Mércores, 20 Agosto de 2025

Danza e humor danse a man no espectáculo “SOFÁ”, este xoves no Auditorio de San Benito

0

A bailarina Marta Alonso e o cómico Pablo Reboleiro únense nesta novidosa comedia que nos fala da rutina diaria, a través das artes do corpo e movemento e que chega na xornada deste xoves día 14 de xullo ás 20:30h ao Auditorio de San Benito.

A peza, apta para todo tipo de públicos e idades, de seguro fará as delicias dos amantes do teatro e a danza que hai na Guarda

O espectáculo fala dunha parella e do seu sofá, ese lugar no que descansan e esquecen o que está fóra. A parella son Marta e Pablo, dúas persoas normais. O mundo: traballo mal remunerado, guerra, ameazas nucleares, catástrofes ecolóxicas, virus asasinos invisibles, normas arbitrarias, pobreza, esgotamento. Motivos polos que Pablo e Marta están enfermos de cansazo e aburrimento, pero téñense a unha ó outro, teñen un sofá, e saben bailar. Non todo está perdido

O sofá que comeza a función no chan, irase elevando a varios metros de altura, segundo se vai elevando o ritmo do espectáculo. Sen  dúbida unha proposta novidosa, que escolleu A Guarda para facer a súa pre-estrea en espazos non convencionais, sabedores do gusto que ten o noso público polo teatro e a danza de calidade.

A peza forma parte da programación MIÚDO VERÁN, que cada xoves presenta ante o público guardés unha cita cultural pensada para gozar en familia. De entre as propostas desta programación esta vai dirixida ao público xuvenil e adulto pola temática abordada, aínda que poden acudir acompañados dos mais pequenos que poderán rir coas ocorrencias de Pablo e a danza de humor.

SOFÁ E MARTA ALONSO TEJADA

Marta Alonso Tejada leva mais de 15 anos adicada á danza e as artes escénicas, liderando diferentes proxectos entre o ballet clásico, danza actual, danza en movemento e teatro. No 2020 monta a súa propia compañía co proxecto Bailar Agora, que unifica danza, humor e teatro e agora nos presenta este novo espectáculo na mesma liña e pensado para espazos non convenicionais.

Sofá foi creado en residencia artística no Concello de Outes no que realizou a súa estrea no pasado mes de maio. Esta semana terá a súa “posta de largo” no MIT RIBADAVIA (Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia), pero antes recalará na Guarda buscando eses espazos alternativos ás salas teatrais.

A Deputación volve a colaborar coa Asociación Alborada impulsando o programa “Verdear”

A Deputación de Pontevedra destina neste 2022 15.000 € para impulsar o programa de emprendemento educativo e social “Verdear” que a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada desenvolve nas súas instalacións de Cabral en Vigo. Trátase dun espazo de emprendemento educativo, social e de continuidade terapéutica, no que están a participar unha trintena de persoas para superar condutas aditivas a través da agricultura e do medio ambiente como soporte de aprendizaxe.

 “Verdear” está a beneficiar a unha trintena de persoas da área de Vigo e de centros asistenciais de concellos como O Porriño, Redondela, Nigrán, Baiona ou Baixo Miño. Tamén realiza actividades de divulgación entre centros educativos, atendendo a grupos de entre 25-60 escolares por día. Está pensado para crear un espazo saudable que favoreza a continuidade dos procesos de tratamento das persoas con condutas aditivas e das súas familias, mellorando a súa calidade de vida a través da integración social activa.  Ten por finalidade impulsar actividades formativas, ocupacionais, terapéuticas, de lecer e emprendemento que faciliten o seu desenvolvemento, así como aumentar o coñecemento da natureza, o seu coidado e protección, e potenciar iniciativas de tempo de lecer. Así, abrangue cursos sobre agricultura ecolóxica, xardinería, mantemento da horta, transformación de produtos e, entre outras iniciativas, proxectos para impulsar a inserción laboral e o traballo autónomo.

A Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada, creada en 1982, cumpre neste 2022 40 anos no acompañamento a pacientes con condutas aditivas. Ao longo destes anos ten creado un equipo de prevención que traballa nas escolas de Vigo, un centro de Día de adolescentes en conflito ou programas de atención ás novas dependencias, sen abandonar os traballos coas dependencias a todo tipo de sustancias.

Os nenos do “Campamento de verán 2022” reciben a visita do alcalde de Nigrán

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, xunto a edil de Igualdade, Patricia Diego, de Facenda e Desenvolvemento Local, Raquel Giráldez, e a edil de Asuntos Sociais, Bibiana Peixoto, acudiron ao CEIP Humberto Juanes para visitar ás crianzas do “Campamento de Verán 2022” organizado polo Concello co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar da veciñanza.

A principal novidade deste ano é a ampliación do número de prazas, pasando do récord de 120 do 2021 ás 180 actuais, todas de Nigrán, un aumento de case un 50% e dun 100% nos últimos 3 anos.

Neste campamento municipal participan crianzas empadroadas en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e desenvólvese desde o día 27 de xuño ata o 29 de xullo de luns a venres.

A maiores, coa colaboración dos clubes, o Concello organiza campus deportivos semanais (todos se poden consultar na web www.nigran.es).

As pistas de tenis do Porriño xa contan con vestiarios equipados

Os tenistas do Club Tenis Porriño e todos aqueles que fan uso das pistas municipais de tenis dispoñen xa de vestiarios totalmente equipados. Ata o de agora, os usuarios e usuarias destas instalacións carecían dun lugar apropiado para cambiarse e asearse tras a práctica deportiva e tiñan que desprazarse ao polideportivo municipal.

“Os vestiarios están xa están abertos e ambos contan con aseo adaptado independente, e tamén está en uso xa o almacén que se dispuxo nas mesmas instalacións”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, que reiterou que “esta era unha obra tan reclamada polos usuarios como necesaria” e insistiu en que “o mantemento e acondicionamento das instalacións deportivas ocupa un lugar destacado na nosa axenda , non só  para deportes maioritarios senón para todas as disciplinas”.

O rexedor, acompañado polo concelleiro de Deportes, Abel Estévez, o Secretario Xeral para ao Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, o xefe provincial de Deportes, Daniel Benavides, e o presidente do Club Tenis Porriño, Agustín Doval, visitaron as novas instalacións. Para acometer estas obras, cuxo importe ascendeu a 48.389,49 euros, o Concello do Porriño asinou un convenio de cooperación coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en virtude do cal, o ente autonómico aportou preto de 40.000 euros e o restante foi asumido polo Concello con fondos propios.

Música en directo con Sindicato Verbenero este sábado na casa cultural de Paraños, Covelo

0

Dentro da programación do Verán Cultural do Concello de Covelo este sábado 16 de xullo poderemos gozar da música en directo con Sindicato Verbenero que actuará a partir das 22 horas nas pistas deportivas da Casa Cultural de Paraños.

A ritmo de pop e de rock Sindicato Verbenero faranos bailar pero tamén rememorar tempos pasados cun repertorio diferente con versións dos grandes éxitos musicais.

A programación do Verán Cultural chegará a distintos puntos do concello co obxectivo de por en valor as parroquias, achegar a cultura a toda a cidadanía e ofrecer actividades variadas de distintos estilos e para tódalas idades.

Baiona ofrece dúas alternativas de lecer ambiental este verán

0

Leira Moreiras organiza os roteiros guiados “Safari Etológico de Garranos”. Un safari sostible descubrirá este animal salvaxe e prehistórico campando ás súas anchas no privilexiado lugar do Alto de Groba. As visitas guiadas serán a pé. Sairá un autobús do centro da vila cara ao Alto da Groba con guías para coñecer á única reserva de cabalos salvaxes do Atlántico, a maior manda de equinos en liberdade de Europa e un do poucos lugar de España onde velos en semilibertad e sen necesidade de intervención humana para sobrevivir.

A actividade “Safari Etológico de Garranos”ofertarase o vindeiro xoves 14 de xullo e o 28 deste mes. Tamén todos os meses de agosto. Un mini bus sladrá de en fronte da Oficina Municipal de Turismo de Baiona ás 10:15h para realizar o roteiro guiado para observar e coñecer o comportamento dos garranos, cabalos salvaxes da serra da Groba, na súa contorna natural, finalizando ás 13:15h. O prezo é de 25 €/ persoa e 20€/ menores de 12 anos. Requírese un mínimo de persoas para facer o roteiro: 12 persoas

Para inscribirse é necesario enviar correo a [email protected].

