12.4 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA aula CeMIT de Ponteareas ofrecerá cinco novos cursos de balde neste...

    A aula CeMIT de Ponteareas ofrecerá cinco novos cursos de balde neste mes de marzo

    A aula CeMIT de Ponteareas xa ten lista a programación para o mes de marzo que acaba de comezar, no que se organizarán cinco novos cursos de balde pensados para “promover a inclusión no uso das novas tecnoloxías e achegar á veciñanza ferramentas que poden facilitar a vida cotiá a persoas de todas as idades e acabar coa fenda tecnolóxica”, como salienta o concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez.

    Unha das propostas para este mes de febreiro será un curso de mecanografía no ordenador, que terá lugar martes e xoves de 18.30 h a 21.00 horas. Os e as ponteareáns tamén poderán asistir aos cursos de manexo básico de teléfonos móbiles os luns de 11.30 h a 14.00 h e de informática básica, que será martes, mércores e venres de 16.00 h a 18.30 horas. A programación do mes de marzo contará ademais cun curso de procura de emprego en liña (mércores 2 e 9 de marzo, de 18.30 h a 21.00 h) e con outro para achegar aos usuarios e usuarias aos trámites administrativos en liña (mércores 16, 23 e 30 de febreiro, de 18.30 h a 21.00 h).

    As persoas interesadas en realizar calquera destes cursos deben facer a súa preinscrición a través do espazo da aula CeMIT habilitado na web da Xunta. Para máis información poderá contactarse coa aula CeMIT no correo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal ou chamando ou enviando unha mensaxe de whatsapp ao número 634 238 962 dentro do horario da aula, que estará aberta ao público os luns de 09.00 h a 11.30 h e os venres de 18.30 h a 21.00 h.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS