Mércores, 28 Maio de 2025

Plan para unha fin de semana completa no concello de Covelo

0

Ás portas da fin de semana o concello de Covelo ofrece plans para un sábado e un domingo de lecer no que non faltarán a boa gastronomía, produtos da terra, música, moita natureza, rutas de sendeirismo, visitas guiadas, museos e unha longa listaxe de atractivos na súa frondosa contorna.

Como cada primeira fin de semana de mes chega unha nova edición da “Mostra de Produtos de Covelo”. De 10 a 14 horas poderemos mercar produtos locais e comarcais, compartir conversas e gozar da música. As persoas que se acheguen ao centro de Covelo atoparás postos de alimentación ecolóxica e produtos de proximidade, artesanía, cestaría, cosmética natural, decoración, horta ecolóxica, macramé, maquetería, panadaría, textil, voluntariado social ou xoiaría entre outros moitos postos. Tamén poderemos adquirir libros e obxectos de segunda man e, como non, probar unha boa tapa de polbo.

A música chegará á feira a partir das 12 horas da man de Breocáns Folk e a sesión vermú ás 13 horas na praza Mestre Cerviño e contorna.

A concelleira de Cultura e Turismo, Lourdes Enes, lembra que, por mor das obras de humanización da praza Mestre Cerviño, a feira celebrarase na travesía de Vigo na contorna do lavadoiro. “A Mostra de Produtos de Covelo medra e incorporamos novos postos de produtores e veciñanza da zona que acude para intercambiar e vender todo tipo de obxectos e produtos”.

Quédate en Covelo

A concelleira explica que cada vez son máis os que optan por visitar a feira e quedar a pasar a fin de semana gozando dalgunha das rutas de sendeirismo, visitando o Pazo Museo Casa da Cruz, xantando nos bares e restaurantes locais e pasando a noite en calquera das nosas casas reitoriais ou aloxamentos rurais.

Ademais da proposta estable de rutas de sendeirismo e visitas ao lagar da cera de Paraños ou á Casa Museo Etnografico Pazo da Cruz. , este domingo haberá unha nova xornada de portas abertas no Serradoiro dos Carranos. A inscrición segue aberta no número de teléfono 654 500 652. Ao longo da mañá haberá catro pases: de 10 a 11:30, de 12 a 13:30, de 14 a 15:30 e de 16 a 17:30 horas. O número máximo de persoas por grupo será de 20 e é obrigatorio o uso de medidas de hixiene COVID-19 e o emprego de mascariña.

As xornadas de portas abertas no Serradoiro dos Carranos están organizadas polo Concello de Covelo e financiadas pola Deputación de Pontevedra (liña de subvención Plan Concellos)  para o ano 2022. Ás visitas guiadas ao serradoiro enmárcanse na programación conxunta de promoción turística e do patrimonio cultural e natural que tamén ofrece as rutas do Museo Pazo da Cruz e as de observación das estrelas da man da Asociación Galega de Astronomía.

A Xunta impulsa a creación dun espazo de reciclaxe e autorreparación de residuos no Rosal

0

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de impulsar a creación dun espazo de reciclaxe e autorreparación de residuos no Concello do Rosal cun investimento de 30.000 euros ao abeiro da orde de axudas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, visitaron esta mañá este novo servizo, emprazado nun edificio municipal da rúa Cumieira de Arriba que estaba en desuso, xunto á alcaldesa, Ánxela Fernández, o xefe territorial de Medio Ambiente, José Manuel González, e outros representantes municipais.

Este espazo de autorreparación de residuos creouse a través do acondicionamento e adecuación do citado inmoble, situado a carón do CPI Manuel Suárez nunha zona con aparcadoiro e illa de reciclaxe, e coa adquisición de cinco bancos de traballo, ferramentas e outros materiais. Ademais, a axuda autonómica contempla a celebración de obradoiros, accións cidadás de sensibilización ambiental e colaboracións con entidades sen ánimo de lucro da zona que traballan en mercados de segunda man no marco da rede galega deste ámbito.

Este novidoso espazo permitirá que os veciños do Rosal poidan reparar residuos ou utensilios inservibles ou en desuso, como mobles, roupa, pequenos electrodomésticos ou xoguetes, entre outros, e incluso que se poida outorgar unha segunda vida útil, a través da autorreparación, a obxectos aportados por outros veciños.

“Dende a Xunta apostamos decididamente pola separación de residuos e a reciclaxe e apoiamos todas as iniciativas neste eido, xa que é fundamental para preservar o noso medio ambiente e o noso futuro, pero ademais agradecemos estas propostas tan novidosas, xa que permitirán que moitos obxectos volvan ter unha utilidade en vez de rematar no lixo, favorecendo ademais a economía circular e a sotibilidade”, significou o delegado territorial.

Este proxecto foi financiado ao abeiro do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, co cal tamén se sufragou outra achega, de 47.458 euros, a prol do Concello do Rosal para o desenvolvemento de accións de fomento da compostaxe entre a veciñanza.

O Porto Deportivo de Baiona acolle as réplicas da Nave Santa María e a Nave Vitoria

0

A Xira Exploraterra 2022 xa arribou a Baiona desde este xoves 3 de marzo e ata o domingo 6 están no Peirao do Porto Deportivo de Baiona dúas réplicas dos barcos históricos máis importantes da nosa historia marítima, profundamente ligados á localidade e ao coñecemento dun novo continente, América: A Carabela Pinta compartirá protagonismo esta fin de semana coa Nave Santa María e A Nave Vitoria. Ambas as naves poderanse visitar de forma gratuíta.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, a Directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, presidiron o acto de presentación da Xira Exploraterra 2022, liderado pola Fundación Nave Vitoria. Recibiron na localidade ás dúas réplicas dos barcos históricos. O acto tivo lugar na cuberta principal das embarcacións, atracadas no Peirao do Porto Deportivo de Baiona e contou coa presenza dos capitáns e a tripulación de ambos os navíos.

Carlos Gómez resaltou a “importancia de apoiar iniciativas como esta que engrandecen o nome de Baiona e difunde os valores históricos da nosa localidade pero tamén a súa vixencia”, facendo un paralelismo para asegurar que “os baioneses e baionesas somos o produto da nosa valentía, de noso empuxe, compromiso e ambicións que nos impulsaron a abrir fronteiras e horizontes para mellorar as nosas potencialidades”. Para o alcalde, a cidadanía baionesa leva dentro ese espírito mariñeiro que deu paso á globalización, por iso, insistiu en que temos que deixar de ver á localidade e o seu porto como dous entes independentes, senón como o que é, un todo que nos fai fortes e capaces como xa o foron fan cinco séculos e ese é o noso reto como cidadáns e cidadás e como administracións públicas ou privadas”.

O rexedor agradeceu á Fundación Nave Vitoria a presenza da recreación destas embarcacións históricas en baiona nunha data tan especial como o é esta primeira Arribada da era Covid e lembrou que o Porto baionés ten unha gran historia, vinculada á Xesta Colombina, un presente cargado de proxectos e un futuro bastante prometedor.

Así mesmo, tanto o mandatorio baionés como a Concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, fixeron un chamamento aos baioneses, baionesas e persoas visitantes para que apoien esta iniciativa visitando as naves.
O a recepción tamén estiveron presentes outros membros da Corporación do Concello de Baiona.

Trátase dunha gran xira na que participan as réplicas dos navíos máis emblemáticos da era das expedicións marítimas hispano portuguesas: A Nave Vitoria, a Nave Santa María, a carabela Veracruz, a carabela Boa Esperança, a carabela Pinta e o Galeón Andalucía. A xira pasou xa por Sevilla e Cádiz, r Huelva, continuará Lagos, Lisboa, Baiona e A Coruña, para sensibilizar ao público sobre o rico patrimonio cultural que existe ao redor das grandes expedicións marítimas xeográficas españolas e portuguesas, que nos séculos XV ao XVI, abriron a imaxe do mundo moderno e revolucionaron o coñecemento que o home tiña do planeta.

A xira é unha das actividades do proxecto Exploraterra, unha gran iniciativa para preservar, poñer en valor e promover a herdanza común que conservan varias rexións de España e Portugal, ligada a estas exploracións marítimas. O proxecto está liderado pola Fundación Nave Vitoria, financiado con fondos FEDER a través do Programa INTERREG V A España Portugal (POCTEP) 2014-2020, e conta coa participación doutras institucións: a Axencia Andaluza de Institucións Culturais da Junta de Andalucía, a Axencia de Turismo de Galicia, a Associação Portuguesa de Treino de Vela (APORVELA) e a Entidade Rexional de Turismo do Algarve.

En Baiona a Xira Exploraterra 2022 conta coa presenza da Nave Santa María, navío capitá da frota colombina, Nave Vitoria, que protagonizou a primeira volta ao mundo, e a réplica da Nave Vitoria, símbolo de soados galeóns españois. Barcos que protagonizaron algunhas das expedicións marítimas máis importante

da, que o público poderá visitar, subindo a bordo e percorrendo as súas cubertas.
Para que os visitantes poidan percorrer as súas cubertas con total seguridade, adoptaranse todas as medidas sanitarias pertinentes, como o uso obrigatorio de máscaras tanto do público como da tripulación, disposición de xeles hidroalcohólicos e o mantemento da distancia de seguridade aconsellada.

A primeira das accións deste interesante proxecto deu o seu pistoletazo de saída esta mesma tarde. Pero esta acción, non é máis que o comezo, xa que o proxecto abarca outras áreas encamiñadas todas elas a mellorar a experiencia de coñecer o gran patrimonio histórico e cultural que ofrece a vila. Camiñarán parellas accións conxuntas entre a Concellería de Cultura e Turismo.

Ponteareas ofrécese a acoller a familias refuxiadas de Ucraína

Ponteareas abre as súas portas aos ucraínos e ucraínas que escapan da guerra. O Concello ofrécese a acoller a catro familias con menores e a brindarlles todo o apoio que poidan precisar nestes momentos e pon á súa disposición dúas vivendas sociais e dous aloxamentos no Convento de Canedo grazas á colaboración dos Franciscanos. “De igual xeito que o temos feito noutros conflitos bélicos, dende o Concello queremos ofrecer todo o noso apoio, comprensión e solidariedade ao pobo ucraíno e facer todo o que estea na nosa man para facilitarlles recompoñer as súas vidas tras verse obrigados a abandonar o seu país”, salienta a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

A vila é unha das cidades do Eixo Atlántico que xa se está preparando para recibir refuxiados e refuxiadas da Ucraína. Este mesmo mércores o Eixo Atlántico comunicará ás embaixadas dese país en España e Portugal, así como ao presidente do Goberno español e ao Primeiro Ministro luso, a dispoñibilidade das cidades para acoller persoas refuxiadas.

A musealización do Castelo de Sobroso na recta final

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a alcaldesa de Ponteareas , Cristina Fernández, visitaron nas últimas horas o Castelo de Sobroso para supervisar as accións de musealización que entran na súa recta final cun renovado discurso museístico apoiado na dixitalización. Alí puideron comprobar a nova adecuación das estancias do Castelo a un espazo que cumpre unha dobre función: poñer en valor os recursos da comarca e ofrecer unha experiencia singular ás persoas visitantes a través das TIC. A obra está a ser realizada pola empresa Intervento tras ser adxudicada por importe de  216,224.05 €.

Esta innovadora experiencia esta baseada nunha intervención vivencial, con diferentes producións audiovisuais e tendo en conta, por un lado, a estrutura arquitectónica do Castelo que sufriu múltiples modificacións froito de acontecementos históricos relevantes en Galicia e na comarca e, por outro lado, na importancia dos feitos acontecidos no Castelo e das personaxes vinculadas á fortaleza das que pouco se contou ata agora. Así, as persoas visitantes poderán descubrir a relación da raíña Urraca ou a raíña Isabel de Portugal co Castelo de Sobroso, ou o papel do xornalista Alejo Carrera na súa rehabilitación como espazo residencial na primeira metade do século XX.

Por iso, deseñouse unha intervención pioneira de musealización, onde en cada espazo as persoas visitantes serán sorprendidas por un espectáculo audiovisual diferente, onde as personaxes e sensacións tomarán o protagonismo para revivir diferentes historias ao longo de toda a visita e mantendo dous fitos no relato como é a recuperación da tradición oral entorno ao Castelo e á contorna.

As propias estancias do recinto histórico foron adecuadas para recibir ás persoas visitantes nun espazo no que se referencia a paisaxe e os recursos da comarca como o Balneario de Mondariz, A Franqueira ou o Castro de Troña, e a partir de aí percorrer as salas coas seguintes temáticas: a historia do Castelo e as persoas habitantes; o Castelo protagonista da historia; o Castelo da destrución á recuperación; os seres máxicos e a auga no Castelo; a pegada dos canteiros no Castelo e o Castelo escenario de cantigas e trobadores.  A visita finalizará nas terrazas da fortaleza situando as persoas visitantes na comarca e nos recursos da mesma aproveitando unha panorámica única.

Visita programada e adaptada a todos os públicos

A visita está pensada  para  grupos reducidos de ata 15 persoas como máximo, acompañadas dun guía que, mediante unha tableta dixital, activará e desactivará os diferentes espectáculos audiovisuais en forma de caixas máxicas, videomapping, xogos de luz e son, que se desenvolven nas distintas salas do castelo, e elixirá o idioma correspondente á visita (galego, castelán ou inglés). Amais, explicará os detalles históricos e anécdotas do edificio e das persoas que o habitaron adaptada tanto a visitas escolares cun carácter máis pedagóxico como a público familiar cun carácter máis lúdico. Esta musealización será ademais complementada con actividades musicais, teatrais e divulgativas ao longo do ano.

O obxectivo da Deputación de Pontevedra e do concello de Ponteareas é ultimar os detalles e a posta a punto do edificio e do bosque activando así un novo atractivo turístico para a provincia e, de maneira significativa, para a comarca do Condado-Paradanta. A institución provincial organizará a principios do mes de abril unha primeira visita ao Castelo xa musealizado cos medios de comunicación, para realizar posteriormente a inauguración oficial.

Tras esta intervención a provincia de Pontevedra converterase no único destino galego con espazos fortificados musealizados e adaptados ás novas tecnoloxías atraendo así a visitantes que demandan experiencias únicas.

Manuel Madarnás presenta este venres no Teatro Municipal o seu traballo discográfico “La MMarca”

0

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 4 de marzo, ás 21 h o concerto presentación de “La MMarca” de Manuel Madarnás.  Un disco que saíu a luz o pasado mes de agosto cando se presentou amais o primeiro videoclip do tema “Abrázame”, e do que en xaneiro lanzaba o segundo sinxelo “Sway”.  Trátase, segundo Manuel Madarnás, “dun proxecto innovador, con moitas sorpresas e que trata de pór en valor a música instrumental”. Engade que “se busca que a música instrumental, neste caso coa trompeta coma solista, chegue a transmitir e emocionar ao público do mesmo xeito que o pode facer un cantante ou grupo no que o solista sexa vocal”.  Manuel Madarnás, de 25 anos, compaxina este novo proxecto coa realización do máster en trompeta no conservatorio Musikene en San Sebastián e co seu traballo na orquestra Los Players. A súa formación musical iniciouna na Escola de Música de Tui, continuando no conservatorio tudense onde cursou o grao profesional, e xa no CMUS de Vigo obtivo o grao superior en trompeta. Formou parte tamén da Banda de Música Popular de Tui.

As baladas románticas, os boleros e temas pop soarán este venres, no Teatro Municipal de Tui, interpretados por Manuel Madarnás á trompeta, acompañado por Kithos Díaz na batería, Juan Díaz  no baixo, Marcos Guzmán  nos teclados, Jorge Pimentel na percusión e Sic Salem na guitarra. Amais nun dos temas contará tamén coa participación da cantante Julia Rodrígues.

Manuel Madarnás última os detalles do concerto no propio teatro tudense. Hoxe o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, compartían con el uns minutos en plena preparación do evento deste venres. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, manifestou que “é un orgullo para este concello que un alumno do conservatorio, membro da Banda de Música Popular de Tui, se anime a iniciar esta carreira en solitario”. Enrique Cabaleiro salientaba que “dende o concello apoiamos este tipo de iniciativas” ao tempo que lembraba que “historicamente o Conservatorio de Música formou grandes profesionais, e persoas moi emprendedoras no ámbito da cultura, e polo tanto é un orgullo”. Convidaba o rexedor tudense a achegarse este venres ao Teatro tudense para disfrutar deste concerto.

Tamén a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, convidaba a asistir ao concerto deste venres ao tempo que lembraba coma Manuel Madarnás se formou no conservatorio e nas bases da nosa cidade, da música, e neste momento está estudando fóra continuando coa súa formación”. Agora presenta este novo proxecto, no que o concello de Tui brinda a súa colaboración, afirmando a concelleira  que “vai ser un concertazo e estamos desexosos de poder escoitalo”

As entradas están á venda en www.tui.gal aos prezos de 6€ e 4€.

O Concello da Cañiza pon en marcha a actividade “Xénero versos”

0

Os alumnos de 3º da ESO do Centro Escolar da Cañiza, un ano máis, fan uso da música para concienciar e sensibilizar sobre a igualdade  de xénero.

Por segundo ano consecutivo o Concello da Cañiza, inclúe no proxecto “VIOLETAS” a actividade “Xénero versos“. Unha actividade desenvolvida en colaboración co departamento da asignatura de música do centro da ESO do CPI da Cañiza e que contou co asesoramento profesional dos técnicos da Empresa Koremi (compositores musicais, pedagogos e expertos en igualdade).

Ao longo de 6 sesións de traballo os alumnos do centro compuxeron  as letras de 7 cancións que servirán para concienciar e sensibilizar en torno á igualdade de xénero. Neste enlace podese acceder ao traballo:   https://biblogcaniza.blogspot.com/2022/02/rap-e-igualdade.html

Nestas composicións recóllense as  experiencias  de cada alumno en torno ao tema da igualdade de xénero; ao papel da muller na sociedade condicionada polos roles e os estereotipos de xénero e as súas  consecuencias. Tamén se reflexan contidos teóricos impartidos ao longo do taller en torno a esta temática.

Ademáis e coa elaboración de cada un dos raps creados, o alumnado ofrece unha alternativa ás mensaxes encubertas na música que hoxe en día escoitan a cotío e que son ferramentas para que a desigualdade por cuestións de xénero persista.

Esta actividade ten como obxectivo sensibilizar sobre a temática na que se centra o taller  mediante a reflexión do alumnado dentro do entorno educativo e co grupo de iguais.  Pretende tamén identificar as causas e consecuencias da desigualdade por cuestións de xénero, promover a reflexión e crear un espazo de aprendizaxe baseado nas propias experiencias.

Nigrán propón a residencia de tempo libre de Patos como centro de acollida para refuxiados ucraínos

0

O Concello ofrecerá a Residencia de Tempo Libre de Patos aos refuxiados ucraínos, respondendo así á petición da Federación Galega de Municipios e Provincias, que pediu ás localidades que cedan espazos para a acollida de familias deste país. No caso de Nigrán, o goberno local considera a residencia de Patos como “un fogar idóneo”, xa que é unha instalación que só ten actividade de xuño a setembro, dispón de camas, cuartos individuais, cociña industrial e comedor. Este mesmo lugar foi proposto polo Concello na guerra de Siria e Afganistán sen que finalmente a Xunta se decidise a darlle ese uso.

“Cumpre con todos os requerimentos que necesitaría un fogar de acollida”, indica o alcalde e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Juan González, quen incide en que é unha residencia fronte ao mar, totalmente accesible, con 150 prazas e cuartos individuales de 2 e 3 camas.

“Trátase dun lugar que, precisamente, está infrautilizado pola Xunta, quen o xestiona. Está pechado a maior parte do ano; tanto traballadores como Concello cremos que non ten sentido esa situación”, insiste Juan González, seguro de que “sería unha ocasión marabillosa para darlle unha utilidade verdadeiramente social e solitaria. Estariamos moi orgullosos de que Nigrán puidese colaborar desta maneira nesta crise humanitaria”.

“Desde Nigrán temos sorte de poder colaborar nesta crise con este espazo que xa está dotado e que non ten actividade algunha”, conclúe o alcalde e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Unha unidade móbil de doazón de sangue visita O Rosal o vindeiro 7 de marzo

0

O Rosal recibe este mes de marzo unha nova visita dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará no concello o vindeiro luns 7 para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade. O autobús estará situado diante da Cámara Agraria e os rosaleiros e rosaleiras poderán doar sangue de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

Para ADOS a máxima prioridade é a seguridade das persoas doantes e receptoras dos compoñentes sanguíneos, polo que continúa extremando os protocolos de prevención para garantir a continuidade dun servizo esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos. Por este motivo, todas as persoas que desexen doar sangue poderán pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828 para garantir unha afluencia gradual e ordenada de doantes.

Aínda que o persoal da unidade móbil fai unha revisión a todas as persoas que se achegan a doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue, recoméndase non acudir se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Poderán doar as persoas con máis de 18 anos e máis de 50 kg e deberán ir despois de almorzar se acoden pola mañá ou dúas horas despois de xantar ao mediodía se acoden pola tarde. É importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento.

Cada día ADOS despraza 10 unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais galegos na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender as necesidades diarias. Os hospitais galegos precisan ente 400 e 500 doazóns de sangue cada día, arredor de 10.000 ao mes, para garantir a asistencia a moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancros, leucemia, transplantes de órganos…

Detectado un aumento de furtos de carteiras en días de mercado no Porriño

A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello do Porriño, que dirixe Abel Estévez, informou que se detectou un aumento significativo de furtos de carteiras os martes de mañá, coincidindo co mercado semanal. Nas últimas semanas notouse un repunte importante, chegando a denunciarse ata catro ou cinco furtos nalgunha xornada.

A Policía Local, en colaboración coa Garda Civil, traballan de forma coordinada para tratar identificar aos presuntos autores destes feitos e evitar que sigan producíndose estes actos delictivos no municipo.

Desde a concellería de Seguridade Cidadá chaman a tomar certas precaucións para non ser vítima dos carteiristas:

  • O lugar predilecto dos carteiristas son os espazos cheos de xente, nestes  lugares somos vulnerables ao roubo, polo que é moi importante abrir os nosos ollos, ter as nosas pertenzas sempre ao noso alcance e non confiar o absolutamente ningún descoñecido que se achegue demasiado a nós con calquera pretexto.
  • Nunca saias de casa cun bolso que non pecha ben ou que permite o fácil acceso ás túas pertenzas. Estes son os favoritos dos carteiristas.
  • Se utilizas mochila, lévaa sempre no peito en lugar das costas, desta forma terás sempre a vista posta nas túas cousas mentres estás nos espazos onde es propenso ao roubo.
  • Se usas bolsos o mellor é levalos cruzados e ben agarrados a ti, desta forma evitas que alguén poida pasar correndo e arrincalo do teu ombreiro. Ademais convén pechar ben o bolso e levar sempre a nosa man encima del.
  • Cando prepares o teu bolso e mochila, coloca os obxectos de valor abaixo, no fondo do mesmo. Así se un carteirista tenta roubarche non conseguirá acceder facilmente a eles, senón que se atopará na superficie con cousas sen valor (unha botella de auga, un xersei, unha bufanda, etc).
  • Se levas unicamente a carteira e o móbil, o mellor é telos sempre nos petos dianteiros do teu pantalón, ao teu alcance. No peto traseiro resultan moi fáciles de extraer polos carteiristas profesionais.
  • Atención cando falas con estraños, non deixes en ningún momento as túas cousas nin che distraias. Os carteiristas, ademais de actuar en lugares públicos, moitas veces van en grupos de dous ou tres e abordan ás persoas con distintas técnicas de distracción para roubar as súas pertenzas. É importante manterche alerta das túas cousas.
  • É necesario que esteas pendente do que ocorre ao teu ao redor. Moitas veces os carteiristas seguen ás súas vítimas durante un bo tempo ata que descobren un momento no que son vulnerables para atacar.
  • Se descobres a un carteirista en pleno acto, non temas gritar e chamar a atención da xente. Estes adoitan actuar en lugares públicos polo que ao ser descubertos foxen de inmediato. A discreción é o seu maior arma, ante a evidencia non reaccionan de forma violenta senón que prefiren escapar sen ser identificados.

“LEIRA”, un espectáculo de danza e música sobre as labores do campo, chega a Tomiño este sábado

0

“LEIRA”, o exitoso espectáuclo de danza e música sobre as labores do campo, que esgota as entradas alá a onde vai, chega este sábado (5 de marzo) a Tomiño.

O Auditorio de Goián recibirá a función, para todo público, ás 21.00 horas.

A peza, con música e voz en directo de Rosa Cedrón, recibiu o PREMIO DA CULTURA GALEGA EN ARTES ESCÉNICAS.

Ademais, tras ser finalista aos Premios MAX como Mellor Espectáculo de Danza e obter o Premio MAX ao Mellor Intérprete Masculino de Danza (Iván Villar), foi seleccionada para “DANZA A ESCENA 2022” e seguirá de xira durante todo este ano.

As entradas, serán postas á venta na taquilla do auditorio e terán un custe de 7 euros.

Sinopse

O corpo e a terra estreitan lazos nun espectáuclo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes á intemperie habitados unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela ledicia do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo, a celebración dunha Galiza intemporal e máxica.

É unha proposta na que o corpo e a terra estréitanse, que fala da dureza do traballo no campo en Galicia pero tamén da implicación, o esforzo e a beleza que supón. Todo iso aderezado coa dulzura que aporta a voz e música en directo de Rosa Cedrón.

Ponteareas pon en marcha unha campaña de divulgación do servizo de recollida de cartón para comercios

O Concello de Ponteareas porá en marcha unha campaña de divulgación do servizo exclusivo de recollida de cartón que xa está a disposición do tecido comercial da vila. Trátase dun servizo especial que ten como obxectivo “evitar masificar os colectores azuis de recollida selectiva de papel e cartón de uso doméstico co volume das caixas procedentes dos establecementos”, como explica a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, que agradece a colaboración dos e das comerciantes que xa están a usar de xeito exemplar este servizo, “o que permite gozar dunhas rúas da vila máis limpas, sostibles e cómodas para toda a veciñanza”.   

A través deste servizo, os establecementos comerciais deben depositar o cartón os martes e venres entre as 18.00 e as 20.00 horas no chan ao pé dos colectores azuis para facilitar o proceso de limpeza e recollida selectiva, non deixando outro tipo de residuos como plásticos, materia orgánica…

Os comercios do centro poden deixar o cartón en seis puntos habilitados ao longo das distintas rúas. No caso dos establecementos da rúa Oriente, estableceuse un punto intermedio á altura do Centro de Servizos Sociais no que deixar o cartón ás 20.00 horas para que o camión do servizo de limpeza faga a recollida de xeito rápido e coordinado, evitando posibles molestias nesta rúa tan céntrica e comercial.

Ademais deste servizo, a concelleira lembra que os e as comerciantes teñen á súa disposición un Punto Limpo, no que se pode descargar de forma rápida o cartón que se leve ata alí nun amplo abano de horarios. Nestas instalacións tamén poden depositarse mobles e outros enseres e dispón dun servizo de recollida gratuíto. Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 986 64 03 07.

Redondela apoia á expansión da auga e da luz no municipio mozambicano de Nhamatanda

0

O Concello de Redondela, xunto coas deputacións e concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, participa activamente nun proxecto de cooperación internacional co obxectivo de reconstruír e espallar os servizos públicos do municipio de Nhamatanda, Mozambique, afectados polo ciclón Idai que deixou máis de 600 persoas falecidas no país africano e acabou tamén con boa parte das xa febles infraestruturas municipais

A través deste proxecto de cooperación internacional, construíuse un sistema de subministro de auga consistente nun depósito de 1000 litros, con bomba integrada a base de paneis solares e unha fonte con catro billas na que a poboación pode abastecerse. O servizo, que se xestionará de xeito comunitario, non só beneficiará ao barrio onde foi situado, senón tamén aos dous adxacentes. Mulleres e nenas, que adoitan percorrer longas distancias cargadas cos baldes para conseguir auga potable, tan necesaria no combate contra o coronavirus e outras enfermidades presentes na zona, serán as que dun xeito máis especial, lle van tirar rendemento a esta infraestrutura.

Nhamatanda conta cunha poboación de 63 000 habitantes distribuída en doce barrios e a actuación impulsada polo Fondo Galego permitiu restaurar e espallar a rede eléctrica a sete deles, de xeito que se agarda reactivar sectores como o económico ou o educativo, pois nas escolas poderá haber quendas nocturnas e favorecerase o desenvolvemento dos negocios locais. Ademais, os farois instalados nas rúas mellorarán a seguridade da cidadanía, especialmente das mulleres.

A asociación de concellos e deputacións galega destinou 42 600 euros a reparar e ampliar estas redes públicas, nunha zona que aínda está en proceso de reconstrución tras resultar gravemente afectada polo paso do ciclón Idai en 2019. A intervención contou asemade co respaldo da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique (ANAMM), así como das axencias estatais de auga e enerxía.

Redondela fixo gala sempre de ser un municipio solidario e capaz de axudar, nos momentos complicados, aos que máis o necesitan”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas e lembrou que os proxectos nos que o municipio colabora a través do Fondo Galego “contribúen a erradicar a pobreza e as desigualdades no Sur Global” e ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que marca a Axenda 2030 “especialmente os ODS 6 “que avogan por garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para todas as persoas” e do ODS 7, que aposta por “garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, segura, sustentable e moderna para toda a poboación”.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 100 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur Global e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego chega ao seu 25 aniversario tendo desenvolvido máis de 170 proxectos en 32 países e promovendo numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030.

O Concello da Guarda conmemora o 8M co programa de actividades “Semente de Igualdade”

0

O Concello da Guarda programa este ano diversas actividades para conmemorar o 8M baixo “Semente de Igualdade”, unha campaña na que inclúen as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.

As actividades arrancan o día 8 de marzo ás 12:30h no Auditorio de San Benito, onde terá lugar a lectura dun manifesto acompañado da representación teatral “SUBTERRÁNEA” da actriz  Mónica Sueiro. “Subterránea” é unha acción escénica que reivindica e visibiliza a figura de moitas artistas da pintura que foron silenciadas ao longo da historia. Aínda que algunhas conseguiron acadar o recoñecemento da época, tras sortear moitos obstáculos para destacar nun mundo reservado aos homes, remataron no obstracismo e afastadas dos manuais de historia da arte. Para a maioría son unhas descoñecidas. Levan demasiado tempo habitando en territorio INVISIBLE.

Subterránea é unha metáfora das mulleres que collen forzas para reafirmarse, que non renuncian a si mesmas e pelexan por saír á luz.

A fachada da Casa do Concello será iluminada de cor morada e colocarase unha pancarta conmemorativa polo Día Internacional da Muller.

O día 10 de marzo no IES A Sangriña coa intención de darlle continuidade á colaboración que se iniciou o ano pasado co Centro CIFP de Hostalaría e Turismo Carlos Oroza de Pontevedra, coa actividade que levou por título “Mulleres Galegas. Donas de seu” dirixida ao alumnado de 1º de BACH do IES A Sangriña.

Este ano 2022 , o alumnado do ciclo Superior de Guías, Información e Asistencia Turística, coordinados pola súa profesora Tina Otero, queren compartir co alumnado de 2º de BACH da especialidade de Arte e Humanidades do IES A Sangriña, a actividade que leva por título “Arte para todas e con todas”.

Esta actividade consiste en convidalas/os a viaxar por museos de todo o mundo da man de obras de arte (escultura e pintura) cunha narrativa feminina.