Así mesmo, a empresa Baiventura oferta a actividade “Baiona Natural”. Un serie de novos roteiros de sendeirismo entre as catro parroquias do municipio de Baiona. Están
recomendadas para maiores de dezaseis anos, teñen unha duración aproximada de 3,5h e a súa dificultade é moderada. Contarán con guía durante o percorrido. O prezo é de 14 euros por persoa. Inclúe agasallo de benvida, seguro de accidentes e guías titulados

A primeira dos roteiros ofertarase o vindeiro venres 15 de xullo e denomínase “A Groba Panorámica”: Deseñada para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando da contorna panorámica da vila. O roteiro de 7Km mostra a contorna marítima desde os mellores miradoiros do alto da Groba. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: miradoiro do Cortelliño, miradoiro Alto dá Groba, A Gabiñeira, Granxa dá Tomada, Fonte dá Groba.

Seguiranlle o domingo 24 de xullo, “ Descobre Baredo” e o venres 29 deste mes “Solpor na Groba”.

Durante o mes de agosto ofertaranse outras catro roteiros: o domingo 7 de agosto “A Groba Montañosa”; o venres 12 “Solpor na Groba”; o domingo 21 de agosto “A Groba Panorámica” e o domingo 28 “Descobre Baredo”.

Para inscribirse é necesario enviar correo a [email protected] ou chamado ao número de teléfono 690814343

Trátase de dúas iniciativas que contaron co respaldo institucional do Concello de Baiona e que tiveron unha gran aceptación do público.

“Cando Adrián Martins e David Fontán presentarme #vos as súas proposta non dubidei en mostrarlle apoio desde o Concello de Baiona. A veciñanza de Baiona ten moi boas ideas de negocio e noso deber como institución máis próxima é mostrale o noso apoio aos veciños e veciñas para que desenvolvan os seus proxectos.” destaca o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado.

Tomiño acolle unha charla informativa sobre a nova lei de residuos

0

O Concello de Tomiño acolle mañá mércores ás 11 da mañá no Mercado municipal unha charla informativa sobre a nova lei de residuos que, segundo anunciou o vicepresidente César Mosquera, supón “unha auténtica e verdadeira revolución” na organización, xestión e tratamento dos residuos”. A nova normativa, de feito, establece que dende o pasado 30 de xuño é obrigatorio por lei e sen excepcións que calquera tipo de negocio, especialmente hostalería e produtores singulares, separen os residuos orgánicos – restos de comida e vexetais- que producen como consecuencia da súa actividade.

Segundo Mosquera hai catro cuestións xerais e novidosas que marca a nova lei e que “é preciso que se asuman canto antes”. A primeira é que toda institución, negocio, comercio ou industria que xere residuos pasa a ser responsable deles e debe acreditar documentalmente a súa correcta xestión. É dicir, que os produtores singulares, teñan ou non facilidades para tratar os seus residuos por parte dos concellos, deben encargarse eles mesmos de cumprir coas obrigas de separación e responder ante posibles inspeccións.

A segunda das novidades é que a lei prohibe expresamente que todo aquel residuo que se poida aproveitar ou reutilizar vaia a un vertedoiro ou a incinerar. Como terceiro punto está a prohibición das queimas agrarias, xa que os residuos silvícolas débense achegar como material para a terra, a compostaxe, ou a xeración de biogás.

Finalmente, o cuarto punto salientable e de consecuencias máis inmediatas é que mañá 30 de xuño de 2022 pasará a ser obrigatorio para todo tipo de negocios, comercios e industrias a separación tanto dos biorresiduos como dos aceites usados sen excepcións. A a nova lei recolle a obriga de que Xunta e concellos realicen inspeccións e sancionen con elevadas multas. “As sancións pode que non sexan rápidas, pero están aí e poden supoñer ‘puros’ monumentais”, afirmou Mosquera.

O vicepresidente tamén quixo aclarar que o requirimento a negocios e hostalería non está relacionado co tamaño e poboación dos concellos: “non hai excepcións nin máis prazo para os xeradores singulares, teñen que separar xa os biorresiduos porque xa se incumpriu o prazo de 2020”, insistiu.

No caso dos domicilios, Mosquera salientou que a cidadanía tamén ten a obriga de separar nos concellos que xa dispoñan dun sistema de recollida ou separación de biorresiduos como o que marca a normativa: xa ben composteiros individuais, comunitarios ou colectores marróns. “Non podemos esixir a unha persoa que separe na súa casa se despois non ten onde depositar as fraccións que separou”, subliñou.

En calquera caso, o nacionalista salientou que a nova lei establece que mañá tamén é a data límite para que os municipios de máis de 5.000 habitantes recollan de maneira separada as fraccións actuais e tamén -e sobre todo- a fracción orgánica domiciliaria. Neste sentido instou ás institucións  locais a dar un salto adiante e a poñerse ao día, xa que a meirande parte dos municipios da provincia están moi lonxe de cumprir.

Para que todas as novidades da nova normativa cheguen á cidadanía, concellos e negocios a Deputación vén de poñer en marcha unha campaña divulgativa e de comunicación en radio, prensa, redes sociais, mobiliario urbano (mupis) e transporte público na que se explica a obrigatoriedade da separación dos biorresiduos. “Imos bastante tarde para cumprir. A campaña é unha necesidade”, di o vicepresidente.

Mos acometerá un muro na estrada Olegario Rodríguez que mellorará notablemente a seguridade viaria

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente acalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe de que xa se atopa iniciado o procedemento de contratación para a construcción dun muro de contención na estrada Olegario Rodríguez Gayoso, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria do vial, e no que a administración local mosense investirá 30.000 euros de fondos propios municipais.

“Un dos principais obxectivos do goberno local é manter nas mellores condicións o viario municipal para garantir a seguridade de conductores, viaxeiros e peóns, por iso consideramos preciso a realización dun muro de contención de pedra na estrada Olegario Rodríguez, que conteña o noiro e lle dea máis estabilidade ao firme da estrada”, explicaron esta mañá os representantes municipais, Arévalo e Augusto.

O muro realizarase na estrada Olegario Rodríguez Gayoso, lugar de Roublín, parroquia de Pereiras.

Realizarase un muro de contención con cachotes de granito, os cales irán asentado a oso, disporanse tizóns a medida dos que se van subindo fiadas. Rematarase o muro con dúas fiadas de sillería con postes de pedra intercalados. Acondicionarase o espazo comprendido entre o asfalto actual e o muro de contención, para o cal previamente procederase á compactación e explanado da terra, aporte de balastro e posterior asfaltado. O orzamento de execución por contrata desta obra ascende a 30.000 euros, IVE incluído.

O folclore internacional soará en Ponteareas coa nova edición do festival Algazara ‘Danzando entre Culturas’

O folclore internacional volverá danzar en Ponteareas este mes de xullo. O vindeiro domingo 24 de xullo o parque da Feira Vella acollerá unha nova edición do Festival Internacional Algazara ‘Danzando entre Culturas’, que organiza a Agrupación Folclórica Algazara en colaboración co Concello e que reunirá a grupos de varios continentes para encher coa súa danza e a súa música a noite ponteareá. O festival comezará ás 22.00 horas e a entrada será de balde. 

Tras edicións pasadas nas que a crise sanitaria complicou a presenza de grupos internacionais, “o festival volve este 2022 con enerxía renovada e a participación de grupos de Porto Rico, Indonesia, Angola e Brasil, que coas súas actuacións darán cor a unha noite na que a música galega tamén estará presente coa participación da propia Agrupación Folclórica Algazara”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, quixo felicitar a Algazara “polo seu traballo e tesón para organizar un ano máis este festival co que se busca internacionalizar a nosa música tradicional, así como achegar á veciñanza mostras doutros lugares do mundo a través dunha fórmula atractiva e novidosa”.

A Agrupación Folclórica Algazara é un grupo xa histórico en Ponteareas. Nado en 1997 cando un grupo de amigos decidiu unirse para recuperar e difundir o folclore tradicional da comarca do Condado e de Galicia, nos seus 25 anos de historia a agrupación participou en numerosos festivais por toda a península ibérica. Ademais do festival ‘Danzando entre Culturas’, tamén organiza o Festival Algazara, que cada outono achega á vila a grupos de folclore nacional.

O Concello da Guarda aposta novamente pola cultura mariñeira

0

A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro Piueiro en 2019, esta embarcación de gran envergadura que navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s. XX.

Nos  últimos anos a Asociación Piueiro ofreceu diferentes saídas de navegación e ten participado na promoción da nosa cultura mariñeira, tamén fora do noso concello. Destacou a presencia do volanteiro Piueiro no “Paisaia Istas Festibala” en maio deste ano. Tras días de navegación pola costa atlántica e cantábrica, o Pueiro e a súa tripulación participaron activamente neste festival de cultura mariñeira no País Vasco.

A Asociación Piueiro lanzou hai un días o VERÁN PIUEIRO onde veciños e interesados poderán visitar a exposición “A túa esencia. A Guarda un pobo mariñeiro” na rúa Concepción Arenal ou mesmo aprender a remar coas gameliñas e botes na praia do porto cada tarde (16:00 – 19:00h). Ademais para os meses de xullo e agosto vanse ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro Piueiro para aqueles que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais de navegación polo exterior do porto.

Estas saídas de navegación comezaron na fin de semana da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, patrocinadas pola Concellería de Turismo, e continuarán tamén no mes de agosto. O Concello da Guarda colaborará coa xestión das reservas e tamén patrocinará as saídas do mes de agosto.

O número de prazas por saída é limitado polo que é preciso reservar presencialmente na Oficina de Turismo (Praza do Reló) ou chamando ao teléfono 986 61 45 46.

O prazo de inscrición abrirá o domingo anterior ás saídas desa mesma semana. Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos. Recordase que é preciso estar 10 minutos antes da saída no peirao do porto (escaleiras do muelle alto).

Este verán as saídas terán unha duración aproximada de 50 minutos. Os horarios previstos das saídas diarias son 16:00h, 17:00h, 18:00 e 19:00h, durante as seguintes datas dispoñibles son:

Xullo

  • Xoves 14
  • Mércores 20
  • Venres 22
  • Mércores 27
  • Sábado 30 (Festa do Peixe Espada, amplíase unha saída máis: 20:00 h)

Agosto

  • Xoves 4
  • Martes 17
  • Sábado 20
  • Martes 23
  • Venres 26
  • Mércores 31

Nigrán abre o prazo para inscribirse no “Flota Como Poidas”

0

O Concello de Nigrán abre ata o 12 de agosto o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de “artefactos flotantes” chamada “Flota Como Poidas”, que terá lugar o domingo 14 de agosto ás 17:30 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor. Os interesados deben anotarse no formulario web do Concello en www.nigran.es.

A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 16.00 a 17.00 horas. Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e o seu diploma e agasallo sorpresa. O evento, cancelado os dous anos pasados por mor da Covid-19, coincidirá coa celebración da festa de comerciantes ‘Portobelo’ organizada coa asociación de empresarios Ovalmi.

É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante. O Concello premiará o artefacto flotante máis ‘currado’ e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao “Titanic” da edición.

O Concello de Covelo organiza unha actividade para os máis cativos

0

Dentro da programación do Verán Cultural do Concello de Covelo o venres día 15 de xullo, ás 20:30 horas, “Bemol, o pequeno” relatará as súas historias na praza Mestre Cerviño.

A iniciativa “Ler Conta Moito” da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia chega a Covelo para acompañarnos ao longo do verán en diferentes sesións.

Música e fabulosas historias farán que os máis pequenos dos fogares da nosa vila se acheguen á lectura da man dos contacontos musicais.

A seguinte cita coa diversión musical e narrativa de “Ler Conta Moito” será o vindeiro 23 de xullo coa actividade de animación infantil “Brinca Vai!” tamén na praza Mestre Cerviño de Covelo.

O Verán Cultural do Concello de Covelo ofrece actividades para tódalas idades en distintas parroquias do concello.

O 13 de xullo abrirase o prazo de inscrición para as Actividades Náuticas do programa «Redondela Xoven. Verán 2022»

0

Entre os días 13 e 19 de xullo estará aberto o prazo de inscrición para que as mozas e mozos interesados poidan participar en calquera das catro quendas das Actividades Náuticas que se desenvolverán ao abeiro do programa «Redondela Xoven. Verán 2022».

No formulario, no apartado de Quenda que solicita, as mozas e mozos deberán marcar a orde de preferencia para, no caso de que a elixida estivera xa totalmente cuberta –as prazas outorgaranse por orde de inscrición– sería inscrito na seguinte quenda da orde elixida previa conversa coa interesada ou interesado. En todo caso, é importante sinalar que cada mozo o moza só se poderá inscribir nunha das catro quendas. Unha vez rematado o prazo, se quedaran prazas baleiras, abriríase a posibilidade de participar en máis de unha previo pago do prezo correspondente.

A inscrición deberá facerse no Rexistro Xeral da Casa do Concello de Redondela e terá un prezo de 25 €/semana, un prazo case que simbólico dado que nel inclúese o material deportivo a utilizar e o correspondente seguro de accidentes obrigatorio neste tipo de actividades.

Doutra banda, tamén entre o 13 e 26 de xullo, ábrese o prazo de inscrición para participar no Obradoiro de mural que se terá lugar entre o 1 e 5 de agosto no Centro Cultural A Miñoteira de Ventosela en horario de 10 h a 12 horas. Neste caso a inscrición e totalmente de balde e deberá realizarse no propio Centro Cultural.

Finalmente, no que a Danza na Rúa fai referencia, —que terá lugar entre o 26 de xullo ao 4 de agosto, os luns, mércores e venres de 10 h a 12 h na pista da Xunqueira en Redondela, e do 8 ao 12 de agosto na Alameda Rosalía de Castro de Chapela cos mesmos días e horario– non será precisa inscrición previa debendo presentarse as mozas e mozos interesados nos lugares anteriormente citados á hora do comenzo das clases que serán impartidas por mestres e mestras da escola de danza Dansarei de Redondela. Nestas clases, mozas e mozos poderán aprender baile moderno, danzas urbanas, baile latino e preparación física e acrobática.

«Redondela Xoven», tal e como explicou a alcaldesa Digna Rivas no momento da presentación do programa, “busca ofrecer alternativas de ocio ás mozas e mozos con idades comprendidas entre os 13 e 18 anos” unha franxa de idade que, para a rexedora local, “foi sempre a gran esquecida dos anteriores gobernos e que, dende a nosa chegada ao Concello, constituíron unha prioridade”.

Ponteareas, no alto da clasificación feminina en natación nos XIV Xogos do Eixo Atlántico

Grande éxito dos e das nadadoras ponteareás nos XIV Xogos do Eixo Atlántico, unha competición transfronteiriza que reuniu en Maia a máis de 2.200 deportistas de distintas disciplinas de 27 municipios galegos e lusos, a cifra máis alta nos catorce anos de historia desta competición.

A delegación ponteareá, composta por dez mozos e mozas do CN Ponteareas que competiron en natación e natación adaptada, fíxose durante o encontro cun total de 7 medallas (cinco ouros, unha prata e un bronce) e coa categoría feminina no alto da clasificación.

Xunto ao ouro en 4×100 m estilos, Iria Lemos rematou como primeira clasificada nos 100 m bolboreta feminino, Yoel Faro nos 100 m braza masculino, Sofía Carballo nos 100 m braza feminino e Naira Eijo nos 100 m costas feminino. Pola súa banda, Inés Borge conseguiu a prata nos 100 m libres feminino e Uxía González fíxose co bronce nos 200 m estilos feminino.

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, que acompañou a delegación na súa participación nos Xogos, quixo salientar o bo papel desempeñado polas e polos deportistas da vila nesta cita transfronteiriza e dar os parabéns “a todas e todos os medallistas, pero tamén a todos os membros da delegación participante, que en cada competición deron o mellor de si mesmas para deixar o nome de Ponteareas ben alto”.

Rutas para coñecer a actividade pesqueira e marisqueira da enseada de San Simón

0

A Concellería de Turismo do Concello de Redondela, que xestiona María Castro, poñerá en marcha un programa de rutas guiadas de cara a poñer en valor a estreita vinculación de Redondela coa actividade mariñeira e marisqueira “un dos elementos máis importantes da dinamización económica do municipio”, asegura a alcaldesa Digna Rivas.

As rutas guiadas, en colaboración coa asociación Amarturmar, desenvolveranse baixo o nome xenérico de Redondela Mariñeira e están directamente relacionadas coa actividade pesqueira e marisqueira da enseada de San Simón coa intención “de poñer en valor tanto a contorna incomparable que ofrece a enseada como a actividade económica que se desenvolve nese espazo único”, explica a alcaldesa.

Así, a Ruta do Xeito, que terá lugar os días 22 e 29 de xullo, permitirá coñecer de preto a actividade relacionada coa pesca da sardiña e da xouba na ría de Vigo.

Pola súa banda, a Ruta do Marisqueo a pé, –13 (10:30 h) e 27 de agosto (10 h) e 10 de setembro (10 h) e 24 de setembro (9:30 h)– permitirá que as persoas participantes poidan tomar contacto co traballo diario das mariscadoras.

Finalmente, logo de coñecer a actividade da pesca e marisqueo, unha última ruta, a Ruta do Porto, que se desenvolverá o días 2 (10 h), 15 (19 h) e 30 (10 h) de xullo, será a que ofrece un interesante percorrido pola lonxa de Cesantes e coñecer o traballo que alí se desenvolve.

Así, en tres rutas con datas compatibles para permitir que as persoas interesadas poidan participar nas tres, o Concello de Redondela da protagonismo “ao traballo, duro e sacrificado que fan os nosos homes e mulleres, estreitamente vinculados ao mar, e que contribúen a dinamización do tecico económico do municipio”, asegura Digna Rivas.

Todas as actividades son gratuítas aínda que con prazas limitadas, polo que será preciso realizar reserva previa no teléfono 621 020 775 ou no correo electrónico [email protected].

O Concello da Guarda saca a licitación o subministro do equipamento para as dependencias da Policía Local

0

O Concello da Guarda saca a licitación pública o contrato para o subministro do equipamento para as dependencias da Policía Local e outros departamentos.

O subministro do equipamento para as dependencias da Policía Local e outros departamentos sae a licitación pública por un importe da licitación de 39.703,96 euros IVE incluído.

A data límite de presentación de ofertas é o 21 de xullo de 2022.

Toda a información destas licitacións está no Perfil do Contratante da Sede Electrónica do Concello da Guarda.

Nigrán abre o xoves o prazo para inscribirse na festa do ‘Día dos Avós’

0

O Concello de Nigrán abre este xoves e venres 14 e 15 de xullo o prazo de inscrición para participar na festa do ‘Día dos Avós’ o martes 26 de xullo na Asociación de Veciños ‘Monteferro-Panxón’ (Praza D.Manuela, 4- A Porqueira).

Está dirixida a persoas xubiladas empadroadas en Nigrán e os interesados deben apuntarse telefoneando ao 986365000 de 10:00 a 13:00 horas, sendo o límite de aforo 75 persoas.

A xornada comezará cun photocall profesional de agasallo, almorzo a partir das 14:00 horas a base de empanada, paella, sobremesa, bebidas e café (necesario que cada comensal leve os seus propios cubertos). A continuación, ás 16:00 horas, haberá unha sesión de bingo e ás 18:00 horas a actuación do grupo ‘Los alegres del Val Miñor’. O obxectivo é vivir unha xornada festiva nun ambiente familiar e distendido. Cada ano o Concello celebra esta festividade que se fixo coincidir co día de San Xoaquín e Santa Ana.

Traslado de libros e material da Biblioteca á Axencia de Colocación para o inicio das obras

0

A semana pasada comezou o traslado da Biblioteca Municipal ao edificio da Axencia de Colocación, xa que as obras de mellora da Biblioteca, que pasará a chamarse María Magdalena tras a reforma, iniciaranse antes do día 27 deste mes.

O traslado de libros, material e mobiliario continuará durante toda esta semana, ao tempo que a Biblioteca permanecerá aberta ata o 15 de xullo, únicamente para servizos de préstamos e devolucións de exemplares e en horario de mañá: de 09.00 a 14.30 horas.

A Biblioteca e o cíber municipais permanecerán pechados a partir do 15 de xullo e ata o 1 de setembro, data na que se reabrirán de novo co mismo horario de sempre (ininterrumpido de 10.00 horas da mañá a 21.00 horas da tarde) pero na ubicación provisional da Axencia de Colocación, onde permanecerán ata que rematen as obras da Biblioteca, cun prazo de execución de 9 meses.

Os traballos empezarán antes do vindeiro 27 de xullo e prolongaranse, como se dixo, durante 9 meses. O Xulgado de Paz de Mos, sito no mesmo edificio da Biblioteca, tamén se trasladará próximamente a outra ubicación provisional.

Esta reforma integral conta cun orzamento que supera os 600.000 euros, dos cales 361.031,65 € apórtaos a Deputación de Pontevedra e 250.000 € a consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Xunta de Galicia.

361.031,65 € do orzamento total financiaranse subvencionados polo Reacpon da Deputación de Pontevedra, mentres que a Xunta aportara os máis de 120.000 euros de achega municipal para o Reapcon, e unha contía a maiores (130.000 euros) para ampliar o proxecto de mellora, incluíndo o acondicionamento dun novo espazo de biblioteca para uso exclusivo infantil, co fin de fomentar a lectura na primeira infancia. Espazo para contacontos, esparexemento, lecer e lectura. Un recuncho exclusivo evitando os ruídos nas outras zonas da biblioteca.

Para elo a Xunta asinou un convenio co Concello de Mos para adaptar á Biblioteca ás novas necesidades dos usuarios e reforzar e actualizar os servizos culturais de proximidade. A Xunta achegará 250.000 euros, para dotar o centro de recursos vinculados á innovación e dixitalización, así como para reforzar a sustentabilidade e uso de enerxías alternativas. Adaptar o espazo ás necesidades actuais da poboación, incluíndo un espazo infantil de lectura, unha sala de estudo, zonas de informática, etc… Con cargo a este convenio coa administración autonómica tamén se dotará de novo mobiliario, que incluirá cadeiras e mesas ergonómicas para as zonas de estudo, así como para a zona infantil adaptadas ás dimensións dos nenos. Ao mesmo tempo, mellorarase a iluminación individual das zonas de traballo, acondicionarase un espazo pechado de estudo, así como a zona infantil con chan téxtil e teito acústico. Ademais, incluirase un novo sistema audiovisual con proxector e pantalla para presentacións e exposicións.

Hoxe en día a biblioteca municipal de Mos é un referente para os habitantes tanto do Concello como dos concellos limítrofes ao dispor dunha base documental de máis de 22.100 exemplares. Ademais, neste edificio sitúase o único lugar con ordenadores de acceso gratuíto na zona, o que supón unha grande axuda para as persoas que non teñen dispoñibilidade de acceso á rede da internet nos seu fogares, tanto para adultos como para a mocidade que acode a realizar traballos escolares e tarefas de estudo.

Unha vez rematada a reforma integral da Biblioteca Municipal, pasará a ser bautizada co nome da Poeta María Magdalena, emblema das letras mosenses, falecida en agosto do ano pasado. ‘Biblioteca Municipal María Magdalena’, así se chamará o edificio sito na Porteliña, parroquia de Petelos, que alberga tamén o Xulgado de Paz de Mos, e que o Concello reformará mediante este proxecto de mellora integral. O proxecto da mellora da Biblioteca e Xulgado de Paz de Mos, é autoría da arquitecta local Estefanía Grandal e de Ludmila Castro, que acompaña á mosense neste proxecto. Grandal é unha arquitecta en pleno despunte profesional, por ter recibido dous premios autonómicos pola Escola Infantil a Galiña Azul da Veigadaña (premio COAG 2019 e Premio de Arquitectura de Galicia 2020) e por atoparse tamén inmersa noutro proxecto de reforma integral xusto ao carón do da Biblioteca: o da Escola Infantil da Porteliña.

Máis de 2.800 persoas pasaron en xuño pola Oficina de Turismo de Tui

0

Máis de 2.800 persoas solicitaron información durante o mes de xuño na Oficina Municipal de Turismo, situada no Paseo da Corredoira. Das 2.873 persoas que se achegaron até este punto de información 1.176 eran peregrinos e 1.697 turistas.

O turismo que en xuño se rexistrou na cidade foi maioritariamente nacional xa que dos 1.697 turistas que pasaron pola oficina tudense 1.503 eran nacionais e 194 estranxeiros. Madrid con 281 persoas, seguida de Barcelona 281 e Pontevedra con 94 foron os principais puntos de orixe dos que visitaron a cidade. Mentres Arxentina con 24, Portugal e Alemaña con 21 persoas, Reino Unido con 19 e EEUU con 18foron os países de procedencia maioritarios do turismo internacional.

En xuño pasaron pola Oficina Municipal de Turismo 1.176 peregrinos e peregrinas dos que 728 eran nacionais e 448 internacionais.

No referente aos peregrinos nacionais Madrid con 103 persoas, Valencia con 84, Sevilla con 81, e León con 72 foron os principais puntos orixe. Alemaña con 91 persoas, Portugal con 71, EEUU con 42 e Italia con 39 foron os principais países de orixe dos peregrinos e peregrinas internacionais que en xuño pasaron pola Oficina de Turismo.

Por outra parte, segundo os datos da Oficina do Peregrinos, no mes de xuño 11.820 realizaron o Camiño Portugués. Deste total 3.571 saíron de Tui, que se mantén coma cuarto punto de saída de peregrinos cara a Santiago tras Sarria, S. Jean P Port e Porto. Valença sitúase no sexto lugar con 1.656 peregrinos e peregrinas que iniciaron aquí o camiño.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valora positivamente estes datos do mes de xuño, que consolidan a boa evolución que o turismo está a rexistrar na cidade. Destacando as boas perspectivas que hai tanto para o mes de xullo para o de agosto.

