Venres, 19 Setembro de 2025

As persoas participantes do Proxecto Víncúlate do Concello de Baiona gozaron dunha tarde de Pádel Surf

0

Houbo un tempo no que se percibía o pádel surf como un deporte extremo, pero o poder da táboa, lonxe de supoñer un perigo, serve agora como terapia, hobby e práctica deportiva para traballar a intelixencia emocional, e conseguir beneficios non só físicos, senón tamén sociais. Así ocorre na Praia Ladeira, onde as persoas participantes no Proxecto “Vincúlate”, nenos, nenas e adolestecentes poidan entrar ao mar e aproveitar as súas vantaxes.

Co fin de mellorar as habilidades sociais cada neno ou nena foi tutorizado e contou coa axuda doutro dos seus compañeiros ou compañeiras de maior idade participantes no proxecto, todo iso baixo a supervisión e indicación dun monitor exporto na modalidade de Pádel Surf. Tamén estiveron acompañados polos cans cos que comparten as terapias deste pioneiro proxecto.

Esta nova actividade forma parte deste pioneiro proxecto posto en marcha polo Concello de Baiona desde o departamento de servizos sociais a través do Servizo de educación e apoio familiar municipal en colaboración cos departamentos de orientación dos distintos centros educativos de Baiona. O seu obxectivo é promover a melloría das distintas funcións e concretamente das sociais, emocionais e cognitivas así como proporcionar pautas saudables de comunicación.

“Esta modalidade deportiva é perfecta xa que estás no medio natural desenvolvendo unha actividade lúdica e traballando a intelixencia emocional”, subliña o Alcalde, Carlos Gómez Prado. “Estas sesións de pádel surf teñen efectos positivos porque lanzarse ao mar vén moi ben tanto aos pequenos e pequenas como aos adolescentes para interactuar co medio ambiente, o sol, a auga, o salitre e as ondas”. E destaca que “ son sesións moi entrañables, que favorece as súas relacións sociais con outras persoas e a súa intelixencia emocional,ademais de ser un momento de #gozar que sorprende ata aos seus propios pais, que serven como indicador dos beneficios desta actividade en todos as persoas participantes do proxecto, un total de 27”, finaliza.

Reabre o cámping da Cañiza para converterse en ferramenta catalizadora do turismo

0

Este xoves, 27 de maio, o Pleno do Concello da Cañiza, como órgano competente para resolver (xa que o importe do valor da concesión supera o 10% dos recursos ordinarios do Orzamento: 3.627.655,26€) aprobará e adxudicará a concesión por procedemento aberto, de uso privativo do cámping, convocando a súa licitación.

A apertura deste expediente xustificouse, entre outros motivos,  para dar aos visitantes un motivo e atractivo turístico, que baseado en criterios ambientais fomente o turismo na zona e atraia visitantes a unha contorna de gran atractivo natural.

Durante moitos anos o Cámping  foi referente no turismo da zona pola súa ubicación e polos activos turísticos que estaban preto das súas instalacións. Por iso e segundo manifestou o Alcalde Luis Piña “é intención desta Gobernanza volver a situar este instrumento catalizador de turismo nun lugar preferente”, nunhas condicións óptimas e xestionado por profesionais.

Esta nova concesión incluirá os servizos de explotación e mantemento do cámping municipal. Durante o  primeiro ano a empresa estará exenta do pago de auga e de enerxía eléctrica así como dun canon anual  mínimo de 1.500€ máis Ive (dependerá da oferta que se presente), gastos que asumirá a partires do 2º ano da concesión.

A empresa poderá manter as instalacións abertas durante o período que considere oportuno. Non se considera a concesión executada no caso de que as instalacións do cámping non permanezan abertas, polo menos desde o 1 de xullo ao 31 de agosto. Pode propoñer a apertura cando considere oportuno mediante comunicación ao Concello pero sen necesidade de autorización expresa deste.

En canto ás tarifas a percibir polas diferentes modalidades de aloxamento e de actividades complementarias, serán responsabilidade exclusiva da empresa sen intervención  municipal.

Os servizos de  cafeteria, bar, comidas poderán ser de uso xeral e non exclusivo dos usuarios do cámping, así como o alugueiro de bicicletas e calquera outra actividade sempre que previamente sexa regulado polo  concello no regulamento aprobado, cuxas tarifas e horarios estarán expostos ao público.

O Concello de Nigrán asumirá a xestión directa do parking da Ramallosa

0

O Concello de Nigrán asumirá no próximo trimestre a xestión directa do parking de A Ramallosa tras liquidar e disolverse definitivamente a empresa concesionaria ‘Estacionamientos Valle Miñor, S.L.’ e, deste xeito, poder avanzar o goberno local nos trámites para re-municipalizalo. O estacionamento, pegado á piscina mancomunada e con 357 prazas situadas en catro niveis, abrirá baixo xestión 100 % pública para poder así revitalizar este núcleo urbano grazas a ofrecer grandes vantaxes a veciños e comerciantes (entre elas, as primeiras 4 horas gratis para todos os usuarios, abonos a maiores para residentes ou comerciantes, etc.).

“En todo caso, estaría operativo moito antes de licitar as obras de humanización de Manuel Lemos”, explica o alcalde, quen destaca o “beneficio incalculable” que suporá para o pequeno comercio e veciñanza de toda a zona “ter un aparcamento gratis”. “Será un cambio radical para A Ramallosa e o seu pequeno comercio”.

O parking, construído no 2007 coa concesión a 39 anos para ‘Estacionamientos Valle Miñor, S.L.’, foi pechado pola empresa o 1 de xaneiro de 2017, sendo liquidada a adxudicataria xudicialmente a mediados de 2019. “Desde entón estamos tramitando a súa re-municipalización e xa estamos na última fase tras recuperar os servizo de auga e luz (hoxe mesmo activouse o subministro de electricidade) sen ter que asumir o Concello ningunha débeda”, explica o rexedor. Así, o seguinte paso será aprobar no Pleno unha ordeanza de uso e prezos públicos, actualizar a maquinaria que sexa preciso tras realizar unha revisión profunda e acometer unha limpeza, un prazo que se calcula en 2-3 meses máximo.

“Leva catro anos pechado e aparentemente se conserva en perfecto estado “, explica o edil de Mobilidade Diego García Moreira, quen está asumindo a actualización de todo o recinto para que cumpla con todos os requerimentos precisos de seguridade. “A posteriori, os servizos xurídicos municipais estudiarán a posibilidade de repercutir todos os gastos que orixine a súa apertura aos responsables da extinta empresa concesionaria”, engade.

O goberno local non considera outra opción que a xestión pública para que de verdade a súa apertura beneficie económicamente e socialmente a todo este núcleo urbano. “Unha concesionaria lóxicamente busca facer negocio porque é unha empresa, en cambio, desde o Concello o que buscamos é un beneficio social, non o lucro: aparcamento gratuíto para toda aquela persoa que veña a Ramallosa, beneficios para o veciño que desexe abonarse máis alá de 4 horas iniciais gratis, para os usuarios da piscina, para os propios comerciantes, etc”, explica o rexedor, quen confirma que “abrirá as 24 horas do día e insiste no feito de que as primeiras 4 horas sempre serán gratis para absolutamente todos os usuarios, independentemente doutros beneficios engadidos para residentes na Ramallosa ou traballadores”.

Este aparcamento súmase ao leira-parking municipal do núcleo urbano de Nigrán, tamén 100% público e gratuíto e polo que o Concello paga un aluguer de 6.137 € ao ano. “Somos conscientes do importante que é para os núcleos urbanos as bolsas de aparcamento porque repercuten directamente no pequeno comercio e na propia calidade de vida das persoas, polo que consideramos a re-apertura deste parking da Ramallosa de xeito 100% público unha prioridade para o noso goberno”, resume González.

A Deputación lanza a segunda aceleradora do comercio “para dar un pulo máis potente ás pemes de cara a dixitalización”

Co obxectivo de optimizar a competitividade e a eficiencia do comercio da provincia de Pontevedra, a Deputación vén de poñer en marcha a segunda edición da aceleradora que permitirá a este sector mirar cara o futuro mediante a incorporación de novas tecnoloxías vinculadas ás actividades clave de cada negocio. En palabras da presidenta provincial esta iniciativa, que se desenvolverá entre o 15 de xuño e o 15 de outubro, lévase a cabo porque “é fundamental dar un pulo máis potente ás PEMES de cara á dixitalización”. Con este proxecto liderado pola Deputación dez empresas terán unha formación “que lles permitirá introducirse de cheo e con todas as garantías nun novo mundo onde o comercio se fai de xeito dixital”.

Clici para ampliar

Aquelas empresas que estean interesadas en formar parte desta segunda aceleradora do comercio teñen de prazo ata as 19.00 horas do 7 de xuño para inscribirse a través do sitio web de SmartPeme (https://smartpeme.depo.gal/), posto que a aceleradora está impulsada por esta rede que a Deputación ten espallada por toda a provincia. A aceleradora está aberta a PEMES, persoas emprendedoras, empresarias e autónomas da provincia que desexen reorientar o seu comercio tradicional ou poñer en marcha a súa actividade online. Ademais, nela tamén se poderán levar a cabo novos proxectos e innovar en negocios xa existentes mediante sesións de formación conxunta e titorías personalizadas co equipo asesor de SmartPeme.

A aceleradora levarase a cabo case na súa totalidade de xeito online á vez que se impartirán sesións formativas grupais de xeito presencial, tal e como anunciou a presidenta provincial. Nas sesións online establecerase a folla de ruta das empresas e realizarse un programa intensivo de titorías e sesións de traballo sobre imaxe dixital e competitividade. En canto ás sesións grupais afondarase no deseño con canvas, nas necesidades existentes para ter tenda online, na aposta pola sustentabilidade, na venda a través de redes sociais, en finanzas “para non financieiros/as” e darse información sobre axudas e subvencións.

O sector do comercio ten unha forte presenza na provincia de Pontevedra: segundo datos do Instituto Galego de Estadística hai 12.664 empresas que se dedican ao comercio na provincia e o 15% son comercios minoristas. Ademais de ser un sector tan importante, foi un dos más afectados pola crise da Covid-19. Por este motivo, tras o parón sufrido durante o Estado de Alarma, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha o pasado ano a primeira aceleradora do comercio para axudar ás e aos comerciantes, que amosaron a súa enorme satisfacción pola formación recibida e as melloras dos seus negocios a raíz de ter participado nesta iniciativa.

Salvaterra de Miño pon en marcha un punto de lectura en Arantei

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa Asociación de veciñas e e veciños de Arantei, vén de anunciar a posta en marcha dun punto de lectura e de intercambio de libros, que quedará instalado na antiga escola da parroquia, inmoble que foi rehabilitado nos últimos anos polo Concello, e que agora mesmo é a sede desta Asociación.

Click para ampliar

Con esta actuación en conxunto o que se busca é achegar a lectura ás parroquias. Este espazo estará xestionado pola Asociación coa doazón de libros por parte da Biblioteca Municipal e de diversos veciños e veciñas, xa que todos aqueles que queiran poderán intercambiar ou simplemente doar aqueles libros que xa non utilicen, para que outros poidan desfrutar dos mesmos.

Este punto de lectura está situado na planta baixa deste edificio tan emblemático para a parroquia, que foi adquirido polo Concello e adaptado a edificio escolar coa cooperación do pobo, datada no ano 1929, e que fai un par de anos foi rehabilitado polo Concello para darlle un uso social.

Estará aberto polas tardes os luns, mércores e venres de 18:00 h a 21:00 h.

Mondariz abre a inscrición para dous cursos gratuítos para mellorar a empregabilidades das e dos participantes

0

O Concello de Mondariz ofrecerá durante o mes de xuño dous cursos gratuítos para persoas desempregadas na aula de informática do antigo CEIP Riofrío-Vilar (Pé de Muíño s/n, Riofrío), sede da Escola Municipal de Música de Mondariz.

Trátase dunha iniciativa formativa de Red Araña, que o ano pasado xa ofreceu cursos gratuítos dentro dos programas Muller TIC e Talento Emprendedor. No Concello de Mondariz están coordinados polo servizo de orientación laboral e pola OMIX.

Formación orientada á mellora da empregabilidade

O primeiro dos cursos está dirixido a persoas desempregadas de todas as idades e ofrece capacitación en Habilidades sociais e competencias básicas en TIC orientadas á mellora da empregabilidade. Realizarase entre o 7 e o 11 de xuño, todos os días en horario de 9:30 h a 13:30 horas. O período de inscrición estará aberto até o 31 de maio.

O segundo dos cursos está dirixido a persoas desempregadas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos e ofrece formación en Actividades de venta e atención ao cliente. Realizarase entre o 21 e o 29 de xuño, todos os días en horario de 9:30 h a 13:30 horas. O período de inscrición estará aberto até o 11 de xuño.

Para solicitar máis información sobre estes programas formativos e inscribirse, hai que contactar co servizo de orientación laboral a través de correo electrónico [email protected] ou coa OMIX de Mondariz a través de teléfono ou WhatsApp nos números 986 656 058 e 680 964 461.

Aínda que teñen preferencia de acceso as persoas empadroadas no Concello de Mondariz, os dous cursos están abertos a interesadas doutros concellos.

Sanidade establece o nivel máximo de restricións no concello de Mos e nivel medio para Ponteareas

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións no concello de Mos, ao igual que aos de Lobios, e A Pobra do Caramiñal.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Ribeira, Ordes, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos do Barco de Valdeorras, Moaña, Ponteareas, Cambados, Bueu, Boiro, Rianxo, Cee, Xove, Cervo, Vilalba e Monforte

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 29 de maio.

Ata sempre alcalde!

Que comezo de semana máis triste cando me comunicaron o falecemento de Pepe Represas, alcalde de Ponteareas hai uns días. Coñézoo desde tempos mozos e sei moito das súas inquedanzas sociais a través dos anos. A súa vida foi unha continúa loita polas causas xustas e polos máis desfavorecidos.

Nestes derradeiros meses, cando o seu deterioro físico mostraba a chegada inminente da morte, houbo un momento no que me preguntei a min mesma: como pode ser que nun corpo tan minúsculo poida entrar tanta bondade, tanta xenerosidade, tanta humildade, tanta capacidade, tanta honestidade, …? Enchería páxinas e páxinas coas súas virtudes.

Sempre antepoñendo as solucións ante as confrontacións, sempre apostando polo diálogo independentemente da cor política da cadaquén. Foi así como logrou a estabilidade entre diferentes partidos. É máis, as rivalidades veciñais durante tantos anos fóronse calmando cando chegou á alcaldía, e hoxe case podemos afirmar que a verdadeira democracia existe en Ponteareas.

Que valentía mostrou cando nas dúas ocasións que tiña que ingresar inmediatamente no hospital foi capaz de aguantar dous intensos plenos para aprobar o orzamento anual e axilizar os trámites para o Plan Xeral!

Para el, por mala sorte, chegou o peor. Para Ponteareas, de seguir as súas directrices, o mellor está por vir. Deixa a alcaldía en boas mans, tamén as concellerías con persoas da súa confianza.

Pepe, vaste sen ver a Ponteareas que tanto soñaches, quedáronche no tinteiro moitísimas cousas por escribir, loitaches ata o imposible para cumprir moitos dos compromisos que tiñas adquiridos co fin de mellorar a calidade de vida das 24 parroquias… Non sempre foi posible, pero non te preocupes, podes sentirte ben orgulloso polo teu traballo! Sanear o concello non foi tarefa fácil e ti si o acadaches. Agora é máis doado gobernar e avanzar.

Xinzo, a parroquia que te viu nacer, estará conmocionada. Tamén alí fuches moi útil.

A túa entrega polos demais deu moitos froitos, agora a árbore que levabas dentro esmoreceu. Cando a min me chegue a hora, gustaríame coincidir contigo no mesmo tren e no mesmo vagón para retomar as nosas conversas.

Grazas Pepe, por ser tan gran alcalde, tan boa persoa e, sobre todo, por ser tan bo amigo! Descasa en Paz, ben o mereces.

Casilda González Rodríguez

O CEIP Porto Cabeiro de Redondela recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2021

0

O colexio CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro, de Redondela, recibiu hoxe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 na modalidade de educación infantil e primaria convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade arredor da figura, vida e obra de Xela Arias, autora homenaxeada este 17 de maio pola Real Academia Galega, polo traballo Xela Arias e as palabras.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, entregárono hoxe no centro redondelán, nun pequeno acto no que quixeron felicitar “ao alumnado e ao profesorado que participou neste proxecto tan coidado, tan luminoso e no que tan ben coñecen e contan a Xela Arias, a través dun dos termos que seguramente mellor a definan: palabras”. Os responsables da Xunta visitaron tamén o mural de Alba Troiteiro que loce no centro desde este curso, tamén en homenaxe á autora anfitrioa das Letras Galegas 2021, “un fermoso e singular tributo que se suma ao voso recoñecemento como gañadoras e gañadores deste certame ou á biblioteca que leva o seu nome desde o ano 2018”, destacaron. No acto participaron tamén Xulio Gil, en representación da familia Arias Castaño, e a alcaldesa, M.ª Digna Rivas.

[su_image_carousel source=”media: 37566,37567″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

‘Xela Arias e as palabras’

Xela Arias e as palabras é o título do proxecto didáctico co que o redondelán CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro se impuxo a varios centros de Galicia no Concurso-Exposición arredor da autora homenaxeada polas Letras Galegas 2021. Nel, a comisión de valoración encargada de resolver a convocatoria salientou a “orixinalidade e creatividade, pola beleza estética e pola diversidade das técnicas empregadas na procura de difundir a vida e a obra de Xela Arias entre o público máis novo”.

O centro gañador recibiu hoxe, de acordo coas bases do certame, un diploma acreditativo e un cheque por valor 2000 euros. A iniciativa conta tamén coa colaboración de Feiraco Lácteos, no marco das accións de responsabilidade social da cooperativa agrogandeira galega, que contribúe ao premio con lotes de produtos lácteos.

Recursos de utilidade para a comunidade educativa

Tanto este traballo coma o do centro gañador na modalidade de ESO, Bacharelato, FP e Ensinanzas Especiais, da autoría do instituto IES Plurilingüe de Ames, están dispoñibles para a súa descarga de balde desde o Portal da Lingua Galega. Ambos os dous supoñen recursos de utilidade para a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario de Galicia, mais tamén para a das universidades, centros de estudos galegos, centros que cursan ensinanzas de galego nas comunidades estremeiras e, así mesmo, para o público dos concellos, bibliotecas e asociacións que traballan a prol da lingua e da cultura galegas. Forman parte da programación institucional que a Xunta de Galicia desenvolta para renderlle tributo a Xela Arias e facer partícipe a toda a sociedade galega da celebración máis importante arredor do 17 de maio.

Arranca o Curso “Actividades Auxiliares de Comercio” para mulleres desempregadas de Baiona

0

A acción formativa “Actividades Auxiliares de Comercio” organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona comenzou onte no centro multiusos Ángel Bedriñana.

Máis de dúas docenas de mulleres desempregadas participan neste curso que conta cun total de 210 horas e, co fin de promover un achegamento práctico ao mercado laboral, inclúe 40 horas de prácticas. Desenvólverase de forma presencial en grupos  a través dun itinerario integrado e personalizado, con accións de apoio e acompañamento ao proceso de inserción laboral. Co fin de manter as medidas de prevención ante a COVID19 e atendendo ás necesidades de conciliación familiar e persoal das participantes, estableceránse varios grupos para asistir de luns a venres en horario de 09.00 hs a 13.00 hs. 

Esta formación busca proporcionar a persoas en busca de emprego os coñecementos e as habilidades necesarias para realizar o traballo no sector do comercio e impulsar a súa inserción laboral. Entre as competencias xerais que adquirirán as persoas asistentes están as operacións auxiliares de punto de venda, preparación de pedidos, manipulación e movementos con transpalés e carretillas de man (inclúe carné de carretillero/a), atención ao cliente e calidade do servizo, operacións de caixa en venda, prevención de riscos laborais, inglés básico para comercio e procura activa de emprego.

No curso están participando mulleres desempregadas que teñen interese en formarse para traballar en tendas,comercios, supermercados e grandes superficies comerciais.

O curso formativo “Auxiliar de Comercio” proporciona ás persoas beneficiarias unha completa formación que combina a práctica e a teoría. Esta actividade realízase como parte do proxecto “Emprégate desde a Igualdade” e está pensada para mellorar a empregabilidade das persoas , facilitando a súa incorporación ou reincorporación ao mercado laboral, mediante formación de capacitación técnica e práctica en empresa, e Itinerarios Individualizados de Inserción, que engaden á formación, os servizos de orientación e intermediación laboral.

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller,  puxo en marcha non mes de novembro o programa “Emprégate desde a I gualdade.  Esta iniciativa, promovida de forma conxunta co Instituto das Mulleres e para a Igualdade de Oportunidades, busca incrementar a empregabilidad das mulleres mellorando as súas expectativas e a súa calidade de vida.

O Concello da Guarda remata a rehabilitación do Lavadoiro da Xixolla

0

O Concello da Guarda ven de rematar esta semana os traballos de rehabilitación e sinalización da Fonte Lavadoiro da Xixolla, sita na Rúa PO-552 na parroquia de Salcidos para contribuír deste xeito á conservación e posta en valor do patrimonio etnográfico existente na vila.

A posta en valor dos elementos etnográficos como é o caso é unha obriga mais que unha necesidade, a xustificación non pasa pola súa necesidade intrínseca.

O lavadoiro da Xixolla, datado no ano 1.913 segundo consta na pedra labrada sobre o cano, foi rehabilitada nos anos 90 a través da escola obradoiro renovando a totalidade da cuberta de madeira que substituíu a antiga, copiando e reproducindo ao orixinal dita cubrición que na actualidade, precisaban de traballos de renovación dos acabados, para protexer e prolongar a vida útil dos mesmos.

As actuacións levadas a cabo recentemente no lavadoiro da Xixolla, pasan por unha limpeza do conxunto, mediante máquina de auga a presión, cun mimo especial nos elementos de cantería, nos cales a limpeza realizouse dun xeito manual.

Para os elementos de madeira se procedeu á limpeza con maquinaria a presión, e acabado con produtos para protección e tratamento de madeira, así como o repintado das barandas de madeira que dan á estrada PO-552.

Esta actuación realizouse grazas a unha achega da Deputación de Pontevedra de 8178,64€ a través do Plan Concellos.

Mos ofrece 6 cursos online gratuítos para paliar a situación de vulnerabilidade dixital

0

O Concello de Mos, desde a súa Axencia de Colocación, organiza unha serie de cursos online. Trátanse de talleres organizados pola administración local mosense en colaboración coa Fundación Cibervoluntari@s a desenvolver durante o vindeiro mes de xuño.

Son talleres de nivel intermedio dirixidos a todas aquelas persoas que queiran proxectar a súa marca persoal, innovación, proxecto emprendedor ou proxecto empresarial a través do márketing dixital. Os interesados en participar poden inscribirse a través da seguinte ligazón: https://mos.portalemp.com.

O programa no que se enmarcan estes obradoiros denomínase IniciaTIC e ten como obxectivos paliar a situación de vulnerabilidade dixital que viven moitas persoas emprendedoras, autónomas, PEMES, e axentes da economía social, e que se puxo en especial evidencia a raíz da COVID-19. Apoiar e impulsar a dixitalización dos devanditos axentes para mellorar a súa competitividade. E facilitar a adaptación da actividade económica a través de procedementos de dixitalización básica a escearios cambiantes provocados pola COVID-19.

Desde o Concello de Mos ofértanse dentro deste programa un total de 6 cursos on line totalmente gratuítos: comercio electrónico o 7 de xuño de 19 a 20.30 horas, ferramentas de comunicación e xestión o 9 de xuño de 19 a 20.30 horas, administración electrónica o 15 de xuño de 19 a 20.30 horas, márketing dixital o 16 de xuño de 19 a 20.30 horas, ciberseguridade o 21 de xuño de 19 a 20.30 horas, e Big Data o 23 de xuño 19 a 20.30 horas.

O Consello Municipal do Rosal traballa xa para levar a igualdade a todos os eidos

0

O Consello Municipal de Igualdade do Rosal continúa a traballar para mudar a conciencia social da veciñanza cara a unha baseada no respecto por todas as persoas, independentemente do seu xénero. As persoas integrantes do consello reuníronse de novo este mes de maio para facer unha chuvia de ideas e explorar novas propostas coa que conseguir levar a igualdade a todos os eidos do municipio.

Un dos primeiros puntos que abordaron foron as actividades previstas polo Concello para o mes de xuño ao abeiro do Día do Orgullo, entre as que se propuxeron colocar lonas coas cores do arco da vella dende a Casa Consistorial ata a igrexa ou realizar un desfile co alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier a fin de semana do 26 de xuño.

Ademais de abordar cuestións como o Plan de Igualdade, as persoas participantes no consello falaron da posibilidade de facer unha guía de linguaxe inclusivo non sexista para o comercio local.

Outra das propostas feitas durante o encontro foi a de facer actividades no CPI relacionadas con mulleres traballadoras cualificadas, seguindo ao mellor a liña das realizadas polo CRA María Zambrano con mulleres relacionadas coa ciencia como protagonistas. Neste traballo de visibilización das mulleres o consello traballará sobre a idea de editar un caderno de notas no que colaboren ilustradoras locais e que recolla historias de mulleres, especialmente rosaleiras, con información interesante e pensado para diversos públicos.  

As actividades educativas, lúdicas e culturais tamén se debateron nesta reunión, na que se propuxeron a realización de cafés faladoiros sobre cuestións como os micromachismos ou organizar xornadas dirixidas á mocidade para traballar a sexualidade e rachar con tabús. Tamén se suxeriron grupos como Alma guerrera e Pauliña ou a película ‘Sufragistas’ para incluír na axenda cultural do Concello.

Este Consello Municipal, composto por unha vintena de persoas de diferentes idades e perfís cunha gran calidade técnica en cuestións de igualdade, busca “seguir camiñando cara a un cambio de mentalidade da sociedade xeral e cara a un cambio de actitude e resposta ante as diferentes realidades que xiran arredor da muller dun xeito integral e comprometido”, explica a concelleira de Igualdade, Sara Vicente.

A Deputación ofrece visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior

Máis de 1.000 persoas poderán gozar este verán das visitas caracterizadas e teatralizadas ao Castelo de Soutomaior, así o explicou a presidenta Carmela Silva na presentación destas actividades que arrancan este domingo, 30 de maio, e estenderanse ata setembro. Trátanse de actividades dirixidas ao público adulto, no caso das visitas caracterizadas, e ao familiar, no caso das teatralizadas, que ofrecen un xeito diferente de coñecer o castelo. A presidenta, que recordou que xa están dispoñibles as entradas en www.castelodesoutomaior.com, asegurou que “damos xa o pistoletazo de saída e estas iniciativas que tiveron tanto éxito nas anteriores edicións e van encamiñadas ao turismo familiar, a valorizar o Castelo de Soutomaior e a impulsar  experiencias nunha contorna inigualable”.

As visitas caracterizadas, a cargo de Aguias e dirixidas ao público adulto, comezan este domingo, 30 de maio, e estenderanse ata o 25 de agosto. No percorrido, de 60 minutos de duración, as persoas que se acheguen ao castelo camiñarán polo seu parque botánico e o xardín de excelencia internacional, así como coñecerán as árbores senlleiras, o xardín francés, as sequoias ou os viñedos da man de tres mulleres caracterizadas como María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria, quen explicarán as súas vivencias, anécdotas e algún que outro segredo. As visitas terán lugar o 30 de maio; os días 6,13, 20 e 27 de xuño; o 8, 14, 21 e 28 de xullo e o 4, 11, 18 e 25 de agosto en dous pases diarios ás 11 e 13 horas.

No caso das visitas teatralizadas, a cargo de Troula e dirixidas ao público familiar, comezan o sábado 5 de xuño, e estenderanse ata o 6 de setembro. No percorrido, de 60 minutos de duración,  as familias coñecerán a historia do castelo a través da peza “Irma e Diña” na que aparecerán personaxes tan coñecidas como Pedro Madruga, Paio Gomes  e as labregas Irma e Diña, que poñen nome á representación e presentarán a dobre visión da historia dende o punto de vista da nobreza e das/dos labregas/os. Trátase dunha actividade participativa, educativa, dinámica e divertida, na que se coñecerá a historia e peripecias de Pedro Madruga. O seu leal acompañante, Paio Gomes, será o encargado de poñer música ás andainas e aventuras de Madruga, así como tamén ás historias doutras figuras fundamentais no Castelo como María Vinyals. Xunto a Pedro Madruga e Paio Gomes compartirán protagonismo as labregas Irma e Diña, que contarán a historia do pobo, as costumes e formas de vida das galegas do século XV, poñendo o aceno no importante papel desenvolvido polas mulleres labregas na historia. As visitas caracterizadas terán lugar en xuño os días 5, 12, 19 e 26 en dous pases diarios ás 16.30 e 18.00 horas. En xullo, agosto e setembro haberá catro pases ás 11.00, 13.00, 17.00 e 18.30 horas os días 5, 12, 19 e 26 de xullo; o 2, 9, 23 e 30 de agosto e o 6 de setembro.

O prezo para participar en cada una das actividades é de 8 € por persoa  e poden adquirise desde hoxe mesmo en www.castelodesoutomaior.com. Ofertaranse 15 prazas por cada pase de tal xeito que haberá dispoñibles 660 prazas para participar nas visitas teatralizadas e 390 para as caracterizadas.

A Deputación de Pontevedra iniciou o programa de visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior en 2016 e, dende aquela, participaron xa preto de 2.500 persoas na actividade. No caso das caracterizadas, a institución provincial organizou as primeiras no 2019 centradas na temática da “Camelia e moda”, nas que se deron cita máis de 150 persoas.

O Concello de Nigrán abre ata o 13 de xuño o prazo de solicitude para facer fogueiras en San Xoán

0

O Concello de Nigrán abre o prazo ata o 13 de xuño inclusive para solicitar autorización para facer unha fogueira en San Xoán. As persoas físicas ou xurídicas deben dirixirse ao Rexistro Xeral do Concello ou Sede Electrónica, onde farán constar na solicitude o lugar elixido para facela, así como nome e datos dos responsables da mesma (os solicitantes serán responsables dos danos que puideran ocasionar a terceiros.). Compre destacar que a posibilidade final de facer a fogueira está suxeita a posible normativa que xurda, incluíndo a relativa ao Covid-19 (o ano pasado finalmente a Xunta non autorizou ningunha, aínda estando autorizadas previamente polos concellos).

O Concello de Nigrán ven de dictar un bando onde fai constar tódolos aspectos que se deben ter en conta á hora de confeccionar a fogueira. Este inclúe as seguintes directrices:

  • O material inflamable da fogueira deberá estar amontonado con un día de antelación á súa queima, para poder levar a cabo a súa revisión.
  • O volume do material combustible da fogueira non superará os 5 metros de diámetro nin os 3 metros de altura.
  • A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 12 metros. Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non haxa almacenados productos inflamables nin zonas forestais.
  • Prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, aceites, etc., e en xeral calquera outra substancia que desprenda fumes tóxicos; así mesmo coidarase de non botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) aínda que estean baleiros.
  • Ao finalizar a fogueira e, antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas.

Fogueiras na Praia

O goberno local considera que, polo momento, non se reúnen as condicións sanitarias que permitan devolver a celebración á praia de Panxón, non así as fogueiras de carácter familiar ou veciñal.

“Estamos nunha situación moito mellor que no 2020 pero todo indica que, desafortunadamente, aínda non é razoable nin seguro volver a festexar o San Xoan en Panxón como antes do Covid-19, cando se xuntaban miles de persoas”, sinala o alcalde, quen si estima que nesta ocasión se poderán facer na intimidade familiar ou veciñal. “O ano pasado, finalmente, a Xunta non autorizou ningún tipo de fogueira, desde o Concello consideramos que actualmente as dos veciños nas súas casas ou das entidades veciñais si son seguras, pero acataremos sempre o que digan as autoridades sanitarias”, subliña o rexedor.

O Museo do Mar da Guarda incluído na guía de Espazos Museísticos Pasaporte REMA

0

Os GALP de Galicia promoven no marco do proxecto Pasaporte REMA a creación da primeira guía sobre a cultura mariñeira atlántica europea. Nela, están representados 25 museos galegos, un portugués e outro asturiano, e entre todos eles o Museo do Mar da Guarda.

O proxecto Pasaporte REMA é una iniciativa financiada polo Fondo Marítimo da Pesca (FEMP) na que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) galegos

O día 18 de maio,día internacional dos museos, lanzouse oficialmente a guía de Espazos Museísticos Pasaporte REMA que serán repartidos de modo gratuíto en cada un dos 27 museos da Rede REMA dos que se ofrece información na citada guía. Ademais, as persoas que visiten estes espazos poderán ir acumulando selos Remiña e, una vez alcancen 5 estampacións de museos localizados en alomenos 2 territorios GALP poderán participar no sorteo de 19 cestas mariñeiras, compostas de produtos de proxectos financiados polos GALP. O prazo máximo para lograr estas estampacións finaliza o día 2 de novembro de 2021. Ademais, una cesta mariñeira sortearase proximamente a través das Redes Sociais do Proxecto Pasaporte REMA (Facebook: Pasaporte REMA, Instagram: @pasaporterema)

Red REMA

Os Grupos de Acción Local del Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia impulsaron conxuntamente a creación da primeira rede centrada no patrimonio material e inmaterial do mar, apoiada pola Consellería do Mar e financiada a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

A Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) é a primeira rede especializada en contidos relacionados coa cultura mariñeira atlántica europea. O seu obxectivo é que o patrimonio material e inmaterial ligado ao mar sirva de nexo de unión entre os diferentes pobos do arco atlántico de Europa. Actualmente, a rede está composta por espazos das costas galega, asturiana e portuguesa, cun interese común por preservar a cultura mariñeira do arco atlántico europeo e a súa historia. Os seus membros custodian un patrimonio atractivo para diferentes grupos de interese: turistas, escolares, persoal investigador e público en xeral.

A guía contén información dos elementos patrimoniais más relevantes que se poden atopar en cada espazo e está orientada tanto desde o punto de vista dos visitantes como o dos seus actuais xestores culturais. Ademais, poderase obter más información ou visitar a partir do 22 de xuño los museos xogando de modo virtual a través do smartphone, enfocando co móbil o código QR que se atopan na guía.

O auditorio da fortaleza de Goián, escenario da presentación do Parque da Amizade e a ponte peonil Tomiño-Cerveira

O auditorio da Fortaleza de Goián en Tomiño acollerá este sábado un grande evento para a presentación institucional do Parque da Amizade e da nova ponte peonil que unirá Tomiño e Cerveira. Ao acto asistirán diferentes autoridades estatais, autonómicas e locais tanto españolas como portuguesas, ás que se lles dará a coñecer a singularidade do que será un dos primeiros centros de lecer transfronteirizos de Europa e o primeiro Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal como un espazo verdadeiramente europeo sen fronteiras.

Ambos proxectos contan con financiamento europeo, con cargo á primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP) 2014-2020, e serán presentados polo deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, pola alcaldesa de Tomiño Sandra González, o presidente de cámara de Cerveira, Fernando Nogueira, e polos representantes dos Burgos¬Garrido e Bernabeu Enxeñeiros.

As autoridades da parte portuguesa chegarán ao auditorio de Goián en barco dende a parte lusa para ás 12.15 horas comezar a presentación, na que se incluirá a proxección nunha pantalla de grandes dimensións dun vídeo ilustrativo dos obxectivos do parque. Na peza incluirase unha recreación 3D de como será a nova ponte peonil e ciclable que permitirá que o parque transfronteirizo sexa unha realidade.

Para o deputado Uxío Benítez o parque e a ponte constituirán un elemento dinamizador de crucial importancia material e simbólica nun territorio como é o transfronteirizo do rio Miño, dobremente impactado pola actual pandemia COVID-19, dado o seu carácter dependente dos fluxos socioeconómicos entre ambos países, que se teñen visto gravemente alterados polas restricións á mobilidade transfronteiriza.

Medio centenar de alumnos e alumnas do IES de Tomiño gradúaronse no entorno da fortaleza de Goián

0

Medio centenar de alumnos e alumnas de bachalerato do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), celebrou a súa festa de gradación no Espazo Fortaleza de Goián, a carón do milenario forte de San Lourenzo. O acto contou coa presencia da alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, e da concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, en representación do goberno municipal, que colaborou no acondicionamento e montaxe da infraestrutura necesaria para a celebración.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, diríxese ao alumnado do IES Antón Alonso Ríos durante o acto de gradación

Ademais do alumnado dos tres grupos de bachalerato (das dúas modalidades que se ofertan no instituto tomiñés: Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais), tamén graduáronse 15 estudantes do ciclo medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural, que se imparte no centro.

A alcaldesa aproveitou a oportunidade para felicitar ao alumnado do IES Antón Alonso Ríos polo seu esforzo e dedicación durante un curso tan duro e especial coma este último.

Pepe Represas, un gran veciño orgulloso da súa vila e das súas parroquias

Coñecín a Xosé Represas coma un veciño, un gran veciño por certo… Un veciño que sabía moito de case todo. Coñecía ben as leis, os nosos dereitos,… Presidiu por primeira vez a súa comunidade de veciños no edificio onde residía a súa familia e a miña. Negociador incansable nas causas nas que cría, pero tamén pragmático e resolutivo como poucos.

En todos eses anos, dezaoito en concreto, que compartimos comunidade, fomos tamén amigos e tivemos dende o primeiro día afinidade política e moitas gañas de devolverlle a Ponteareas a súa identidade e dignidade. Mentres eu pensaba que a unha persoa de fóra coma min lle ía estar vetado o acceso á institución municipal, Xosé Represas, que non pensaba o mesmo, foise convertendo en referente do BNG e tendo un papel cada vez máis protagonista.

Nunca coñecín a unha persoa máis orgullosa da súa vila e das súas parroquias, que defendera con tanta firmeza baixo calquera asociación ou institución os dereitos das súas veciñas e veciños, os dereitos de todas, non dunhas poucas persoas. Ser alcalde en 2015 deulle a Pepe o espazo que merecía e tiña gañado dende hai tantos e tantos anos. Podo dicir, sen medo a equivocarme, que foi o único Alcalde que tivo Ponteareas que defendeu os intereses xerais por riba de calquera circunstancia. Mesmo parecía, e en todos estes anos demostrouse, que o cargo fora feito para el, coma se de un traxe se tratara.

Persoa xenerosa como poucas, compartiu o seu coñecemento coas persoas que formabamos parte do seu círculo político e de amizade. Traballando man a man pasamos por situacións complexas das que, con habilidade, saimos airosas.

Hoxe, cómeme por dentro unha gran dor e baleiro, unhas gañas tremendas de gritar ao vento a inxustiza da vida… Pero é asi. Estamos de paso, somos efémeras, como as nosas alfombras florais. Aínda así, non renunciaría a un só minuto dos que compartimos. Quedan na miña memoria tantos e tan bos momentos nos que rimos, falamos, formulamos estratexias e avanzamos. E con cada paso á fronte, máis segura me sentía de que eramos afortunadas de contar contigo ao temón da Corporación, pero sobre todo nas nosas vidas…

Até sempre, Pepe!!!

Cris.

Isma Lago continuará ao fronte do Saeplast BM Cañiza

0

O Club Balonmán Cañiza ven de renovar a Isma Lago como adestrador do Saeplast Balonmán Cañiza de Primeira Nacional para a vindeira tempada 2021/2022. Baixo a súa dirección o Saeplast BM Cañiza acadou a mellor tempada da historia do club en Primeira Nacional, cuarta posición con 37 puntos.

Os resultados desta magnífica tempada levaron a que o club e o xoven adestrador acadasen un acordo para a continuidade de Isma Lago na vindeira tempada.

Isma Lago chegou á capital da Paradanta no ano 2016 para facerse cargo da coordinación da sección masculina do club, adestrando equipos da canteira e levando a cabo iniciativas como a promoción do deporte entre os escolares da comarca ou o Campus de verán do BM Cañiza, ao tempo que formaba parte do plantel do primeiro equipo. Na pasada tempada, Isma Lago, coa titulación de Adestrador Nacional pola RFEBM, deixa as pistas para pórse á fronte do proxecto.

Con esta renovación serán xa un total de seis tempadas as que este adestrador vigués afincado na Cañiza complete neste club feito que, en palabras do propio Isma Lago, “é unha auténtica honra seguir ao fronte deste proxecto que vai máis alá de xogar ao balonmán”. “Estou moi contento por contar co respaldo da Directiva, do presidente e, atreveríame a dicir, da Cañiza” engade o adestrador do Balonmán Cañizaque, de cara a vindeira tempara, marca dous obxectivos claros “consolidar ao Balonmán Cañiza como un dos equipos da zona máis alta da táboa e dar un paso á fronte no traballo coa base e de captación que este ano viuse mermado a causa da COVID”.

Pepe Represas, un moi bo alcalde para Ponteareas

O dia de onte e de hoxe, son días tristes para min, como persoa e como Portavoz do Partido Socialista do Concello de Ponteareas. Pepe Represas non era un desconocido para min cando comenzamos esta andaina do Goberno; os Represas do seu apelido e os Represas do meu, son da mesma familia.

O feito de que no ano 2015 comenzasemos o noso gran proxecto político co Goberno de coalicion en Ponteareas, fixo que a nosa relacion nestes ultimos seis anos fose diaria e moi próxima.

Tanto Represas coma eu tiñamos claro que debíamos dar a Ponteareas un exemplo de coalicion e de bo facer. Teño que decir que ese obxetivo foi conseguido pois e para acadalo, o alcalde foi o facilitador dese bo traballo en canto a toma de decisions importantes para este Concello. O carácter de Pepe e o meu sempre estiveron en sintonía e iso permitiunos acadar logros que o pobo de Ponteareas valorou positivamente.

Nós tiñamos a sensacion de estar dando á cidadania un “Goberno que goberna” e non que se enreda en trifulcas Políticas.

Por iso, síntome moi orgullosa de ter sido a primeira teniente de alcalde, no primeiro mandato, e segunda tenente de alcalde nesta lexislatura, e ter acadado moitisimos acordos naquelas reunions tan extensas BNG-PSOE.

Pepe Represas tiña gran capacidad de traballo, era quen de escoitar propostas ainda que non fosen de seu grupo e incluso loitar por iso como si fose una iniciativa propia. Pepe Represas foi quen de manter o equilibrio entre todolos concelleiros e concelleiras.

Os membros do Partido Socialista de Ponteareas lamentamos o seu pasamento. Como voceira municipal do PSdeG-PSOE podo dicir, con total coñecemento, que Pepe Represas foi un moi bo alcalde do Concello de Ponteareas.

Até sempre Pepe

Luns, 24 de maio de 2021. Hoxe Ponteareas amenceu cuberta por unha néboa de tristura e dor. Na escuridade da noite, a morte venceu ás ganas de vivir.

Implacábel e inclemente, así é sempre a morte. Pero cando chega antes de tempo e se leva por diante os soños pendentes convértese en cruel e inxusta. Hoxe, ao sentimento de perda que nos devora no máis fondo de nós mesmos, únese, inevitabelmente, a carraxe e rabia por unha morte que nos arrebatou a destempo e sen compaixón a Pepe Represas, o noso amigo e o noso Alcalde por sempre.

Nos últimos meses Pepe impresionounos pola súa coraxe e conmoveunos pola súa enteireza. Día a día, nunha amarga conta atrás, descubrimos admirados que trala súa extraordinaria afabilidade e sinxeleza se agachaba a maior das valentías: a que dá a forza necesaria para enfrontar e plantar cara á morte. Durante semanas combateu contra ela denodadamente da mellor das maneiras posíbeis: repudiándoa e ignorándoa. Até os seus derradeiros días non abandonou os seus proxectos e ilusións, continuou conxugando os seus desexos en tempo futuro, seguíu facendo plans con nós, programándonos reunións e encontros, e acudindo á Casa do Concello empurrado por un ánimo incombustíbel que arrollaba á súa cada vez máis mermada fortaleza física.

Roberto Mera e Xosé Represas na publicación ‘Bloque Informativo’ de 1999

Abrumado pola perda e a dor, a nostalxia abrolla e viaxo no tempo buscando as miñas máis vellas lembranzas de Pepe. Nesa procura chego a 1999, cando o século XX tocaba ao seu fin nunha escura Ponteareas que aínda amosaba as súas vergoñas na súa Praza Maior cun obsceno monumento. Baixo o profético titular “Con ideas para o futuro” vexo ao mesmo Pepe valente e xeneroso destes días, dando a cara e comprometido naqueles tempos difícis cun proxecto político e un case imberbe candidato á alcaldía no que poucos acreditaban. E, malia a amargura deste desgarrador momento, gozo sabendo que aquel futuro que augurabamos chegou con Pepe Represas dezaseis anos despois, en 2015, e que aquelas ideas sementadas con agarimo agromaron e botaron vizosas raices da súa man coma Alcalde. El sabíao e con esa satisfacción do deber cumprido deixounos convencido, coma Raúl Alfonsín, de que “os homes pasan, as ideas quedan e transfórmanse en fachos que manteñen viva á política democrática”. Nós manteremos aceso e vivo o lume do facho de honradez, galeguidade e progreso que Pepe nos entregou onte. É o que espera de nós.

Pepe plantoulle cara e a morte non llo perdoou, ensañándose para levalo antes de poder ver esa Ponteareas soñada que era a súa razón de ser. Deixounos coa conciencia de ter sido un servidor público exemplar, marchou coa satisfacción de ter sacado a Ponteareas do pasado dándolle un novo futuro, mais a súa vida apagouse sen poder ver rematados os seus proxectos cos que ansiaba converter Ponteareas nun concello modélico. Pepe non verá xa o seu legado, é certo, pero nós veremos sempre a Pepe en cada un dos lugares nos que deixou a súa imborrábel pegada e a súa memoria sempre nos acompañará o resto dos nosos días. A morte foi vencida.

Até sempre Pepe.

