3.5 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasIsmael Romero, do Pontebike Team, subcampión do Open de España de Enduro...

    Ismael Romero, do Pontebike Team, subcampión do Open de España de Enduro 2020

    Ismael Romero Ucha Junior do Pontebike Team, equipo de enduro recentemente creado en Ponteareas, proclámase Subcampión do Open de España de Enduro 2020.

    O Pontebike Team desprazouse en febreiro deste ano á primeira proba do Open de España de Enduro, disputada en La Adrada, Ávila, onde varios dos seus corredores mostraron as súas habilidades na primeira proba a nivel nacional do recentemente creado Club.

    En @dicha proba Ismael Romero Ucha, a pesar da rotura do cadro da súa bicicleta, conseguiu facerse co 2º posto da súa categoría, o seu compañeiro Pablo Porto Otero, no seu primeiro ano como Junior conseguiu colocarse no posto 14º.

    O Club tiña no seu calendario a disputa de todas as probas do Open de España, así como varias internacionais e autonómicas, tanto de Enduro como de Descenso, pero debido á pandemia na que nos atopamos, todo o calendario foi anulado.

    O Club xa prepara a próxima tempada do 2021, onde prometen que haberá novidades, fichaxes, novo equipamento, novos patrocinadores e prometen máis sorpresas para todas as persoas amantes do MTB.

    Se es amante do Enduro ou Dh do MTB, non dubides en contactar con eles para Federarte na próxima tempada, a través do seu email pontebiketeam@gmail.com ou do Telf: 653461257.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.