9 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO Concello avanza para poñer o Centro Cívico de Ponteareas a disposición...

    O Concello avanza para poñer o Centro Cívico de Ponteareas a disposición da veciñanza

    O edificio dotará á vila de 900 m2 para actividades sociais e servizos municipais no centro histórico

    O Concello continúa avanzando para poñer a disposición da veciñanza o Centro Cívico de Ponteareas. A iniciativa, que xa conta co proxecto básico e a autorización de Patrimonio Cultural, atópase agora en proceso de licitación da redacción do proxecto de execución, da elaboración de informes de eficiencia enerxética (IEE) e da dirección da obra do edificio situado na Praza Maior.  

    Esta nova instalación, que xa foi presentada á veciñanza e ao tecido asociativo, dotará á vila de 900 m2 para servizos municipais e actividades sociais, como espazos para a mocidade, salas de reunións, espazos para obradoiros e cursos, servizo de atención temperá ou unha oficina de información. “Será o primeiro edificio público de Ponteareas con estas características. Con el queremos fomentar o encontro da veciñanza e apoiar o asociacionismo con espazos versátiles e flexíbeis no centro urbano”, salienta a alcaldesa Cristina Fernández Davila.

    Esta iniciativa do Goberno municipal do BNG-PSOE permitirá rehabilitar un edificio do centro histórico adquirido polo Concello con fondos propios para “recuperar espazos para o tecido social e asociativo, para a veciñanza en xeral e para todas as usuarias e usuarios dos novos servizos municipais cos que se dotará o edificio. Un lugar activo e permanente no que as ponteareás e os ponteareáns poderán gozar de actividades dirixidas, pero tamén de espazos para desfrute individual e colectivo”, explica a segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote.

    A rehabilitación deste edificio, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa EDUSI ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’, dinamizará a Praza Maior e a súa contorna, favorecendo a revitalización urbana e comercial do centro histórico.

    A redacción do proxecto sae a licitación por un total de 42.185 euros. As empresas e as e os profesionais interesados poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro 16 de marzo ás 14.00 horas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.