A Oficina Municipal de Tui abre de luns a domingo de 9.30 a 14 h e de 16 a 19 h. Está situada en pleno Paseo da Corredoira, e se pode contactar coa mesma no teléfono 677 41 84 05 ou no correo [email protected].

Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará Ponteareas os vindeiros 15 e 16 de xullo

Ponteareas acolle esta semana dúas novas xornadas para doazón de sangue, máis necesarias ca nunca, xa que no verán as doazóns descenden de xeito drástico. A Concellería de Saúde, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, informa que a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na vila os vindeiros 15 e 16 de xullo para todas as persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.  

O autobús estará situado na Avenida de Galicia, na parte traseira da Casa do Concello, en diferentes horarios. O venres 15 as persoas interesadas poderán acudir a doar sangue de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas, mentres que o sábado 16 poderán facelo de 10.00 a 15.00 horas. Dende a Axencia de Doazón recoméndase pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.

É importante lembrar que poden doar sangue toda as persoas maiores de 18 anos e cun peso mínimo de 50 kg e que se recomenda non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Ademais, é importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou documento similar e informar ao médico de que se está a tomar algún medicamento.

Cada día a Axencia despraza 10 unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos hospitais galegos, que precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade.

A mocidade de Redondela desfrutará dun amplo abano de actividades neste verán dentro do programa «Redondela Xoven»

0

“Ata a chegada do Goberno socialista ao Concello de Redondela, os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 13 e 18 anos, foron os grandes esquecidos”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas na presentación das primeiras actividades do Verán 2022 que se desenvolven dentro do programa xenérico «Redondela Xoven» que ofrecerá, ao longo do ano, iniciativas específicas para esta franxa de idade.

«Redondela Xove» recolle actividades e iniciativas propostas tanto polo Goberno local como pola propia mocidade, destinatarios finais do programa. “Non se poden deseñar actividades para este sector novo da poboación de Redondela, sen contar con eles, sen escoitar as súas opinións e sen incluír as súas ideas” e nesa liña, o programa recolle as propostas realizadas pola mocidade redondelá a través do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia e Axentes do Cambio (grupo de participación infantil e adolescente do Concello de Redondela).

A primeira das actividades do programa será Danza na Rúa, que terá lugar entre o 26 de xullo ao 4 de agosto, os luns, mércores e venres de 10 h a 12 h na pista da Xunqueira en Redondela, e do 8 ao 12 de agosto na Alameda Rosalía de Castro de Chapela cos mesmos días e horario. A actividade é totalmente de balde e non necesita inscrición previa polo que, para participar, só haberá que presentarse o día da actividade á hora do seu comezo.

Nestas clases, que correrán a cargo de mestres e mestras da escola de danza Dansarei de Redondela, as mozas e mozos poderán aprender baile moderno, danzas urbanas, baile latino e preparación física e acrobática.

Actividades Náuticas será a segunda das iniciativas que leven a cabo dentro do programa «Redondela Xoven». Terá lugar na praia de Cesantes –lugar idóneo para este tipo de actividades– entre o 26 de xullo e o 19 de agosto de 10 horas a 14 horas de martes a venres. Neste caso será precisa inscrición previa no Rexistro Xeral da Casa do Concello de Redondela e terá un prezo de 25 €/semana, un prezo case que simbólico xa que se inclúe o material preciso para as actividades e o correspondente seguro.

Finalmente, dentro destas primeiras iniciativas, do 1 ao 5 de agosto terá lugar o Obradoiro de mural que se desenvolverá de 10 h a 12 horas no Centro Cultural A Miñoteira de Ventosela. A actividade é totalmente de balde e non necesita inscrición previa.

Esta iniciativa “reafirma a nosa aposta polas parroquias e por achegar ata elas todo tipo de actividades dentro da nosa filosofía de achegar os actos á veciñanza”, explica a alcaldesa Digna Rivas quen adianta que “dependendo da resposta e da acollida desta actividade, a trasladaremos ás demais parroquias”.

A alcaldesa redondelá asegurou que “ao longo do verán, «Redondela Xoven» terá máis sorpresas” ao mesmo tempo que anunciaba que a mediados de agosto celebrarase O Día da Xuventude que contará con programa propio de actividades que será presentado a medida que se achegue a data.

Cita co xadrez no Rosal o vindeiro 24 de xullo

0

O Concello colabora co Clube Xadrez Albatros da Guarda na organización o vindeiro domingo 24 de do III Torneo de Xadrez Concello do Rosal, unha cita indispensable para todas e todos os apaixonados deste deporte. “É unha grande oportunidade para achegar esta disciplina non só ás persoas que xa son afeccionadas, senón tamén a todas aquelas que sintan curiosidade e queiran aproximarse a este deporte de estratexia e concentración”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O torneo dividirase nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantís e adultos. Todas elas disputaranse con sistema suízo a través de programa informático e partidas semirápidas. A comprobación de listas será ás 15.45 horas para dar inicio á competición ás 16.00 horas. O número de roldas e duración das partidas estarán condicionadas ao número de xogadoras e xogadores que participen, cun máximo de 100 participantes: con menos de 70 persoas inscritas haberá 6 roldas de 15 minutos, mentres que se son máis de 70 serán 7 roldas de 10 minutos.

As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse a través da páxina web do Club Xadrez Albatros. 

Continúa en Tomiño a formación en prevención de riscos laborais no ámbito forestal da Xunta

0

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), arranca hoxe en Tomiño unha nova edición do curso para a prevención de riscos laborais no manexo seguro da motoserra e rozadoira. A formación de carácter gratuíto impartirase durante as mañás de tres xornadas sucesivas para os seus quince alumnos.

O curso ten a finalidade de lograr a plena integración da prevención en todos os labores, procesos e actividades do ámbito forestal, desde antes do comezo do traballo ata a desmontaxe da maquinaria sen esquecer o seu mantemento e sistemas de seguridade. Deste xeito, o plan específico do Issga pretende instruír ás persoas traballadoras e profesionais do sector nunha cultura preventiva para diminuír os accidentes laborais nestas tarefas de especial risco ao tempo que se mellora a calidade do traballo.

O programa desta acción formativa céntrase no manexo seguro da motoserra e rozadoira, dúas das principais máquinas causantes de accidentes laborais no sector. Tamén se inclúen contidos sobre a vespa velutina ou o protocolo PAS (Protexer, Avisar e Socorrer). A formación complétase facendo fincapé na importancia da planificación das tarefas e a coordinación e comunicación entre as diferentes cuadrillas e empresas que comparten lugar de traballo.

As actividades terán un carácter principalmente práctico para achegarse o máximo posible á realidade diaria destes traballos. Unha das particularidades é que os contidos tamén estarán dispoñibles en romanés, pois hai un colectivo importante de persoas traballadoras dese país no sector.

Tomiño foi elixida sede do curso pola relevancia do ámbito forestal na zona e a alta demanda deste tipo de formación por parte dos profesionais do sector. O concello do Baixo Miño é a única sede pontevedresa das seis paradas que compoñen este ciclo de cursos do Issga. Tras a edición de Tomiño, o ciclo encarará a súa recta final en Valdoviño (A Coruña) e Esgos (Ourense).

Nigrán ofrece en Porto do Molle a mostra ‘Nigranjazz – XVI Anos de Música e Deseño’

0

O Concello de Nigrán ofrece desde hoxe luns 11 de xullo ao venres 29 de xullo na fábrica e punto de venda e degustación de cervexas ‘Banda’, en Porto do Molle, a exposición ‘Nigranjazz – XVI Anos de Música e Deseño’. A cervexeira local ubicada no parque empresarial (Rúa do Labrego, 22, Nave 5E)  súmase como novo patrocinador do festival e acolle na súa propa sala de exposicións a mostra que reúne aos carteis das 16 edicións (de luns a xoves de 11:30 a 19:00 e os venres ata as 21:30). O festival convoca desde o ano 2010 o concurso ‘Quin Alborés’ como homenaxe póstuma a este artista nigranés, gran amante do xénero e quen impulsou o Nigranjazz desde o seu comezo realizando os tres primeiros carteis. Entre os gañadores deste certame figuran deseñadores consagrados como Carlos Arrojo, David Sierra ou Leonardo Abate, autor desta edición.

“Estamos moi orgullosos de que a empresa local Banda-Triskale, fabricante ademais da cervexa ‘Nigrán, equilibrio natural’, patrocine o noso festival máis lonxevo, a fusión é perfecta”, sinala o alcalde, Juan González, quen invita aos veciños a acudir as súas instalacións para descubrir a exposición e tamén as súas cervexas, xa que dispoñen de barra para poder degustalas.

XVI Nigranjazz

O Nigranjazz regresa do 29 ao 30 de xullo ao espectacular escenario ao aire libre do esteiro de A Foz coa presencia dos músicos con maior proxección internacional e na que será, ata a data, a súa edición máis feminina. Así, tres das catro formacións invitadas están lideradas por mulleres: a pianista catalá Lucía Fumero, a guitarrista e compositora letona Ella Zirina e a cantante Eve Cornelius, bandas ás que se suma o guitarrista franco-galego Wilfried Wilde (que tamén conta con mulleres no seu quintento).  As tradicionais jam-sessions volverán a celebrarse no propio esteiro de A Foz tras os concertos e a master-class, da que se informará convintemente sobre a inscrición, será a cargo da cantante americana Eve Cornelious o sábado 30 ás 12:30 horas no Auditorio do Concello. O Nigranjazz conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos.

SmartPeme imparte tres novas accións formativas

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas mixtas impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas nas súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas como a fabricación dixital coa ferramenta Onshape, redes sociais para establecementos turísticos e ciberseguridade.

O martes 12 e o xoves 14 de xullo, o encargado de dirixir os obradoiros será Manuel Freire, esperto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D. O primeiro, “Fabricación dixital. Debuxo con Onshapre VIII – Proxecto final ll” ten como obxectivo completar a formación das actividades anteriores e dar a coñecer as tecnoloxías implicadas no proceso de fabricación dixital. Este taller costa de 50 horas de duración e inclúese no formato mixto, que combina formación en liña (30 horas) e prácticas presenciais no Fab Lab (20 horas) do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. O segundo, o xoves as 12.ooh, tratará sobre “Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na Internet” e falará sobre os riscos aos que estamos expostos ao navegar por esta rede. A dixitalización, a crise sanitaria e a actual guerra son o campo de batalla perfecto para que os ciberdelincuentes despreguen todo o seu potencial delitouso, polo que é importante ser coñecedores deste tipo de riscos.

O mércores 13, pola mañá, Patricia Cabaleiro, posgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela, conducirá o taller “Redes sociais para establecementos turísticos” e nel dará a coñecer as vantaxes e inconvenientes de usar redes sociais como estratexia para captar clientes para o teu negocio. Tamén aconsellará de como e cando se deben usar cada unha das redes sociais segundo o noso público obxectivo.

Tarta salada de cebolla caramelizada y queso de cabra (sin gluten)

Hoy os traigo una receta muy sencilla que podemos preparar el día anterior y comerla fría o templada. Una tarta salada de cebolla caramelizada y queso de cabra, que está riquísima y, además, es sin gluten.

La verdad es que las cantidades son aproximadas, un poco al gusto. La primera vez que la hice, decidí que la siguiente vez le echaría más cebolla, porque le da un toque riquísimo. Al gusto.

Podemos caramelizar nosotros la cebolla o comprarla en bote; hay alguna realmente rica y facilita todavía más la elaboración.

INGREDIENTES

(si hay alguna persona celíaca, aseguraos de que todos los ingredientes son aptos)

  • 1/4 l. nata
  • 3 huevos
  • 1 cucharada colmada de almidón de maíz (Maizena, por ejemplo)
  • Sal
  • Queso rulo de cabra
  • Cebolla caramelizada (podemos comprarla hecha o hacerla en casa)

Para la cebolla caramelizada:

  • 2 cebollas dulces
  • 2 cucharadas de azúcar
  • Aceite de oliva
  • Vinagre de Módena (optativo)

ELABORACIÓN:

Si optamos por hacer la cebolla caramelizada, empezaremos cortando la cebolla en juliana y pochándola con aceite de oliva y sal; la haremos a fuego muy lento, durante una media hora, hasta que esté transparente.

A continuación, añadimos el azúcar y dejamos que coja color dorado, revolviendo para que no se nos pegue.

Una vez dorada, le añadimos (si queremos), un chorrito de vinagre de Módena. Revolvemos un poco y retiramos. del fuego. Estos pasos podemos saltarlos si utilizamos cebolla caramelizada ya hecha.

Batimos los huevos con la nata, la sal y el almidón de maíz.

Añadimos la cebolla caramelizada y mezclamos.

Colocamos papel de horno en un molde (si queremos que la tarta salga un poco alta, utilizaremos uno pequeño; el de la tarta de la foto creo que es de 16 cm) y echamos la masa. Sobre ella repartimos el queso rulo de cabra cortado en rodajas (podríamos cambiarlo por un queso Brie, o Camembert; incluso un queso de tetilla o Arzúa-Ulloa…).

Horneamos a 180º durante unos 30 minutos (hasta que al pinchar veamos que no mancha el cuchillo). Ojo con el tiempo, si la tarta la hacemos en un molde más grande, necesitará menos tiempo. Si la hacemos en uno pequeño, será más gordita y llevará más tiempo; si vemos que está dorada, pero no está hecha por dentro, ponemos papel de horno o de aluminio por encima para que no se nos queme.

¡Y ya está! Sacamos del horno, dejamos templar, enfriar, o nos la comemos caliente, eso ya, lo dejo a vuestra elección.

¡Buen provecho

A Deputación asegurará as marxes da estrada EP-4005 con barreiras de seguridade

A Deputación está a licitar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-4005 Areas-Alxén-Cabreira, ao paso polo termo municipal de Ponteareas. Os traballos, que contan cun orzamento de 102.978 euros, teñen por obxecto a colocación de barreiras de seguridade, de tipo bionda, nos tramos curvos que coinciden con terreos en pendente.

A Deputación, no marco da súa revisión ordinaria de tódalas estradas provinciais co obxectivo de detectar riscos para a seguridade viaria, decidiu a conveniencia de protexer con barreiras lonxitudinais as marxes desta estrada e minimizar así as consecuencias de posibles accidentes por saída de vía. As empresas interesadas en executar esta obra dispoñen dun prazo que remata o próximo día 28 para presentar as súas ofertas. Pola súa banda, o prazo de execución das obras, unha vez comezadas, será de tres meses.

As obras, ademais da protección das curvas, inclúen a retirada das barreiras antigas que existen nalgúns puntos do trazado, así como a reciclaxe de tódolos materiais empregados. Os novos elementos de protección, adaptados á normativa actual, proporcionarán un adecuado nivel de contención aos vehículos, minimizando danos e lesións para as persoas ocupantes e o resto de usuarios da estrada, así como outras persoas ou obxectos situados nas proximidades. Para elo instalarase preto dun quilómetro de barreiras, así como 206 “captafaros” para mellorar a visibilidade en horario nocturno.

Nigrán ofrecerá durante todo o verán ‘Ioga e meditación no Solpor’

0

A maxia da praia de Patos para acadar paz espiritual e física a través do Ioga. Con este obxectivo o Concello de Nigrán ofrecerá quincenalmente a partir deste martes 12 de xullo ás 20:30 horas na Praia de Patos ‘Ioga e meditación no Solpor’ a cargo do gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo. O célebre yogui realizará unha demostración e posterior clase iniciática gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar, non sendo preciso inscribirse previamente, tan só presentarse ás 17:30 horas no areal cunha toalla ou esterilla, botella de auga e protección solar. As citas con ‘Ioga e Meditación no Solpor’ serán: 12 e 28 de Xullo e 9 e 30 de agosto no propio areal e sempre ás 20:30 horas para que coincida co sorprendente solpor de Patos.

“O pasado mes de Maio realizamos esta actividade aproveitando a convivencia sobre ‘Ioga e Meditación’ na Residencia de Tempo Libre e tivo tanto éxito que non dubidamos en repetir porque ademais así nolo pediron os asistentes”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca “a marabillosa combinación do enclave coa propia actividade”.

“Queremos de maneira desinteresada e altruista ofrecer este encontro na busca de maior equilibrio entre mente e corpo. Non existe outro beneficio que o do ioga mesmo, por iso animamos a toda aquela persoa interesada a que acuda ao encontro”, invita Madhana Agulla, gran mestre acostumado a impartir cursos a nivel internacional e formado co profesor Rama Chandra Filosofía na India na Universidade Mysore.

O alcalde de Tui presenta ao presidente da Cámara de Valença os obxectivos da Axenda Urbana

0

“Pensar e planificar Valença e Tui dun xeito conxunto para un futuro sostible no que poidamos compartir e sacarlle o máximo proveito á nosa estreita e histórica relación”, así resumía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o encontro mantido co presidente da Cámara de Valença, José Manuel Vaz Carpinteira, para presentarlle os obxectivos da Axenda Urbana de Tui.