Para a xornada do venres día 11  de marzo ás 20:00h está prevista a proxección no Centro Cultural do filme María Solinha coa presenza do Director Ignacio Vilar.    O filme é unha reconstrución da historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista sofre, no século XXI, os ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII. A película fala da intolerancia e da violencia do mundo patriarcal, da represión da carne e da mente.

Continuando coas actividades propostas este ano o venres día 18 de marzo ás 20:30 h, o Centro Cultural da Guarda acolle a representación teatral da obra TABÚ da Compañía Tarabela Creativa. “Tabú” é o espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

As actividades estenderanse ao mes de abril, deste xeito o sábado 2 de abril ás 17:00h, terá lugar o ESCAPE ROOM de Igualdade, polas rúas da Guarda, dirixido a público familiar.

Os Centros escolares do municipio participarán este ano nas conmemoracións do 8M recibindo círculos con frases ou palabras en prol da Igualdade real entre mulleres e homes, participarán tamén nunha charla que contará coa intervención de Amelia Tiganus.

O mércores día 27 de abril pola mañá, terá lugar unha charla a cargo de Amelia Tiganus,    dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos de F.P do IES A Sangriña e o xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde nos falará do seu libro ”La revuelta de las Putas”.

Amelia Tiganus é una activista feminista abolicionista , nada o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.

Publicou varios artigos, un comic titulado “Amelia, historia de una lucha” coa intención de chegar á poboación máis nova e acaba de publicar ‘La revuelta de las putas’ e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.

Das súas  aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención no programa  Salvados – Las invisibles , un programa de máxima audiencia da Sexta – onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole e na cadena SER no programa de Aimar Bretos “ Hora 25” entre moitas outras intervencións públicas.

Tiganus deixa claro que: «Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente».

Ten varios recoñecementos, entre eles, O Recoñecemento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. Categoría “Superación”.

Estase traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas

As actividades programadas están subvencionadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

O alcalde da Cañiza acompaña a Diego de Giraldez na inauguración da súa exposición de pintura en Ávila

0

“Ávila es una gran escultura arquitectónica con la que te puedes intercomunicar y donde puedes viajar con ella a siglos pasados”. Con estas palabras inaugurou onte Diego de Giráldez a súa exposición promovida polo Concello de Ávila. 

O CONCELLEIRO DE CULTURA DO CONCELLO DE ÁVILA, ÁNGEL SÁNCHEZ, PRESIDIU O ACTO

O acto estivo presidido polo concelleiro de Cultura da cidade abulense, Angel Sánchez quen destacou o vínculo do noso pintor coa cidade, quen leva expoñendo en Avila e en moitos Concellos da Provincia dende hai máis de tres décadas. A mostra é un recopilatorio do artista que «sorprende y da un impulso visual tremendo que mezcla el realismo y surrealismo en todos sus cuadros», comentou o concelleiro. Tamén afirmou que existe unha celebración  que Ávila comparte con A Cañiza, onde se atopa a Casa Museo de Diego de Giráldez, que dentro duns días celebrará os 15 anos da súa inauguración. «Nosotros nos consideramos partícipes por la vinculación que Diego tiene con Ávila», sinalaba o concelleiro abulense.

O ALCALDE DA CAÑIZA TIVO A HONRA DE ESTAR PRESENTE NA INAUGURACIÓN, ACOMPAÑANDO AO NOSO ARTISTA MÁIS RECOÑECIDO E FILLO PREDILECTO

O alcalde da Cañiza, xunto cos Tenientes de Alcalde Paula Bacelar e José Antonio Estévez, acompañaron onte a Diego de Giráldez, quen ademáis é Fillo Predilecto da Cañiza. Luis Piña agradeceu ao alcalde de Ávila e a corporación a invitación cursada para esta inauguración.

Ademáis aproveitou a ocasión para dar a coñecer o vínculo que A Cañiza e Ávila comparten a través da súa Patrona “Santa Teresa de Jesús”. Tamén para amosar unha vez máis “o orgullo que supón poder acompañar a Diego de Giráldez nestas ocasións”. “É o noso artista porque naceu na Cañiza, ainda que tamén está vinculado a Vigo e a Pontevedra”. “Na historia do noso pobo é a persoa máis importante e a que deixará sen dúbida a maior pegada”.

Ao remate da súa intervención Luis Piña invitou formalmente ao Alcalde de Ávila e aos membros do Grupo de Goberno a desplazarse ata a Cañiza con motivo do 15 Aniversario do Cuartel Casa Museo do artista situado na Praza Maior da Vila.

NA SÚA INTERVENCIÓN DIEGO DE GIRALDEZ DESCRIBIU A CIDADE DE ÁVILA COMO UNHA GRAN ESCULTURA QUE TE INVITA A CAMINAR

Diego de Giráldez comezou  a súa intervención afirmando «teño unha relación moi íntima con esta provincia porque dende hai xa tres décadas levo abrindo exposicións na Deputación, no Concello así como noutros moitos municipios da Provincia».

Continuou falando da súa pasión pola cidade de Ávila. «Cuando entras en Ávila y caminas por sus calles y miras sus estructuras amuralladas, te da la sensación de que alguien colocó una gran escultura y que tú puedes hacer uso de ella. Para mí esto tiene una importancia enorme y es una de las ciudades que más me gusta de toda España».

A MOSTRA É UN RECOPILATORIO DE OBRAS DOS ÚLTIMOS 20 ANOS DE PRODUCCIÓN ARTÍSTICA

A exposición incorpora un total de 29 obras, froito do traballo dos seus últimos 20 anos. Unha destas obras é unha escultura titulada «Expresando pensamentos». Obras que, como dixo o autor, parten de diferentes formas creativas. «Hai parte onde entra o Realismo Nas (que é naturalismo, abstracción e surrealismo, unido ao realismo)».

A súa obra expresa pensamentos que son pura simboloxía. «Fago unha pintura entre  onírica e simbólica.  É parte das creacións. Hai moita simboloxía na miña obra. Trato de disgregar uns obxectos sobre o plano como un efecto óptico e á vez reflexivo, coma se fose unha pintura que entrase dentro da pintura literaria e filosófica. Unha filosofía onde o individuo pode ter amplas reflexións».

Nigrán rehabilitará sendas fontes e lavadoiros de Sancho en Panxón

0

O Concello de Nigrán rehabilitará sendas fontes e  lavadoiros de Sancho de Arriba e de Abaixo (Panxón) e a zona verde que os comunica a través do obradoiro de emprego da Mancomunidade ‘Pedras do Miñor’. Os 16 alumnos-traballadores das especialidades de albanelería e cantería comezaron esta semana as obras para restaurar estes elementos patrimoniais e toda a súa contorna.

O obradoiro, que iniciou a súa andaina en agosto e ten unha duración dun ano, consta deste traballo práctico de rehabilitación de espazos públicos dos tres concellos do Miñor, seleccionando Nigrán estes elementos para o proxecto (en Baiona foi o paseo de Monte Boi e melloras no campo do Aral e en Gondomar tamén incluíron lavadoiros).

“O obxectivo é por en valor este espazo singular do barrio de Sancho e crear un lugar amable para a veciñanza, creemos que este era o lugar máis idóneo porque precisamente o que necesita son moitos traballos de cantería”, resume o alcalde e presidente da Mancomunidade, Juan González, quen incide no valor etnográfico das fontes e lavadoiros “como verdadeiros núcleos de cohesión social” no municipio. De feito, a maiores o Concello de Nigrán está a rematar as obras contratadas para rehabilitar, conservar e consolidar sete lavadoiros municipais de Camos, Parada, Priegue e Panxón cun investimento de 100.430 € a cargo do Plan Concellos 2020 (actualmente estase a tramitar xa un segundo plan para chegar a máis).

Sancho de Arriba

Esta zona de Sancho resulta especialmente sensible desde o punto de vista patrimonial porque consta dunha rede de rego que conecta diferentes presas de regantes (esta canle será substituída por unha aberta de lastre para ver o discorrer da auga); e, por outra banda, hay unha rede de auga potable que xurde no propio lugar como fontes de uso doméstico todavía moi empregadas pola veciñanza. Ambas fontes e lavadoiros (en Sancho de abaixo con cuberta de formigón) está comunicadas por unha zona verde que tamén se inclúe  no proxecto creando un camiño de lousas de granito e compactando toda a superficie.

Os traballos de restauración inclúen todos os elementos: desde o repicado e pintado dos elementos de formigón e novo encintado de cal, ata a substitución de diferentes elementos por pedra ou novas escaleiras con chanzos únicos, creación de pezas singulares en cantería de remate de muros ou substitución de pavimento. A maiores, elimínase o actual mobiliario urbano, totalmente incoherente coa zona, por bancos novos de pedra. “A Mellora vai ser absoluta e significará recuperar e dar a coñecer esta contorna para todo o municipio”, sintetiza González.

O Concello de Oia abre o prazo de inscrición para unha nova edición do obradoiro de teatro

0

O Concello de Oia vén de abrir o prazo de inscrición para unha nova convocatoria do obradoiro de teatro veciñal. Ao igual que aconteceu nas tres anteriores edicións desta iniciativa, as sesións serán impartidas por A Artística Teatro & Danza os venres en horario de tarde.

O obradoiro comezará o vindeiro 11 de marzo e consistirá nunha sesión semanal, cada venres, ata o 17 de xuño. Desenvolverase no Centro Cultural de Pedornes en horario de 19.00 a 21.00 horas.

As persoas interesadas en participar na actividade poden inscribirse no rexistro do Concello desde hoxe ata o mércores 9 de marzo. A actividade é gratuíta e as prazas son limitadas.

Éxito de anteriores edicións

Nas edicións de 2018 e 2019, o obradoiro teatral contou coa participación de arredor dunha trintena de veciñas e veciños de todas as idades, as cales traballaron na preparación de distintas pezas teatrais que foron representadas en senllas visitas dramatizadas polo barrio do Arrabal.

Tras un parón a causa da pandemia no ano 2020, o obradoiro retomouse en 2021 cun formato adaptado ás restricións pola COVID-19. Nesa terceira edición, o obradoiro desenvolveu unha visita dramatizada no interior do Mosteiro de Oia que contou coa participación especial de varias artistas convidadas.

O alcalde do Porriño comprométese con Budiño a mellorar o Centro Cultural “A Forna”

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, continúa coa rolda de xuntanzas coas asociacións veciñais e culturais do municipio. A última delas, foi con representantes da Asociación Cultural “A Forna” de Budiño, á que asistiu acompañado polos concelleiros Bienvenido Estévez e José Carlos González.

As principais reclamacións da directiva da asociación pasan por unha mellora das instalacións e equipamentos do Centro Cultural de A Forna que presenta unha evidente falta de mantemento, co conseguinte perxuizo que iso supón para os usuarios e usuarias.

O Alcalde comprometeuse a executar con inmediatez as demandas máis urxentes, entre as que se atopan o arranxo ou substitución da cadeira salvaescaleiras, o problema de humidades que presentan varias salas do centro e material necesario para poder levar a cabo as actividades que se desenvolven no mesmo.

“O compromiso deste goberno e o meu persoal coas asociacións das parroquias e do centro é rotundo”, explicou Lorenzo, “Iso inclúe tamén a mellora dos espazos públicos dos que fan uso. O estado de abandono no que se atopan moitos deles, que impide que poidan desenvolver a súa actividade en condicións óptimas, require que marquemos prioridades e identifiquemos todas e cada unha das súas necesidades para poder dar resposta a todas elas”. 

O rexedor reiterou que se reunirá con todas e cada unha das asociacións e colectivos do Porriño. “Contamos cun amplo e rico tecido asociativo e imos escoitalas a todas e atender as súas demandas”, concluíu Lorenzo avanzando que, “Estamos traballando xa para pechar os convenios anuais e formalizalos nas próximas semanas a fin de que poidan programar e desenvolver a súa actividade e comezar os cursos que imparten”.

Pola súa banda, o edil de Cultura, Asociacións e Parroquias, Bienvenido Estévez manifestou a súa intención de “potenciar a actividade das asociacións e o importante labor que desenvolven coa veciñanza, promover a colaboración entre elas e co Concello para poner en valor e afianzar o asociacionismo porriñés”.

O Concello de Redondela cualifica de “ataque contra o patrimonio de toda a veciñanza” o actos vandálicos no parque infantil de Chapela

0

“O vandalismo do que foi obxecto o parque infantil de Chapela va máis aló dunha simple gamberrada e é un ataque ao patrimonio de toda a veciñanza”, asegurou Digna Rivas ao ser informada dos danos que sufriu a antedita área infantil e que afectaron á case que todos os aparellos con que conta a instalación.

A alcaldesa de Redondela asegurou que “accións como estas non poden quedar impunes” e adiantou que a Policía Local desenvolve investigacións para dar co autor ou autores dos feitos “aos que ten case que identificados”.

“Os espazos públicos son un patrimonio de toda a cidadanía que, cos seus impostos, posibilita que o Concello dote aos núcleos urbanos e ás parroquias destes lugares de esparexemento para os seus fillos e fillas”, di a rexedora redondelá quen engade que “romper, pintar ou ocasionar danos nestes espazos supón, por tanto, un ataque directo contra o peto da cidadanía que este Goberno non vai consentir”. O Goberno local aposta pola renovación e mantemento dos parques infantís “como zonas seguras para os xogos e desfrute dos e das máis cativas.

O Concello considera “imprescindible” a colaboración cidadá para “poñer en coñecemento do Concello ou da Policía Local este tipo de actuacións a fin de que os seus autores teñan que render contas polas súas accións”.

Pese a estes rexeitables feitos, o Goberno local mantén “unha firme aposta” por seguir dotando aos núcleos de poboación de áreas infantís para o desfrute dos e das máis pequenas e, nesa liña, vén de arranxar aqueles xogos que estaban danados no parque infantil «Xoana Torres» situado na céntrica Alameda Castelao de Redondela.

Considera a alcaldesa Digna Rivas que as áreas infantís “van máis aló de ser un simple lugar de esparexemento, xa que ademais propicia que as nenas e os nenos poidan interrelacionarse a través do xogo e desenvolver as súas habilidades sociais”.

A aula CeMIT de Ponteareas ofrecerá cinco novos cursos de balde neste mes de marzo

A aula CeMIT de Ponteareas xa ten lista a programación para o mes de marzo que acaba de comezar, no que se organizarán cinco novos cursos de balde pensados para “promover a inclusión no uso das novas tecnoloxías e achegar á veciñanza ferramentas que poden facilitar a vida cotiá a persoas de todas as idades e acabar coa fenda tecnolóxica”, como salienta o concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez.

Unha das propostas para este mes de febreiro será un curso de mecanografía no ordenador, que terá lugar martes e xoves de 18.30 h a 21.00 horas. Os e as ponteareáns tamén poderán asistir aos cursos de manexo básico de teléfonos móbiles os luns de 11.30 h a 14.00 h e de informática básica, que será martes, mércores e venres de 16.00 h a 18.30 horas. A programación do mes de marzo contará ademais cun curso de procura de emprego en liña (mércores 2 e 9 de marzo, de 18.30 h a 21.00 h) e con outro para achegar aos usuarios e usuarias aos trámites administrativos en liña (mércores 16, 23 e 30 de febreiro, de 18.30 h a 21.00 h).

As persoas interesadas en realizar calquera destes cursos deben facer a súa preinscrición a través do espazo da aula CeMIT habilitado na web da Xunta. Para máis información poderá contactarse coa aula CeMIT no correo electrónico [email protected] ou chamando ou enviando unha mensaxe de whatsapp ao número 634 238 962 dentro do horario da aula, que estará aberta ao público os luns de 09.00 h a 11.30 h e os venres de 18.30 h a 21.00 h.

O Concello da Guarda tínguense de verde para conmemorar o Día das enfermidades raras

0

O Concello da Guarda súmase hoxe ás conmemoracións do Día Mundial Enfermidades raras iluminando a fachada da Casa do Concello na Praza do Reló en cor verde. Deste xeito o Concello, que manterá o alumeado en cor verde para visibilizar e difundir esta doenza e concienciar á sociedade sobre a enfermidade.

As enfermidades raras son todo un reto para máis de 3 millóns de pacientes, familias e coidadores en España. Enfróntanse ao diagnóstico, así como ao acceso aos tratamentos e ás rutinas da vida cotiá… o Día Mundial das Enfermidades Raras conmemórase cada 28 de febreiro para poñer de manifesto e reivindicar unha maior concienciación social sobre estas patoloxías.

Unha enfermidade rara é a que afecta a menos de 5 persoas por cada 10 000 habitantes, pero se calcula que en España pode haber de 2,5 a 3 millóns de afectados. O azar ou un proxenitor portador dunha mutación xenética pode facer que a teñamos ou non.

Son moitas as persoas que conviven con elas (máis de 300 millóns no mundo, 3 deles en España), xa que se estima que existen máis de 7000 enfermidades raras, das cales se identificaron 6172.

Oia incorpórase á Rede Estatal de Destinos Turísticos Intelixentes da que forma parte a Deputacion de Pontevedra

A incorporación de catro novos destinos da provincia de Pontevedra á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes (RDTI), aprobada onte pola súa Comisión Executiva, foi sinalada como unha excelente nova pola presidenta da Deputación, Carmela Silva. A Deputación, única institución galega integrada na Executiva desta rede estatal promovida pola Secretaría de Estado de Turismo, valora as adhesións dos concellos de Pontevedra e Oia e das mancomunidades Terras de Pontevedra e do Morrazo, como un reforzo ás políticas turísticas pioneiras a prol do “modelo DTI” que se veñen desenvolvendo xa a escala provincial. De feito, a Deputación forma parte da Executiva do “club” dos destinos intelixentes de España dende o seu nacemento hai tres anos.

As novas incorporacións provinciais á Rede DTI de Pontevedra e Oia, xunto cos concellos mancomunados en Terras (Pontevedra, Marín, Poio, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas, Vilaboa, Campo Lameiro, Barro e A Lama) e no Morrazo (Bueu, Cangas e Moaña) seguen os pasos que deron no seu día a Deputación de Pontevedra e, posteriormente, Sanxenxo, Vigo, Vilagarcía, Mancomunidade do Salnés e os municipios do GDR do Condado-Paradanta. Carmela Silva valora o substancial avance da presencia da provincia de Pontevedra a prol da calidade turística, un avance que se produce xusto no momento en que as portas péchanse temporalmente porque, outro dos acordos adoptados durante a Executiva da Rede celebrada hoxe foi o de non aceptar novas incorporacións ata que se desenvolvan os procesos de avaliación e calidade pendentes.

As catro incorporacións da provincia de Pontevedra complétanse con outras 12 procedentes das outras provincias galegas e un total de 103 en toda España. A RDTI experimenta, por tanto, un forte crecemento pasando de 226 membros titulares a 329. Os membros titulares son as Entidades Locais que teñan recoñecida a condición de destino turístico intelixente por parte da Sociedade Estatal para a Xestión das Tecnoloxías Turísticas (Segittur) ou teñan iniciado a metodoloxía para acadalo). Ademais hai outros 63 membros institucionais (Administracións públicas que aínda non teñen iniciado o proceso), 89 colaboradores (asociacións e empresas) e 3 membros observadores, o que fai un total de 484 integrantes. A partir de agora, a rede tomarase un tempo para garantir que tódolos destinos adheridos avanzan no proceso e, ademais, impón un tope máximo de dous anos para os que aínda non o teñan iniciado.

“A calidade turística non só é o futuro, senón o presente”

“Un modelo de éxito, como demostra o aluvión de solicitudes de entrada”

Carmela Silva subliñou que a iniciativa xurdida hai 3 anos “confirmouse como un éxito, como demostra este aluvión de solicitudes de entrada nunha rede da que a Deputación está dende o principio porque tiña moi claro que a calidade turística non só é o futuro, senón o presente”. Ademais recalcou o recoñecemento da importancia das deputacións para a consolidación do turismo baseado na dixitalización, na tecnoloxía e na calidade medida en tódolos aspectos que conforman a experiencia turística. Amosouse, finalmente, especialmente satisfeita da presencia final dos destinos galegos na rede. O Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España, precisamente reserva un papel protagonista para os destinos turísticos intelixentes introducindo convocatorias específicas para este tipo de destinos e para acelerar a dixitalización do sector.

A Deputación de Pontevedra non só está na Rede DTI dende o principio, senón que, ademais, forma parte da súa Comisión Executiva como único representante institucional de Galicia. Esta Executiva, composta na actualidade por 9 membros, vai ser renovada. Hoxe mesmo aprobouse o proceso de renovación e designación da nova Executiva, que será a encargada de dirixir o proceso de consolidación da calidade turística española en destino durante o próximo trienio.

Os destinos turísticos intelixentes, de acordo co Plan Nacional Integral de Turismo 2021-25, son aqueles que apostan pola innovación, as infraestruturas tecnolóxicas de vangarda, garantindo a sostibilidade, a accesibilidade e a alta calidade de vida tanto para as persoas visitantes como para as persoas residentes e todo elo monitorizado a través da metodoloxía estandarizada por Segittur, de xeito que é necesario cumprir un mínimo dun 80% os estándares fixados.

O conselleiro de Sanidade avanza ao alcalde de Covelo as medidas para mellorar a situación asistencial do concello

0

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantivo onte unha reunión co alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo co obxectivo de dar a coñecer as medidas que a Consellería poñerá en marcha no municipio de cara a mellorar a situación asistencial. Na reunión, o conselleiro e o alcalde estiveron acompañados polo delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, e polo xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente Prieto.

