22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaAberto o prazo para participar no premio de 'Microteatro da Memoria'

    Aberto o prazo para participar no premio de ‘Microteatro da Memoria’

    A convocatoria é aberta e libre e o premio ascende a 500 euros

    A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), vén de abrir esta semana o prazo para participar na primeira edición do premio de ‘Microteatro da Memoria’. O certame, segundo explica a deputada María Ortega, pretende reflexionar sobre a memoria histórica a través de propostas dramáticas en formato breve de microteatro, abrindo un espazo para que a dramaturxia visibilice unha temática ás veces esquecida.

    As bases para participar están dispoñibles dende hoxe na web da Deputación (depo.gal) e da ESAD. Poderá presentarse calquera persoa que así o desexe, achegando pezas curtas (cunha extensión máxima de 20 folios a unha cara), de estilo libre e en lingua galega. O premio único está dotado de 500 euros.

    O prazo de presentación é dun mes natural contado dende o mércores 11 ata ás 00:00 do último día, debendo realizar entrega telemática ao correo electrónico esad.galicia@edu.xunta.es co asunto ‘Microteatro da memoria’. No mail deberán presentarse dous documentos: o primeiro arquivo deberá ir nomeado como ‘peza’ xunto ao título e ao pseudónimo, e un segundo arquivo como ‘plica’ xunto ao lema e/ou pseudónimo incorporando no contido os datos persoais (nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico).

    O xurado estará conformado pola coordinadora de Normalización Lingüística da ESAD, unha persoa docente da ESAD e unha persoa que designe a Deputación. O certame, a través das entidades que o organizan, posuirá os dereitos da autoría para uso escénico no ano seguinte ao de saber a gañadora ou gañador, sempre no ámbito académico e sen prexuizo de outras cesións de uso.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.