Xoves, 17 Xullo de 2025

A Garda Civil investiga a tres mozos pola presunta introdución de billetes falsos de 20 euros en establecementos comerciais do sur de Pontevedra

Tres mozos, veciños de Vigo e con idades comprendidas entre os 25 e 37 anos e con “amplo expediente policial” foron investigados esta semana por pertencer, presuntamente, a un grupo criminal que se dedicaba a introducir moeda falsa, en concreto billetes de 20 euros, a través de establecimentos comerciais do sur de Pontevedra.

As investigacións policiais comezaron hay case que tres meses cando comexouse a detectar en Ponteareas a introdución de moeda falsa por parte de mozos menores de idade que acudían de xeito individual ou en grupos, a distintos establecementos comerciais, facendo compras de pouco valor e recollendo a volta do importe que pagaban cos billetes falsos.

O primeiro aviso produciuse a principios do mes de agosto en Ponteareas, onde o dono dunha pizzería detectou que un cliente pedíralle cambio para a máquina de tabaco cun billete de 20 euros que resultou ser falso. Alertados por esta primeira denuncia, axentes do Posto Princial da Garda Civil de Ponteareas centráronse en analizar os casos producidos durante os últimos meses, investigacións que atoparon máis dunha vintena de denuncias.

Aínda que a maior parte dos casos perpetráronse no municipio de Ponteareas, tamén se detectaron idénticos procedementos noutros establecementos comerciais da Cañiza, Mos e Moaña. As pescudas realizadas por Área de Investigación do Posto de Ponteareas frutificaron coa identificación dos presuntos autores aos que se lles atribúe a comisión de polo menos 23 feitos delituosos.

Trátase de tres mozos de Vigo, dous homes e a noiva dun deles, en idades comprendidas entre 25 e 37 anos, con amplos antecedentes policiais, aos que se lles atribúen outros dous delitos de estafa por encher o vehículo en senllas gasolineiras e marcharse sen pagar, unha delas en Ponteareas e a outra en Mos.

Os investigados, quedaron en liberdade en sede policial e deberán comparecer cando sexan citados no Xulgado de Instrución de garda de Ponteareas, onde se entregaron as dilixencias instruídas.

As investigacións continúan abertas para localizar o resto dos establecementos afectados que, sendo vítimas dos mesmos feitos, decidiron non presentar denuncia. Desde a Garda Civil recoméndase a comprobación destes pagos mediante detectores de billetes de curso legal, sobre todo en establecementos, que é onde os investigados tentan introducilos.

Galicia rexistra un total de 9.554 casos activos por coronarivus e a área sanitaria de Vigo medra por terceiro día consecutivo

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.554 deles 1.847 son da área da Coruña, 1.109 da de Lugo, 856 da de Ourense, 1.277 da de Pontevedra, 2.508 da área de Vigo, 1.085 da de Santiago, e 872 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 100 están en UCI, 468 en unidades de hospitalización e 8.986 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 34.254 persoas curadas, rexistrándose 1.056 falecementos. O número de PCR realizadas é de 789.671.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais. A listaxe de colexios afectados de toda Galicia pode consultarse nesta ligazón.

O histórico artista Xoán Piñeiro terá unha rúa co seu nome en Goián

0

O histórico artista Xoán Piñeiro, vencellado a maior parte da súa vida a Goián, terá finalmente unha rúa dedicada como homenaxe ao se cumpriren 100 anos do seu nacemento. A rúa escollida para este recoñecemento é a que conduce ao antigo obradoiro do artista, situado no número 108 do barrio Tollo, en Goián. A iniciativa da Fundación Xoán Piñeiro contou co total respaldo do Concello de Tomiño, que tal e coma vén facendo cos seus artistas, quere valorizar a súa figura e destacar a contribución do artista á cultura galega e á identidade do concello.

A proposta foi levada ao pleno municipal celebrado este xoves, resultando aprobada co apoio unánime de todos os grupos políticos da corporación. O pleno celebrouse a porta pechada co fin de extremar as precaucións. Para manter as distancias axeitadas de separación entre persoas os concelleiros ocuparon a práctica totalidade do salón de plenos.

Xoán Piñeiro naceu en Nerga (Cangas) en 1920, mais pasou boa parte da súa vida en Goián, lugar que escolleu para instalar o seu estudo e onde o propio artista descansa. Formouse en Madrid, de onde volta en 1962 para instalarse primeiro en Vigo, onde comeza a traballar dentro das murallas do Castro. Dous anos despois trasládase definitivamente a Goián montando alí o seu obradoiro.

A pesar de que a pretensión do artista era o aillamento, o obradoiro de Piñeiro converteuse nun punto de encontro para moitos persoeiros vencellados co mundo da cultura, tales como Eliseo Alonso, Xavier Pousa, Antonio Fernández, ou artistas como Picallo, Antúnez ou Silverio Rivas, así como multitude de aprendices que querían coñecer de preto o oficio da escultura.

Piñeiro conseguiu poñer en marcha unha técnica de fundición inexistente ata o momento en Galicia, baseada na fundición en bronce á cera perdida, polo que pode decirse que é a partir dos anos 70 cando comeza a realizar gran parte da súa obra neste material, converténdose nun auténtico referente escultórico neste eido.

En 1991, unha das súas fillas, Cuqui Piñeiro, reconverte o obradoiro do artista nunha empresa de fundición profesional, perpetuando e ampliando e legado e o espíritu do escultor, con obra en tódalas cidades galegas e con encargos en toda a península.

As concellerías de Medio Ambiente e Ensino de Ponteareas organizaron actividades escolares sobre compostaxe

No marco do programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra, as Concellarías de Ensino e Medio Ambiente, que dirixen Cristina Fernández Davila e Rosa Covelo Alonso, respectivamente, participaron estes días nunha serie de actividades didácticas –adaptadas pola situación da COVID-19– sobre compostaxe, no CEIP Nosa Señora dos Remedios.

O persoal do Revitaliza, coa colaboración da mestra composteira do Concello, estivo no centro escolar cos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria, para poñer en marcha un composteiro e aprender sobre a xestión dos biorresiduos. Ademáis, estará instalada ata o 23 de novembro, na entrada do centro escolar, a exposición itinerante sobre a compostaxe que consta de paneis informativos sobre o tema.

En Ponteareas, dentro do marco do Revitaliza, instaláronse dous centros de compostaxe comunitario e está en proxecto a instalación de máis centros para cubrir as necesidades dos habitantes das zonas urbanas. Tamén se levou a cabo con éxito un proxecto piloto na parroquia de Arcos, onde se repartiron composteiros individuais, xa que nas zonas rurais este tipo de compostaxe é a idónea.

É moi importante fomentar desde ben pequenos unha xestión dos residuos sostible e baseada nunha economía circular onde o máis importante e reducir, logo reutilizar e, por último, reciclar.

As actividades ofertadas para os centros educativos poden consultarse na web revitaliza.depo.gal, e consisten fundamentalmente en propostas presenciais “atractivas” para o alumnado a pesares da pandemia.

A Xunta intervén no problema de Aucosa grazas á presión veciñal e ao traballo do Goberno de Redondela

0

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, comunicou esta mañá ao Concello de Redondela, a decisión de suspender temporalmente a entrada de materia prima na planta de Aucosa ata que non estean instalados os novos equipos que eliminen o problema dos malos cheiros denunciados, reiteradamente dende hai máis dun ano, tanto por parte dos veciños e veciñas coma do Concello de Redondela.

O edil de Medio Ambiente, Roberto Villar, amosou a súa satisfacción pola decisión de Calidade Ambiental e salienta “o traballo continuo” que desenvolveu o actual Goberno dende a súa chegada ao Concello “na procura dunha solución a un problema que ameazaba a calidade de vida da veciñanza da zona”. A preocupación do Goberno, lembra o concelleiro, queda reflectida nos “numerosos partes realizados pola Policía Local a requirimento da veciñanza” partes que posteriormente eran enviados á dirección xeral de Calidade Ambiental.

As reiteradas peticións de reunións coa administración ambiental da Xunta de Galicia realizadas polo Concello de Redondela, apoiadas polo traballo da veciñanza, incluída unha recollida de sinaturas na que daban conta da situación que estaban a vivir, deron o seu froito e a alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, mantiñan unha reunión coa directora xeral de Calidade Ambiental, Sagrario Pérez, quen se comprometeu a obrigar á empresa a cumprir o compromiso de instalar os equipos que eliminasen os malos cheiros autorizados nunha resolución do 16 de marzo da Xunta de Galicia.

Os incumprimentos por parte da empresa, fixeron que o 29 de outubro, a Dirección Xeral, iniciase un expediente sancionador a Aucosa “e a imposición da medida provisional consistente na prohibición temporal de admisión dos subprodutos animais e produtos derivados non destinados ao consumo humano”, é dicir prohibíase a admisión de materia prima.

A medida, sinala o escrito da Xunta, adoptábase en base a “existencia dos malos olores, molestos e insalubres” que afectaban á veciñanza de Rande, Trasmañó e Chapela “derivados da falta de instalación dos novos equipos autorizados na resolución do 16 de marzo de 2020”. O pasado día 11 de novembro, o Servizo de Inspección da Dirección Xeral visitaba as instalacións da empresa “constatando o incumprimento da medida provisional”, polo hoxe mesmo, vía fax, pedían a colaboración do Concello de Redondela “aos efectos de comprobar o cumprimento da referida medida provisional e de informar o comunicar calquera incidencia detectada na mesma”.

A alcaldesa Digna Rivas subliñou o feito de que a suspensión temporal decretada pola Xunta “non fai máis que reafirmar a postura do Goberno local e da veciñanza sobre a necesidade de que, para instalar os novos equipos que eliminen definitivamente o problema dos malos cheiros, é preciso que nese tempo a empresa paralice a recepción de materia prima”.

A rexedora local agradeceu á directora xeral de Calidade Ambiental “que cumprira os compromisos acadados na antedita reunión” e que escoitara as reclamacións da veciñanza “ante un problema ambiental que esta orixinando unha perda na súa calidade de vida e un perigo para a súa saúde”.

“A prioridade deste Goberno –asegurou Rivas– foi, é e será a defensa dos intereses da veciñanza sempre dentro dos límites que marca a lexislación vixente e, a resolución da Xunta da a razón aos veciños e veciñas e ao traballo incesante dos técnicos do Concello e da propia Policía Local “

Doutra banda, cabe salientar que AUCOSA solicitou licencia para a construción dunha nave para a nova planta para a actividade de transformación de coproduto de atún, obra que ten informes desfavorables tanto técnicos coma xurídicos por incompatibilidade urbanística. Hoxe mesmo, sinala a alcaldesa Digna Rivas, asinouse o oficio para trámite de audiencia de 10 días á empresa, previo á resolución de denegación de licenza.

Recuperación ambiental e paisaxística en Porto Maior

0

O Concello das Neves ven de rematar a primeira fase do proxecto de mellora do entorno e integración paisaxística da praia de Porto Maior. Os traballos desta primeira actuación consistiron na retirada de especies invasoras e roza da área que rodea a praia dende a beira do río ata a vía de acceso.

Na seguinte fase, que rematará en marzo de 2021, realizaranse varias actuacións entre as que se inclúen a creación de sebes con especies frondosas nas beiras dos camiños, ampliación e acondicionamento da actual zona de aparcadoiro, reparación de mobiliario en mal estado e a colocación dunha árbore conmemorativa.

O proxecto, executado pola empresa Sherpa Project, e que conta con todos os permisos de actuación (Patrimonio, ADIF e a Comunidade de Montes das Neves), terá un custo total de 24.087,71€, dos cales 19.916,00€ serán cubertos polas Axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agro-ambientais e climáticos en concellos incluídos na
Rede Natura 2000 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Deputación estréase na Xunta Directiva da Rede de Cidades pola Bicicleta

A Deputación de Pontevedra vén de participar por primeira vez como membro de pleno dereito da Xunta Directiva da Rede de Cidades pola Bicicleta (RCxB), que se reuniu de maneira  online para afrontar os temas máis importantes nos que traballar para os próximos meses.

O deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez partillou no encontro coa directiva, formada polo director Antoni Poveda, da Área Metropolitana de Barcelona (AMB), e das vicepresidencias de Juan Carlos Cabrera (Sevilla), Rebeca Pérez (Murcia), Alfonso Gil (Bilbao) ou Giuseppe Grezzi (Valencia), cidades todas elas de importante poboación e tradición de bicicleta. Tamén forman parte da directiva como vogais os concellos de Valladolid, Alicante, Donostia, Zaragoza, Santander, Gijón, Palma de Mallorca, El Prat de Llobregat, Sant Boi de Llobregat, Fuenlabrada, Elx, ou Cáceres, e tamén participan os concellos de Barcelona e Madrid, a Diputació de Barcelona, a Diputación Foral de Gipuzkoa e Generalitat de Catalunya, todos eles asociados moi activos na rede.

O Presidente, Antoni  Poveda, aproveitou a apertura da mesma para saudar ás novas incorporacións á Xunta Directiva, as Deputacións de Bizkaia e de Pontevedra, así como para agradecer a participación de todos os asociados na Xornada de Boas Prácticas celebrada hai uns días..

Unha vez máis o encontro celebrouse en formato  online, debido ás limitacións da pandemia, e coa numerosa e activa participación dos seus membros en todo o país, conseguindo un efecto sinerxia en favor deste medio de transporte tan importante para as cidades especialmente nestes momentos.

Segundo se puxo de manifesto, a mobilidade en bicicleta xa era un dos principais eixos de transformación urbana da última década, nun contexto global de emerxencia climática e de crise de calidade do aire nas cidades. Pero o contexto de excepcionalidade vinculado á Covid-19 supuxo un revulsivo para a bicicleta como alternativa de mobilidade. “Co referente dalgunhas  actuacións realizadas en diversas metrópoles europeas e do resto do mundo, xeráronse nas nosas cidades múltiples intervencións en diferentes ámbitos co obxectivo de mellorar as condicións para a mobilidade en bicicleta, que se mostrou como unha das alternativas máis seguras para evitar a propagación do virus”, subliñan dende a rede.

Como resto de temas tratados na orde do día, dirixida polo secretario técnico Nacho Tomás, destacaron as alegacións que a RCxB presentará á Lei de Mobilidade Sostible e Financiamento do Transporte, os traballos de finalización do Observatorio da Bicicleta 2020 que se presentará o día 11 de Decembro na Asemblea Xeral, as novidades do  BiciRegistro e a súa implantación en tendas de todo o país, os Premios  Bikefriendly 2021 que xa están en marcha, o Mapa de entidades ciclistas, a proposta formativa de Factoría de Ciclistas, a enquisa da  Zikloteka e o Embaixador da Bicicleta 2020.

O albergue e o entorno do Pazo de Mos reciben a “Q de Calidade”

0

Ven de facerse pública a boa nova de que lles foi concedida a “Q de Calidade” ao Albergue de Santa Baia e á zona do Pazo de Mos, polo que a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, felicitou encarecidamente á Fundación Pazo de Mos.

A distinción de “Q de Calidade” foille concedida ao Albergue de Santa Baia e á zona do Pazo, incluíndo tanto a contorna inmediata do edificio como os parques e sendeiros próximos, ubicados na zona da Pesqueira cunha superficie de arredor de 60.000 metros cadrados aproximadamente. Toda esta zona ven de ser catalogada como Espazo Público Singular.

A Fundación Pazo de Mos traballou duramente para conseguir a “Q de Calidade”, un distintivo que outorga o Instituto de Calidade Turística e que foi tramitado, con financiación autonómica, para a contorna do Pazo de Mos e o Albergue de Santa Baia. Por este gran e arduo labor a alcadesa dedicoulle hoxe á Fundación a súa sinceira felicitación.

Entre os Bens de Interese Cultural que certifica a “Q de Calidade” en Mos atópanses xardíns, rúas, monumentos, prazas, parques, sendas e outro tipo de espazos. Na súa inmensa maioría son de titularidade pública, razón pola que a xestión da calidade é clave para que os turistas obteñan unha experiencia de calidade, única e singular no destino.

As certificacións en sistemas de calidade como a “Q”, son implantadas a título individual por unha empresa, aínda que actualmente o ICTE describiu un Sistema de Xestión de Calidade Espazo Público Singular (EPS). Trátase dun espazo de uso turístico que destaca polo seu valor arquitectónico, cultural ou natural, representativo do destino no que se atopa e xestionado total ou parcialmente por un ente público. É un programa desenvolvido pola Consellería de Turismo e Cultura e ICTE a través dun convenio asinado este mesmo ano para a incorporación da “Q” de Calidade no Camiño de Santiago.

Ten como finalidade a xestión integral e permanente da calidade e trata de lograr un nivel de calidade homoxéneo nos servizos ofrecidos ao turista dentro dese destino. Ademais co traballo conxunto e en gobernanza de entidades públicas e privadas, Fundación Pazo de Mos, Concello de Mos, Asociación de Veciños Santa Baia e Comunidade de Montes de Mos, non soamente se crea unha estrutura permanente de xestión e impulso da calidade, senón que se garantirá a estabilidade e continuidade do proxecto, así como a promoción da implantación dos estándares de calidade intersectoriais e sectoriais nas empresas/servizos turísticos do destino.

O traballo para lograr estes distintivos de compromiso e esforzo no proxecto levado a cabo nestes últimos anos tamén ten entre os seus obxectivos o de incrementar a implicación dos axentes do territorio.

O Concello do Rosal consegue unha subvención de case 48.000€ para o fomento da compostaxe in situ

0

O Rosal segue a dar pasos para aumentar os niveis de reciclaxe actuais e acadar as taxas establecidas na normativa europea. O Concello vén de acadar unha subvención de case 48.000 euros para poñer en marcha un programa de prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos destinadas ao fomento da compostaxe in situ ao abeiro dunha liña de axudas posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda confinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

“Dispoñemos de fondos europeos para dotar a toda a veciñanza das ferramentas necesarias para xestionar os seus biorresiduos e reducir o impacto ambiental de todos os residuos. Con este proxecto traballaremos para potenciar a autocompostaxe nas vivendas e a recollida selectiva en orixe, fomentar a trituración dos restos leñosos para evitar a queima ou que acaben nos colectores de resto e tratar de reducir o volume de residuos a tratar ou eliminar no vertedoiro”, salienta a concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente.

O Rosal acadou, xunto á Deputación de Ourense, a mellor puntuación na memoria do proxecto entre todos presentados á liña de subvencións e desenvolverase ao longo dos anos 2020 e 2021. Dende o Concello queren agradecer o traballo realizado polo responsable técnico da concellería de Medio Ambiente no desenvolvemento do proxecto.

Compostaxe colectivo e individual e biotrituradoras

Na actualidade, O Rosal ten unha porcentaxe de recollida selectiva do 33,2%, por riba da media estatal e autonómica pero lonxe dos obxectivos fixados nas directivas europeas e nos plans nacionais e autonómicos de residuos. Os datos amosan un estancamento nas cantidades recollidas na fracción resto e un aumento progresivo na das nas tres fraccións maioritarias: 138,7 toneladas de vidro en 2019; case 125 Tn de papel/cartón e 116 toneladas de envases. Agora, a  través deste proxecto o Concello desenvolverá varias actuación “conectadas entre si coa pretensión de afrontar a xestión da materia orgánica dun xeito integrado e de achegar a compostaxe a toda a poboación”.

Así, porá en marcha un sistema de préstamo de 6 biotrituradoras eléctricas para que os veciños e veciñas do Rosal poidan desfacerse dos seus propios restos vexetais. O obxectivo é establecer un modelo de préstamo semanal cómodo para as persoas usuarias co que se estima que máis de 300 fogares ao longo do ano poderán triturar os restos de poda e que permitirá obter estruturante de calidade para empregalo en todas as vivendas que teñan composteiro individual.

Trátase dunha iniciativa moi importante, xa que nos concellos rurais a porcentaxe de fracción vexetal pode acadar ata un 10% do lixo domiciliario. No caso do Rosal estímase que na actualidade estanse a xerar 230 toneladas anuais que xeralmente se queiman ou se depositan nos colectores de resto, “con todo o impacto medioambiental que iso supón”.

Por outra banda, crearanse dous novos centros de compostaxe comunitaria (CCC) para ampliar a cobertura das edificacións verticais dos barrios do Calvario, Couso e unha pequena parte do Casal e A Lomba. Ademais, nesa contorna hai varios produtores singulares e edificios municipais que tamén poderían beneficiarse destes centros para a xestión dos seus restos orgánicos. Cada centro contará con 6 unidades modulares con posibilidade de ampliación en función da demanda. Así, cos tres centros operativos o Concello podería atender a unhas 600 persoas e xestionar unhas 60 toneladas de materia orgánica ao ano.

O proxecto tamén inclúe accións para potenciar a compostaxe individual para vivendas que dispoñan de espazo suficiente. Actualmente existen 408 composteiros instalados por todo o municipio con capacidade para tratar unhas 147 toneladas ao ano. O obxectivo é adquirir uns 500 composteiros que se sumarán aos 200 dos que xa dispón o Concello para ofrecer este servizo a unha poboación estimada de 1.700 persoas. Estes composteiros repartiranse por solicitude e a través de visitas porta a porta.

Todas estas iniciativas completaranse cunha campaña de sensibilización encamiñada a dar a coñecer o proxecto e a involucrar á poboación para que participe nel. Para acadalo desenvolveranse contidos dixitais que se difundirán a través da web e das redes sociais do Concello e realizaranse actividades de formación tanto en centros educativos como nos distintos barrios se a situación epidemiolóxica o permite.

O proxecto ‘Ágora’, alineado cos obxectivos do Ministerio de Mobilidade e Axenda Urbana, pode acadar financiamento europeo

O proxecto ‘Ágora’ da Deputación para a recuperación de espazo público nos concellos da provincia está alineado cos obxectivos do Ministerio de Mobilidade e Axenda Urbana e será susceptible de conseguir financiamento europeo. Así o indican fontes ministeriais tras o encontro en Madrid do deputado de Mobilidade e Espazo Público da Deputación, Uxío Benítez, co director xeral de Axenda Urbana e Arquitectura do Ministerio de Mobilidade e Axenda Urbana, Iñaqui Carnicero.

Benítez mantivo a reunión en Madrid, na que tamén estivo persoal técnico de ambas administracións, co obxectivo de presentar o proxecto ‘Ágora’, obtendo “moi boa sintonía e receptividade”, xa que a Deputación de Pontevedra está a ser unha das institucións que está traballando a nivel estatal para recuperar espazo público para as persoas fronte ao vehículo privado.

Benítez lembrou que Ágora ten como obxectivo recuperar o espazo público nos concellos da provincia de forma cuantificable en números e co obxectivo de reverter a tendencia actual de ‘invasión’ dos vehículos a motor para que en 2023 o espazo destinado aos peóns sexa maioritario. Neste momento, dixo o nacionalista, Ágora ten adheridos 44 concellos, o 75% ámbito provincial, se ben hai outros que están a traballar para unirse á rede. En xeral, subliñou o deputado, os mandatarios locais están asumindo a necesidade de recuperar espazo público, agora con maior motivo debido á pandemia da COVID-19 e á urxencia de contornas seguras e amplas para manter a obrigada distancia física.

Con esta base, o deputado de Mobilidade e Espazos Públicos Uxío Benítez, quixo dar a coñecer a iniciativa de primeira man aos representantes do Ministerio co fin de iniciar unha colaboración sostida entre administracións. A receptividade atopada foi total, xa que segundo confirmaron fontes ministeriais os obxectivos e os principios de ‘Ágora’ encaixan plenamente cos da Axenda Urbana Española e están “aliñados” coas actuacións e iniciativas que está desenvolvendo o Ministerio en relación á economía baixa en carbono.

Desde a Dirección Xeral lembraron que a Axenda Urbana Española impulsada polo Goberno estatal é a folla de ruta que vai marcar a estratexia e as accións para levar a cabo ata 2030, para facer de vilas e cidades “ámbitos de convivencia amables, acolledores, saudables e concienciados” elaborando para cada lugar candanseu propio Plans de Acción.

Neste sentido, Benítez lembrou os ‘Principios Ágora’, resaltando que o espazo público é un dereito da cidadanía, que as persoas teñen que ser as primeiras beneficiarias, que hai que apostar pola mobilidade sustentable, inclusiva, a autonomía infantil, as mobilidades alternativas, os espazos seguros, un hábitat saudable e espazos amables e de calidade, e que propicien unha actividade económica de proximidade.

Noutra orde de cousas, o deputado Uxío Benítez tamén presentou a Iñaqui Carnicero o proxecto para a construción dunha nova ponte peonil que una os concellos transfronteirizos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira. Destacou que se trata dun proxecto incluído dentro dunha Estratexia de desenvolvemento do territorio a medio prazo co fin de potenciar as súas singularidades e aumentar a calidade de vida da cidadanía miñota.

Tanto sobre ‘Ágora’ como sobre a ponte peonil, dende o Ministerio subliñaron que aínda que non pode existir un compromiso firme sobre posibles axudas para o financiamento, trátase de “proxectos alineados cos obxectivos do Ministerio e que poderían ser susceptibles de alcanzar fontes de financiamento europeo unha vez se definan os programas para canalizar ditos fondos”.

‘Concellos Ágora’

Unha vez pechado o prazo para formar parte da rede ‘Ágora’ e beneficiase das súas iniciativas, na comarca de Pontevedra adheríronse o concello de Pontevedra –de maneira simbólica-, Poio, Barro, A Lama, e Cerdedo Cotobade; da comarca de Caldas o concello de Caldas, Catoira, Moraña e Portas, amosando tamén o seu interese o Concello de Cuntis.

Na comarca do Morrazo a adhesión foi practicamente total, xa que aprobaron en Pleno ou por Xunta de Goberno os principios da rede e a adhesión os municipios de Marín, Vilaboa, Bueu e Moaña, só quedando fóra o concello de Cangas. Na comarca do Salnés a adhesión tamén foi global, xa que aprobaron en Pleno ou por Xunta de Goberno os principios da rede e a adhesión os municipios de Vilagarcía, Sanxenxo, O Grove, A Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia, Meaño e Meis.

No caso da comarca de Vigo a participación foi formalizada por Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Soutomaior, Pazos de Borbén,  Fornelos de Montes, Nigrán, e Gondomar quedando fóra Redondela, Baiona e o concello de Vigo. Na comarca do Baixo Miño hai pleno de integración na rede, con Tomiño, O Rosal, Tui, A Guarda e Oia, e no Condado-Paradanta aprobaron formalmente a participación no proxecto os municipios de Ponteareas, As Neves, Salvaterra, Arbo, Covelo e Crecente.

No caso das comarcas do Deza-Tabeirós a adhesión foi aprobada pola metade dos concellos, incorporándose Silleda e Vila de Cruces, e tamén A Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade, coas ausencias de Lalín, Agolada, Dozón e Rodeiro.

O Rosal xa conta cun desfibrilador no Auditorio Municipal

0

O Concello do Rosal acaba de instalar un desfibrilador semiautomático externo (DESA) no Auditorio Municipal, un dispositivo financiado pola Deputación de Pontevedra ao abeiro das subvencións provinciais a entidades locais cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.

Este novo recurso permitirá reducir o tempo de actuación en caso de producirse un episodio de parada cardiorrespiratoria. “O tempo é un factor determinante cando ocorren estes casos, por iso achegar estes recursos á veciñanza situándoos en lugares públicos é fundamental para tentar salvar vidas”, explica a concelleira Sara Vicente.

A cor azul tinguirá durante esta fin de semana o Pazo Provincial da Deputación para conmemorar o Día Mundial da Diabetes

A Deputación de Pontevedra iluminará de azul o seu Pazo Provincial na tarde deste venres ata o luns ao abeiro da conmemoración do Día Mundial da Diabetes, que terá lugar este sábado 14 de novembro. Deste xeito, a institución súmase ás propostas impulsadas por ANEDIA, Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia, para conmemorar esta data e visibilizar a enfermidade. Así, xunto á iluminación do Pazo, a Deputación tamén difundirá nas redes sociais un vídeo sobre a doenza e as deputadas Olga García e Ana Laura Iglesias participarán na entrega de premios da VII Milla Solidaria, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

A cor azul que tinguirá o Pazo provincial durante a fin de semana é a protagonista do propio logotipo do Día Mundial da Diabetes, un círculo azul que representa á enfermidade e quere transmitir un significado positivo de vida e saúde. Esta cor, amais, é a mesma que a da bandeira das Nacións Unidas, poñendo en valor tamén a unidade da comunidade internacional en resposta á diabetes. O Día Mundial da Diabetes celébrase o 14 de novembro, coincidindo co aniversario de Frederick Banting quen con Charles Best concibiu a idea que os conduciría ao descubrimento da insulina, en 1921. Segundo a OMS dende 1980 o número de persoas con diabetes tense cuadriplicado no mundo, afectando a 422 millóns de persoas. En España sobre seis millóns sofren a enfermidade. Neste 2020, o Día Mundial da Diabetes celébrase co lema “Diabetes: O persoal de Enfermaría marca a diferencia”, enxalzando o papel clave deste persoal no coidado, educación e apoio das persoas con diabetes.

O Relato de Frei Claude de Bronseval de 1533 (VIII)

No percorrido que vimos realizando pola literatura odepórica relacionada co paso de peregrinos e viaxeiros polo territorio tudense achegámonos hoxe ao ano 1533 en que conservamos o relato de Frei Claude de Bronseval. Era secretario do abade do mosteiro de Clairvaux, Edme de Salieu. Éste visita España en 1532 para asistir aos capítulos xerais dos mosteiros da orde do Císter en España e Portugal, nas vésperas do agrupamento destes mosteiros en torno á Congregación de Castela, no proceso reformista característico da vida monástica no século XVI. Claude de Bronseval foi realizando notas na súa viaxe e ao regreso recolleunas na obra Incipit Peregrinatio Hispanica. Este diario de viaxe estivo inédito ata o seu descubrimento en 1944 por Émile Jalibois, foi editado polo historiador cisterciense Dom Maur Cocheril en 1970. En España foi traducido do latín por Francisco Calero Calero en 1991.

Na súa visita a España, tras percorrer varios territorios, chegan a Galicia polo Camiño Francés ata o mosteiro de Sobrado, logo visitan Santiago de Compostela, Padrón, Caldas de Reis, o mosteiro de Armenteira, por ser da Orde do Cister, e Pontevedra.

Y luego llegamos a un pueblo grande llamado Redondela. En esta villa fortificada, aunque es grande, no pudimos encontrar posada. Un peregrino de Roma, que había regresado de allí recientemente y había pasado por Francia, acordándose de las buenas posadas de allí, nos ofreció su casa y nos instaló en ella muy bien y con limpieza. El mar fluye frente a las casas de la villa, formando un puerto.

El día 27, al salir, anduvimos por un camino bastante fácil en medio de montes estériles, y por fin llegamos a una aldea llamada Porriño. Allí comimos. Después de comer muy pobremente, partimos y por un valle bastante amplio en medio de montes, en parte pastizales y en parte pedregosos, en una región nada fértil y por un camino muy malo llegamos a la ciudad tudense, en la lengua gallega Tuy (Touy no texto latino orixinal), que constituye el límite del reino de Galicia. Está situada en una colina que se atraviesa frente a un gran río llamado Miño, que separa el reino de Galicia y el de Portugal en esta región y en este clima. Tuvimos allí una gran dificultad para encontrar posada, como si fuéramos bárbaros o agarenos y se reían de nosotros sus vecinos. Al observar esto, dos hermanos de la orden de predicadores nos condujeron a casa de una vieja y le rogaron que nos alojase. Este fue nuestro último lugar de hospedaje en Galicia; allí decían que era óptimo, pero aquí sería en verdad pésimo. Como Monseñor pasease por la ciudad, buscando una iglesia según su costumbre, fue visto por un canónigo de la catedral a quien pareció ser un hombre importante; y envió un mensajero a nuestro hospedaje para preguntar quién era. Una vez escuchada la respuesta, quiso retener por la fuerza a Monseñor y alojarlo en su casa, y envió a buscarnos a nosotros y a nuestros equipajes a fin de alojarnos y cuidarnos a todos. Después de darle las gracias Monseñor volvió a la posada, donde aquella noche durmimos a la manera gallega entre suciedades y malos olores.

Igrexa de San Domingos de Tui

El día 28, después de oír temprano la misa en la iglesia del convento de los hermanos predicadores, que está fuera de las murallas de la ciudad, partimos a través de campiñas grandes, pero muy estériles y sin cultivar, teniendo a la derecha montes escarpados y a la izquierda el río, avanzamos algún tiempo y dejamos de un lado una villa llamada Valença de Minho, muy fortificada, y situada encima de una colina al otro lado del citado Miño y enfrente de la ya nombrada ciudad de Tuy. Es la primera población de Portugal enfrente del reino de Galicia en esta región. Avanzamos siempre a lo largo del río en una comarca mísera y llegamos a comer en un lugar llamado La Barque (A Barca en Goián) en una posada situada por encima de la orilla del río. Allí fuimos mil veces mejor alojados y tratados que lo habíamos sido en la ciudad de Tuy. Enfrente de este lugar, a la otra parte del río Miño, hay un castillo muy fortificado llamado Vila Nova de Cerveira construido sobre la otra orilla del río, rodeado de muchos viñedos y protegido por un doble recinto de murallas, constituyendo la frontera con Portugal. Después de comer, nos fue preciso atravesar el río en barca de tres en tres, y los tres del segundo viaje escaparon de milagro de un peligro muy grande de hundimiento, según me contó el barquero a mí que pasaba el último. Una vez pasado el río, estuvimos en la tierra y reino de Portugal1

Bronseval mantén ao longo da súa obra unha constante queixa polo deficiente estado dos aloxamentos en España e moi especialmente de Galicia, pero como temos lido no caso tudense as súas críticas son acerbas. Resulta curioso que unha comitiva de ata seis persoas que acompañaban ao abade Edme de Saulieu non visitará ao bispo e fose directamente a procurar unha hospedaxe ou non se deran coñecer ao dominicos que os atenden. Serafín Bodelón nun traballo2 sobre o itinerario de Bronseval sinala que o Abade de Claraval foi recibido polo bispo tudense ao coñecer a súa identidade avisado por un cóengo, pero como temos comprobado no texto do relato non se recolle este dato. Tamén resulta curioso a comitiva cruce o río entre Goián e Vilanova de Cerveira, un caso único nos relatos de peregrinos que evidencia que o camiño por Tui – Valença era o comunmente empregado por viaxeiros e peregrinos.


1 Ver Viaje por España: 1532-1533 : (Peregrinatio hispanica) de Claude de Bronseval; Francisco Calero Calero (ed. lit.), Centro de Estudios Ramón Areces, 1991

2 Bodelón, S.: “Bronseval: posadas y caminos en la castilla del siglo XVI según “La peregrinatio hispánica”. Tiempo y sociedad, nº 4, 2011, p.

80 infectados pola Covid-19 e 254 persoas en illamento e monitorizadas no Porriño

O Porriño continúa a ser un dos concellos en alerta vermella por incidencia acumulada de contaxios na área sanitaria de Vigo xa que “a situación segue a ser grave”, segundo valorou a alcaldesa Eva García. Actualmente hai no Porriño 80 infectados confirmados pola Covid-19 e 254 persoas máis que están illadas como contactos estreitos en seguimento.

Estes datos así como as medidas a desenvolver polo Concello analizaranse o vindeiro luns 16, na reunión da Comisión Municipal de Seguimento convocada para as 13 horas e participada polo goberno local e os grupos políticos da corporación.

Eva García participou onte na reunión telemática que o conselleiro de Sanidade mantivo cos alcaldes e alcaldesas da área de Vigo que están no ámbito do peche perimetral vixente dende o sábado 7.

A alcaldesa porriñesa demandou os datos concretos da incidencia no concello e acadou unha información máis detallada de Julio García Comesaña e o seu equipo. Segundo os datos que lle deron, entre os 80 casos confirmados activos hai 5 traballadores, veciños do Porriño, que proceden dun gromo nunha industria cárnica con máis de 40 afectados.

En canto ás 254 persoas monitorizadas no Porriño e que deben gardar illamento, trátase de todas aquelas que como familiares, conviventes e laborais que tiveran contacto cun caso positivo ata 48 horas antes de ser diagnosticado e illado.

Á vista destes datos e da continuidade do Porriño en máximo nivel de alerta, a alcaldesa reiterou a apelación á veciñanza para que cumpra cos protocolos e acepte as medidas restritivas que son para protexernos e non para amolar a ninguén”, declarou.

Un proxecto de musealización, apoiado nas tecnoloxías do século XXI, devolverá este verán ao Castelo de Sobroso todo seu esplendor medieval

“En xullo vémonos no castelo musealizado de Sobroso”. Con este desexo “obxectivo”, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, presentou hoxe o ambicioso proxecto de musealización, que ten un orzamento de 300.000 euros, que mergullará ás persoas visitantes na rica historia da fortaleza da comarca do Condado, apoiándose para elo nas últimas tecnoloxías audiovisuais do século XXI.

Carmela Silva destacou a súa satisfacción por poder poñer en marcha “un proxecto vangardista, que falará da historia, do patrimonio e da cultura dende unha contorna medioambiental incomparable, que converterá ao Castelo de Sobroso nunha referencia turística de primeiro nivel da provincia e de Galicia”. O goberno provincial xa aprobou o proxecto, e xa está dotada a partida nos Orzamentos de 2021. Agora se está a traballar nos pregos de contratación co obxectivo de licitar o antes posible unha obra que ten un  prazo de execución de catro meses. “Este castelo merece a atención e o compromiso da Deputación de Pontevedra”, destacou Silva, quen cualificou como “un luxo” poder contar co Concello de Ponteareas, “que sempre facilita todo e colaborou na elaboración do Plan de Actuación que agora concretamos con esta musealización que xa estamos desexando visitar”. Na súa opinión, Sobroso “é unha insignia patrimonial, unha xoia da arquitectura, a historia e a cultura dun pobo”.

Pola súa banda, Xosé Represas, tras agradecer a visión da Deputación “para impulsar un proxecto que non é local,  senón provincial e mesmo de país”, destacou que o castelo “pasou dunha situación de desleixo e mesmo de abandono a un esforzo incomparable de recuperación e posta en valor”. “Cando un entra na finca parece que entra noutra época histórica; con este proxecto acentuarase aínda máis a sensación e, ademais, veremos con claridade o importante que Sobroso foi non só para Galicia, senón tamén para Portugal”.

Un percorrido dunha hora, con sete salas, videomapping e “experiencias sorprendentes”

O proxecto da fortaleza medieval do Condado segue a senda de éxito que xa supuxo a musealización do castelo de Soutomaior e, como no seu caso, conta tamén cunha nova imaxe corporativa, un deseño limpo que reproduce a súa silueta e que se incorporará a toda a sinaléctica e promoción. 

As visitas a Sobroso consistirán nunha ruta de en torno a unha hora de duración en grupos reducidos de ata 15 persoas.  Durante o traxecto visitaranse as distintas estancias dos dous corpos arquitectónicos do castelo. Acollerán un total de sete audiovisuais que contarán a historia cun enfoque ameno. Como destacou Carmela Silva, apóstase polo “turismo experiencial” e o apoio decidido nas tecnoloxías de luz e son do século XXI para mergullarse na historia. As visitas ofreceranse en galego, español e inglés.

“Sobroso na paisaxe” é o primeiro audiovisual, consistente nunha gran impresión fotográfica no solo da primeira estancia. Ademais, as paredes disporán de caixas retroalimentadas e ofrecerán imaxes de referencia. En palabras da presidenta, as persoas visitantes “sorprenderanse ao verse envoltas, directamente, polo territorio” . “A historia do castelo e os seus habitantes” é a segunda experiencia da visita. Consiste nun audiovisual sobre o vidro, coa escenografía dunha gran vitrina onde se sincronizarán imaxes cos obxectos do interior. Narrará a vida na fortaleza medieval. “O castelo, protagonista na Idade Media” agardará aos visitantes, deseguido, cunha montaxe con diversas tarimas e elementos téxtiles. Cada módulo estará asociado a unha personaxe histórica vinculada a Sobroso: Urraca I de León, Alfonso VII de León, Dinis de Portugal e Isabel de Aragón. Como destacou Carmela Silva, catro persoeiros “dispostos nun espazo paritario, con dúas mulleres e dous homes relevantes da nosa historia”.

“O castelo, da destrución á recuperación” será, sen dúbida, un dos audiovisuais que marcarán a visita. Utiliza, ao igual que xa se fixo en Soutomaior, a tecnoloxía do “videomapping” (proxección sobre elementos) para resaltar a sillería das paredes do castelo. A presidenta destacou que apóstase por simular a destrución e reconstrución do castelo sobre as propias pedras. Todo elo sincronizado cunha historiografía ben traballada e cunha narradora virtual que explicará os cambios producidos ao longo do século XX.

“Os seres máxicos e a auga” é outro dos audiovisuais que non deixarán indiferente a ninguén. “A xente vai quedar moi sorprendida, pois aparecerá néboa, “destellos” de luces e unha locución que nos achegará ás lendas dos bosques de Sobroso”, destacou Carmela Silva. Os efectos quedarán acentuados pola utilización de luz cáustica nun ambiente envolvente e moi suxestivo.

“A construción do castelo”, xa dende o corpo da torre da homenaxe, amosará paneis gráficos dedicados aos traballos para erixir a fortaleza. Ademais, introducirá ao público no oficio da cantería, con explicacións sobre as marcas de canteiro que abundan neste espazo e están repartidas por toda a construción. Estes elementos estarán sinalizados e explicados en detalle.

“Os castelos, escenario de trobadores” acollerá unha nova proxección consistente en dúas persoas namoradas, sentadas no parladoiro situado neste nivel da torre. Ao seu carón un trobador, proxectado sobre unha tea de tul transparente rememorará a lírica da Idade Media. A presidenta Silva subliñou que era necesario poñer en valor os “fermosos parladoiros de Sobroso, un dos elementos patrimoniais máis distintivos do castelo”. Silva aproveitou para comentar que tamén houbo mulleres trobadoras e mesmo hai teorías que sinalan que As Cantigas de Amigo foron compostas por unha muller.

A visita guiada a Sobroso concluirá co acceso á terraza que culmina a prominente torre da homenaxe. Unha atalaia dende a que se divisa unha ampla vista de todo o Condado e que, nos días claros, alcanza ata Portugal. A terraza estará equipada con atrís con imaxes panorámicas para  permitir identificar todos os fitos e elementos da paisaxe.

Carmela Silva destacou que con esta musealización culmina unha andaina de valorización do castelo iniciada en 2015, co cambio nos gobernos da Deputación e do Concello de Ponteareas (propietario do edificio, aínda que este estea situado no termo municipal de Mondariz). Neste tempo fixéronse traballos de reforestación da finca, dotación da senda botánica con códigos QR, mellorouse o merendoiro, organizáronse visitas teatralizadas nos dous últimos anos, accións culturais (como o programa Re-Acción nos Castelos), completouse o perímetro de acceso e fíxose o mantemento das zonas verdes, entre outras melloras. A Deputación leva investidos no castelo nos últimos 5 anos máis de 1.275.000 euros. Froito deste traballo de recuperación emprendido, o castelo de Sobroso recibe preto de 20.000 visitantes anuais e neste 2020, a pesar do peche durante o estado de alarma e as sucesivas restricións derivadas da pandemia, está xa moi preto de ter recibido a 11.000 persoas.

Novembro, mes da igualdade e da prevención da violencia de xénero no Rosal

0

O Rosal continuará revolucionando mentes este mes de novembro. O Concello ten preparada unha programación enfocada a traballar a igualdade e a previr a violencia de xénero, con actividades dirixidas a público de todas as idades. Dada a situación epidemiolóxica, para poder achegar estas accións ao maior número posible de persoas, as actividades serán levadas ás aulas e retransmitidas nas redes sociais do Concello. 

Para os máis cativos, o LUNS 23 de novembro (11.00 horas) proxectarase de forma simultánea en todas as aulas do CRA María Zambrano e nas de 1º e 2º de educación primaria do CPI Suárez Marquier a película ‘Zog, dragones y heroínas, un filme de dragóns e princesas cun aire diferente: os protagonitas, unha princesa que quere estudar medicina e un dragón que non quere raptar princesas, rachan con todos os estereotipos asociados ao seu papel habitualmente nas películas.

Este traballo pola igualdade chegará tamén de xeito directo aos centros escolares, onde nenos e nenas pintarán unhas mans que quedarán levantadas contra a violencia de xénero nas súas aulas. O público xeral poderá desfrutar desta acción a través das fotos que se compartirán nas redes sociais do Concello.

Pola súa banda, o alumnado de 1º e 2º ESO do CPI está xa participando obradoiros sobre ‘Afectividade’ e ‘Outras formas de querer’ impartidos pola educadora familiar municipal e que se desenvolverán ata o vindeiro mes de decembro. Ademais, o alumnado de 3º ESO do CPI xa está participando en diferentes obradoiros e traballando na elaboración de curtas a prol da igualdade ao abeiro do proxecto audiovisual Claqueta Violeta. Os traballos finais serán retransmitidos nas redes sociais municipais.

Dirixida a eles tamén irá a charla ‘Novas masculinidades: o papel do home na loita contra a violencia de xénero’, que impartirá o vindeiro 25 de novembro (12.00 horas) Txema Olleta Ormaetxebarria, membro de AHIGE Euskadi, unha asociación destacada polo seu traballo a prol da construción de novas masculinidades que forma parte da rede da Asociación de Hombres por la Igualdad, presente en numerosas comunidades autónomas. Esta charla estará a disposición tamén do público xeral a través das redes sociais do Concello.   

De forma complementaria a todas estas actividades realizaranse varias intervencións artísticas de diferentes tipos, como os ‘Farrapos morados’ pintados polo alumnado de secundaria do CPI e inaugurarase o mural ‘Revolucionando Mentes’, feito pola artista Tamara Baz no Campo Municipal da Mata. Na casa do Concello poderá verse a exposición fotográfica ‘Eu tomo partido contra a violencia de xénero’, a cargo do Club Ciclista do Rosal.

O día 25 de novembro ás 12.00 horas procederase á lectura do manifesto polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero na Praza do Calvario.

A Protectora de Animais Biosbardos, abre a súa tenda Solidaria en Vigo, para poder seguir atendendo aos 556 animais que teñen ao seu cargo

A crise creada pola extensión do coronavirus afectou a diferentes sectores. No caso das protectoras de animais e das voluntarias e voluntarios que fan que existan, a Covid-19 impediu que puidesen facer todo aquilo que lles permitía saír adiante.