No transcurso da xuntanza tratáronse distintos aspectos tanto asistenciais como da posible reordenación de espazos que é posible efectuar no centro de saúde como consecuencia da obra que se realizou no ano 2020 e que consistiu na instalación dun ascensor e na obra civil necesaria para a súa colocación, unha actuación financiada a través dun convenio ao 50 % entre Xunta e Concello e na que se investiu a cantidade de 60 000 €.

Nese eido, o conselleiro comprometeuse co alcalde de Covelo a que desde a área sanitaria de Vigo se realice unha visita para avaliar as necesidades do centro de saúde como consecuencia da perda de espazos motivada pola instalación do ascensor.

10,30 h.- O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, recibirá no seu despacho ao alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo. foto xoán crespo 01/03/2022

No que se refire aos aspectos asistenciais, o conselleiro de Sanidade amosou a aposta clara pola mellora asistencial no concello a través de distintas medidas que posibiliten que o médico de familia, que conta cun rango de tarxetas sanitarias dentro das recomendadas polo Ministerio de Sanidade (1500 TIS), poida dispoñer de mais tempo para atender á veciñanza do concello. Medidas entre as que estarían o apoio para a xestión de pacientes crónicos así como a habilitación dos mecanismos necesarios para descargar a atención primaria das tarefas sanitarias de carácter mais burocrático.

En resposta á preocupación do alcalde pola atención pediátrica, o conselleiro expresou que a falta de pediatra neste concello pon unha vez máis de manifesto a escaseza de profesionais de atención primaria que se está a producir en toda España. Nese sentido, García Comesaña explicoulle ao alcalde que desde a Consellería de Sanidade se ten reiterado a petición ao Ministerio de Sanidade para que amplíe as convocatoria de formación MIR para poder paliar a falta de facultativos que hai en atención primaria. Lembrou que Galicia leva anos cubrindo o 100% das prazas de formación de medicina de familia e de pediatría que nos autoriza o Ministerio e que ten solicitado o incremento das mesmas e unha revisión dos requisitos e do procedemento de tramitación da autorización destas prazas formativas.

Adapta e a Fundación Mujeres poñen en marcha en Ponteareas dous obradoiros para coidadoras de persoas discapacitadas

A Asociación Adapta, xunto  coa ‘Fundacion Mujeres’ vai poñer en marcha durante os xoves do mes de marzo dous obradoiros dirixidos a mulleres que son ou foron  coidadoras de persoas con discapacidade e/ou dependencia.

Ao longo da actividade os obradoiros desenvolveránse os temas Saúde e Auto coidado e Autoestima e empoderamento, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares.

Os talleres terán lugar nas instalacións do Centro Asprodico de Ponteareas, os xoves 10, 17, 24 e 31 de marzo, en horario de 10:30 h a 12:30 horas. A actividade é gratuíta pero, como as prazas son  limitadas, será  necesario facer reserva previa de praza contactando coa Asociación Adapta nos teléfonos 986 916 012 e 662 947 289.

Esta actividade enmarcase dentro do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras, financiado pola Consellaría de Política Social da Xunta de Galicia

A Guarda abre un prazo extraordinario de inscrición para o desfile de Entroido do vindeiro domingo 6 de marzo

0

Ante a chegada da choiva o desfile previsto para tarde de onte, martes 1 de marzo foi aprazado para a tarde do domingo 6 de marzo, respectando o mesmo horario e percorrido: saída ás 17:30 h da Esquina Famosa (Rúa Porto Rico), Rúa Galicia e Rosalía de Castro (Alameda).

Tal e como estaba previsto nas bases do desfile para tal caso, este aprazamento orixinou un novo prazo de inscrición para que grupos, comparsas ou carrozas que non puideran concorrer o martes pero si tiveran dispoñibilidade para o domingo 6 de marzo presenten a súa solicitude xunto coa documentación correspondente.

Así mesmo os participantes que estando anotados non puideran acudir na nova data deberán comunicalo neste mesmo prazo, de tal xeito que o venres 4 de marzo publicarase unha nova relación de participantes na que se teñan en conta as baixas resultantes e as novas solicitudes e se faga saber cantos participantes terían opción a compensación económica, xa que esta segue o criterio de orde na anotación.

Este novo prazo de anotación estará aberto durante os días 2 e 3 de marzo, as solicitudes están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica nesta ligazón e os participantes deben coñecer as bases e condicións de participación. Non se admitirán aquelas solicitudes que veñan incompletas ou sen a documentación necesaria.

A Omix da Guarda programa varias formacións de balde para este mes de marzo

0

A OMIX do Concello da Guarda lanza as primeiras actividades de formación de este ano 2022. As actividades propostas arrancarán neste mes de marzo, son actividades de balde e coma sempre procuran a participación da mocidade en particular pero tamén do resto da poboación en xeral.

As dúas propostas que darán comezo en marzo son:

OBRADOIRO DE MÚSICA E CANTO MODERNO para a mocidade: unha alternativa que pretende ser unha oferta diferente, moi orientada á xente máis nova cun repertorio actual e moi diverso. Con este obradoiro pretendemos crear unha canle de expresión que encaixe coa mocidade, que libere as súas emocións e que ademais non renuncien a unha formación musical de calidade. Traballarán técnica vocal, expresión e ritmos e escalas da música moderna.

CONVERSAS EN INGLÉS– obradoiro de práctica de inglés nivel B1. Crearanse situacións cotiás nas que practicar o idioma e así mellorar as nosas ferramentas comunicativas.

No caso de Canto e música moderna o obradoiro impartirase os martes dende as 19:00h ata as 21:00h e no caso de inglés a formación serán os martes e xoves de 20:30h ata as 22:00h.
Os dous obradoiros serán de balde para as persoas participantes. Toda a información na OMIX nas súas redes sociais, no mail [email protected] ou no teléfono 986610000 ext 7

O Concello de Ponteareas solicita á Xunta dous novos vehículos para os servizos de Emerxencias e Protección Civil

Ponteareas quere dotar aos servizos de Emerxencias e Protección Civil da comarca do parque móbil necesario para poder atender as incidencias que se producen ao longo do ano. Por este motivo, o Concello solicita á Xunta dous novos vehículos que permitan ampliar e renovar a flota actual e “que dous servizos básicos para a veciñanza da nosa vila e da comarca poidan operar coa maior eficacia”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

“O Concello faise cargo con fondos propios deste servizo supramunicipal, xa que a pesar de atender a toda a comarca a Xunta non nos equipara como GES, o que supón un importante prexuízo económico para Ponteareas. Por iso reclamamos á administración autonómica que asuma a incorporación destes dous novos vehículos tan necesarios e inabarcables para as arcas municipais”, destaca a rexedora.

Con máis de 1100 intervencións en 2019 e 1500 en 2020, a agrupación de Protección Civil está a medrar en número de voluntarios e tamén de servizos, atendendo en moitas ocasións saídas cruzadas en diferentes municipios da comarca. Un crecemento constante na demanda que os e as voluntarias están afrontando cun único vehículo. “É moi complicado poder mobilizar ao persoal voluntario cando teñen que acudir a diferentes parroquias ponteareás ou a diferentes concellos”, lembra Fernández Davila. Por este motivo, o Concello reclama para este servizo un vehículo con todo o necesario para dar apoio simultáneo a diferentes intervencións.

Pola súa banda, o Grupo de Emerxencias Municipal traballa con dous vehículos cisterna con moitas horas de servizo “que precisan constantes reparacións de xeito constante, o que supón para o Concello un importante custo nun servizo que xa é de por si deficitario”.

Tomiño únese ao Reto para aumentar a taxa de reciclaxe do colector amarelo

0

Tomiño é un dos 13 municipios galegos (o único da comarca) que participan na campaña “Recicla, únete ao Reto” co obxectivo de mellorar os datos de quilos recollidos a través do colector amarelo.

Trátase dun reto proposto pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases domésticos lixeiros en España), para aumentar a achega ao colector amarelo un 10% durante tres meses consecutivos, comparando estas achegas co mesmo período de tempo do ano anterior de cada municipio; é dicir, cada municipio compite consigo mesmo.

Os municipios que consigan mellorar a súa taxa de reciclaxe neste período, recibirán un premio de 2.000 € para investir nunha causa social, a elixir por cada  Concello.

Para conseguir o obxectivo marcado, será fundamental motivar aos cidadáns informando sobre a importancia de separar correctamente os envases en orixe, para a súa posterior recollida selectiva e reciclaxe, sen depositar impropios en ningún caso.

Con este fin, dende o 1 de marzo ata o 31 de maio desenvolveranse diferentes accións nos 13 municipios participantes. O vindeiro mércores, 2 de marzo, comezaranse a instalar uns valos publicitarios coa imaxe da campaña en puntos estratéxicos do concello. Irase informando da campaña en redes sociais e un equipo de 2 promotores visitará distintos puntos de Tomiño co fin de tomar contacto co comercio e a hostalería, repartindo e instalando vinilos coa imaxe da campaña en escaparates, repartindo pulseiras de tea, e explicando aos cidadáns a campaña e a importancia da reciclaxe no colector amarelo para conseguir o reto.

Para máis información: https://uneteaoreto.com/

A Xunta reforza desde este xoves o transporte público aos institutos de Baiona e O Rosal e ao Centro de Saúde de Nigrán

A Xunta activará este xoves, 3 de marzo, novos servizos de autobús e realizará pequenos axustes nas liñas para mellorar o transporte aos institutos Primeiro de Marzo de Baiona e A Sangriña do Rosal, ademais de mellorar a conexión co centro de saúde de Nigrán.

Máis concretamente, para facilitar os desprazamentos dos alumnos ao instituto pola mañá, habilítase unha parada no IES Primeiro de Marzo na liña que conecta A Guarda con Vigo, evitando que estes alumnos teñan que facer un transbordo na entrada ao instituto.

Por outra banda, créanse dúas novas frecuencias na liña circular Baiona-Gondomar-Nigrán adaptadas á xornada lectiva de tarde dos luns e xoves, con posibilidade de transbordo en Baiona na parada situada fronte ao centro de saúde co resto de liñas do transporte interurbano.

Para dar servizo aos alumnos do IES A Sangriña do Rosal, prolóngase a liña circular entre A Guarda e O Rosal ata a parada San Xoán 2, na parroquia de Tabagón.

En Nigrán, para favorecer os desprazamentos dos usuarios ao centro de saúde, créase un novo servizo ás 10,00 horas na liña circular Baiona-Gondomar-Nigrán e adáptase a liña de Chandebrito, engadindo unha nova parada a 200 metros do centro e axustando os horarios dos servizos, cunha ida próxima á hora de apertura e unha volta ás 10,00 horas.

