ás que xa están en marcha para “minimizar todo o que poidamos” os efectos da pandemia do coronavirus, tanto polo que se refire á protección, coma ao “acompañamento, apoio e amparo  a todas as veciñas e veciños, en especial a aqueles que viven sós  e que, pola súa idade ou a súas circunstancias, son especialmente vulnerábeis”.

En base a iso, está a funcionar a subministración de alimentos e medicinas o seguimento de veciños e veciñas maiores que viven soas, ademais de todas as que están a ser atendidas polos Servizos Sociais do Concello e as usuarias do Centro de Día, e  a información “a diario” sobre a necesidades, situación e funcionamento do Centro de Saúde.

Esta semana entrará en funcionamento o semáforo próximo ao colexio de Angorén en Chapela

0

O Goberno local de Redondela anunciou hoxe a inminente posta en marcha do semáforo situado nas inmediacións do CEIP Alexándre Bóveda de Angorén, Chapela, unha vella demanda veciñal que foi das primeiras accións realizadas ante o entón Ministerio de Fomento polo novo equipo de Goberno.

O semáforo xa está instalado e entrará en fucionamento na vindeira semana e a alcaldesa Digna Rivas non ocultou a súa satisfacción de que o Goberno redondelán “tan so uns meses despois da súa chegada ao Concello, fora quen de dar unha resposta eficaz a unha demanda ‘histórica’ da veciñanza de Chapela”.

Así pois, a “volta ao cole” do alumnado do colexio Alexándre Bóveda de Angorén quedará gravada nos seus recordos como algo moi especial. Por unha banda, por ter superado unha das máis graves crises dos últimos tempos que supuxo unhas “vacacións forzadas” a millóns de escolares. Doutra banda, polo incremento das medidas se seguridade xa que, daquela, estará en funcionamento o semáforo longamente demandado por veciñanza e comunidade educativa.

Cómpre salientar que para acceder ao centro, alumnado, nais e pais e profesorado tiñan que atravesar unha estrada cun grande tránsito rodado –por atoparse practicamente nun casco urbano– e que carecía das medidas de seguridade viaria precisas.

Ademais do correspondente grupo semafórico realizarase unha modificación da sinalización vertical e horizontal actual para a súa adecuación á nova situación.

O Concello de Ponteareas advirte que denunciará a quen utilice os cans como excusa para pasear

O Concello de Ponteareas advertíu que a Policía Local controlará a saída de persoas con cans á vía pública logo de detectarse que algúns propietarios de mascotas as utilizan como excusa para pasear incumprindo as normas do estado de alarma. O Concello lembra que unicamente se permite circular con mascotas o tempo imprescindíbel para que realicen as súas necesidades nas proximidades do domicilio e que en ningún caso se pode aproveitar esa posibilidade para circular paseando por diferentes lugares, algúns deles tan afastados como a ribeira do Tea ou o regato da Venda, entre outros.

En consecuencia, as persoas con animais deberán sacalos no lugar máis próximo ao seu domicilio e por un tempo reducido. A Policía Local comprobará o domicilio da persoa que se atope coa súa mascota en espazos públicos e no caso de que se encontre alonxado da súa residencia existindo lugares máis próximos a ela será sancionada. O mesmo acontecerá se se comproba unha permanencia nun espazo público de forma prolongada máis alá do imprescindíbel.

Ademais, diante desta situación a Policía Local comprobará que os cans contan co correspondente microchip e vixiarase que os propietarios dos animais recollan os seus excrementos e limpen con auga as zonas onde orinan, denunciando calquera infracción ao respecto.

O Concello advirte que non permitirá abusos e comportamentos fraudulentos que constitúen unha falta de respecto para a poboación que está cumprindo escrupulosamente co confinamento e que supoñen un incremento do risco de transmisión do Covid-19 entre a poboación.

O BNG de Redondela propón un proxecto “máis ambicioso” para o novo edificio polivalente de Chapela

0

A proposta de construción dun novo edificio multiúsos nos terreos anteriormente ocupados polo colexio Igrexa, “debe ser máis ambiciosa para Chapela”, asegura o BNG de Redondela que lamenta que se deixara derrubar o inmoble “sen un estudo rigoroso de rehabilitación”. A proposta nacionalista pretende que ese edificio “manteña un claro contido asociativo e cultural, incluíndo novas dependencias para Servizos Sociais”.

Resaltan dende a forza nacionalista que o novo equipamento debe levar “un marcado selo de atención ás demandas de colectivos sociais e culturais”. Se en aseguran estar abertos a plantexar canto antes estas propostas, matizan que debe ser o Consello Parroquial de Chapela “o órgano que realmente leve o peso do proxecto”.

Unha das premisas que se debe solventar reside na máxima ocupación urbanística da parcela, posto que as zonas verdes para esta parte da parroquia están garantidas na urbanización da ‘Finca Ginaria’, que recolle terreos para espazos verdes e de lecer, afirman. Tal como se recolle nos medios, limitar a nova construción ao espazo que ocupan as vivendas escolares, “carece de visión de futuro”.

Igualmente plantexan desde o BNG que no proxecto se inclúan unha novas dependencias para Servizos Sociais, para prestar unha atención acorde ás demandas veciñais. “De pasar dos baixos do pavillón, disfrutarían dun lugar privilexiado neste novo edificio, visualizando perfectamente o cambio de modelo desta área”.

Pola súa banda o voceiro do BNG, Xoán Carlos González, considera que a partida económica relativa a este novo equipamento debería estar xa recollida no apartado de investimentos dos Orzamentos do ano 2021, “polos que levamos agardando tres meses” e cualifican de “oportunista” presentar un proxecto desta envergadura “a través dos medios de comunicación”.

Finalmente recorda o edil nacionalista que “na nosa concepción do espazo, debe caber o recordo e o recoñecemento das vítimas do feminicidio, simbolizada na veciña de Chapela Sesé Mateo”.

O Porriño habilita unha axuda extraordinaria de emerxencia social para as familias con menos recursos

O Concello do Porriño vén de habilitar unha partida orzamentaria de 20.000 euros, mediante crédito extraordinario, para que ás familias con menos recursos e as persoas con dificultades económicas poidan abastecerse de alimentos frescos e produtos de primeira necesidade. Tratase de unha acción extraordinaria motivada polo actual estado de alarma pola pandemia do coronavirus e que complementa á axuda periódica que distribue o Banco de Alimentos ‘SOS Porriño’.

Coa achega deses 20.000 euros estableceuse un contrato cun supermercado local da rúa Ramón Gónzalez para que as persoas e familias con menos recursos poidan aprovisionarse de produtos de primeira necesidade. As súas compras vanse descontando desa cantidade de 20.000 €.

Cada familia ou persoa interesada en acollerse a esta axuda extraordinaria deberá realizar a súa solicitude ao departamento de Servizos Sociais do Concello a través do número electrónico 986 33 50 00 (extensión 6).

As e os técnicos de Servizos Sociais valoran cada caso en función de que se trate dun solicitante individual ou familiar, número de membros, se hai menores, parados de longa duración ou persoas dependentes. En función de distintos báremos asignaselles unha coantía semanal por cuxo importe poderán realizar a súa compra. Tamén están tipificados os produtos e alimentos que poderán adquirir.

Para realizar esa compra indicaselles que deberán acudir individualmente ou unha persoa por familia, preferentemente en horario de tarde, para evitar aglomeracións.

A duración desta achega está prevista para mes e medio “sen descartar que teñamos necesidade dunha ampliación pola duración das actuáis medidas de confinamento e restricción da movilidade”, indicou David Alonso, concelleiro responsable de Servizos Sociais.

O servizo contra incendios inicia a desinfección do CAPD de Chapela logo de terse detectado un positivo en COVID-19

0

O Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios, a instancias da Xunta de Galicia, comezou hoxe a desinfección dos exteriores do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela, no marco do operativo activado a nivel galego nas residencias de maiores, persoas con discapacidade e centros de saúde de 200 concellos galegos. Mañá mesmo unha empresa contratada pola Xunta de Galicia procederá tamén a limpeza do interior.

No CAPD de Redondela seguíronse os protocolos establecidos, despois da detección dun positivo de COVID-19 nunha das persoas residentes. Activáronse todas as medidas de resposta contra o virus e realizáronse as probas necesarias nos casos que indican os profesionais de Medicina Preventiva. O persoal do centro “está traballando con tranquilidade, profesionalidade e gran dedicación”, sinala a Xunta de Galicia.

O centro conta con equipos de protección individual (EPIs), unha dotación que se reforzou este martes co envío, desde a Delegación Territorial da Xunta en Vigo de batas de protección e máscaras.

No CAPD de Redondela, que conta con 120 prazas, atópanse illados nestes momentos por precaución seis residentes, ademais da persoa que deu positivo.

O Areeiro elabora unha Guía de Limpeza e Desinfección de espazos públicos para todos os concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra está a enviar a tódolos concellos da provincia unha guía gráfica cos protocolos de limpeza, baldeo e desinfección correctos na limpeza viaria para combater a pandemia causada polo coronavirus. O documento, elaborado polos técnicos da Estación Fitopatolóxica O Areeiro, parte do protocolo publicado polo Ministerio de Sanidade e incorpora pautas e consellos moi útiles para que o persoal municipal encargado deste servizo poida realizalo coa maior eficacia e, tamén, coas axeitadas medidas de autoprotección.

O documento subliña que diante desta situación, a limpeza viaria resulta de especial importancia para contribuír a eliminar a carga viral que poida existir nas vías públicas e nos espazos comúns. Deste xeito, a guía distingue claramente as tres fases de varrido, baldeado e desinfección das vías públicas e prescribe as boas prácticas en cada unha delas, así como os produtos máis efectivos.

Suxírese a utilización de equipos completos de protección para o persoal que realice os traballos específicos de desinfección de espazos ou elementos públicos

Así para o varrido recoméndase exclusivamente o varrido húmido, nunca en seco para evitar a propagación do virus. Desaconséllanse, de xeito expreso durante esta situación de alerta sanitaria, os soprados na vía pública. Ademais os varridos húmidos deben realizarse con auga a pouca presión ou pulverizada, evitando salpicar o enchoupar as superficies. Cómpre engadir produtos con do amonio cuaternario , pois os derivados do amoníaco son axentes biocidas cun amplo espectro de eliminación de microorganismos, incluídos os virus.

Para a correcta realización de baldeo de rúas, prescríbese o uso dos camións e vehículos específicos de limpeza municipal e a utilización de auga con deterxentes de arrastre específicos para a limpeza viaria e na concentración indicada na ficha de cada produto concreto. Para os casos nos que se pretenda acometer o baldeo incluíndo a desinfección, o aconsellado é substituír os deterxentes polos derivados do amonio cuaternario.

Finalmente, en canto á etapa de desinfección, sublíñase que está especialmente recomendada para espazos con afluencia pública onde as posibilidades de contaxio multiplícanse, con especial atención aos accesos a centros sanitarios, farmacias, edificios públicos, supermercados, residencias, lugares de pernoita das persoas sen fogar, etcétera. Os traballos de desinfección deben realizarse con lixivia (hipoclorito sódico) ao 0,1% (20 ml de lixivia por litro de auga) e utilizando mochilas pulverizadoras. Para o caso de ser preciso desinfectar superficies de mobiliario público ou calquera outro elemento da vía pública poden utilizarse os produtos virucidas autorizados polo Ministerio de Sanidade. Como medida de precaución aconséllase que o persoal operario que realice estes labores de desinfección actúe provisto de equipos de protección de acordo coa normativa sobre axentes químicos e biolóxicos, incluíndo ademais unha formación básica sobre a súa correcta utilización e manipulación

A periodicidade dos labores de limpeza e desinfección dependerá en cada caso da afluencia a cada lugar, de xeito que será máis intensa nos edificios e locais de acceso público durante o vixente estado de alarma.

Por outra banda, a Deputación xa ten en marcha as actuacións de limpeza e desinfección en todo o recinto do Centro Príncipe Felipe, que continúa coa súa actividade, en medio de intensas medidas de seguridade, como centro de internado para os menores alí acollidos. Esta mesma mañá realizáronse traballos de baldeo e desinfección cun camión-cisterna no marco dos protocolos adecuados tanto en protección dos operarios, como de utilización de produtos e desaloxo das rúas e espazos afectados. Asemade, tamén esta mesma mañá realizouse unha limpeza húmida e posterior desinfección dos accesos ao Pazo Provincial e o Edificio Administrativo, na avenida de Montero Ríos. Estes labores, que se repetirán cunha cadencia de dúas veces á semana, están supervisados polo equipo técnico da Estación Fitopatolóxica O Areeiro.

O Goberno de Redondela atrasa o cobro do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica

0

O Concello de Redondela anunciou hoxe a posta en marcha de modificacións no pago de diferentes impostos ou tributos locais co fin de dar facilidades á cidadanía trala declaración do estado de alarma polo Goberno Central. O Equipo de Goberno adiantou que, entre as medidas adoptadas, está atrasar o cobro do imposto de vehículos de tracción mecánica, período de pagamento que tería que comezar o vindeiro 6 de abril e que queda prorrogado ata próximo aviso.

Este adiamento faise extensible a outros de carácter individual como a taxa municipal da Escola de Música de Redondela, que non se pasará ao cobro ata que se restablezan as clases de forma habitual.

Outra das taxas que serán recalculadas, e cuxa modificación será realizada “de oficio” pola Administración local sen necesidade de solicitude previa por parte dos interesados, é a taxa por ocupación de vía pública dos postos da feira, afectados pola cancelación desta actividade tanto en Redondela coma en Chapela.

Doutra banda, os postos dos mercados de abastos municipais, obrigados a permanecer pechados debido a declaración do estado de alarma, quedarán exentos do pago da taxa correspondente aos períodos nos que efectivamente permanezan pechados.

Dende o servizo de Recadación do Concello de Redondela queren recordar que os procedementos para a cidadanía fixan o prazo do 30 de abril de 2020 tanto para o pagamento caso de recibir unha notificación no domicilio; caso de recibir un requirimento para contestar nun prazo determinado; e para dar resposta se se lle notificou un prazo de audiencia.

No suposto de querer presentar un recurso de reposición deberase facelo a partir do 1 de maio de 2020. Por último, se ten concedido un fraccionamento de pagamento ou aprazamento, o Concello de Redondela non cargará nada na conta bancaria ate o 30 de abril de 2020.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, cualificou estas medidas como “de xustiza” xa que en casos “excepcionais” como é esta crise do Covid-19 “o Concello, como administración máis próxima a cidadanía, ten a obriga de actuar con rapidez na adopción de medidas que contribúan a axudar a veciños e veciñas a pasar esta crise”.

Nese sentido, o adiamento de taxas e ampliación de prazos contribúe “a que a veciñanza poida cumprir coas recomendacións de quedarse nas súas casas como medida de prevención contra o avance do coronavirus”. A estas medidas, rematou Digna Rivas, “iranse engadindo outras encamiñadas tanto a velar polo benestar e a saúde da veciñanza, como para facerlles máis doado este tempo de pechamento nas súas vivendas”.

O Rosal convoca un Pleno Extraordinario para aprobar o recoñecemento extraxudicial de crédito

0

O Concello do Rosal celebrará este mércores 25 de marzo un pleno extraordinario urxente para aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para que a Administración poida pagar coa maior axilidade posible as diferentes facturas pendentes sen esperar ao fin da crise sanitaria. A sesión celebrarase a porta pechada e coa asistencia mínima de concelleiros e concelleiras.

Entre as medidas adoptadas pola actual situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19 estaban a suspensión das sesións periódicas ou ordinarias do pleno e das comisións informativas municipais, non obstante tendo en conta o efecto negativo que a pandemia terá sobre a economía de moitas empresas, PEMES e autónomos “consideramos urxente e necesario, na medida do posible, aprobar este recoñecemento de crédito para dar resposta inmediata a esta necesidade, que non pode agardar ao remate desta situación de emerxencia sanitaria”.

Este pleno celebrarase adoptando todas as medidas necesarias de prevención e as recomendacións dos organismos competentes para garantir a saúde de todas as persoas participantes. Por este motivo, o pleno celebrarase de modo excepcional a porta pechada e coa asistencia mínima de concelleiros necesaria para manter a proporcionalidade da Corporación municipal, acordada previamente cos portavoces dos grupos municipais. Así, a este pleno asistirán 4 concelleiros e concelleiras do BNG, 2 do PP e 1 do PSOE, practicamente a metade da Corporación municipal.

A Comisión de Seguimento do COVID-19 da Guarda intensifica as medidas para mellorar o servizo que se presta á veciñanza

0

A reunión da Comisión Municipal de Seguimento do COVID-19, celebrada hoxe no Salón de Plenos do Concello da Guarda, fixo unha valoración da situación dos primeiros días da crise. Logo do informe do alcalde, Antonio Lomba, os demais membros da comisión aportaron ideas para mellorar a eficiencia das medidas tomadas, e inclusive se propuxeron a adopción de novas accións “para que o concello mellore o servizo que presta a cidadáns e empresas mentres dure esta situación de confinamento pola declaración do Estado de Alarma”.

Á xuntanza celebrada no día de hoxe asistiron todos os membros da comisión, sete deles de forma presencial e catro por videoconferencia.

Antonio Lomba, alcalde da Guarda, iniciaba a reunión dando conta aos e ás asistentes das accións e xestións realizadas ata o momento. Enumerou o rexedor local os contactos que se mantiveron, tanto coas administracións coma coas asociacións e responsables locais, e deu conta de como se fixo a desinfección do material de protección e dos medios que o concello ten en stock.

Así mesmo enumerou os edificios e vehículos que se desinfectaron o pasado sábado e dos espazos públicos que se desinfectarán durante a semana, desinfeccións que se manterán mentres dure o estado de alarma.

Informouse tamén doutras medidas como a remaquetación da páxina web, a campaña informativa levada a cabo nos medios de comunicación e nas redes sociais en relación aos servizos no Centro de Saúde, ós Servizos Municipais e outras cuestións de interese para a cidadanía.

O alcalde rematou a súa intervención anunciando que nos próximos días se informará sobre o primeiro paquete de medidas económicas do concello, medidas para flexibilizar as débedas coa administración e os prazos de cobro, así como a axilización do pago de facturas a proveedores para que estes non teñan problemas de liquidez.

Os temas nos que máis se incidiu foi a mellora do servizo de auxilio aos grupos de risco e ás novas recomendacións en relación á  prevención de contaxios.

Como remate da reunión os presentes concluíron que o concello debe prestar toda a axuda posible ás empresas, asociacións, e veciños e veciñas que así o precisen, porque só xuntos seremos capaces de minimizar o impacto desta crise.

Despois da reunión, o Alcalde púxose en contacto co Servizo de Alerta Epidemiolóxica do SERGAS, onde lle foi confirmado o primeiro positivo por coronavirus covid-19 na Guarda.

Redondela reforza o servizo de a limpeza e desinfección en rúas e espazos públicos

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, anunciou a posta en marcha, dende este luns, de medidas de reforzo aos equipos de hidrolimpeza e desinfección que xa viñan actuando en Redondela dende o inicio do estado de alarma. Ao servizo que funcionaba ata agora, engádese un camión de emerxencias para as rúas e prazas tanto do casco urbano coma das parroquias, e un vehículo máis pequeno que se ocupará de realizar os traballos de desinfección nas rúas secundarias.

Este reforzo, subliña Digna Rivas, “permitirá ampliar máis os traballos de limpeza e desinfección que xa estaban desenvolvendo operarios municipais dende o inicio do estado de alarma”. Trátase, sinalou a rexedora local, “de priorizar a desinfección e limpeza de lugares nos que se poida dar unha maior afluencia de persoas, como a contorna do Centro de Saude, supermercados e tendas de alimentación ou mesmo farmacias”.

O procedemento de limpeza e baldeo é o que marcan as autoridades competentes, cos medios e produtos desinfectantes indicados “e que se aplican seguindo escrupulosamente as normas”, sinalou o Equipo de Goberno que destacou “o enorme esforzo que están a realizar moitos dos traballadores e traballadoras do Concello, que están a dar un gran exemplo de compromiso desenvolvendo unha labor imprescindible nestes duros momentos”.

Ponteareas limita a atención telefónica aos servizos esenciais

O Concello de Ponteareas vén de informar aos veciños e veciñas que os teléfonos de atención ao cidadán quedarán cinguidos “só aos servizos esenciais”. Con esta medida o Goberno que preside Xosé Represas busca recudir “ao mínimo” a presenza de traballadores e traballadoras en dependencias ou instalacións municipais.

Logo deste acordo, os servizos que se manteñen activos mediante atención telefónica son a Policía Local, Bombeiros e Servizo de Emerxencias, Protección Civil, Centro de Información á Muller, Voluntariado, Residencia de Maiores, Axuda no Fogar, Servizos Sociais (para axudas de emerxencia), limpeza viaria e recollida de residuos, abastecemento de auga, vías, obras e alumeado (para incidencias urxentes). Ademais mantense aberto tamén o Mercado Municipal.

Así mesmo, seguirá en funcionamento a centraliña do Concello no 986 64 00 00 limitada a cuestións tamén de carácter urxente.

Os correos electrónicos dos diferentes servizos e departamentos continuan operativos ao igual que a sede electrónica.

O Concello lembra que están interrumpidos e suspendidos os prazos dos procedementos administrativos e de presentación de documentación así como os prazos de prescripción e caducidade.

A Policía Local do Porriño denunciou a 28 persoas por incumprimento do estado de alarma

A Policía Local do Porriño denunciou a 28 persoas durante a primeira semana do estado de alarma por infrinxir as restriccións impostas polo Goberno. A meirande parte das denuncias por incumprir a limitación da movilidade sen causa xustificada.

Todos os denuncíados enfrentanse a sancións económicas que poden oscilar entre 601 € e 30.000 € en función da gravidade. A tramitación e notificación desas sancións será realizada pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra.

Entre os infractores sorprendidos polos axentes da Policía Local porriñesa destaca un caso, o do único reincidente que xa acumula dúas denuncias por saír a pasear en bicicleta, sendo parado unha vez en A Guía (Atios) e outra no paseo do río Louro.

Entre a casuística diversa de denunciados aparecen situacións tan singulares coma un veciño que dicía que regresaba do supermercado pero non traía nin bolsa nin compra; outro que dicía que ía ao caixeiro e non levaba tarxeta algunha e o protagonizado por tres mozos que foron sorprendidos pola Policía Local tomando unhas bebidas que levaron consigo sentados na terraza dun establecemento pechado.

A Policía Local de O Porriño reitera, unha vez máis, que transcurrido un período de apercibimento dabondo, “rematou o tempo da pedagoxía”.

Doutra banda, o Concello do Porriño quere agradecer o “comportamento responsable da maioría da veciñanza que observa as restriccións que demanda o estado de alarma”.

O CIM de Mos habilita un teléfono 24 horas para prevención da violencia de xénero durante o confinamento

0

O departamento municipal de Política Social atópase funcionando “a pleno rendemento”, asegurou hoxe o Concello de Mos, comezando polo CIM (Centro de Información á Muller), que habilitou un teléfono de atención 24 horas, 673 069 866, aberto a todo o mundo pero orientado especialmente a extremar a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero na actual situación de confinamento.

No antedito teléfono atendese ás persoas “con maior risco de sufrir violencia de xénero, ás que xa están a vivir esta situación, e a quen coñeza a alguén que poida estala sufrindo”.

Ademais as profesionais do CIM continúan a prestar os habituais servizos psicolóxico e xurídico que agora se ofrecen vía telefónica. A psicóloga segue a manter as terapias psicolóxicas que poden realizarse por teléfono ou videoconferencia. Fanse deste xeito as terapias xa citadas en axenda e pódense solicitar tamén novas citas.

Do mesmo xeito organízase a atención e o asesoramento xurídico do CIM. Desde este departamento xurídico do Centro de Información á Muller de Mos informan ademais que nos últimos días multiplicáronse as consultas de cidadáns con dúbidas sobre as custodias compartidas de fillos/as con pais divorciados, para resolvelas poden chamar ao antedito número de teléfono móbil operativo as 24 horas.

Os demais Servizos Sociais municipais continúan tamén operativos ao cen por cen comezando polo Servizo de Axuda no Fogar, SAF, que conta con 106 familias usuarias, das cales 62 continúan recibindo o servizo activamente e as 44 restantes decidiron interrompelo pola crise do COVID-19. Ás familias co servizo interrompido temporalmente chámaselles semanalmente para interesarse pola súa situación e preguntarlles se queren reanudalo.

O Servizo de Xantar na Casa, asegura o Concello de Mos, continúa funcionando ao 100 % en todos os casos de usuarios/as beneficiarios/as (un total de 6), ao igual que o Servizo de Teleasistencia (un total de 26), que incluso se veu incrementado o seu nivel de actividade ao recibir aínda máis chamadas de persoas que demandan e precisan comunicación e compañía con maior frecuencia.

Por último, as Emerxencias Sociais económicas que garanten que ningún/unha veciño/a quede sen as necesidades básicas fundamentais de vivenda, subministro eléctrico, alimentación, farmacia… etc. estanse tramitando igualmente, coa mesma celeridade e urxencia que antes da crise.

Arbo suspende a Festa da Lamprea pola crise do COVID-19

0

O Concello de Arbo vén de anunciar a suspensión da Festa da Lamprea que se tiña que celebrar do 26 ao 28 de abril por mor da crise do COVID-19, unha suspensión que supón un duro golpe á economía local xa que, como apunta o alcalde Horacio Gil, febreiro, marzo, abril e maio “marcan a tempada da lamprea en Arbo e cando máis traballan os nosos restaurantes, casa de turismo rural en todos os demais sectores relacionados co turismo de Arbo, o que supón unha perda económica moi importante para este concello”.

A suspensión desta emblemática festa, engadese tamén a do Campamento de Semana Santa e o adiamento de actividades como a Marcha BTT da Lamprea, a V Andaina da Lamprea, a Gala da Lamprea e o VIII Certame de Corais.

Horacio Gil quere adiantarse aos acontecementos polo que avanza que “unha vez que saiamos desta crise sanitaria”, o Concello de Arbo reunirase con todos os sectores afectados por esta crise “e valoraremos cantas iniciativas sexan necesarias, dentro das posibilidades e competencias municipais, para axudar á dinamización da economía local e para favorecer a recuperación e reactivación económica do noso Concello”.

Gil salientou o feito de estar xa traballando “nas medidas necesarias para poder axilizar ao máximo o pago aos provedores, para colaborar coa continuidade da súa actividade empresarial, tratando de minimizar ao máximo os problemas de liquidez que esta crise lles puidera ocasionar e tratar de manter os postos de traballo.”

O Concello de Arbo xa tiña tomadas as primeiras medidas contra o COVID-19 días antesda declaración do Estado de Alarma e pechaba Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea “Arabo”, a Biblioteca Municipal e o Punto de Atención a Infancia, amais de suspender todas as actividades que desenvolvían asociacións culturais, deportivas ou colectivos nas instalacións municipais. Asi mesmo pecháronse espazos de xogo infantil, o auditorio, o pavillón, os recintos deportivos, os parques, as áreas recreativas e suspendeuse o mercado do mércores.

O alcalde, Horacio Gil, que lembra “a importancia de cumprir coa aplicación das medidas recomendadas polas autoridades sanitarias, pola Xunta de Galicia e polo Goberno de España” asegurou que este “non é momento para festas ou lecer. Coa crise do coronavirus o Concello de Arbo, ten outras prioridades máis inmediatas. A atención aos maiores e aos colectivos máis vulnerables, a desinfección das rúas, marquesiñas, praza de abastos, colocación de desinfectante de máns na praza de Abastos, dar información a tódolos colectivos e informar aos veciños e veciñas de Arbo,, son algunhas das medidas que se están a adoptar dende os servizos municipais, sempre coa finalidade de protexer o benestar dos veciños e veciñas de Arbo”.

O rexedor agradece a todo o persoal dos servizos municipais do Concello de Arbo, en especial a servizos sociais e ao SAF, que están reforzando o servizo e complementando con outras medidas que adoptou o concello como facerlle a compra de alimentos ou de medicinas aos sectores maiores e máis vulnerables.

Tamén quixo Horacio Gil agradecer “aos veciños e veciñas e as empresas de todos os sectores que se puxeron en contacto para ofrecer ao Concello os seus servizos e a tódolos arbenses que están a cumprir as medidas establecidas pola Xunta de Galicia e o Goberno de España”.

Vila Nova de Cerveira limpa e desinfecta os espazos públicos considerados “sensibles”

A Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e as Xuntas de Freguesía do concello proceden, nestes días, a accións de limpeza e desinfección profunda de rúas e espazos públicos sensibles, é dicir, aqueles nos que se da “unha maior mobilidade de persoas por necesidade de acceso a servizos e bens esenciais”.

Debidamente equipados e utilizando produtos específicos, o persoal municipal e das xuntas de freguesía están a desinfectar elementos da contorna do centro de saúde, farmacias, bancos, colectores de lixo, e todos os espazos que rexistren maior afluencia de persoas como poden ser, entre outros, os supermercados.

A presente intervención no terreo enmárcase no vasto conxunto de medidas aplicadas pola Câmara de Vila Nova de Cerveira no ámbito da prevención e minimización da propagación do novo coronavírus COVID-19.

¿Realmente somos propietarios de algo?

Antes, se decía que el mundo estaba dividido en dos bloques, el comunista y el capitalista. En el primero de ellos no existía, supuestamente, la propiedad individual, todo pertenecía al Estado para que este repartiera con el pueblo, otra cosa después es cómo se hacía ese reparto y hoy no vamos a entrar en esos “pequeños” detalles.

Por otro lado, estaba el mundo capitalista, al cual se dice que pertenecemos y en el cual se dice que existe la propiedad individual, ¿pero verdaderamente es así? ¿Existe dicha propiedad? Si, ya sé que cuando compramos algo, el dinero sale de nuestros bolsillos, porque si no utilizamos los billetes o el dinero de plástico, (ahora también el virtual), que normalmente nos ha costado mucho ganar, pues no vamos a recibir nada a cambio, bien sean productos o servicios, pero, si es así, ¿porqué tenemos que pagar por traspasar algo que es de nuestra propiedad? o ¿porqué no podemos disponer de nuestras cosas a nuestro gusto y otros si pueden hacer lo que quieran?

Vamos con un par de ejemplos de ambos casos. Por ejemplo, si usted compra una casa, bien nueva o usada, va a pagar una serie de impuestos por ella, pero si al cabo de un tiempo la vende, pues vuelta de nuevo a pagar impuestos, y si esa propiedad se la quiere dejar en herencia a un familiar, pues cuando éste reciba la herencia, de nuevo a pagar impuestos, y sin entrar en la consideración de que durante toda su vida, va a tener que pagar la “contribución” por el derecho de tener en propiedad dicha vivienda. La verdad, que esto resulta muy curioso, estás pagando por algo que se supone que es tuyo, por lo cual ya tuviste que pagar cuando la compraste, y ¿contribución? ¿a que estás contribuyendo? ¿al mantenimiento de la misma o que otros puedan mantener la suya gracias a tú contribución?

Ahora veamos el segundo caso, las fincas, por las que por supuesto también se paga contribución y que no tengas la mala suerte de que estén afectadas por el tendido eléctrico, porque entonces ya es lo más incongruente que te puedas encontrar. Por un lado, tienes que contribuir de nuevo, cómo no podía ser de otra forma, por otro lado, cómo está afectada, no la puedes vender porque nadie la quiere, pero además, o plantas lechugas y que no sean demasiado altas o sino vienen los de la contrata de la subcontrata de la contrata de la compañía eléctrica de turno, entran en la que se se supone que es tú propiedad y arrasan con todo. Da igual lo que tengas en la misma, frutales, árboles centenarios, arboles protegidos o melones, lo dejan todo cómo si un tornado hubiera pasado por allí, porque esa gente, no tiene limitación de ningún tipo, tienen carta blanca para hacer lo que quieran, pero si fuera el caso contrario, ojo con cortar ciertas especies arbóreas, porque aunque estén en tú “propiedad”, si están protegidas, no las puedes cortar, pero los de la luz… En casos cómo estos me pregunto, donde está la propiedad, porque si realmente fuera así, no podrían entrar en ella cómo cucos por su casa, ¿y porqué ellos no tiene ningún tipo de limitación y tú ni puedes cortar libremente en tú finca? Claro, no es tuya, solamente para pagar, porque los impuestos, los sigues pagando igual.