O teu amigo, Roberto Mera

Arbo inviste preto dos 90.000 euros na mellora de viais municipais en Cequeliños

0

O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, procedendo á reparación daquelas que están asfaltadas e pavimentando completamente as pistas que se atopan con firme de terra. Trátase de mellorar a seguridade viaria en todas as estradas, executando ensanches e mellorando o trazado nos tramos mais perigosos, traballos considerados como prioritarios polo Goberno que preside Horacio Gil.

Dentro desa liña de actuación, actualmente atópase en período de licitación, a través da Plataforma de Contratación do Estado, un vial no barrio da Igrexa, na parroquia de Cequeliños, traballos para os que se conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra e cun orzamento de 89.768,94 €.

Para esas obras realizaranse traballos previos e escavacións, desbroce do terreo e demolición dos pavimentos existentes. Amais habilitarase a recollida das augas pluviais no camiño de baixada a igrexa, coa colocación de tubaxes de PVC de diámetros 315mm e 250mm e arquetas sumidoiro, nos tramos sinalados nos planos.

En total executaranse 92 m lineais de tubaxe. Os traballos inclúen a reposición dunha canalización de rego existente en superficie.

Coas actuacións previstas pretendese mellorar o servizo que ofrece para os usuarios e usuarias o vial de acceso a Igrexa en Cequeliños , obxecto da obra, ao ser un camiño utilizado, tanto por vehículos como por peóns, prevéndose a súa mellora e pavimentación, ao atoparse en mal estado.

Dada a amplía superficie do concello e o gran numero de estradas existentes, “a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado”, recoñece o alcalde Horacio Gil, polo que é preciso a realización de proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado.

A Deputación inicia a quinta edición dos cursos de español para persoas inmigrantes

Vinte persoas participan desde este luns 24 na sede provincial de Vigo no primeiro dos tres cursos de español para persoas inmigrantes que organiza neste 2021 a Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo. A presidenta Carmela Silva, xunto a Mercedes Álvarez, coordinadora académica do Centro de Linguas da Uvigo,  e do profesorado do curso, acompañou ao alumnado nesta xornada inaugural e subliñou o esforzo de todas e todos por tomar parte nesta actividade formativa encamiñada a que persoas de países non hispanofalantes obteñan o Diploma de Español Como Lingua Estranxeira (DELE A2), indispensable para que poidan logo acadar a nacionalidade española. Neste primeiro curso a maioría das persoas participantes proceden de Marrocos, Senegal e Rusia, e doutras nacións como Ucraína, Ghana, Alemaña ou Nixeria. A actividade consta de 40 horas, de xeito que se prolongará ata o 11 de xuño, en horario de 15.30 a 18.10 horas. 

A presidenta da Deputación anunciou que para “para nós todas as persoas son iguais e estamos moi honradas de que esteades hoxe aquí con nós. Sabemos que facedes un grande esforzo de adaptación e coñecemento do idioma e estamos moi orgullosas de vós e de prestar este servizo que axuda a tantas persoas a obter a nacionalidade española e que ten unha alta demanda. De feito, anunciou, queremos amplialo con máis prazas na próxima convocatoria para que non haxa xa lista de agarda”. Carmela Silva convidou ás persoas participantes. “Sentídevos na vosa propia casa, ides ter á vosa disposición o que precisedes. As vosas profesoras son excelentes e manteñen unha relación moi próxima coas alumnas e alumnos. Moito ánimo e moita forza”.

Esta é a quinta edición dos cursos de español que a institución desenvolve desde o ano 2017 para facilitar a integración das persoas inmigrantes como cidadáns de pleno dereito na provincia. Hai que lembrar que a citada proba DELE A2 require unha preparación previa e ten un custo económico que dificulta o acceso á nacionalidade española para un determinado sector da poboación. A través deste programa, a Deputación subvenciona o custo da formación e tamén o da matrícula na citada proba.

Este ano recibíronse un total de 128 solicitudes de persoas de 21 nacionalidades distintas, a maioría de Marrocos, Brasil e Senegal, para as 55 prazas existentes nos tres cursos que se desenvolverán tamén en Pontevedra. Despois deste primeiro curso celebrarase un segundo na sede viguesa da Deputación desde o 14 de xuño ao 2 de xullo e, finalmente, do 13 de setembro ao 1 de outubro terá lugar o curso en Pontevedra, con 20 prazas. Unha vez finalizadas as sesións de formación, o alumnado presentarase ao exame do DELE A2 que levará a cabo o Instituto Cervantes en Vigo, que terá lugar o 10 de setembro para as persoas que participaron nos dous primeiros cursos e o 13 de novembro para as do terceiro curso.

As clases, ao igual que o pasado ano, desenvolveranse cun estrito protocolo anti Covid, que inclúe o uso obrigatorio de máscaras e a dotación de material de hixiene para garantir a seguridade. En caso de que a formación non se puidera impartir polas circunstancias de modo presencial, valorarase a posibilidade de realizala en remoto e, en todo caso, o seu desenvolvemento estará supeditada á normativa vixente en cada momento.

Balance desde 2017 Nas catro edicións anteriores, os cursos de español organizados pola Deputación tiveron un total de 235  persoas participantes que, sumadas ás 55 deste 2021, farán un total de 290 persoas cando remate este 2021. A meirande parte do alumnado consigue logo superar a proba e obter o DELE A2 e, deste xeito, en 2017 houbo un  70% de aprobados, mentres que o ano seguinte subiron ata un 97,7% de aprobados. O pasado 2020, en que os cursos tiveron que adiarse uns meses pola pandemia, lograron o diploma o 80% das persoas examinadas.

A Xunta solta o azor ferido en Nigrán tras completar a súa recuperación

0

A Xunta de Galicia procedeu hoxe á solta en Monteferro do azor que foi localizado por un particular o pasado mes de marzo e trasladado ao Centro de Recuperación da Fauna Silvestre de Carballedo, tal e como informou a delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias.

A ave foi así devolta ao seu hábitat de orixe, tras comprobarse a súa completa rehabilitación. O azor, tal e como indicaron os técnicos de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, presentaba a súa chegada a Carballedo unha fractura no coracoides, un oso pertencente á articulación do ombreiro das aves, xunto coa clavícula e a escápula. Dado o difícil acceso cirúrxico a lesión foi tratada con  medicación e fisioterapia, seguindo a pauta establecida polo veterinario e consoante ao tratamento de referencia para este tipo de fracturas.

Ao longo deste proceso, cómpre salientar que desde finais do mes de abril se lle trasladaba  diariamente ás novas instalacións do túnel de voo ao obxecto de favorecer a recuperación da súa musculatura e a masa corporal e, especificamente, para fortalecer a parte danada. Deste modo, o que comenzou como un voo circular en altura, non exento de dificultades, pronto deu paso a un bo grao de desenvolvemento.

Túnel de voo

O novo túnel de voo forma parte das obras de mellora e ampliación que a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas leva acometendo no centro de Carballedo en Cerdedo-Cotobade desde o 2018 e que ascenden en conxunto a preto de 675.000 euros. O obxectivo desta actuación última actuación, realizada no 2019, é o de facilitar a práctica das aves recuperadas, previamente á súa solta no medio natural.

Tendo en conta os rexistros de entradas de animais en Carballedo, a gran maioría (preto do 90%) son aves e entre elas, predominan as aves rapaces e acuáticas, polo que se estimou necesario reforzar as actuais instalacións mellorando as dotacións dirixidas a garantir a rehabilitación deste tipo de especies animais. Consta así dunha instalación con piscinas e zona de baño para a recuperación de aves acuáticas. Dispón dun estanque e seis piscinas máis reducidas con divisións móbiles entre elas, de maneira que poidan xuntarse dúas.

Cómpre lembrar, ademais, que esta actuación é complementaria aos traballos executados no centro nunha primeira fase, que rematou a finais do ano 2018. No marco daquela reforma, levouse a cabo a adecuación dun edificio que xa existía para a recepción dos animais e a súa atención veterinaria; así como a construción dun novo inmoble destinado á recuperación dos exemplares tratados e á súa preparación para devolvelos á súa contorna. Coas melloras e os traballos de ampliación acometidos nas instalacións de Carballedo deuse un paso máis para o fomento da conservación e da recuperación das especies de fauna silvestre na provincia de Pontevedra. De feito, está considerado como un centro de recuperación de fauna silvestre punteiro, coa tecnoloxía e cos medios máis avanzados, e un deseño funcional que incorpora melloras nas condicións de aloxamento e nos medios específicos para a recuperación dos animais tratados.

O Concello do Rosal pon en marcha un grupo para fomentar o intercambio de obxectos

0

O Rosal continúa no seu camiño por converterse nun concello máis sostible. Por este motivo, ademais de traballar na creación dun espazo de intercambio, reparación e reutilización de obxectos na rúa Cumieira, o Concello vén de poñer en marcha un grupo de Facebook aberto a toda a veciñanza, residente no Rosal ou non, para fomentar o intercambio de todo tipo de enseres e obxectos de forma directa entre todas as persoas interesadas.

Participar nesta iniciativa será moi sinxelo. As persoas interesadas simplemente deberán entrar no grupo, facerse membro e comezar a compartir aquelas cousas que queiran dar ou intercambiar.  Trátase dun xeito de promover non só o intercambio, senón que o grupo tamén está aberto a que as persoas poidan dar aquelas cousas que xa non precisen.

As usuarias e usuarios do grupo subirán fotografías dos obxectos e a persoa interesada porase en contacto coa ou co anunciante, preferiblemente por privado, para acordar o intercambio. O Concello do Rosal non mediará nin intervirá en ningún dos acordos aos que cheguen ás persoas participantes nin se fai responsable de ningunha incidencia, así como tampouco disporá de ningún servizo de transporte para poder carrexar voluminosos.

Poderá accederse a este grupo de Facebook dende a páxina do Concello nesta rede social ou dende a web municipal de Medio Ambiente, accedendo ao apartado Intercambia.

Esta iniciativa forma parte do proxecto para alongar a vida útil dos bens materiais dos fogares, minimizando o impacto ambiental e aumentando os niveis de reciclaxe, posto en marcha ao abeiro dunha subvención de 30.000 euros para residuos de competencia municipal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A campaña ‘Vive Sostible’ do festival ‘Vive Nigrán’ recolle 221 quilos de residuos en Praia América en menos de dúas horas

0

A V Edición do festival Vive Nigrán, impulsa accións de recollida e clasificación de residuos nas praias do Concello de Nigrán dentro da súa iniciativa VIVE SOSTIBLE. Este pasado domingo, en menos de dúas horas, as e os participantes nesta iniciativa, foron quen de recoller un total de 221 quilos de residuos no areal de Praia América.

Desde o seu inicio, a organización de Vive Nigrán, tivo presente a necesidade de actuar con respecto ante a riqueza ambiental da contorna na que se desenvolve o festival. Medidas como fabricar vasos reutilizables, garantir a seguridade na zona dunar ou actividades para os máis pequenos con talleres de reciclaxe así o testemuñan.

[su_image_carousel source=”media: 37476,37477,37478″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Nesta edición e seguindo diversos obxectivos incluídos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, Concello e organización quixeron incrementar o seu compromiso programando varias actividades que poidan servir para concienciar á sociedade, por unha banda sobre a necesidade de reciclar, a importancia da conservación do mar e as súas especies e por outra banda para converter as nosas praias en espazos libres de plásticos.

VIVE SOSTIBLE exporá diversas accións que se irán desvelando aos poucos e que están vinculadas coa conservación, concienciación e responsabilidade ambiental (compensación de pegada de carbono, etc).

O obxectivo de todas estas accións é facer ver que o problema dos residuos no mar é moi grave e compete a todos; e que, entre todos, cidadáns, festivais e institucións públicas, é necesario darlle a volta e achegar solucións.