Enrique Cabaleiro trasladou ao seu homólogo en Valença as principais liñas nas que traballará a Axenda Urbana local para a consecución dos 10 obxectivos marcados polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.

Planificación conxunta do futuro das dúas cidades en todos os eidos e cooperación para potenciar a economía foi o eixo central da conversa na que Cabaleiro e Carpinteira coincidiron na necesidade de alimentar ese estreito vínculo entre as persoas dun e doutro lado da Raia.

Compartir para incentivar a interacción e para un mellor aproveitamento dos recursos tamén foi outra das claves que se puxeron enriba da mesa e fundamentos compartidos, tamén, polas directrices da Axenda Urbana Española.

A Axenda Urbana é unha estratexia que recolle o crecemento sostible de Tui a dez anos con proxectos, accións e iniciativas nas que a veciña Valença estará presente. A Axenda Urbana é un marco estratéxico e non normativo, que busca orientar as decisións e as políticas que inciden no territorial e o urbano cunha visión global, integrada e continuada no tempo.

É tamén unha política palanca con capacidade de acelerar a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en todas aquelas metas que teñen un compoñente territorial e urbano e, en particular, o ODS 11 sobre cidades sostibles, inclusivas, seguras e resilientes.

Ordenar o territorio e facer un uso racional do solo, conservalo e protexelo; evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente; previr e reducir os impactos do cambio climático e mellorar a resiliencia; facer unha xestión sostible dos recursos e favorecer a economía circular; favorecer a proximidade e a mobilidade sostible; fomentar a cohesión social e buscar a equidade; impulsar e favorecer a economía urbana; garantir o acceso á vivenda; liderar e fomentar a innovación dixital e mellorar os instrumentos de intervención e a gobernanza son os dez obxectivos que recolle a Axenda Urbana e dos que os dous alcaldes falaron e prevén abordar de xeito conxunto.

Salceda coloca 2 minipuntos limpos para residuos especiais

A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rubén González, vén de instalar dous minipuntos limpos fixos en sendas rúas do casco urbán de Salceda. Estarán situados na rúa Pontevedra, á altura da Praza de Abastos e na Praza da Devesa.

Este tipo de minipuntos servirán para que a veciñanza poida depositar ata sete tipos diferentes de residuos especiais como cápsulas de café, pilas, bombillas, CD, DVD, cartuchos de impresora, RAEES e teléfonos móbiles. Estes dispositivos de recollida axudarán a realizar a correcta reciclaxe deste residuos que son altamente contaminantes e que en moitos casos a cidadanía non podía reciclar de forma correcta.

Os contenedores de recollida indicarán de forma gráfica e sinxela en que lugar se teñen que depositar cada un dos residuos, aportando igualmente ás persoas que os utilizan, información de carácter medioambiental para dar a coñecer o seu proceso de reciclaxe.

Rubén González Coto, Concelleiro de Medio Ambiente declarou que “coa instalación destes minipuntos limpos damos un paso máis cara a innovación dentro do sistema de recollida de residuos do concello de Salceda de Caselas, logrando integrar dunha forma amable os puntos de recollida dentro da contorna urbana”.

Por outra banda, a súa parte frontal será utilizada pola Concellería de Comercio que dirixe a alcaldesa Verónica Tourón, como panel de información promocional sobre as actividades comerciais a realizar en Salceda, o que servirá para darlles unha maior cobertura ao sector comercial e hostaleiro.

Verónica Tourón Domínguez, alcaldesa de Salceda, rematou indicando “este modelo de minipuntos permite unha xestión de residuos máis responsable ao mesmo tempo que permite promocionar a actividade comercial local, dunha forma dinámica e integrada no mobiliario urbán do noso concello”.

A Feira do Libro levará a vindeira semana ás rúas de Ponteareas máis de 40 actividades e propostas para todos os públicos

Ponteareas prepárase para acoller unha nova edición da Feira do Libro que, do 14 ao 17 de xullo, encherá a Praza Maior de sinaturas de libros, presentacións, recitais, actuacións e obradoiros para todos os público. Esta nova cita non só permitirá achegar á veciñanza á literatura e á lectura, senón que tamén “permitirá a todas e todos os participantes coñecer de primeira man a moitos autores e autoras que temos na nosa vila e na comarca. Serán catro días nos que continuaremos apostando polo talento local, con actividades para todos os públicos e dinamizando o sector e á propia vila”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

Organizada entre o Concello de Ponteareas e a Federación de Libreiros e Editores de Galicia co apoio da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, a feira contará nesta edición coa participación das librarías Cortizas, Ledo, Milfollas e Terraa. As casetas estarán abertas ao público de 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 22.00 horas, agás o xoves 14, a xornada inaugural, que abrirá só na quenda de tarde, e o sábado 16, que adiantará a apertura da mañá ás 11.00 horas.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a gozar desta nova edición da Feira do Libro “que agardamos que atraia a moito público de Ponteareas e da comarca. Para nós é un orgullo ver como persoas vinculadas aos premios ou obradoiros de escritura creativa do Concello comparten espazo e protagonismo con escritoras e escritores consolidados”.

O programa de actividades comezará o xoves 14 de xullo coa presentación ás 18.00 h da obra de Francisco Álvarez, Koki, ‘Erótica’, á que seguirá Silvia de Pablos (19.00 h) co seu ‘Galician Stories’, Raquel Castro con ‘Planeta Bugallo’ (19 h) e Manuel Monteagudo coa sinatura do seu libro ‘Mar e vento’. Ás 19.30 h será a quenda de Pablo Vázquez e Denís Carballáns, que asinarán exemplares de ‘Son da cidade. O libro da música viguesa do noso século’. Tras a inauguración oficial e lectura do pregón ás 20.00 horas, o público poderá gozar do recital poético de Samuel Merino e Fernán Permuy (20.30 h) e da presentación de ‘O meu sangue’ de Diego Giráldez (21.00 h).

O venres 15 a xornada comezará ás 12.00 h coa sinatura do libro ‘La sonrisa eterna’, de Juan Prieto, e ‘Memorias dun exgalego’, de Josiño Araújo Pérez, e cun obradoiro infantil de banda deseñada. Xa pola tarde, ás 18.00 horas a feira abrirá as súas portas coa sinatura de exemplares de ‘La sonrisa eterna’, de Juan Prieto, e de ‘TAM’, de Anémona de Río, así como coa presentación de ‘Florencio’ por parte de Kiko da Silva e do alumnado do Garaxe Hermético. Ás 19 h a sinatura de libros de María Ovelar complementarase coa presentación de ‘Cartoturxia incompleta da represión’, de Julio Fernández e Raquel Castro, e a actuación infantil de Paco Nogueira, que chegará co seu espectáculo ‘Extra!’. Ás 20 h Teresa Río asinará exemplares de ‘Iris Atalaia’ e Marilar Alexandre presentará ‘Unha presa de terra’, mentres que ás 20.30 h Juan Parcero firmará exemplares de ‘A soidade selénica’ e ás 21 h Daniel Asorey presentará ‘Negras’.

O sábado haberá actividade constante, coas escritoras Finy Sesmonde e Alba López Paredes asinando exemplares das súas obras durante todo o día. Ás 12 h Jessica Rodríguez Piñeiro pechará a feira pola mañá co seu ‘Peúgo, o calcetín melenudo’. Xa pola tarde, Sonia Melón asinará exemplares de ‘Dende a miña xanela’ ás 17 h e, a partir das 18 h, será a quenda dos autores Quinito Mourelle, César Concheiro Guerrico e do obradoiro infantil ‘Argallando’. Esa mesma tarde Artur Alonso Novelhe presentará ‘Mudar o mundo’ (19 h), Irene Montero asinará exemplares de ‘Lúa Nova’ (19.30 h), Francisco Candeira estará con seus ‘Crimes antigos na Galicia Rural – O Condado, 1911-1937’ (20 h) e Charo Pita co seu ‘Retratos en branco e negro’. Xavier Queipo pechará o día coa presentación de ‘Final feliz’.

A feira pechará o domingo 17 cunha intensa programación. Durante todo o día Juan Prieto e Alba López Paredes asinarán exemplares dos seus libros, mentres que ás 12.00 h Jessica Rodríguez Piñeiro chegará a feira co seu ‘Peúgo, o calcetín melenudo’ e Fina Casadelerrey e Luís Soto con ‘O xenio da cidade de sal’. Pola tarde, Sara Vila Alonso e José Manuel Ledo estarán cos seus últimos traballos a partir das 18.00 horas na Praza Maior, mentres que Miguel Sende presentará ‘O negociador’ ás 19 h e Carlos Callón a súa obra ‘O libro negro da lingua galega’ ás 20 horas. A feira porá punto e final a catro días de literatura cun recital poético a cargo do grupo Versos de Area ás 21.00 horas.