As actuacións deseñadas dan resposta ás necesidades de desprazamento comunicadas á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade polos centros de ensino e os concellos e enmárcanse no traballo continuo da Xunta por ofrecer máis e mellores servizos de transporte público por estrada aos cidadáns.

A información relativa aos reforzos e cambios nos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

A Deputación tingue o Pazo Provincial coas cores da bandeira de Ucrania

A Deputación de Pontevedra súmase á condena da invasión de Ucrania por parte de Rusia e desde esta pasada noite iluminou o edificio do Pazo Provincial de azul e amarelo, as cores da bandeira ucraína, como símbolo de repulsa á actuación do goberno de Vladimir Putin e en solidariedade e apoio ao pobo ucraíno.

A presidenta provincial, Carmela Silva, fixo unha declaración sinalando que “é momento de amosar unha posición clara contra a invasión rusa de Ucrania e apoiar a Unión Europea contra a violencia armada”. “Temos que ter unha posición firme, sen fisuras, dixo a presidenta, que traslade a Putin que estamos unidas e unidos fronte a súa intolerable decisión de atacar a Ucrania”.

A presidenta trasladou “a solidariedade da corporación provincial e o noso afecto ás mulleres e homes que están a vivir de novo o terror da guerra. Hai que tomar partido de forma clara”, dixo Carmela Silva, que desexou que as hostilidades rusas cesen de inmediato para que a poboación ucraína poida retomar as súas vidas “con paz, seguridade, liberdade e democracia”.

Pastel de filloas relleno de trufa de chocolate y crema de queso (sin gluten)

En estos días de Entroido gallego, rara es la casa en la que no se esté elaborando alguna de las recetas típicas de esta época. El año pasado publicamos en esta sección unos riquísimos Zeppole sin gluten típicos del Carnaval en Cerdeña, y en 2019 hicimos una versión sin gluten de la receta de Orejas de Vicenta de Álvaro Cunqueiro. Este año me animo con una forma diferente de preparar las filloas. Si bien podemos utilizar la masa para hacerlas en la forma clásica, dobladas en triángulos, o enrolladas, esta vez las vamos a convertir en un pastel en el que alternaremos la filloa con capas de deliciosa trufa de chocolate y capas de crema de queso.

¡Vamos allá!

INGREDIENTES

(como decimos siempre, si hay alguna persona celíaca, aseguraos de que son Aptos)

PARA LAS FILLOAS *

Premer para ampliar
  • 110 g harina sin gluten (yo utilicé Mix B Schär)
  • 2 huevos
  • 2 cucharadas de mantequilla derretida
  • 300 ml leche
  • Sal
  • 1 cucharadita de azúcar (opcional)
  • Tocino o aceite para untar la sartén

PARA LA TRUFA:

  • 100 g de chocolate negro
  • 200 ml nata para montar
  • 30 g mantequilla

PARA LA CREMA DE QUESO

  • 80 g mantequilla a temperatura ambiente
  • 100 g azúcar glas
  • 80 g queso tipo Philadelphia muy frío

PREPARACIÓN

  • Batir los huevos. Añadir la mantequilla derretida.
  • Mezclar la harina con la sal y el azúcar
  • Añadir huevos y mantequilla a la harina a la harina. Mezclar bien.
  • Ir añadiendo la leche al tiempo que batimos la mezcla para que no queden grumos.
  • Dejamos reposar la mezcla al menos una hora.
  • Una vez reposada la mezcla, untamos con aceite o con tocino una sartén antiadherente y vamos añadiendo masa hasta que cubra el fondo, intentando que queden unas filloas finas.
  • Damos la vuelta agarrando el borde con los dedos cuando veamos que los bordes ya se pueden separar. Hay quien este proceso lo hace con espátula, pero si son muy finas rompen; ¡seamos valientes y curtamos esos dedos como nuestras madres y abuelas!.
  • Vamos haciendo las filloas hasta acabar la masa y las dejamos enfriar.

ELABORACIÓN DE LA CREMA DE TRUFA

  • Podemos hacerla el día anterior.
  • Calentar la nata hasta que empiece a hervir.
  • Retirar del fuego y añadir el chocolate troceado. Revolver hasta que se disuelva.
  • Dejar enfriar, cubrir con film y meter en la nevera unas horas o hasta el día siguiente.
  • Al día siguiente, montar la crema batiendo con varillas hasta obtener una crema densa.
Premer para ampliar

ELABORACIÓN DE LA CREMA DE QUESO

  • Batimos con la batidora de varillas el azúcar con la mantequilla hasta integrar totalmente.
  • Agregamos el queso muy frío y seguimos batiendo, aumentando la velocidad gradualmente, hasta obtener una crema consistente.

MONTAJE DE LA TARTA DE FILLOAS

  • Colocamos en el fondo de la fuente dos filloas. A continuación, alternamos, según nuestro gusto, filloa – relleno de trufa – filloa – relleno de crema de queso – filloa…
  • Decoramos con unos frutos rojos espolvoreados con azúcar glas.
  • Esta es una opción de rellenos, pero tiene tantas posibilidades como queramos: rellena de crema pastelera, de nata, de mermelada, de crema de cacao… Dejad volar vuestra imaginación y combinad sabores a vuestro gusto.

Espero que os guste.


*Adaptación de recetas de Schär, Alma Obregón (Objetivo Cupcake Perfecto) y Thermomix.

COGAMI e o Concello da Guarda manteñen unha reunión de traballo

0

Na xornada do pasado venres día 25 de febreiro, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse con representantes de COGAMI para recibir información e facer unha valoración do servizo que este colectivo está prestando no municipio.

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI, posto en marcha en 1996 como aposta pola inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral, atende ás persoas con discapacidade do concello da Guarda dende hai 18 anos. Para evitar que estas persoas se teñan que desprazar ás cidades, dende COGAMI achegan o servizo á poboación, sendo a orientadora laboral a que se desprace ata os concellos de zonas rurais.

Este servizo conta agora cunha nova orientadora laboral, Laura Malvar, quen estivo acompañada na xuntanza mantida o pasado venres pola coordinadora da oficina que COGAMI ten en Vigo, Susana Rodríguez.

Actualmente, o servizo de emprego de COGAMI conta cunha base de datos que contempla 71 persoas inscritas de A Guarda , 28 mulleres e 43 homes.

Ademais de entrevistar ás persoas con discapacidade, tamén contactan coas empresas e comercios da zona para captar tanto ofertas de emprego como tamén para a acollida en prácticas de persoas que se forman nos cursos que imparte anualmente COGAMI co fin de formar e reciclar ás persoas que están apuntadas na base de datos.

Gondomar pon en marcha a II edición do programa “Abrindo Portas”

0

“Abrindo Portas” xurdiu no departamento co fin de motivar á mocidade a ler, amosándolles a través das redes sociais, obras de distintas temáticas que poidan suscitar ou seu interese e lles brinde unha nova experiencia lectora.

Así cada derradeiro venres de mes presentaranse a través da conta de instragram @omixgondomar tres títulos sobre unha temática concreta, que pode ser sobre a sexualidade, as adiccións, historias de adolescentes ou ciberacoso, entre outras.

Durante a primeira edición do programa recomendáronse un total de 42 títulos coa colaboración da Librería Libraira e 190 mozos e mozas reaccionaron ás propostas.

Nigrán modifica as bases que rexen as axudas de emerxencia social para que beneficien a máis persoas

0

O Concello de Nigrán aprobou unánimemente no pleno ordinario de onte a proposta do goberno local de modificar as bases que rexen as axudas de emerxencia social co fin de chegar a máis posibles beneficiarios. Igualmente, na sesión o Concello asumíu unha declaración institucional en contra de todo tipo de guerras ao tempo que censurou a invasión rusa en Ucrania.

Entre as novidades das bases figuran o incremento do importe máximo da contía de 800 a 1.200 €, a posibilidade de anticipar cartos para gastos, contemplar a leña como un gasto enerxético abonable ou o transporte e contabilizar os últimos 3 meses de ingresos en lugar de 12 para ter dereito a estas axudas.

“O obxectivo é actualizar os criterios para que de verdade se adapten ao caracter urxente e excepcional destas axudas e que ningunha persoa que o precise quede fora”, sinala o alcalde, Juan González, quen subliña que todos os cambios foron propostos polos Servizos Sociais do Concello tras analizar as diferentes realidades dos usuarios deste departamento.

Estas axudas constitúen unha prestación económica de carácter urxente e extraordinario destinadas a paliar situacións carenciais e transitorias imprevistas ou excepcionais, así como para evitar o agravamento das mesmas. Sirva como exemplo o pago de alugueres, hipotecas, fianzas, gastos de comunidade; conservación das vivendas e adquisición de mobiliario e equipamento, gastos de luz, auga ou gas, acondicionamento sanitario ou reformas en xeral.

Un dos cambios adoptados rebaixa de 12 meses a 6 a antelación mínima coa que a persoa debe estar empadroada no Concello no momento da solicitude e o mesmo co cómputo de ingresos, que baixa de 12 a 3 meses. Igualmente, fanse compatibles con axudas doutra administración. “Unha persoa que se muda a Nigrán non pode agardar un ano para poder solicitar esta axuda e ten máis lóxica que se valoren os 3 últimos meses de ingresos que un ano completo”, incide González.

Igualmente, contémplase por vez primeira os gastos de transporte derivados de actividades formativas, de fomento da inserción ou por tratamento terapéutico como suvencionables, igual que a leña como unha necesidade primaria ao nivel do gas, electricidade ou auga. As persoas que transitoriamente viven de hospedaxe tamén poderán pedir axuda para a comida (as que están en vivendas teñen a opción de participar no programa ‘Xantar na Casa’). Adicionalmente, e tamén como novidade, contémplase a posibilidade de facer un pago anticipado en situacións excepcionais.

“Este goberno pode presumir de estar ao lado daqueles que máis o precisan. O noso obxectivo é construír ese “Nigrán para todos” no que creemos firmemente e por iso consideramos importante introducir estas modificacións que nos permitirán non deixar a ninguén fora”, conclúe González.

A audición da ESMU enche de cor e alegría o auditorio de Xinzo

Este pasado sábado 26 de febreiro, a Escola de Música de Xinzo (ESMU) ofreceu a súa audición anual de entroido no auditorio do Centro Cultural de Xinzo. Unha cita que abarrotou o auditorio de música, disfraces e un público entregado.

Os alumnos da ESMU foron os encargados de animar a tarde aos asistentes durante as case dúas horas que durou a audición desde o seu comezo ás 19:00 h. Máis de quince actuacións entre os solistas, os duetos e os grupos de cámara sucedéronse sobre o escenario do auditorio con temas tan divertidos e icónicos como os de Súper Mario Bros ou Os Picapedra interpretados polos músicos disfrazados, tal e como o requiría a ocasión.

Tras esta, a seguinte audición da ESMU non terá lugar ata abril, cando finalice o segundo trimestre do curso. Aínda que, antes desta data, haberá outra oportunidade para volver escoitar a estes músicos. Será o próximo 12 de marzo, cando se reúnan para celebrar o III Festival de Bandas Infantís de Xinzo.

Galicia pon en marcha tres unidades funcionais multidisciplinares para atender pacientes con enfermidades raras

A Xunta vén de poñer en marcha tres unidades funcionais multidisciplinares enmarcadas na Estratexia Galega en Enfermidades Raras. Sitúanse en Vigo, A Coruña e Santiago e contan con equipos formados por un especialista en medicina interna, un especialista en pediatría e un profesional de enfermería. Así o indicou onte o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no transcurso dun acto con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras.

As unidades son dispositivos asistenciais encargados das actividades que comprenden o diagnóstico e seguimento dos pacientes con enfermidades pouco frecuentes. Encádranse na Estratexia Galega en Enfermidades Raras, froito do labor dun grupo de traballo formado por profesionais e pacientes. A Estratexia foi aprobada polo goberno galego no 2021 e o seu obxectivo é, segundo explicou o conselleiro de Sanidade, “establecer un novo modelo asistencial, que garanta un prazo de diagnóstico máis reducido, unha menor variabilidade no manexo do paciente e unha xestión máis áxil, coordinada e eficaz”.

García Comesaña amosou o seu agradecemento aos profesionais do Sergas e ás asociacións de pacientes, polo seu traballo, “que permitiu facer realidade o novo modelo”. Durante o acto, o conselleiro tamén indicou que as novas unidades son o exemplo dun novo modelo que marcará o futuro na atención dos pacientes afectados por patoloxías que requiren dunha abordaxe multidisciplinar.

Entre os recursos asistenciais que contempla a Estratexia atópase a Comisión Galega de Enfermidades Raras. O seu traballo permitirá dispor proximamente da web de Enfermidades Raras do Sergas, con información útil e de calidade.

Outra das ferramentas que desenvolve o documento é o Rexistro de Pacientes con Enfermidades Raras, a través do que se pode coñecer a incidencia e prevalencia das patoloxías minoritarias en Galicia e que aporta coñecemento sobre a súa evolución. En primeiro lugar, recollendo, integrando e analizando datos, co fin de obter información que permita previr estas enfermidades. En segundo lugar, normalizando a información de acordo coas pautas homologadas no ámbito nacional e comunitario, así como no internacional. E en terceiro lugar, realizando informes periódicos e publicacións que permitan mellorar o coñecemento e dar visibilidade a estas doenzas, así como contribuír ao desenvolvemento de liñas de investigación sobre elas. Ademais, o Sergas está a usar o big data para mellorar os tempos diagnósticos.

A Unión Europea define como enfermidade rara, minoritaria ou pouco frecuente aquela que, con perigo de morte ou invalidez crónica, ten unha prevalencia menor de 5 casos por cada 10.000 habitantes. Estímase que existen entre 6.000 e 8.000 enfermidades raras diferentes, que afectan entre un 5 e un 7 % da poboación. Isto supón que en Galicia habería arredor de 200.000 persoas afectadas.

Gran puzzle xigante

O hospital Álvaro Cunqueiro acolleu este luns un acto simbólico, onde se montou un puzzle xigante, baixo o título “Encaixando as pezas na atención ás enfermidades raras”. Posteriormente, tivo lugar unha xornada que contou cos relatorios do coordinador do Centro Nacional de Enfermidades Metabólicas Hereditarias do Hospital Universitario Mater Misericordiae de Dublín, o profesor Gregory M. Pastores; e do director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, o doutor Ángel Carracedo. No encontro tamén se presentou o proxecto da Unidade Funcional Multidisciplinar do hospital Álvaro Cunqueiro.

Volve o cineclub Poleiro ao Auditorio de Goián con catro grandes propostas para os 1º xoves de mes

0

Despois do parénteses obrigado pola pandemia e as obras realizadas no auditorio de Goián, o cineclub Poleiro volve con enerxía renovada. O día 3 de marzo proxecta a primeira longametraxe deste ciclo “que quere facer un guino ao máis próximo, a todos aqueles profesionais e artistas que durante este tempo tiveron tantas dificultades para regalarnos a maxia desta sétima arte coa súa obra”.

Así, todos os primeiros xoves de cada mes, o auditorio volverá a acoller unha función do mellor cine.

A cinta escollida para abrir o ciclo é “La novia”, dirixida por Paula Ortiz; unha historia que dende o primeiro momento amosa a vontade de emocionar e deixar sen alento ao espectador. A película narra a vida de tres amigos inseparables desde a infancia. Con Álex García, Inma Cuesta, Asier Etxeandía, o guión é unha adaptación libre da obra Bodas de Sangre de Federico García Lorca, cun triángulo amoroso que sustenta a trama. Con numerosas nomeacións a distintos premios cinematográficos, conseguiu dous Goya e seis Premios Feroz.

Despois seguiranlle outras tres excelentes películas españolas de novos directores.

O xoves 7 de ABRIL: “La vida era Eso”, película dirixida por David Martín de los Santos. A cinta trata da relación entre dúas mulleres españolas de dúas xeracións distintas que emigraron a Bélxica e que coinciden nun hospital.

O xoves 5 de MAIO: “La hija”, dirixida por Manuel Martín Cuenca. Unha película que relata a historia de Irene, unha moza de 15 anos que vive nun centro de menores, queda embarazada e pode cambiar a súa vida coa axuda dun educador.

Por último, o xoves 2 de XUÑO, remata o ciclo con “El amor en su lugar”, de Rodrigo Cortés. Unha historia que transcorre no ano 1941, cando catrocentos mil xudeos de Polonia están confinados nun gueto polos nazis.

O bono de socio para todo o ciclo custa 10 euros, aplicándose un desconto de 5 euros se se dispón do bono anterior.

Máis información no número de teléfono 629 735 337.

Marzo chega á aula CeMIT de Ponteareas con cinco novos cursos de balde

A aula CeMIT de Ponteareas xa ten lista a programación para o vindeiro mes de marzo, no que se organizarán cinco novos cursos de balde pensados para “promover a inclusión no uso das novas tecnoloxías e achegar á veciñanza ferramentas que poden facilitar a vida cotiá a persoas de todas as idades e acabar coa fenda tecnolóxica”, como salienta o concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez.

Unha das propostas para este mes de febreiro será un curso de mecanografía no ordenador, que terá lugar martes e xoves de 18.30 a 21.00 horas. Os e as ponteareáns tamén poderán asistir aos cursos de manexo básico de teléfonos móbiles os luns de 11.30 a 14.00 h e de informática básica, que será martes, mércores e venres de 16.00 a 18.30 horas. A programación do mes de marzo contará ademais cun curso de procura de emprego en liña (mércores 2 e 9 de marzo, de 18.30 a 21.00 h) e con outro para achegar aos usuarios e usuarias aos trámites administrativos en liña (mércores 16, 23 e 30 de febreiro, de 18.30 a 21.00 h).

As persoas interesadas en realizar calquera destes cursos deben facer a súa preinscrición a través do espazo da aula CeMIT habilitado na web da Xunta. Para máis información poderá contactarse coa aula CeMIT no correo electrónico [email protected] ou chamando ou enviando unha mensaxe de whatsapp ao número 634 238 962 dentro do horario da aula, que estará aberta ao público os luns de 09.00 a 11.30 h e os venres de 18.30 a 21.00 h.

Nova actividade do Proxecto Vincúlate de Baiona

0

As persoas participantes no Proxecto Vínculate do Concello de Baiona realizaron unha nova actividade moi beneficiosa para todos os participantes tanto humáns como os seus compañeiros de catro patas.

Os rapaces e rapazas aprenderon o que era a limpieza dos cans e a súa gran importancia no seu coidado contando coa colaboración da empresa local “Limpiño” que, de forma altruista, ofreceu os seus servizos.

O alcalde da vila, Carlos Gómez Prado, reseña que “Baiona é unha vila altamente solidaria e as empresas ca conforman o demostran sempre que teñen a oportunidade” e aproveita para “darlle as grazas as mesmas e recoñecer o súa labor”.

‘Os Festeiros’ de Bembrive, gañadora do Desfile de Comparsas 2022 do Entroido de Redondela

0

As comparsas de Entroido volveron a encher de música, cor, son e humor as rúas de Redondela este domingo, 27 de febreiro, nun desfile que non se celebraba dende o 2020 e que respondeu con creces ás expectativas tanto da veciñanza como do Concello. O certo é que o xurado encargado de decidir os nomes das comparsas gañadoras entre as sete formacións participantes, non o tivo doado.

Ao final o xurado, por unanimidade, daba por gañadora á Disco Festeires, da Asociación Os Festeiros de Bembrive, composta por 86 persoas e que se levaba os 900 euros en metálico cos que estaba dotado o primeiro premio.

O segundo premio, cunha dotación de 600 euros en metálico, foi para Asociación Cultural Comparsa Luces de Tomiño con Comparsa Circo; mentres que o terceiro premio de 300 euros ía para a Asociación Comparsa Os Choqueiros coa comparsa Un paseo por Venecia.

Amais dos tres premios, o xurado outorgaba tamén os galardóns especiais ao Premio Mocidade de Comparsa que recaía na Asociación Cultural Comisión de Festas Cepeda coa comparsa Vaibem; o Premio á Retranca de Comparsa para a Asociación Veciñal Novo Vigo coa comparsa Foliada, Bule, Bule e, finalmente, a Asociación Andaina de Persoas con necesidades especiais de Redondela, Andaina, gañaba o Premio á inclusión e á diversidade, dotado con 500 euros, pola comparsa O Circo de Andaina.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que felicitou ás comparsas participantes “por unhas comparsas nas que quedaba reflectida toda a ilusión e ganas de facer desfrutar á veciñanza”, puxo de relevo a importancia que ten a recuperación dunha das máis tradicionais festas “que contribúe en grande maneira a que comecemos a ver unha certa normalidade e nos fai concibir esperanzas de que esteamos chegando ao final dunha pandemia que marcou a nosa vida durante os dous últimos anos”.

Rivas lembrou que “aínda queda moito Entroido por diante” e lembrou que na tarde do martes 1 de marzo a partir das 17 horas terá lugar o concurso de disfraces de grupos, parellas e individual. Todos os que desexen participar nesta fase do concurso realizarán a súa inscrición o mesmo día dende as 16 horas nun posto instalado nos soportais do Concello.