O consumo de plástico na nosa sociedade creceu de forma vertixinosa nos últimos anos. Os datos sobre a cantidade de plástico que acabamos tirando, unha vez utilizado, son arrepiantes e extremadamente rechamantes. Unha realidade que está a converter os nosos fondos mariños en auténticos vertedoiros, especialmente de plástico, debido sobre todo á gran resistencia deste tipo de material, que pode perdurar durante séculos no fondo mariño

A Guarda homenaxea a Xela Arias

0

A concellería de cultura do Concello da Guarda, dentro da completa programación de actividades en torno as nosas letras e entorno á figura homenaxeada este ano, Xela Arias, organizou o pasado sábado día 22 de maio unha homenaxe na que participaron alumnado e docentes do IES A Sangriña –do que Xela Arias foi mestra– e representantes da Agrupación Cultural Guardesa.

Xela Arias e o IES a Sangriña estiveron sempre estreitamente ligados xa que, tralo seu falecemento, o instituto mantivo viva a súa figura e a súa importancia como poeta convocando, durante case unha década, o Certame literario Xela Arias, cunha notable participación e calidade nos poemas seleccionados.

Por ese motivo, o Concello da Guarda fixo un esforzo por divulgar a figura e a obra desta singular poeta, que cultivou un estilo propio, moi persoal e algo incomprendido polos estándares literarios da súa época. Deste xeito a programación que se está a realizar, está pensada para sacar a súa obra á rúa e captar a atención dos veciños, para os amantes da literatura e tamén para os menos lectores, para que a coñezan e descubran algunhas das composicións que esconden fermosura, misterio, inconformismo…

Así mesmo e tendo en conta que a vinculación de Xela coa nosa vila ven pola súa docencia no instituto as actividades foron combinadas e ideadas en colaboración co Departamento de Lingua Galega do Instituto da Sangriña baixo o nome Todas as poetas son tu e ningunha coma ti, parafraseando un verso adicado ao seu fillo no libro Darío a Diario (1996). Igualmente contan coa participación doutros colectivos e organismos como son a Biblioteca Municipal ou a Agrupación Cultural Guardesa.

Unha das actividades que continuará ata fin de mes é unha exposición de poemas polos comercios da Guarda, que integra poemas da autora nos seus escaparates xerando así unha ruta literaria pola vila, sorprendendo aos transeúntes e curiosos con poemas escollidos de entre toda a súa obra.

E para rematar o último sábado do mes representarase no Centro Cultural, as 19:00 h unha proposta escénica baseada no último libro publicado por Xela Arias, Intempériome (2003), titulado Vencerse é cousa de se tratar. Esta proposta ten unha significación especial, xa que trátase da posta en escena dun recital que Xela estaba preparando co músico Fernando Abreu no momento do seu falecemento. Dentro do traballo de preparación previo a este recital quedaron gravados certos poemas na voz de Xela. Estas gravacións foron recuperadas por Abreu, así como o espírito do espectáculo e deron forma a esta proposta na que participan agora o propio Fernando Abreu como director artístico e músico, Mónica DeNut na lectura dos poemas, Pablo Carrera á guitarra e Roi Fernández a cargo do contido audiovisual.

No caso do acto público do día 29 de maio o evento conta, como ven sendo habitual, cun protocolo COVID-19 e é preciso anotarse cunha semana de antelación en [email protected]

O Concello de Ponteareas, consternado polo pasamento do exalcalde Xosé Represas

O equipo de goberno do Concello de Ponteareas vén de amosar a súa tristura e a súa profunda dor polo falecemento do exalcade Xosé Represas. Así mesmo, vén de convocar un pleno extraordinario e urxente para as 14:00, no que se decretarán tres días de loito oficial. Ás 14:15, tralo remate do Pleno, celebrarase un minuto de silenzo diante da Casa do Concello.

O executivo ponteareán amosouse consternado coa nova e destacou a entrega de Represas como alcalde ao servizo de Ponteareas e da súa veciñanza, así como a súa capacidade e a súa vocación de servizo público. Así mesmo, o goberno local salientou a súa traxectoria política e social e o seu compromiso na procura dunha sociedade mellor, que o levou hai décadas a ser un dos impulsores da recuperación dos montes veciñais.

“Represas foi unha persoa entrañábel, querida e apreciada por toda a veciñanza, por enriba das ideoloxías”, sinalan dende o Concello nun comunicado.

Xosé Represas Giráldez, natural da parroquia de Xinzo, era Diplomado en Empresariais pola Universidade de Vigo e traballou durante décadas nunha entidade financeira en Ponteareas. Foi membro da Corporación Municipal nos anos 1999 e 2000. Posteriormente, no ano 2007, accedeu novamente á Corporación, sendo concelleiro até a súa recente renuncia por motivos de saúde. No 2015 asumiu a alcaldía da localidade, que revalidou nas eleccións municipais 2019. Foi directivo da Comunidade de Montes de Xinzo e do seu Centro Cultural. Ocupou ademais o cargo de Presidente da Asociación Forestal de Galicia.

Areeiro segue a recomendar a vixilancia das viñas fronte ao mildio

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanza un novo aviso fitosanitario no que segue a recomendar a vixilancia intensa das viñas debido ás condicións favorables para o desenvolvemento do mildio. Neste senso, desde a EFA subliñan que a situación meteorolóxica dos últimos días, con xornadas de choiva e con humidade alta, unida as previsións de continuidade destas condicións nos vindeiros días, fan preciso este exhaustivo control aínda que as viñas estean teoricamente protexidas, xa que pode ocorrer que incluso na mesma folla haxa manchas ben curadas e outras non e amais hai que ter en conta que a fase de floración, que está próxima ou comezando, é moi sensible á citada patoloxía da viña. Doutra banda, aconsella non descoidar as prácticas de sega da vexetación do solo, que está a medrar vigorosamente debido ao tempo que se rexistra.

Así mesmo, o aviso refírese tamén a que as actuais condicións meteorolóxicas son favorables ao desenvolvemento do Black rot e, neste senso, en dúas viñas revisadas, detectouse algunha folla cunha pequena mancha do patóxeno. Areeiro lembra que existen produtos fronte o mildio e/ou fronte ao oídio que tamén amosan eficacia fronte a este fungo e que a posible presenza de plantas abandonadas próximas afectadas contribúe de xeito significativo a incrementar o risco de ataque, polo que deben ser eliminadas.

No que atinxe á botrite, aínda que non se detectaron síntomas de podre nas viñas revisadas, si se observaron máis pampos rotos debidos ao vento, e tamén follas, polo que o persoal da Estación recorda que estes pampos que están a secar é conveniente retiralos. Por último, o aviso sinala, no caso doutros parasitos da viña, que as incidencias máis salientables foron a aparición dos primeiros glomérulos de Lobesia esta semana, aínda que sen risco, e a permanencia de caracois en moitas viñas.

O pavillón deportivo cuberto do CEIP Fontes-Baíña de Baiona estrea iluminación

0

O pavillón deportivo cuberto do CEIP Fontes-Baíña estrea iluminación e faio grazas ao proxecto presentado polo equipo de goberno municipal e ás intensas xestións realizas para que a Xunta de Galicia puxéseo en marcha.

“O actual equipo de goberno comprometeuse en 2019 con dotar esta infraestrutura de iluminación. Realizamos un proxecto para que o pavillón dispuxese de luminarias e fixemos xestiónelas pertinentes para poñer en marcha este proxecto. Estas xestións deron o seu froito e a cidadanía de Baiona poderá dispoñer de iluminación no mencionado pavillón debido á insistencia que tivemos desde o equipo de goberno para que isto fose así”, comentou o alcalde Carlos Gómez Prado.

Así mesmo, destacou “a importancia de mellóraa grazas ao novo equipamento lumínico, pois se trata dunhas instalacións das que gozan un gran número de veciños e veciñas do municipio”. A este respecto, o rexedor lembrou que o pavillón “é usado polo alumnado do Colexio Público Fontes-Baíña, tamén para prácticas deportivas, entre outras, así como para o desenvolvemento doutras actividades algunha fin de semana ou festivo”.

SmartPeme pon en marcha esta semana outros cinco obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre o Marketing social no terceiro sector, demostración de solucións no comercio, edición de fotografía no ordenador, debuxo 3D coa ferramenta Onshape e como vender a través de Internet.

Este martes 25 impartirase o obradoiro “Marketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector”, a cargo de Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual, quen falará das diferentes formas de abordar este sector.

O mércores 26, cita para “Demostración de solucións para o sector comercio”, obradoiro orientado ás empresas do sector comercio da provincia de Pontevedra. Xa pola tarde, Lara Taboada, impartirá “Edición de fotografía co teu ordenador: Polarr”, onde desvelará as posibilidades desta ferramenta de edición

Para finalizar a semana, o xoves 27, será a quenda de “Debuxo con Onshape, PartSudio II” a cargo Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen falará da potencialidade desta ferramenta como fixo a semana anterior. Por último e no mesmo día, María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá o obradoiro “Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet II”, para saber como montar  unha tenda online.

O Concello reúnese con responsables do aparcadoiro soterrado para acadar melloras na prestación do servizo

0


Revisar o grao de cumprimento das cláusulas da concesión e acadar melloras na prestación do servizo aos usuarios do parking da Xunqueira, foron os temas tratados, esta pasada semana, na reunión mantida na Alcaldía de Redondela pola alcaldesa, Digna Rivas, e representantes da empresa Estacionamiento Redondela S.L.

Nun dos puntos que máis preocupa aos usuarios e usuarias, como é o da atención presencial na franxa horaria de 23 h a 7 horas, Digna Rivas subliñou que a empresa “cumpre coas cláusulas da concesión” xa que nelas sinálase que o aparcadoiro deberá prestar servizo de 24 horas “pero en ningún lugar figura que teña que ser presencial polo que, cumprindo as condicións pactadas, pode realizarse por medios automatizados”.

En todo caso a alcaldesa acadou o compromiso de que “mentres non se instalen sistemas automatizados a proba de fallos, que garantan a utilización do aparcadoiro por parte das persoas usuarias as 24 horas, a franxa horaria entre as 23 horas de 07 horas, contará con persoal para atender o servizo”.

A alcaldesa de Redondela que agradeceu “a boa disposición da empresa concesionaria en atender as demandas do Concello” aproveitou para deixar patente a súa sorpresa polas críticas vertidas polo Partido Popular nas que afirmaba gratuítamente que o Goberno local non esixira á empresa o cumprimento das cláusulas de concesión. Digna Rivas lembroulles que “as anteditas cláusulas teñen xa bastantes anos polo que, se o servizo era ao seu entender “cuestionable”, tiveron oito anos para poñerlle remedio”, recalcou.

Digna Rivas, “as vítimas de violencia de xénero en Redondela nin están desprotexidas nin nunca o estiveron”

0

A alcaldesa de Redondela e concelleira de Igualdade, Digna Rivas, asegurou hoxe que as vítimas de violencia de xénero do municipio, “nin están desprotexidas nin nunca o estiveron xa que tanto por parte da Policía Local, como do Centro de Información á Muller, estáselles a ofrecer atención continuada”. A alcaldesa mantivo, sobre este asunto, varias reunións coa Policía Local de cara a atender as súas demandas de cara a optimizar a atención as mulleres vítimas de violencia machista.

Nese sentido o Goberno amosou a súa posición favorable a dar cumprimento ás necesidades dos e das axentes, “que son as mesmas dende hai máis se sete anos e que durante dous mandatos do PP non foron quen de atender”, afirma Digna Rivas.

Entre as conclusións das xuntanzas mantidas e que redundarán nunha mellora da protección das vítimas de violencia de xénero, cómpre salientar a designación dunha persoa coordinadora de VioGen, que será o actual xefe da Policía Local.

Doutra banda, o Concello vén de habilitar instalacións específicas para este servizo, de tal xeito que se poida garantir, en todo momento, a privacidade das vítimas de malos tratos. Dito espazo “estará operativo en breve ao estar case que rematadas as obras de adecuación”, apunta a alcaldesa.

Outra das novidades será que o servizo será atendido por axentes da Policía Local “independentemente do seu sexo” dato no que a rexedora local cre necesario aclarar “porque cos Gobernos do PP, o servizo só podía ser atendido por axentes femininas, o que supón unha norma que, amais de ineficaz –reduce o número de efectivos que poden dedicarse a estas tarefas– supón unha clara discriminación”.

Insiste, en todo caso Digna Rivas, en que as vítimas de violencia de xénero do municipio están “atendidas en todo momento como así o indican os datos facilitados pola Subdelegación do Goberno”. Nos datos aos que fai referencia a mandataria local, dan conta que no municipio a data de hoxe hai un total de 37 casos activos de violencia de xénero, (33 con orde de afastamento). Dese total de vítimas, 11 están baixo o control de ATENPRO (Servizo Telefónico de Atención e Protección ás vítimas de violencia de xénero) un servizo de 24 horas atendido por persoal especializado preparado para dar resposta inmediata ás necesidades das vítimas.

Outras tres vítimas están acollidas ao programa COMETA, servizo do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, encargado a unha empresa encargada de monitorizar e instalar os dispositivos de seguimento e alarmas e que son desenvolvidas polo Centro de Control COMETA, que é o que se relaciona cos órganos xudiciais, fiscalía e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Finalmente, os datos da Subdelegación do Goberno dan conta que do total de vítimas no municipio, 22 están atendidas pola Policía Nacional, 9 pola Policía Local e 6 pola Policía Autonómica.

Galician Brew, Foncalgás Xinzo e Guillermo Rodríguez, Premios ‘Ponteareas, Lingua e Empresa’ 2020

O Concello de Ponteareas entregou os Premios ‘Ponteareas, Lingua e Empresa’, relativos ao 2020, na Gala da Lingua de homenaxe á escritora Xela Arias Castaño. A través destes galardóns o Consistorio quixo recoñecer o labor de persoas e empresas que, día a día, achegan a lingua, dun xeito normal, aos consumidores e consumidoras e contribúen, deste xeito, ao aumento e mellora do uso social do galego no sector empresarial.

Guillermo Rodríguez recolle o seu galardón de mans da alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila

Os premios –unha obra do escultor ponteareán Silverio Rivas e un diploma acreditativo– recaeron en Guillermo Rodríguez Fernández, na categoría de Traxectoria do uso da lingua ao longo de décadas, empresario e xornalista que foi quen de fundar e dirixir empresas editoriais radicadas en Ponteareas e que sacou á rúa A Peneira, un dos poucos xornais en papel escrito integramente en galego que se mantivo en circulación durante varias décadas.

O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, entrega o seu galardón á empresa Foncalgás Xinzo

Foncalgás Xinzo SL, empresa de fontanaría e enerxías renovábeis, mereceu o galardón na categoría de Uso continuado da lingua galega, polo uso do galego como lingua de comunicación e publicidade da empresa, tanto a través do seu sitio web como das redes sociais, ou campañas publicitarias en calquera soporte.

Galician Brew foi galardoada no apartado de ‘Incorporación recente ao uso da lingua galega’

Finalmente, Galician Brew SL, empresa produtora e comercializadora de cervexas, foi galardoada na categoría de Incorporación recente ao uso da lingua galega, pola contribución á visibilización da lingua galega na publicidade e etiquetaxe das súas marcas comerciais que chega aos consumidores e consumidoras en galego como sinal de identidade e garantía de orixe.

A alcaldesa, Cristina Fdez. Davila, o concelleiro de Lingua, Fernando Groba, e a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, felicitaron e destacaron a importancia de desenvolveren a súa actividade no idioma propio do país e de se converteren nos seus axentes dinamizadores e normalizadores. “Estes premios veñen visualizar e recoñecer aquelas empresas e aquelas persoas empresarias que usan e prestixian co seu uso o noso idioma no seu labor diario” indica o edil de Lingua.

O Porriño xa ten o proxecto da rede de saneamento e pavimentación en Arrotea-Lameira, Pontellas

O Concello do Porriño agarda iniciar en agosto as obras da rede de saneamento e pavimentación en Arrotea-Lameira, na parroquia de Pontellas, segundo as previsións que manexa Pedro Pereira, concelleiro responsable de Infraestruturas.

O proxecto actualmente atópase en fase de licitación. Aínda está aberto o prazo de presentación de ofertas que rematará o 7 de xuño.

O prazo de execución será de 3 meses e conta cun orzamento de 115.632 euros, que vai ser financiado polo “Plan Concellos 2021” da Deputación Provincial.

“A actuación vai permitir deixar rematadas as conexións coas actuais redes de subministración e saneamento do Porriño, a fin de conseguir un todo harmónico e interconectado”, segundo o concelleiro responsable.

Cristina Fernández Davila, alcaldesa de Ponteareas

Cristina Fernández Davila (BNG) é, dende este pasado venres, nova alcaldesa de Ponteareas, tras obter a maioría absoluta dos votos da Corporación ao sumar 9 do BNG e 3 do PSOE. “Non existe unha honra maior que representar a todas as veciñas e veciños da nosa vila como alcaldesa de Ponteareas”, manifestou con emoción tras a súa proclamación.

Fernández Davila viña asumindo a alcaldía en funcións dende o pasado mes de decembro, suplindo ao xa excalcalde Xosé Represas. A alcaldesa nacionalista tivo palabras de agradecemento para el, asegurando que “é un orgullo para min poder recoller o testemuño que me transmite Xosé Represas, que sigue a ser o meu alcalde”.

“Deixa un gran legado co que traballar en equipo co obxectivo de poñer a Ponteareas no lugar que lle corresponde: unha cidade moderna, amable, creativa, dinámica; referente cultural e educativa; un espazo natural que será reclamo dun turismo selectivo e esixente, poñendo en valor o patrimonio inmaterial do Corpus e o noso río Tea como sinais de identidade” sinalou Davila, incidindo que o de Represas é “un legado cheo de proxectos, uns xa realizados, outros que se están a desenvolver e numerosas ideas, grandes coma el. Desenvolver e levar a termo ese deseño de cidade será o meu obxectivo nestes vindeiros anos”.

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila no Pleno de toma de posesión. A carón dela, Lola Covelo (a dereita na primeira fila) en Pancho Alonso, (a dereita na segunda fila), novas incorporacións ao grupo municipal do BNG

A alcaldesa de Ponteareas concluíu as lembranzas cun agradecemento para o seu antecesor. “Foi para min un privilexio traballar man a man baixo a dirección de Pepe Represas; deséxolle todo o mellor e agradezo a súa xenerosidade e confianza depositada en min durante estes mandatos”, destacou.

A situación sanitaria e económica derivada da pandemia da COVID-19 tamén estiveron presentes no discurso de Cristina Fdez. Davila, que se comprometeu a “seguir políticas que teñan como obxectivo transversal reactivar a actividade económica e o emprego, recuperando a ilusión das e dos ponteareáns”.

A alcaldesa agradeceu tamén o apoio das súas compañeiras e compañeiros do BNG e do PSOE. “Será un privilexio traballar co equipo que conformaremos o goberno e dispoñer da súa total confianza, formando así un grupo de doce persoas cohesionadas e que fan cesións para chegar a entendementos que supoñen sempre melloras para a nosa vila e as persoas que nela habitan”, dixo.

“Hoxe inicio esta nova etapa con moita ilusión, para poñerme ao servizo das persoas de Ponteareas, do centro urbano e das parroquias, convencida de que xuntas podemos saír desta difícil situación, construíndo unidas unha vila da que podemos sentirnos orgullosas”, concluíu Fernández Davila.

Cristina Fernández Davila é Técnica Especialista en Informática de Xestión. Dende 1993 é funcionaria do IES Val do Tea. Ten asumido diversas responsabilidades nas asociacións de nais e pais do alumnado e foi presidenta da Federación de Anpas FANPO. Dende 2012 é concelleira do BNG, asumindo no 2015 a segunda tenencia de alcaldía e a concellaría de Ensino, Participación Cidadá e Réxime Interior. Dende as eleccións de maio de 2019, Fernández Davila asumiu a tenencia de alcaldía, así como as concellarías de Ensino, Eventos, Saúde e Consumo.

No pleno celebrado no serán deste venres, tamén tomaron posesión como edís do BNG Lola Covelo e Pancho Alonso, que regresa á Corporación da que xa formara parte entre o 2015 e o 2019 como concelleiro de Facenda.

El mundo está loco

Por si no fuera poco con la que nos está cayendo con el dichoso Covid, los gobernantes –y no sólo los nuestros– se quieren encargar de poner a los ciudadanos las cosas todavía mucho más complicadas. Por un lado, nuestros queridos mandatarios europeos –que llevan prometiendo desde hace un año ayudas para superar los estragos económicos causados por la pandemia pero que de momento, ni aparecen, ni se le esperan–, siguen negociando en Bruselas, y por supuesto, cobrando sus fabulosas dietas aunque por allí ni aparezcan.

Por otro lado, Israel, que siguen a lo suyo. Es decir, ellos ya presumen de que ha alcanzado la inmunidad de grupo, así que nada mejor, que volver a atacar a Palestina que debe de ser su deporte favorito. Parece que no quieren recordar lo que pasó no hace tanto tiempo con su pueblo por tierras europeas. ¡Que corta es la memoria!

A esto se suman nuestros amigos del sur, o sea, Marruecos, que con la situación de la epidemia también bajo control –según ellos claro (hay que ver lo que está pasando en la India que hasta no hace mucho también decían que no les estaba afectando)–, pues nada mejor que recuperar viejas rencillas con España. Esta vez no tenemos un cabra de por medio como en la famosa Isla de Perejil, sino miles de ciudadanos de su país que han cruzado la frontera de Ceuta para así entrar en España con la aquiescencia de la policía marroquí. Según unos, la situación es una venganza hacia España por haber dado cobijo a un líder del Frente Polisario ingresado en un hospital español. Según otros, el motivo son las declaracións del exvicepresidente en favor de la independencia del Sahara. El caso es que miles de personas han cruzado la frontera, hombres, mujeres y niños que ahora se encuentra lejos de su hogar, a saber en que condiciones, y todo por temas políticos, porque Marruecos, hoy por hoy, es un país con una economía en crecimiento, en parte, gracias a empresas españolas que han llevado su fabricación para sus tierras, con un reinado que disfruta de una vida ostentosa (siendo sinceros, cómo todos los reinados, da igual el país), pero que aprovecha la debilidad de nuestro gobierno en las relaciones internacionales para buscar algún tipo de conflicto que no lleva a nada.

Pero somos así. El pueblo llano no es más que un número para los gobernantes y si a alguna persona le pasa algo, pues un daño colateral más y aquí no pasa nada. En el título decia que el mundo está loco pero, si lo pensamos fríamente, a lo mejor la afirmación no es tan cierta porque, está claro, que muchos de esos movimientos están bien orquestados por las ramas del poder, porque al final, ningún movimiento de estos es al azar, algo están buscando.

A nosotros, menos mal que nos queda la cabra, perdón, quería decir la música, así que nada mejor que un par de buenas recomendaciones. Por un lado, la banda sonora de la seriePhilip K. Dick’s Electric Dreams, una pequeña joya de temas compuestos por diferentes compositores para los episodios de la misma, muy recomendable. Por otro lado, un disco para los amantes del buen ambient contemporáneo de la mano del sello francés Ultimae y del DJ Suizo Mizoo. Espero que disfrutéis de ambos trabajos.


Varios

Philip K. Dick’s Electric Dreams: An Anthology Series (Original Soundtrack)

2018

En muchas ocasiones comento con mi buen amigo Manuel Lemos sobre el tema de las bandas sonoras, tanto de cine como de series de televisión, donde nos podemos encontrar verdaderas maravillas, pero lo difícil que es hoy en día encontrar una editada y sobre todo en formato físico, ya que la mayor parte de ellas o se edita en formato digiyal, o simplemente, ya ni se editan.

La bso que os presento hoy, es del primer caso, pero menos mal, que aún pequeños sellos que se atreven a publicar música en formatos físicos y sacaron una edición par el Record Store Day para el mercado americano y esta fantástica versión en doble cd que os presento.

Decir que se trata de la bso de la serie del mismo título, publicada en el Canal 4 de GB y más tarde en Amazon que se hizo con los derechos para el mercado norteamericano. La serie consta de diez capítulos basados en obras del escritor Philip K. Dick, por muchos conocido por ser el escritor de la obra que inspiró la película de Blade Runner.

Cada capítulo es una historia, y para la música se han encargado diversos compositores, algunos muy conocidos como Harry Gregson-Williams, Mark Isham o BT, otros no tanto, aunque ya pasaron por nuestra páginas Bear McCreary y otros que he descubierto cómo Juan Cristobal Tapia de Veer o Ólafur Arnalds, que han supuesto pequeños descubrimientos.

Cada compositor tiene su propia personalidad y esta la han traslado al ambiente de cada uno de los capítulos, desde la tranquilidad de Mark Isham, pasando por lo ritmos más electrónicos de BT, o del estilo de la escuela de Hans Zimmer que impime Harry Gregson-Williams, pero la experimentación de Ólafur o el estilo de la sorpresa de Juan Cristobal, imprime esos ambientes tan especiales que requiere en ocasiones la obra de Philip K. Dick.

Una maravillosa colección de los sonidos de éste soundtrack que recomiendo a todos nuestros lectores.


Varios

Mizoo ‎– Greenosophy Chapter II

2017

Si en Europa tenemos que tener una referencia discográfica dentro del ambient contemporáneo, una de ellas, sin el menor tipo de duda, tiene que ser el sello discográfico francés Ultimae Records, sus obras son piezas clave para entender éste estilo musical en la actualidad.

Una clara muestra de lo que estamos encontrando, nos la podemos encontrar en éste trabajo mezclado por el dj Suizo Cyril Miserez más conocido como Mizoo donde nos encontramos con temas de algunos de los músicos más importantes que pasan por el sello, cómo son las ya referencias AES Dana, Scann-Tec, I Awake o nuevas promeas como Mystic Crok, Ascendan o Claudio PRC.

Sin lugar a dudas, estamos ante un trabajo muy recomendable para todos aquellos que todavía no conozcan ést sello, pero sobre todo, para los amantes del buen ambient, downtempo, música electrónica de la actualidad, cómo decíamos al principio, toda una referencia.

Suso Bahamonde, «Instrucións para matar un oso»

Suso Bahamonde é coñecido e recoñecido polos seus versos dende que iniciara a súa andania no mítico Batallón Literario da Costa da Morte, aló polo cambio de milenio, pero agora quixo darlle unha volta á súa traxectoria presentando unha colección de relatos, a súa primeira achega pública á narrativa. Unha colección de nove contos de diferente extensión e temática, pero que manteñen algúns nexos de unión entre si.

O primeiro e máis evidente reside nas personaxes que poboan estes relatos, homes e mulleres desconcertados co espazo e o tempo que lles tocou vivir, abocados a unha especie de malditismo que empapa a súa existencia, e que se senten atrapados en vidas ocas ou que non souberon encher como desexarían. Deste xeito vense inmersos nun entorno que lles resulta hostil e sobre o que non semellan ter ningún poder de decisión, a pesar de que, nalgúns casos, intenten buscar esa válvula de escape que necesitan para tratar de darlle un rumbo definitivo ás súas vidas. A desesperanza e a incertidume cabalgan libremente polas páxinas desta colección de relatos con resultados en ocasións desconcertantes, outras tremendistas, outras retranqueiros, pero agochando sempre un pouso de grandeza en certas decisións tomadas polos protagonistas.

Estas personaxes pertencen, como digo, a un espazo e a un tempo, pero nin un nin o outro son elementos definitorios nas súas historias. As referencias temporais son escasas e case sempre imprecisas e as espaciais non levan a tirar conclusións claras. É coma se o autor quixese manter esas coordenadas á marxe para subliñar a sensación de anonimato, mesmo de clandestinidade, dos seus protagonistas. Porque, no fondo, non nos está a falar de historias concretas de personaxes concretas, senón que éstas veñen a representarnos a todos. Do que nos está a falar, xa que logo, é dunha sociedade sen rumbo claro, desnortada e arrinconada que, perante a presenza dun abismo ao que pode caer se non lle pon remedio, decide seguir contemplando a inmensidade do vacío en lugar de tomar decisións que a saquen de aí.

De entre os nove relatos sobresaen –e sei que nisto me estou a deixar arrastrar por criterios subxectivos— os tres máis extensos, entre os que se atopa o que lle presta título ao volume. Os máis curtos son auténticos lostregazos de sensacións a través dunha foto fixa, unha instantánea máis ou menos dilatada no tempo. Pero é nos textos máis longos onde o autor se permite o luxo de desenvolver con máis soltura as historias e as personalidades dos seus protagonistas, sacrificando a inmediatez por unha contextualización máis ampla, o que lles dá, ao meu entender, un valor engadido.

Respecto da escrita, Suso Bahamonde mantén esa precisión tan común nos poetas que se inician na narración: a palabra xusta no lugar exacto, algo que resulta máis difícil de atopar entre os autores puramente narrativos. E sorprende, a maiores, a fluidez da lectura nun presunto principiante nesta disciplina, o que nos fai sospeitar que quizais agoche traballos previos que non viron a luz. En calquera caso, o resultado é un libro ameno e cheo de interpretacións posibles que será do gusto de calquera lector ao que lle guste ser sorprendido.

Suso Bahamonde

Instrucións para matar un oso

Belagua

¿A quién le entrego mi plan de parto?

En las últimas décadas, el concepto de nacimiento ha sido objeto de controversia y debate. Este proceso, en el que han participado sociedades científicas, instituciones socio-sanitarias y población general ha posibilitado una transformación sustentada en múltiples iniciativas, estrategias y políticas sanitarias. Esta transformación es objeto de revisión continua y sigue manteniendo posiciones encontradas en la actualidad.

El origen

Avanzada ya la segunda mitad del siglo XX, España sufre un intenso proceso de industrialización en las grandes urbes, con movimientos migratorios de población que cambia el pueblo por la ciudad. Al amparo de estos cambios, se construyen nuevos hospitales, se desarrolla la Ley General de Sanidad y la asistencia sanitaria experimenta un fuerte desarrollo y una mejora evidente.

En poco tiempo se modifican costumbres y creencias y, de manera progresiva, tanto el control de la gestación como la atención en el nacimiento pasan a formar parte de la asistencia sanitaria en los centros hospitalarios. Esta medida condujo a un importante descenso de la morbi-mortalidad materna y neonatal –los nacimientos en el ámbito rural eran atendidos en el domicilio en condiciones ampliamente mejorables–. Sin embargo, esta indiscutible mejora tuvo su contrapartida en el hecho de que las mujeres comienzan a perder protagonismo y capacidad de opinar y decidir sobre aspectos relacionados con el proceso al tiempo que los profesionales sanitarios comienzan a dictar las normas, los tiempos y las prácticas.

El problema

No es hasta entrado el nuevo siglo, cuando comienzan a alzarse (cada vez más) voces en contra de estas prácticas clínicas que, implantadas con el objetivo de mejorar y proteger la salud materno-filial, continúan imperando hoy en día en muchas maternidades. De manera progresiva, el conocimiento basado en la evidencia se abre paso y va desplazando a las prácticas rutinarias, obligando a analizar y replantearse la actuación de los profesionales, así como el papel que se otorga a la embarazada, de acuerdo a los hechos demostrados y contrastables.

En este contexto, el ministerio de Sanidad recoge esta demanda social y comienza a trabajar con los grupos de profesionales relacionados con el seguimiento del embarazo, la atención al nacimiento y el cuidado de los neonatos durante los primeros días de vida y en 2007, tras dos años de trabajo, se aprueba un documento titulado “Estrategia de atención al parto normal en el sistema nacional de salud”. La atención al nacimiento precisaba una atención urgente, y por eso fue el objetivo prioritario, pero posteriormente se fue desarrollando toda una estrategia nacional de salud sexual y reproductiva, que abarcaba también el puerperio y la atención neonatal.

El documento aprobado en 2007 sentaba las bases de las nuevas prácticas que debían ser implementadas por los profesionales sanitarios en las maternidades, impulsando una renovación conceptual de todo el proceso de embarazo, parto y postparto. No se trataba de desandar el camino recorrido, pero sí de volver al principio de que el embarazo y el nacimiento son procesos fisiológicos en los que sólo se debe intervenir para corregir desviaciones de la normalidad, y otorgar a la gestante un papel protagonista alejado de la etiqueta de paciente enferma.

El cambio

Podemos decir que ese documento marca el inicio de un cambio. Más allá de los detalles concretos, el cambio más importante a mi juicio es el conceptual: poner a la mujer en el centro –donde le corresponde-, favorecer la confianza, la seguridad y la intimidad, respetar su privacidad y su dignidad, escuchar sus opiniones y preferencias y hacerla partícipe en la toma de decisiones. Surge una herramienta bautizada como “plan de parto”, un documento en el que la embarazada plasma sus decisiones y preferencias en múltiples aspectos que tienen que ver con los procedimientos, la información, las actuaciones, el entorno… que rodean el momento del nacimiento, el puerperio precoz y la atención al recién nacido, de modo libre e informado, por supuesto dentro de un marco de seguridad y calidad en la atención.

La actualidad…y el futuro

En la actualidad, muchos servicios de salud y centros sanitarios han desarrollado sus propios documentos de plan de parto. El Sergas dispone del suyo (Plan departo y nacimiento, actualizado en 2017). Sin embargo, en mi opinión no ha llegado a alcanzar el peso específico que pretendía tener. Una gestante que elabora su plan de parto es una mujer informada, consciente y activa, que quiere ser escuchada y asesorada, que quiere participar en el proceso, tomar sus propias decisiones y ser respetada.

¿Qué dificultades (entre otras) encuentran las gestantes en esta tesitura?

El primer escollo es dónde y a quién entregar ese documento. Las políticas sanitarias no siempre dotan los recursos adecuados para llevarlas a cabo y este es un ejemplo. Sería recomendable que el sistema sanitario contemplara la posibilidad de que las gestantes puedan visitar el centro en el que va a nacer su bebé y tener una entrevista con las matronas del mismo para conocer de cerca los recursos, el entorno y la filosofía de trabajo del centro, y en base a ello, elaborar su plan de parto sintiendo que ciertamente sus decisiones y preferencias son escuchadas y tenidas en cuenta.

El segundo obstáculo es ser consideradas un peligro por expresar cómo y con quién les gustaría vivir la experiencia. En ocasiones, más que un documento de consenso entre la gestante y el profesional-centro sanitario, el plan de parto se interpreta como un desafío o una amenaza.

A pesar de estas dificultades, siendo conscientes de que hemos avanzado mucho, pero también de que aún nos queda por mejorar, todas las embarazadas deberían diseñar su plan de parto y solicitar ser escuchadas e informadas en el centro en el que va a nacer su hijo/a. Por su parte, los/as profesionales sanitarios deberían demandar un espacio y un tiempo específico para atender esta actividad. Con ello, estarán luchando juntos por los derechos de las gestantes y sus hijos/as en el presente y allanando el camino para que esta actividad sea incluida dentro de la asistencia prenatal habitual del futuro.