Á Protectora de Animais Biosbardos, impedíuselle montar o mercadillo dos sábados, así como os postos de comida nas festas de concellos e parroquias; deixando de ingresar unha cantidade importante de diñeiro que se necesita para a alimentación e coidado dos animais que teñen ao seu cargo.

A forza de vontade e a decisión, burlaron á pandemia e agora volvéronse comerciantes, dos que soben a persiana do seu negocio. A nova tenda Solidaria de Biosbardos abre este sábado, día 14, en Martínez Garrido número 6. E chámase “A Trastenda de Parche” Ese día atenderá aos clientes de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 e o domingo, día 15, de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h.

Os seus clientes poderán comprar obxectos de decoración, cadros, libros, xoguetes, bixutería, bolsos, reloxos, roupa, pequenos electrodomésticos, artigos do Nadal, merchandising, ata lotería ou bicicletas.

Dispoñen dunha ampla librería onde poderás atopar desde os máis clásicos ata os exemplares máis actuais.

O recadado destinarase, integramente, ao coidado dos 556 animais que a protectora ten ao seu cargo. Ademais, de estar interesado, tamén se informará sobre a adopción dos animais.

Publicada a orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato

A Xunta de Galicia vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras hixiénicas entre o alumnado matriculado nas etapas de Primaria, ESO e Educación Especial dos centros sostidos con fondos públicos que máis o necesite.

Tal e como establece a convocatoria, todos os alumnos que contan con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2020-21 serán beneficiarios directos das máscaras, polo que neste caso non terán que formalizar ningunha solicitude.

O resto do alumnado −aínda que non conte con axuda de material escolar− tamén poderá beneficiarse do subministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda per capita igual ou inferior a 6.000 euros. Así mesmo, disporán de máscaras os alumnos que, independente da renda da unidade familiar, estean matriculados nun centro de Educación especial, suxeitos a garda ou tutela da Xunta de Galicia, ou teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65%. En todos estes casos, para poder beneficiarse do reparto de máscaras, é obrigado que tramiten a correspondente solicitude, cuxo prazo para formalizala permanecerá aberto desde o luns día 16 ata o 27 de novembro.

Tendo en conta os criterios xa aplicados para as axudas ao material escolar, a previsión é que se beneficien do reparto gratuíto de máscaras de protección  durante todo o curso escolar arredor de 100.000 alumnos de centros sostidos con fondos públicos.

Os encargados da adquisición e reparto de máscaras serán os propios centros educativos, seguindo o procedemento análogo que realizan anualmente co reparto das axudas de material escolar.

Máscaras transparentes para a aula de audición e linguaxe

Os centros adquirirán o material con cargo ao fondo de 7 millóns de euros de Reserva de Garantía Educativa habilitado pola Xunta de Galicia para o reforzo de medidas de seguridade para facer fronte á pandemia no eido educativo. Tamén adquirirán máscaras hixiénicas reutilizables transparentes para a atención na aula de audición e linguaxe, para o seu uso neste espazo tanto por parte do alumnado coma do profesorado.

Con esta Reserva de Garantía Educativa o Goberno galego amplía a partida total de gastos ordinarios dos centros para o presente curso, que ascende a 23,5 millóns de euros, o que supón un 42% máis ca o inicialmente previsto. Con esta dotación orzamentaria, os centros poderán adquirir material vencellado á prevención do risco sanitario e á loita contra a Covid-19, como máscaras hixiénicas reutilizables para o alumnado, pantallas faciais ou xel hidroalcohólico, entre outros.

O Concello de Tomiño aproba unha declaración institucional contra a violencia de xénero

0

O 25 de novembro conmemórase a nivel mundial o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e o Concello de Tomiño quixo rememorar esta data facendo unha declaración institucional condenando a violencia á que día tras día son sometidas moitas mulleres froito da desigualdade de xénero existente na nosa sociedade. A declaración acordouse previamente cos demáis grupos políticos representados na corporación municipal e foi aprobada por unanimidade no pleno ordinario celebrado este xoves 12 de novembro.

Na declaración, o Concello de Tomiño comprométese a condenar a violencia contra as mulleres como manifestación máis extrema que é das desigualdades de xénero, e mostra a súa solidariedade coas mulleres vítimas da violencia de xénero e os seus fillos e fillas. Do mesmo xeito, comprométese a desenvolver as medidas contidas no Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, pondo en disposición das mulleres vítimas desta violencia os recursos municipais necesarios, impulsando actuacións de sensibilización e prevención ou traballando coa comunidade educativa e as familias para que os mozos e mozas medren e vivan nunha sociedade plural, respectuosa, igualitaria e libre de violencias machistas. É por iso que o Concello de Tomiño declárase un concello libre de violencia machista, e non será cómplice de quen a exerzan, a acubillen ou a silencien.

No Estado Español faleceron, desde o 1 de xaneiro de 2003 no que comezaron a contabilizarse as vítimas por violencia machista, 1.071 mulleres. No que vai de ano 2020 son 38 as mulleres asasinadas, deixando 19 orfos e orfas e 3 menores. Estes datos representan ás mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas, suposto recollido pola Lei Integral contra a Violencia de Xénero, aínda que fóra das relacións de parella tamén existen mulleres asasinadas, agredidas e violentadas polo feito de seren mulleres.

O pleno celebrouse a porta pechada por motivos de seguridade e co fin de extremar as precaucións. Para manter as distancias axeitadas de separación entre persoas, os concelleiros ocuparon a práctica totalidade do salón de plenos.

O Concello adxudica o primeiro lote de axudas pola Covid-19 a autónomos e micro empresas do Porriño

Un primeiro lote de axudas económicas directas por un importe aproximado de 50.000 € adxudicáronse hoxe polo Concello a autónomos, pequenas e medianas empresas e micro empresas do Porriño que solicitaron acollerse á convocatoria realizada pola administración municipal.

Esta primeira quenda de achegas destínanse a 42 peticionarios entre os que predominan establecementos de hostalaría (bares, cafeterías e restaurantes) e comercio de proximidade. A maioría, agás un dos solicitantes, recibirán o máximo estipulado nas bases da convocatoria, é dicir 1.200 € por peticionario, segundo resolveu esta mañá a comisión técnica municipal de avaliación formada por funcionarios do Concello e presidida por David Alonso, concelleiro de Emprego e Servizos Sociais. 

A meirande parte deses cartos solicítanse para gastos xerais sobre todo alugueres e amortización de préstamos bancarios. Os demais repártense entre costear gastos de mellora tecnolóxica e medidas anti-covid.

“En breve analizaremos unha segunda quenda de peticións” indicou o concelleiro Alonso Bargiela. En concreto serán 35 solicitudes máis ata o total de 77 que recibíronse no Concello para acollerse a esta liña de axudas que está dotada cun total de 100.000 euros segundo acordo plenario da corporación municipal. O concelleiro de Emprego informou que o proceso “estará resolto e as achegas aboadas antes de finalizar o ano”.

Co gallo do Día Mundial do Patrimonio Cultural, celebrarase o Primeiro Foro do Alfombrismo de Galicia

O evento mantense e celebrarase igualmente o luns 16 de novembro como estaba planificado. A planificación inicial que estaba programada a primeiros de ano, incluía unha ampla gama de actividades que se verán reducidas pola situación actual que estamos a vivir coa pandemia.

Unha alta porcentaxe da poboación galega ten un peche perimetral e, en xeral, existe unha restrición sobre a redución de aforo ás actividades culturais. É por iso, que o número de actividades verase reducido ás seguintes:

  • Inauguración da exposición itinerante sobre o Alfombrismo e as actividades da Federación Galega de Alfombrismo, ás 18:00 horas, no Centro Social do Mar de Bueu. Á inauguración acudirán varias autoridades físicamente e algunhas o farán de xeito virtual, por respectar o número máximo permitido de asistentes. Logo de BUEU, a exposición trasladarase a RIANXO, e posteriormente ás outras localidades con Alfombristas pertencentes á Federación.
  • Conferencia virtual do arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto, que versará sobre “O Patrimonio que non vemos”, ás 19:00 horas.
  • Conferencia virtual da arqueóloga e antropóloga Ana Filgueiras Rei, que afondará nos ritos, lendas e outros contidos inmateriais do Patrimonio Cultural, ás 20:00 horas.

O número máximo de asistentes virtuais é de 200 persoas, que se terán que inscribir previamente para recibir un código de acceso. Poderán formular en directo as cuestións e preguntas que estimen convenientes a calquera dos relatores. Esta inscrición será a través da ligazón: http://phrsoftware.es/foroalfombristas.

O teléfono de contacto para posibles dúbidas é o 662 124 541.

[su_image_carousel source=”media: 25120,25119″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Desaparecen dúas fotografías da exposición “Corpos, feminismo e territorio” en Baiona

0

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona informa da desaparición de dúas fotografías da exposición “Corpos, feminismo e territorio”. Concretamente desapareceron as dúas imaxes que levantaron polémica estes días nos medios de comunicación e nas redes sociais.  

A concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, condena este “suposto acto delictivo”, lamenta a  súa desaparición e informa de que se vai proceder a investigar o acontecido e interpor a denuncia pertinente chegado o caso.

A Exposición fotográfica “Corpos, feminismo e territorio” é uha obra composta por 18 instantáneas do fotógrafo Alexandre Folgoso, do colectivo LGTBI, que a súa vez traballou coas mulleres da asociación cultural A Galleira. Trátase dun préstamo gratuíto do artista e das mulleres que posaron para as fotografías.

Esta mostra formou parte da programación do Outubro Diverso, programación socio-cultural que tivo como obxectivo sensibilizar, educar e poñer en valor o traballo e as diferentes realidades do colectivo LGBTIQA+.

Galicia rexistra un total de 9.532 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.532 deles 1.840 son da área da Coruña, 1.053 da de Lugo, 874 da de Ourense, 1.270 da de Pontevedra, 2.450 da área de Vigo, 1.130 da de Santiago, e 915 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 96 están en UCI, 494 en unidades de hospitalización e 8.942 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 33.624 persoas curadas, rexistrándose 1.046 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 780.668.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Ponteareas ofrece apoio a través dunha charla ás familias afectadas pola Diabetes

Con motivo do Día Mundial da Diabetes, que se celebra cada 14 de novembro,  Ponteareas amosa o seu apoio e compromiso cos e coas pacientes desta doenza. Este venres, a través da web municipal e das redes sociais do Concello, poderá seguirse  unha charla baixo o título “Como negociar cos/coas adolescentes”, organizada pola Concellaría de Saúde e a Asociación Anedia (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia).

No marco dun proxecto de apoio psicolóxico para as familias, a coach Ana Couto dirixirase a través das pantallas ás familias con adolescentes afectadas pola diabetes para ofrecerlles asesoramento e orientacións para o seu día a día.

A Concelleira de Saúde, Cristina Fdez. Davila, sinalou que “a situación de pandemia actual pon de manifesto a importancia de que as persoas que padecen esta enfermidade crónica poidan autocontrolar os seus niveis de glicosa en sangue·. A concelleira, na liña do manifesto da asociación polo Día Mundial da Diabetes, considera “fundamental contar con recursos e persoal sanitario para non desatender o seguimento destes pacientes, que precisan unha atención integral de calidade para poder asumir a parte da enfermidade que lles toca xestionar”.

Durante estes días, a fachada da Casa do Concello loce unha pancarta e un lazo para axudar á visibilizar esta enfermidade.

A cota trimestral da taxa do lixo, en Tui, será de 21,19 € para os establecementos que tiveron que paralizar a súa actividade pola pandemia

0

O Concello de Tui aplicará aos establecementos que tiveron que permanecer pechados durante o estado de alarma ou na actualidade coma consecuencia das medidas restritivas que están vixentes en Tui a mesma cota trimestral da taxa anual do lixo que ás vivendas, no período no que estiveron sen actividade. 