De momento, de lo que si podemos decir que todavía somos propietarios, es de seguir recomendando buena música a nuestros lectores y esta semana os proponemos al proyecto llegado desde la tierra del Conde Drácula, Csillagköd, un maravilloso paseo por la música ambiental y por otro lado, un maestro de la música electrónica de la escuela inglesa, Andy Pickford y además en directo, espero que los disfrutéis.

Csillagköd

All The Time

2016

Cuando escucho una nueva producción del sello Spotted Peccary Music, se que no me va a defraudar, porque bien sea de músicos ya reconocidos con una larga trayectoria a sus espaldas o proyectos que todavía están comenzando, el hecho de estar publicados por éste sello nos garantiza calidad y éste es el caso del que presentamos.

Csillagköd es un proyecto que llega desde Hungría, concretamente desde Transilvania, desde la misma ciudad del Conde Drácula y la persona que se encuentra tras el mismo es el joven Oliver Dombi. El nombre del proyecto es una palabra húngara que significa nébula y es que el compositor es un amante de la música nebulosa, ambiental, espacial, profunda…

Dividido en diez cortes, ‘All The Time’ es un fiel reflejo de las inquietudes musicales del compositor, llevan sus sonidos hacia una perfecta combinación de música ambiental y espacial, realizando un recorrido por las nebulosas de nuestro vasto universo, con temas maravillosos cómo el que abre el disco, “’All Directions’ o el maravilloso paseo espacial de diez minutos de duración que supone ‘Cosmic Ocean’, un verdadero placer para los amantes de estos sonidos.

Éste es el tercer trabajo del compositor, un hombre que promete y que esperemos que nos siga deleitando con estos maravillosos caminos espaciales, ‘All the time’.


Andy Pickford

Works Volume One – Live At Emma 1

1996

Para muchos, el nombre de Andy Pickford resultará totalmente desconocido, afortunadamente, para los seguidores de A Ultima Fronteira, no. Estamos ante uno de los grandes de la música electrónica del estilo de la escuela inglesa, cada trabajo suyo es una pequeña obra maestra.

“Works Volume One – Live At Emma 1” es una recopilación de 8 temas interpretados en directo en el año 1994 en el EMMA, un festival de música electrónica celebrado en la ciudad de Derby en UK, pero además de los temas en directo, en ése trabajo que fue publicado dos años después del festival, el compositor incluye un tema en estudio que ya le gustaría a muchos dj de la actualidad lograr hacer uno de esas características.

Andy Pickford ha sido un compositor que siempre me ha entusiasmado por su forma de aunar lo mejor de la música electrónica (secuencias, drones,..) a los ritmos vertiginosos que en ocasiones nos puede llevar la música dance, pasando por el rock, logrando crear una combinación perfecta entre los estilos que se mencionan y que se ven reflejados de especial forma en directo.

Sin lugar a dudas, éste es un disco excepcional para adentrar en el mundo de Andy Pickford para todos aquellos que no lo conozcan.

Nigrán ordena a “limpeza profunda e desinfección” de todos os centros educativos

0

O Concello de Nigrán, ante a situación de crise sanitaria e tendo en conta o parón da actividade educativa, deu orde esta semana á concesionaria da limpeza dos centros para que emprenda unha desinfección e limpeza profunda de todas as instalacións. O persoal iniciou os traballos seguindo o protocolo sanitario e realizando a limpeza sen manter contacto con outras persoas.

“Estas dúas semanas sen actividade lectiva son o mellor momento para emprender este tipo de accións aproveitando que están os centros baleiros, ademáis, son traballos que realizan persoas individualmente e que, polo tanto, non comprometen a súa saúde nin a dos demáis”, indica Juan González, alcalde de Nigrán.

Francisco Castro, «Tantos anos de silencio»

Francisco Castro preséntase de novo perante os seus lectores cunha novela dual e escura, na que, dende o presente, nos traslada aos tempos turbios da Guerra Civil. Non podemos falar dunha única trama, senón de dúas que interfiren entre si e que xudan a conformar a propia novela: a primeira, protagonizada por unha investigadora que anda a traballar na descuberta dunha fosa común no ficticio Pazo de Vila Flavia; a segunda, relacionada co achado dun corpo a varios metros de distancia desa fosa, unha rapaza que garda entre as mans un libro de poemas dun autor descoñecido.

Ánxela, que así se chama a investigadora, vai descubrindo aos poucos unha fermosa historia de amor que non tarda en trocar nun relato de dor e de morte, unha de tantas historias de vinganza absurda coas que se sementaron os primeiros compases da guerra nestas terras. Pero, ao tempo que avanza nesa descuberta, vai deixando ver os seus propios demos: ela tamén padece a súa propia historia absurda de vinganza, de dor e de morte, na que resulta doado atopar numerosas concomitancias coa de Ana, a rapaza que ficou soterrada co seu libro. Asistimos así á constatación de que a alma humana pode ser tan escura como a miúdo o son as súas propias accións, pois tanto tempo máis tarde, os homes repiten os mesmos erros unha e outra vez.

A parte do relato ambientada en 1936 ten que ver co namoramento enfermizo, cun amor non correspondido e unha personaxe, o malfadado Darío Rocha, decidido a reclamar o que unilateralmente considera seu; a parte contemporánea desenvólvese dentro dunha historia de malos tratos e de obsesión posesiva por parte do xa “ex” de Ánxela, que tamén reclama o que unilateralmente considera seu. Como vemos, o combustible que pon en marcha ambas historias é o mesmo, unha concepción posesiva e enfermiza do amor, con resultados tráxicos en ambos casos.

Os soños tronzados dos protagonistas, as ansias de vinganza, a carraxe e, sobre todo, o amor, poboan este libro páxina a páxina construíndo, tal e como se di na contracapa, un relato “violentamente fermoso e fermosamente violento”. E un breve apunte máis para mencionar ese espazo metaliterario que supón o libro achado entre as mans da vítima, e que nos pode inducir a numerosas reflexións sobre a literatura e a viabilidade de certos autores anónimos, que se escapan ao espazo desta recensión.

Para darlle forma á novela, Castro emprega recursos literarios moi diversos, dosificando sabiamente a información que o lector recibe para, deste xeito, mantelo aferrado á novela. A división en capítulos moi breves facilita a axilidade na lectura e a interacción entre ambas historias fai que o relato vaia collendo empaque a medida que nos mergullamos entre as súas páxinas. A todo isto habería que engadir un final rotundo e impactante sobre o que non penso avanzar unha soa palabra pero que, ao meu entender, fai que todas as pezas encaixen como deben de encaixar.

Francisco Castro

Tantos anos de silencio

Galaxia

EU Ponteareas require ao Concello que cese “toda actividade non imprescindible”

Esquerda Unida de Ponteareas expresou hoxe o seu apoio á demanda realizada polos sindicatos con representación no Concello de Ponteareas ao pedir que “cese a actividade en todos os centros de traballo do Concello que non teñan a consideración de servizos mínimos esenciais”.

Así mesmo lémbralle EU ao Goberno municipal “a obriga de proporcionar a todo o persoal que teña que continuar traballando o equipamento e medidas necesarias para previr contaxios. Medidas estas que o Concello debe esixir tamén a todas as empresas con algunha relación contractual”.

Esquerda Unida manifesta o seu “total apoio” a todas as persoas dos servizos públicos “que fan posible que todo siga a funcionar e sobre todo ás traballadoras e traballadores dos servizos sanitarios que estes días están a verse cunha carga de responsabilidade aínda maior do habitual”.

No mesmo sentido, queren tamén recoñecer “a importancia do traballo de todas aquelas persoas dos servizos de limpeza, mercados, supermercados e demais loxística. Sen o seu traballo non seríamos quen de saír adiante”.

A gravidade da situación de loita contra o virus “lémbranos a importancia duns servizos públicos fortes e de calidade e a importancia de que estes servizos públicos esenciais non estean privatizados e dependan dos intereses do mercado, algo que impediría nestes momentos unha adecuada resposta á actual crise”, subliña Esquerda Unida.

Finalmente EU amosa tamén a súa “total solidariedade” con todas as traballadoras e traballadores “que están a ver afectados os seus postos de traballo a causa desta epidemia e agardamos que o Goberno do estado estea a altura das circunstancias”.

Redondela prioriza a tramitación de facturas ás persoas e empresas provedoras do Concello

0

O Concello de Redondela vén de tomar as medidas oportunas para “priorizar ao máximo posible” o pagamento de facturas ás persoas e empresas provedoras do Concello. A medida adoptada polo Goberno que preside Digna Rivas, busca “que os nosos provedores e provedoras non teñan problemas de liquidez e poidan manter a súa actividade laboral e empresarial nestes tempos complicados”, explica a alcaldesa de Redondela.

Trátase, sinalou Digna Rivas, “de medidas encamiñadas a tratar de diminuír o impacto que a crise sanitaria está a producir na economía que, de non tomar medidas correctoras como esta, provocarían falta de liquidez nas empresas e problemas para manter os seus postos de traballo”.

Reducir máis os prazos de pagamento, explica o Equipo de Goberno de Redondela, “é un reto que temos que asumir e as administracións temos que ser conscientes que a crise provocada pola pandemia do COVID-19 fará cambiar o modelo de traballo de todas as administracións”.

Doutra banda, a Alcaldía de Redondela, sempre dentro da restricións existentes en canto á asistencia de persoal e dos prazos administrativos provocada polo estado de alarma, deu as ordes precisas para “avanzar na tramitación dos diversos expedientes de contratación e de subvencións para que o Concello poida axudar a por en marcha de novo a economía mediante a súa dinamización unha vez que se supere a pandemia”, apunta Rivas.

Nese sentido, cómpre sinalar que Redondela foi dos primeiros concellos en tomar disposicións e ditar instrucións para evitar a propagación do COVID-19, instrucións que “posteriormente foron adaptándose e ampliandose a medida que, tanto o Goberno do Estado coma a Xunta ían tomando as correspondentes decisións para afrontar esta crise”, explica o Equipo de Goberno local.

Finalmente, esta vindeira semana, o Goberno local fará pública unha listaxe de taxas que, ou ben quedan en suspenso durante o tempo que dure o estado de alarma do coronavirus o cuxo prazo de pagamento queda prorrogado. “Nunha situación excepcional, as administracións temos que ser quen de adoptar medidas excepcionais de protección dos nosos veciños e veciñas”, remata a alcaldesa Digna Rivas.