O Concello de Tui aplicará o artigo 3.3 da Ordenanza Reguladora da taxa pola Recollida do Lixo que recolle “no caso de establecementos comerciais, profesionais e industriais que se atopen pechados, aplicarase unha tarifa mínima idéntica á tarifa de vivendas” cuxo importe é 21,19 € ao trimestre. Esta medida será de aplicación tanto aos establecementos e actividades profesionais que tiveron que cesar na súa actividade dende o mes de marzo coa declaración do estado de alarma, coma aqueles nestes momentos tiveron que pechar as súas portas con motivo das medidas restritivas establecidas en Tui pola situación epidemiolóxica na cidade.

Así o alcalde, Enrique Cabaleiro, explica que “o goberno do concello de Tui tomamos a determinación, examinando a nosa ordenanza, de que aqueles establecementos que estiveron pechados se lle aplique a tarifa das vivendas particulares”. Nese senso sinala que tras baralla distintas posibilidade  “cremos que esta solución é a máis práctica, porque nos permite actuar con carácter retroactivo” de tal xeito que se aplicará xa neste 2020.

Así coa aplicación deste artigo un restaurante cunha superficie de ate 250 m2 pasará de aboar 189€ a 21,19€ no trimestre no que estivo o está pechado ou no caso dos que superen os 250 m2 o importe se reducirá dos 370,77€ marcados na ordenanza por trimestre, aos 21,19€ de aplicación ao non exercer a actividade. No caso dun comercio de máis de 40 m2 pasaría de aboar 58,34€ ao trimestre aos 21,19€.

Os interesados deben presentar no ORAL a solicitude de aplicación deste artigo 3.3 da ordenanza, para o que poden descargar o modelo en tui.gal, e cumprimentalo cos seus datos.

Deste xeito o Concello de Tui suma unha nova medida de apoio ao sector comercial da cidade neste momentos complicados derivados da pandemia da COVID19. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou que deste xeito se aporta “unha solución de inmediata aplicación”

Por outra parte o Concello de Tui está traballando na modificación da actual Ordenanza Reguladora da taxa pola Recollida do Lixo que entrou en vigor en outubro de 2008. Para iso encargouse un estudo actualizado dos custes do servizo. Con esta actualización amais de actualizar os custes do servizo, que están agora mesmo en estudo, tamén se dará resposta á solicitude de comerciantes e hostaleiros que levan anos reclamando, incluso xudicialmente, unha modificación da taxa.

Modelo de Solicitude ante o ORAL para reaxuste tasa do lixo.

A Escola de Igualdade María Vinyals desmonta o falso mito da libre elección das mulleres e chama a rachar coa “cousificación” dos seus corpos

“Hai un discurso que existe, que está presente, que quere tomar corpo e foza, no que se nos di que as decisións que tomamos as mulleres son libres e polo tanto, benvidas sexan, en temas como a prostitución, os ventres de alugueiro ou na cousificación dos nosos corpos. Pero non é certo”. Con esta contundente declaración de intencións a presidenta da Deputación, Carmela Silva abriu este xoves a xornada “Libres? A cousificación do corpo das mulleres” que impulsou telematicamente a Escola de Igualdade María Vinayls e na que participaron como poñentes Anais Bernal, Yolanda Domínguez, Rosa Cobo e Carmen Delgado moderadas por Silvia Pérez Freire. Ante un auditorio on line de máis de 400 persoas, de diferentes puntos do Estado, a presidenta provincial destacou que estamos “ante un debate imprescindible” porque vivimos unha “falacia da liberdade” ante a que é preciso “reflexionar para que non se manipule nin cousifique a nosa posición no mundo”, situando á igualdade “como o centro do debate”.

Carmela Silva recordou que as mulleres prostitutas non elixen libremente exercer a prostitución, senón que o fan aquelas vulnerables, de países empobrecidos. Por elo, asegurou que a “prostitución é o escravismo do século XXI, un sistema no que as mulleres perden todos os seus dereitos e os homes se enriquecen no que constitúe o terceiro dos negocios ilegais do mundo”. Do mesmo xeito falou a presidenta dos ventres de alugueiro, tamén estreitamente relacionados con mulleres vulnerables: “¿Que liberdade é esta? ¿Que escándalo é este no que o noso corpo sirve como unha mercancía? ¿Ata cando imos ter que soportar isto?”. A presidenta tamén fixo un chamamento a rachar coa imaxe cousificada dos corpos das mulleres destacando que pese a estar no século XXI, “un século tan avanzado, tecnoloxizado, estamos a sufrir as mesmas cousificacións ou incluso peores que noutros séculos”. Ademais, Silva recordou o tratamento que se lle da ás mulleres nos medios de comunicación, o escaso protagonismo nas noticias, ou nos debates. “Hoxe as mulleres temos moitas preocupacións ás que facer fronte, con discursos que críamos que non eran posible que volveran estar enriba da mesa” asegurou a presidenta da Deputación lembrando a Simone de Beauvoir. Nesta transformación e cambio de paradigma cara outro sistema económico, asegurou que “as mulleres temos que ser protagonistas. A loita do feminismo ten que ser o centro. Non haberá cambio de sistema económico e social se as mulleres coas súas reivindicacións non están no centro da toma de decisións. De aí a importancia destas xornadas protagonizadas por grandes pensadoras do feminismo que están a mellorar a historia da humanidade e nos van permitir transformar o que din en proxectos políticos”.

A psicóloga e profesora universitaria Carmen Delgado vinculada á Rede Académica de Estudos de Prostitución e Pornografía centrouse na “Violencia contra as mulleres: entre a negación e a banalización”. “É fundamental explicar os factores estruturais que explican a violencia contra as mulleres, un fenómeno que dadas as súas dimensións debería ocupar un espazo importantísimo e mesmo incorporarse nos currículums formativos”. Tamén apelou a conferenciante a “sacar á prostitución do espazo do discurso da liberdade e situalo como un problema de saúde público, xa que afianza un modelo de relacións de violencia, que hai que erradicar mediante unha lei abolicionista que dea unha mensaxe pedagóxica á sociedade”. En liñas xerais, Delgado presentou datos relacionados coa violencia contra as mulleres, que remite ao marco de desigualdade que naturaliza os privilexios masculinos nas relacións entre os sexos. Igualmente, fixo fincapé no carácter estrutural desta violencia, posto de manifesto polas análises feministas, e no negacionismo que naturaliza a desigualdade e trae consigo novos discursos que banalizan a violencia contra as mulleres.

Pola súa banda Rosa Cobo, doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía e profesora de Socioloxía de Xénero da Universidade da Coruña, centrouse na “Pornografía. O pracer do poder”, asegurando que “temos que descifrar o porno dende o feminismo e poñer de manifesto o vínculo estreito que ten co sistema patriarcal, pese a que as capas discursivas pretenden ocultalo”. Para a profesora, o porno, ao que cualificou como “pedagoxía da masculinidade hexemónica”, constrúe “novos imaxinarios” e “unha cultura emocional e sentimental que define o que deben ser os homes e mulleres no século XXI”. Concretamente, destacou que establece “a normatividade feminina como o insignificante e infrahumano, con mulleres hipersexualizadas, servidoras sexuais, que carecen de individualidade, de sentimentos e que son receptoras de diferentes formas de violencia e que converten ao porno no maior asedio ás mulleres que tivo lugar na humanidade”. Cobo tamén fixo fincapé en que “hai grupos de varóns que queren derribar os espazos de liberdade e os dereitos que as mulleres temos conseguido para restablecer privilexios patriarcais” e situou ao porno como “un dispositivo para conquistar a soberanía masculina sobre as mulleres”.

A artista visual e experta en comunicación e xénero Yolanda Domínguez, afondou en “Cambiar as imaxes para cambiar o mundo” cun percorrido polo imaxinario dos contos e da historia da arte no que se presentan a mulleres vítimas, pasivas, sumisas, vencelladas á maternidade e ao coidado, dispoñibles para os homes e nunha posición secundaria que aínda hoxe en día se mantén. “Esas imaxes, que se repiten a día de hoxe, son como mapas, representacións ás que damos total credibilidade para poder orientarnos e que presentan o camiño que podemos ou non seguir”, asegurou Domínguez, quen reivindicou “referentes de mulleres valoradas por cuestións máis alá do seu aspecto físico”. A conferenciante destacou que a cultura visual “nos ensina que as mulleres somos obxectos, trozos de carne e non temos dimensión humana” e precisamos “que se nos represente de outras formas, porque a violencia cultural e simbólica pode influír na violencia directa, na estrutural e na interiorizada polas mulleres”. Para elo, Domínguez apelou a que as mulleres constrúan os seus propios relatos e reivindicou que “non hai liberdade porque non hai diversidade de relatos nin variedade, non temos a posibilidade de elixir”. Neste eido, asegurou que “cando se fala de liberdade de expresión hai que ampliar o debate cara a responsabilidade de expresión: que cando eu exerza a miña liberdade poida aportar tamén liberdade ao resto das persoas”

Finalmente, a xornalista Anais Bernal, centrouse na “Normalización da cousificación do corpo das mulleres nos medios de comunicación”, analizando o papel dos medios na formación da opinión pública e normalización de estereotipos e facendo fincapé nas deshumanizacións e nos problemas de autoestima que xera a sexualización das mulleres. “Os medios nos converten en invisibles, eliminan o noso nome, mesmo a nosa imaxe, xerando pequenas violencias simbólicas que terminan deshumanizando a nosa personalidade e a nosa imaxe de cara á sociedade”, asegurou Bernal quen tamén destacou que –os medios – empregan “a linguaxe para xustificar o sistema”. En canto á imaxe da muller, a conferenciante subliñou que “o feminismo non prohibe a maquillaxe ou o emprego de tacóns, senón que o que fai é que pensemos, nos preguntemos e reformulemos cuestións asumindo que se trata dun mandato de xénero”. Deste xeito, Bernal destacou que o problema atópase en que “estas cuestións se venderon como liberadoras pero o certo é que a liberdade da muller está nos seus dereitos, non na imaxe que agardan de nós, e a violencia simbólica acaba provocando que as mulleres esteamos nun permanente estado de inseguridade que nos converte en obxectos, reforza estereotipos e ten unha estreita incidencia no noso benestar social e psicolóxico”.

A presidenta provincial clausurou a xornada enxalzando que “non hai discurso decente se non hai verdade, e hoxe aquí déronse datos clarísimos, verdades, asentadas nos valores do feminismo que nós herdamos e temos que seguir construíndo”. Ao respecto, Silva destacou a contraposición entre o individualismo que promove o patriarcado e “o ben común, o respecto ao público e o colectivo que defenden as mulleres”. Neste eido, a presidenta fixo fincapé no papel das conferenciantes: “cando vós expoñedes os vosos estudos e facedes propostas para saír desta situación inxusta e intolerable, estades a empoderar ás mulleres que cremos que hai que reescribir esta historia”. Tamén lles agradeceu a súa valentía ao enfrontarse a diario “a multitude de ataques irracionais por defender a xustiza, a igualdade, un mundo no que o conxunto da sociedade sería moito máis feliz”.

“Contacontos pola Igualdade” nos colexios do Concello de Baiona

0

A programación organizada pola Concellería de Igualdade co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, “Novembro Lila”, continúa coas súas actividades.

Onte o CEP Sabarís e CEP Belesar acolleron a actividade  “Contos pola Igualdade” a cargo de Paula Carballeira baixo o título “A valentía da Leona”.  Trátase dun conto tradicional sobre as nenas que consigue cambiar o mundo con intelixencia e dotes artísticas. A historia dunha muller empoderada a través de Greta, a nena protagonista do conto.

Esta mesma actividade celebrarase hoxe no CPI Cova Terreña e CEIP Fontes.

O “Novembro Lila” é un programa deseñado para dar visibilidade á secuela da violencia machista coincidindo con motivo do 25 N, día internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha programación que abarcará todo o mes de novembro e contará cunha importante presenza feminina, cuxas pezas e traballos contan historias vividas e sentidas por mulleres.

Esta programación vai un paso máis aló da estética dunha pancarta que berra “Non á violencia”, quérese entrar na cabeza do público para facelo reflexionar sobre a problemática da violencia machista e a desigualdade entre homes e mulleres, adaptándose ás diferentes idades do público xa que haberá actividades variadas para toda a cidadanía.

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra visita Tomiño para supervisar as obras da PO-552

0

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, realizou unha visita institucional onte a Tomiño para supervisar o proxecto de reforzo da seguridade viaria na estrada autonómica PO-552, entre Tomiño e Tui, onde tamén estivo presente o xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez. A actuación atópase xa nun estado avanzado e espérase que estea finalizada nas próximas semanas.

Na súa visita a delegada mantivo un encontro coa alcaldesa, Sandra González, que aproveitou para transladarlle os investimentos que o Concello considera prioritarios. Entre estas prioridades atópanse a da creación da biblioteca municipal, onde o Concello solicita á Xunta que colabore coa financiación do proxecto.

Por outra parte a alcaldesa aproveitou para transmitir o alarmante estado no que se atopa o Centro de Saúde do Concello, onde prestan atención na actualidade tan só 6 médicos dos 10 que corresponderían ao municipio, así como tan só un dos dous pediatras necesarios. Do mesmo xeito, tamén se lle trasladou a necesidade de reabrir o consultorio de Goián, que permanece pechado desde fai meses. Tamén se incidiu na necesidade de acometer reformas integrais en centros educativos coma o Pedro Caselles ou a axilización do proxecto de ampliación do IES Alonso Ríos.

Outra das cuestións que se trataron foi a necesidade de mellorar a financiación do Servizo de Axuda no Fogar, unha financiación que o Concello considera insuficiente e onde cada vez a administración local ten que asumir un sobrecuste maior. O Concello de Tomiño dedicou a este apartado 91.000 euros no ano 2018, 106.000 no 2019 e 126.000 euros no que vai de 2020, cun total de 44 traballadoras auxiliares que prestan atención a 120 usuarios.

Gondomar acolle a representación da obra “6 cubos negros en corpo branco”

0

O teatro regresa este sábado, 14 de novembro, ao auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar da man da compañía Aporía Escénica, que representará o seu traballo “6 cubos negros en corpo branco”, escrita e dirixida por Diana Mera. A función, recomendada para público maior de 13 anos, comezará ás 20.00 horas.

Sobre o escenario cinco actrices que darán vida as persoaxes dunha traxicomedia sobre a opresión familiar e social, con tinturas de humor negro e absurdo e referencias ao universo lorquiano da Casa de Bernarda Alba.

O aforo será limitado a 30 persoas cumprindo a normativa de prevención covid19 vixente neste momento no municipio.

As entradas poderanse adquirir ao prezo de 3,50 euros unha hora antes da función no propio auditorio, ata completar o citado aforo.

Aberto o prazo para participar no premio de ‘Microteatro da Memoria’

A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), vén de abrir esta semana o prazo para participar na primeira edición do premio de ‘Microteatro da Memoria’. O certame, segundo explica a deputada María Ortega, pretende reflexionar sobre a memoria histórica a través de propostas dramáticas en formato breve de microteatro, abrindo un espazo para que a dramaturxia visibilice unha temática ás veces esquecida.

As bases para participar están dispoñibles dende hoxe na web da Deputación (depo.gal) e da ESAD. Poderá presentarse calquera persoa que así o desexe, achegando pezas curtas (cunha extensión máxima de 20 folios a unha cara), de estilo libre e en lingua galega. O premio único está dotado de 500 euros.

O prazo de presentación é dun mes natural contado dende o mércores 11 ata ás 00:00 do último día, debendo realizar entrega telemática ao correo electrónico [email protected] co asunto ‘Microteatro da memoria’. No mail deberán presentarse dous documentos: o primeiro arquivo deberá ir nomeado como ‘peza’ xunto ao título e ao pseudónimo, e un segundo arquivo como ‘plica’ xunto ao lema e/ou pseudónimo incorporando no contido os datos persoais (nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico).

O xurado estará conformado pola coordinadora de Normalización Lingüística da ESAD, unha persoa docente da ESAD e unha persoa que designe a Deputación. O certame, a través das entidades que o organizan, posuirá os dereitos da autoría para uso escénico no ano seguinte ao de saber a gañadora ou gañador, sempre no ámbito académico e sen prexuizo de outras cesións de uso.

O Porriño súmase á conmemoración do Día Mundial da Diabetes

O vindeiro sábado 14 conmemórase o Día Mundial da Diabetes e coa ocasión desta efeméride, o Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, colaborará con ANEDIA (Asociación de Nenos, Nenas e Xente Nova con Diabetes en Galicia) nunha acción informativa que terá lugar no Centro Cultural Municipal.

No vestíbulo do Centro Cultural proxectarase un vídeo para dar a coñecer as causas, os síntomas, o tratamento e as complicacións asociadas á enfermidade. Ao coincidir a celebración en sábado, o vídeo proxectarase nos días próximos a esta data.

“O Día Mundial da Diabetes lémbranos que a incidencia desta patoloxía áchase en aumento e continuará esta tendencia a non ser que emprendamos accións de prevención”, manifestou Cami Moreira, concelleira responsable de Cultura.

A Escola de Cantería, Centro de Formación para a expedición de certificados de profesionalidade en traballos de pedra natural

Importante paso adiante para a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. O alumnado poderá completar os seus estudos coa obtención de dous certificados de profesionalidade en ‘Elaboración de pedra natural’ e ‘Obras de artesanía e restauración en pedra natural’, despois de que a Consellería de Emprego e Igualdade notificara por fin esta semana a resolución favorable á solicitude formulada pola institución provincial o pasado mes de agosto.

Os certificados de profesionalidade son documentos oficiais habilitantes no eido da Administración laboral e implican que a Escola de Cantería quedou inscrita no Rexistro de Centros e Entidades para a Formación e o Emprego de Galicia. O acordo favorable, que asina a directora xeral de Formación e Colocación da Consellería, expón que a Deputación reúne tódolos requisitos legais, que cumpriu co procedemento administrativo establecido e que as instalacións de Boa Vista (Poio) son aptas. Deste xeito utilizarase unha das aulas para impartir os contidos teóricos e a ampla nave, que está dividida en zonas de escultura, cantería, moldeado/baleirado, zona de maquinaria e anexo de carga e descarga, para a realización das prácticas.

A obtención dos dous certificados de profesionalidade foi posible despois de que ao longo deste ano 2020, a Deputación abordara o problema herdado da situación urbanística irregular do edificio da Escola de Cantería, que carecía da licenza municipal de actividade por parte do Concello de Poio. Para elo realizou obras, valoradas en 440.000 euros, para a súa adaptación ás normativas de prevención de riscos laborais, accesibilidade e contaminación acústica. Trátase dun paso adiante moi importante complementando os estudos actuais, aínda que o goberno provincial seguirá traballando ata conseguir a creación dos títulos no eido educativo cos ciclos de Formación Profesional, para o que é imprescindible que a Consellería de Educación, como organismo responsable e coas competencias exclusivas en materia educativa, asuma a transferencia da titularidade da Escola. No terreo da Formación Profesional regrada, o avance xa depende da participación directa da Xunta de Galicia como Administración responsable e titular dos centros de FP.

A Escola de Cantería, que conta na actualidade con 14 alumnos/as procedentes de diversos puntos de España, atende ademais a outras 20 persoas que acoden para recibir formación nocturna específica en talla e escultura. O prestixio do centro queda referendado ano tras ano polos recoñecementos que ex-alumnos/as obteñen polo seu traballo profesional en diversos lugares do mundo. Varios deles/as participaron nos traballos de restauración de monumentos como o Capitolio de Washington, o Big Ben, a Abadía de Westminster, a Sagrada familia de Barcelona ou a catedral de Santiago de Compostela. A Escola naceu no mosteiro de Poio para dar saída á formación nun oficio tradicional galego e foi asumida pola Deputación de Pontevedra hai 33 anos. Dende o ano 2000 conta con instalacións propias en Boa Vista, tamén en Poio e dende este ano 2020, están completamente regularizadas urbanisticamente e compren con tódalas normativas sectoriais.

O concerto do grupo Milladoiro no Teatro Municipal de Tui retransmitirase en directo en tui.gal

0

O Teatro Municipal de Tui acollerá mañá venres, ás 19.30 h, o concerto do Grupo Milladoiro na súa xira 40 aniversario. A capacidade do teatro está reducida a 30 espectadores polas actuais medidas restritivas vixentes en Tui. As entradas dispoñibles esgotáronse xa a comezos de semana. Para poder chegar a máis público o Concello de Tui apostou por retransmitir en directo este evento musical na web municipal www.tui.gal.  O Concello aposta por manter a actividade cultural nestes difíciles momentos e neste caso concreto coa posibilidade de poder gozar cun dos grupos musicais máis importantes de Galicia. Este concerto chega a Tui da man da Xunta de Galicia.

O concerto comezará as 19:30 h pero abriranse as portas media hora antes para as 30 persoas que adquiriron as entradas e completaron o aforo para este concerto. Unha capacidade alterada polo nivel de alerta 3 que afecta a Tui.

Neste concerto Milladoiro repasará os temas que marcaron estas catro décadas de música presentando tamén o seu último disco “Atlántico”. Dende os seus primeiros traballos discográficos, este grupo fixo unha reiterada referencia ao Camiño de Santiago como vehículo de transmisión cultural, de ida e volta, que influiría de xeito determinante na formación cultural de Galicia e en particular no que a música se refire. Referencia que queda patente nos títulos de moitos dos discos e temas, así como dos comentarios que os acompañan.

En todos os seus concertos, ao longo e ancho do mundo, foi unha constante a referencia á cultura galega da que nunca pode estar ausente o fenómeno xacobeo. Concertos en lugares tan importantes coma o Teatro Nacional de Cuba, o auditorio Blackman de Los Ángeles ou nunha longa lista de cidades europeas como Munich, Amsterdam, Niza ou Copenhage. Mañá venres poderemos gozar con Milladoiro no Teatro Municipal de Tui.

Os compoñentes actuais de Milladoiro son Xosé V. Ferreiros, Nando Casal e Moncho García, que permanecen no grupo dende os seus inicios, e Harry.c, Manú Conce e Manuel Riveiro, que se incorporaron nos últimos anos.

Gondomar dá un paso máis na reciclaxe e reutilización de residuos electrónicos

0

“Con feitos e accións concretas seguimos avanzando na nosa aposta clara por converternos nun municipio referente na loita contra o cambio climático, así como en materia de reciclaxe e reutilización dos residuos electrónicos e eléctricos”, manifestou o alcalde Paco Ferreira, quen subliñou “que neste labor queremos implicar a toda a poboación facilitándolle os medios necesarios para desbotar de forma segura os produtos que xa non usan”.

Con esta finalidade instalaranse no municipio tres caixas de recollida destinadas especificamente para os teléfonos móbiles e tablets, pilas, e, cargadores, que poderán ser depositados alí pola veciñanza e que posteriormente depositaránse no punto limpo. Esta acción complétase cun tótem informativo situado nun lugar accesible a todos para achegar información sobre o proceso de reciclaxe e reutilización destes materiais, así como sobre a súa capacidade altamente contaminante.

Todos eles conformarán un “miniecopunto” que rotará a súa localización para chegar así ao maior número de persoas posible. O primeiro punto no que se colocará será a Praza de Abastos, para posteriormente será trasladado por períodos de 15 días que serán publicitados con anterioridade aos centros culturais das parroquias de Gondomar, así como aos CEIP Chano Piñeiro, Neira Vilas e Serra Vincios, Souto Donas e os IES Auga da Laxe e IES Terra Turonio.

Esta medida enmárcase entro do proxecto de Estratexia Sostible Tranfornteriza para a Xestión de Rediduos e Aparalleos Electrónicos (ESTRAEE), promovida pola Deputación Provincial e á que se adscribiu o concello de Gondomar, e cuxa finalidade é impulsar no espazo transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal a xestión do lixo electrónico.

O concello de Gondomar contará, ademais dun espazo específico no punto limpo, cunha nova transpaleta no recinto para facilitar a recollida e almacenamento dos residuos.

Ismael Romero, do Pontebike Team, subcampión do Open de España de Enduro 2020

Ismael Romero Ucha Junior do Pontebike Team, equipo de enduro recentemente creado en Ponteareas, proclámase Subcampión do Open de España de Enduro 2020.

O Pontebike Team desprazouse en febreiro deste ano á primeira proba do Open de España de Enduro, disputada en La Adrada, Ávila, onde varios dos seus corredores mostraron as súas habilidades na primeira proba a nivel nacional do recentemente creado Club.

En @dicha proba Ismael Romero Ucha, a pesar da rotura do cadro da súa bicicleta, conseguiu facerse co 2º posto da súa categoría, o seu compañeiro Pablo Porto Otero, no seu primeiro ano como Junior conseguiu colocarse no posto 14º.

O Club tiña no seu calendario a disputa de todas as probas do Open de España, así como varias internacionais e autonómicas, tanto de Enduro como de Descenso, pero debido á pandemia na que nos atopamos, todo o calendario foi anulado.

O Club xa prepara a próxima tempada do 2021, onde prometen que haberá novidades, fichaxes, novo equipamento, novos patrocinadores e prometen máis sorpresas para todas as persoas amantes do MTB.

Se es amante do Enduro ou Dh do MTB, non dubides en contactar con eles para Federarte na próxima tempada, a través do seu email [email protected] ou do Telf: 653461257.

Javier Losada recolle as demandas do sector da hostalería ante as novas restricións

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, recolleu hoxe as demandas do sector da hostalería ante as novas restricións impostas. Fíxoo nunha reunión na Delegación con representantes do sector encabezados polo presidente provincial na Coruña, Héctor Cañete.

Durante o encontro de traballo trasladoulles as medidas adoptadas polo Executivo desde o pasado mes de marzo. Explicou, ademais, o último anuncio do Ministerio de Inclusión e Seguridade Social, realizado esta mesma semana. Grazas a esta novidade as persoas autónomas vinculadas á hostalería facilitan o seu acceso a unha prestación extraordinaria por suspensión de actividade, mesmo se continúan cos seus locais abertos, coa condición de que se produza unha baixada de ingresos do 75%.

Esta prestación extraordinaria parte do 50% da base reguladora, ampliable ata o 90% en función das circunstancias persoais, e conleva a exención da cota do Réxime Especial de Traballadores Autónomos, aínda que o período si conta como cotizado.

O delegado do Goberno explicou que actualmente o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo traballa en novas medidas de apoio como ampliar os períodos de carencia e de amortización dos créditos ICO e un plan para formar a máis de 70.000 traballadores e traballadoras do sector, este último posto en marcha en colaboración co Ministerio de Traballo e Economía Social e que se desenvolverá a través da Fundación Estatal para a Formación no Emprego ( FUNDAE).
A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, anunciou en outubro un Plan de Apoio á Hostalería acordado coas comunidades autónomas e a FEMP.

Ademais, o Goberno mantén prorrogados os ERTE e as axudas para autónomos ata o 31 de xaneiro de 2021. Trátase dunha serie de medidas que en Galicia xa supuxeron un impacto duns 970 millóns de euros desde o inicio da pandemia, con case 650.000 persoas beneficiadas no primeiro caso e preto de 90.000 no segundo.

Outra liña de traballo, neste caso do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, son os avais do ICO, que en Galicia xa beneficiaron a 33.964 empresas con 5.148,4 millóns de euros. O sector do turismo, lecer e cultura é, a nivel estatal, o máis beneficiado destes avais, cun 15% do total dos fondos.

Javier Losada esperou que a Xunta axilice as axudas para evitar a perda de postos de traballo. Nese sentido, lamentou a tardanza en expor as axudas económicas, aínda que agradeceu que finalmente se some ás liñas expostas polo Goberno, os concellos e as deputacións.
No encontro participaron o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña, Héctor Cañete, e os membros da entidade José Antonio Álvarez e Lois Lopes.

A delegada da Xunta visita a congregación das Misioneiras de María Mediadora

0

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata a parroquia de San Martín de Borreiros (Gondomar) para visitar á congregación das Misioneiras de María Mediadora. 

A representante autonómica, acompañada pola superiora María José Argüelles, tivo oportunidade de coñecer as instalacións e visitar a escola infantil San José subvencionada pola Xunta de Galicia. 

A OMIX de Tomiño, un referente para o alumnado do IES 1º de Marzo de Baiona

0

A técnica municipal responsable da OMIX de Tomiño, Elisabet Pérez de Santiago, impartiu a semana pasada unha charla en formato online co alumnado do Ciclo Superior de Animación Social e Turística do IES 1º de Marzo de Baiona. A actividade estivo orientada ao alumnado do 1º curso do módulo profesional de Información Xuvenil, que ten como obxectivo principal formar a informadores e informadoras xuvenís adquirindo os coñecementos precisos para desempeñar as funcións da intervención, execución, avaliación da intervención, promoción e difusión e xestión da calidade da información.

Na charla, Elisabet compartiu co alumnado un resumo da andadura da OMIX dende a súa posta en marcha no ano 2002 ata a actualidade, falando dos recursos humanos existentes, dos proxectos realizados, das claves dunha boa información, formación, orientación e asesoramento á mocidade. Tamén se falou sobre a financiación da oficina, da consolidación da mesma, do traballo por obxectivos, das ferramentas e habilidades necesarias para ofrecer un servizo de calidade onde a mocidade é a verdadeira protagonista.

A técnica tivo o pracer de responder en directo as variadas preguntas do docente e discentes, e  aproveitou a oportunidade para falar dos novos retos e programas nestes tempos de pandemia, do seu papel como Oficina Multiplicadora Eurodesk e como Servizo de Voluntariado Local e Europeo. En palabras do profesor desta materia, Manoel Ucha, “no módulo profesional búscase coñecer os principios teóricos fundamentais mais o fin último é a posta en práctica dun servizo de información xuvenil de calidade adecuado ás necesidades das persoas mozas mediante a construción de espazos de participación activos e abertos. A conversa coa técnica da OMIX de Tomiño buscou achegarse á mirada técnica dunha profesional que converteu a oficina de Información Xuvenil dun pobo pequeno nun referente no país galego”.

O alcalde de Nigrán traslada á delegada da Xunta a necesidade de reparar con celeridade o emisario submariño situado a 200 metros de Praia América

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu hoxe en visita institucional ao Concello a Marta Fernández-Tapias, nova delegada da Xunta en Vigo. O rexedor aproveitou a ocasión para trasladarlle persoalmente todas aquelas cuestións do municipio que son de competencia autonómica e que urxe abordar, como é a reparación do emisario submariño da EDAR que verte auga depurada a menos de 200 metros de Praia América.  Ao finalizar a reunión, González destacou o bo talante da delegada durante este primeiro encontro, confiando ao mesmo tempo en que as peticións realizadas sexan finalmente asumidas desde o organismo autonómico.

O Concello de Nigrán xa comunicara a avaría do emisario á Xunta a inicios de 2019 urxindo o seu arranxo e reclamando despois sen éxito que se consignase unha partida de 207.500 € nos Orzamentos Autonómicos. Esa petición de 2019 ía acompañada dun informe exhaustivo encargado desde o consistorio despois de recibir diversos avisos de mariñeiros  alertando dunha gran burbulla de auga na zona. Así, mediante inmersión submariña (constan imaxes) corroborouse que existe unha avaría nunha peza que parece ser unha unión de ferro entre dous tramos do emisario submarino de polietileno de 400 mm. Este material correspóndese co tramo de emisario instalado no 2007 pola Xunta e por esa fenda parece que esta a saír a totalidade do caudal que circula pola condución. “Trátase de auga que a Xunta asegura que está correctamente depurada, pero non podemos expoñernos ás consecuencias en Praia América dunha posible avaría na EDAR. Debe ser unha cuestión prioritaria”, incide o alcalde. Precisamente, e tamén unido ao saneamento e abastecemento no municipio, o rexedor reclamou tamén a necesidade de que invistan en obras de mellora na ETAP de Condomínguez, principalmente nos forxados da cuberta e demais elementos estructurais porque, segundo consta nun informe técnico independente, “ya existen síntomas de desprendimientos, fisuración, corrosión y deterioro general, pues estos procesos de degradación no se estabilizan, sino que empeoran de manera exponencial con el tiempo una vez que han comenzado”.  “Os veciños de Nigrán pagan en cada unha das facturas de abastecemento un cánon á Xunta, polo que corresponde que se devolvan os cartos en melloras nas infraestructuras do municipio para garantir o seu mellor servizo”, resume González.

Igualmente, o rexedor trasladou a necesidade de dotar de novas beirrarúas a PO-552 ao seu paso por Priegue e A Ramallosa, ao atoparse en moi mal estado tras máis de 30 anos de construción das mesmas e sen ser reparadas. “A realidade é que son totalmente inaccesibles, rotas, con tramos inexistentes e con elementos que entorpecen o paso de calquera cadeira de rodas ou cocheciño de bebé, desde a Xunta melloraron a seguridade viaria na zona pero non incluíron isto”. O alcalde recordou que, ante a inacción da Xunta en Otero Pedrayo, o Concello reclamou a titularidade da mesma para poder intervir. “Tócalle á Xunta demostrar algo de compromiso con Nigrán, non nos axudaron con Otero Pedrayo, que era da súa competencia, e agora tampouco poden ver para outro  lado aquí. Os impostos municipais non poden financiar cousas que son da súa competencia, é unha discriminación para os veciños de Nigrán”.

O Concello de Baiona e Avelaíña ofrecen un Servizo de Saúde Mental para a cidadanía

0

O Concello de Baiona informa da posta en marcha do servizo que tratará de dar resposta ás demandas da poboación baionesa en relación á Saúde Mental, mellorando así a súa calidade de vida.

A posta en marcha deste novo servizo axudarán a dar resposta á necesidade de información en saúde mental na vila. O Concello de Baiona asinou por primeira vez un convenio de colaboración con esta entidade. O alcalde e a presidenta rubricaron o documento que oficializa a alianza municipal cunha asociación que conta con máis de 20 anos de experiencia ao servizo da saúde mental.

Os beneficiarios directos desta atención será calquera persoa con necesidades de información en saúde mental, podendo ser persoas con problemas de saúde mental, familiares, persoas coidadoras e profesionais do ámbito sanitario, social e educativo así como calquera cidadán ou cidadá do Concello de Baiona.

As persoas usuarias poderán acceder ao servizo por iniciativa propia ou por derivación doutros recursos sociocomunitarios: Servizos Sociais do Concello, Centro de Saúde, etc. Accederán ao servizo despois de ser contactadas pola profesional de referencia de Avelaíña, que establecerá unha primeira cita.

A Asociación na súa sede en Baiona ofrece os servizos de Respiro Familiar, Acompañamento Integral, Xestión e Tramitación, Atención Domiciliaria, Orientación e Integración Laboral, Información e Asesoramento, Escola de Familias, Proxecto de Promoción da Autonomía Persoal en enfermidade mental grave, Proxecto VOZ Natura, a Asociación conta cun Centro de Rehabilitación Psicosocial, con prazas concertadas co Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

Trátase dun servizo que vén realizando “ Avelaíña” de forma permanente na zona do Val Miñor, o cal, debido á gran demanda de atención derivada pola situación de crise sanitaria da Covid-19, viuse incrementado.