Iván Raña, padriño do VII Tríatlon Concello do Porriño

O vindeiro sábado 16 de xullo centos de atletas percorrerán os 25.950 km de circuito do Tríatlon Concello do Porriño, entre eles, o Campión do Mundo, Iván Raña que ademais de participar este ano apadriña o evento.

Este mediodía presentouse a proba deportiva,  que tras o parón derivado da pandemia chega a súa sétima edición, coa presenza do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, os concelleiros de Deportes do Porriño e Tui, Abel Estévez e Rafael Estévez, respectivamente, o Comandante Naval do Miño, Pablo Redondo Belzunce, o Sarxento Primeiro do Posto de Tráfico do Porriño, Daniel Castelo Baz, o Director Deportivo da Fegatri, Carlos David Prieto e o padriño da proba, Iván Raña. Tamén estiveron presentes representantes dos clubs colaboradores.

“Este será o meu primeiro Triatlón como alcalde e é toda unha honra ter contado co respaldo e colaboración total do tecido deportivo do Porriño para os que non teño máis que palabras de agradecemento”, afirmou o alcalde, “Moitísimas grazas a todos e todas os voluntarios e voluntarias, clubs deportivos, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, Concello de Tui, Xunta de Galicia, a todos os que facedes que posible que un evento desta magnitude teña lugar na nosa vila”. O rexedor, lembrou que a inscrición sigue aberta ata as 23:49 h do 12 de xullo e que “a día de hoxe son preto de 200 os inscritos” , animando a todo aquel que queira a “participar e competir, nada máis e nada menos, que cun campión do mundo”.

Pola súa banda, Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, destacou o nivel desta proba que, na súa séptima edición demostra “o deporte non para, que o deporte galego loita contra todas circunstancias e continúa grazas á disciplina”. Lete Lasa quixo poñer en valor a figura de Iván Raña “pioneiro do triatlón galego e grazas ao cal esta modalidade hoxe en día é o que é en Galicia”.

O concelleiro de Deportes do Porriño, Abel Estévez, destacou que “retomar esta actividade é moi importante para nós”  xa que “podemos presumir de ter un tríatlon popular de alto nivel”.

No mesmo sentido se expresou o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, que afirmou que “este ano vai ser unha proba moi bonita” e agradeceu “en especial ao Comandante Naval do Miño xa que grazas a el poderemos ter unha proba de calidade, e tamén aos clubs tudenses, Policía Local e Protección Civil de Tui”

Como cada edición, o tramo de natación sprint é de 750 m, desenvolverase no río Miño fronte á sede da Comandancia Naval de Tui. O tramo de bici é de 20 km entre Tui e O Porriño e finalmente a carreira pedestre cun percorrido de 5 km que se disputa no casco urbano do Porriño.  

Na edición deste ano a iconografía e cartelería xira en torno á bandeira multicor sumándose, tal e como explicou o alcalde, ao “movemento en defensa da diversidade e pola igualdade de dereitos das persoas LGTBIQ+”, en definitiva, “un evento deportivo de alto nivel que reivindica unha sociedade máis libre e respectuosa”.

Mini Triatlón

Os máis pequenos tamén terán a súa proba: o Triatlón Mini. Disputarase o mesmo día en horario de mañá e poden participar os nenos e nenas de entre 4 e 10 anos acompañados por un adulto. O único requisito será saber nadar 25 m ininterrumpidamente e saber andar en bici.

Terán que completar 25 m na piscina municipal, 700 m en bicicleta dende a piscina ata a igrexa e alí farán a transición para encarar os 300 m de carreira a pé dende ata o Concello.

A inscripción está aberta ata o 13 de xuño ou ata completar as 45 prazas.

O goberno de Covelo encarga traballos de limpeza e conservación do cruceiro de ánimas do Santo Cristo dos Aflixidos

0

O Concello de Covelo encarga os traballos de limpeza e conservación do cruceiro de ánimas do Santo Cristo dos Aflixidos. Esta intervención conta co apoio da Deputación de Pontevedra que aportará unha achega de 9.034,44 euros sendo o total do importe de 11.519,20 €.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, explica que o obxectivo fundamental da intervención é suprimir ou minimizar os factores de alteracións actuais e previr, no posible, os futuros. “A actuación que se propón permitirá documentar e valorar o estado real de conservación do monumento e realizar intervencións conservadoras mínimas, que freen os factores de alteración existentes pero que non impliquen un cambio substancial no aspecto que o monumento foi adquirindo co paso do tempo”.

Trinta e cinco anos despois da súa última restauración unha empresa especializada deberá proceder ás delicadas actuacións nas que se deben contemplar aspectos como a orientación, a climatoloxía da zona, a colonización biolóxica, o vento, o efecto da auga, as accións dos cloruros e as formas de degradación dos granitos, entre outros moitos aspectos.

Tres especialistas traballarán durante case un mes na eliminación de plantas, musgos e depósitos superficiais, no saneado das xuntas, no rexuntado, no tratamento de limpeza en húmido do granito e da serpentinita, no lavado de elementos metálicos, pegado de pezas soltas e revisión das pezas pegadas e reconstruídas na intervención anterior.

O tratamento do peto das ánimas será obxecto da eliminación de niños de insectos, da fixación de escamas de pintura por inxección de resinas e protección de policromía entre outras accións.

O cruceiro de ánimas do Santo Cristo dos aflixidos está incluído no  catálogo do Plan Básico Autonómico de Patrimonio Cultural e detenta un nivel e protección integral.

Segundo os expertos constitúe un claro exemplo do que a Unesco define como Patrimonio Etnográfico, é dicir é unha creación dunha comunidade cultural, fundada na tradición, expresada por un grupo de individuos e que reconocidamente responde ás expectadvas da comunidade en canto a expresión da súa idenddad cultural e social.

Unha ollada histórica

Foi custeado por D. Juan Antonio Tielas Fontán, veciño de Covelo ( Castro), doado dende a morte prematura da súa filla. Na súa construción únense a fe, a dor, a aflición, o amor e a

esperanza da familia de Tielas Fontán.

A súa cronoloxía tardía pon de manifesto o raizame do cruceiro como elemento de idenddade dos lugares, onde se conxuga a función relixiosa, protectora e sacralizadora dun determinado lugar, coa función udlitaria de guía e sinal das encrucilladas, neste caso tamén encrucillada vital.

O criterio de intervención se xustifica nas recomendacións realizadas desde ámbitos internacionais, a través das Cartas do Restauro, documentos doctrinales de ICOMOS e nas

directrices procedentes do IPCE sobre os criterios de intervención en materiais pétreos.

Engaden os expertos responsables do proxecto que se conservarán os morteiros orixinais ou de reposición en bo estado que non sexan portadores de sales solubles, e mesmo aqueloutros cuxa eliminación implique danos no material orixinal. A elección dos materiais de restauración basearase na súa reversibilidade e eficacia, sen que alteren os compoñentes da obra, pouco agresivos co medio ambiente e coa saúde dos técnicos que os manexan.

O concello da Guarda chama á cidadanía a facer un uso responsable dos recursos hídricos

0

A auga é un recurso moi valioso que non é ilimitado. Os episodios de seca son cada vez máis frecuentes e por iso, dende o Concello da Guarda, queremos apelar á cidadanía a  facer un consumo responsable dos recursos hídricos. Para iso, recoméndase prestar moita atención aos nosos hábitos, que ocasionan un gran impacto nas reservas hídricas.

Que podemos facer nós para aforrar auga?

  • No lavabo: cando se lave as mans, os dentes ou se estea a afeitar non esqueza pechar a billa cando non o estea a usar a auga.
  • Na ducha: dúchese en vez de bañarse e aproveite para encher recipientes mentres espera a que saia a auga quente.
  • No wc: o inodoro non é unha papeleira, evite tirar da cadea sen necesidade e opte por cisternas de dobre carga priorizando usar a de menor capacidade.
  • Na cociña: se frega a man evite ter a billa aberta se non a está a usar. Empregue o lavalouza e a lavadora cando estean cheos e lavados innecesarios.
  • Coa comida: aproveita a auga de cocción ou de lavar alimentos para regar as plantas e pensa na pegada hídrica á hora de mercar os teus alimentos.
  • Na horta: intenta empregar a mangueira só o imprescindible e, se fose posible, instala rego por goteo e rega ao amencer ou atardecer para evitar evaporacións
  • Coa piscina: tapa a piscina fora de tempada de baño e instala un sistema de limpeza e recirculado  para evitar o seu baleirado e posterior enchido.
  • Coche e terrazas:Evitar malgastar auga no lavado dos cohes e no baleirado das terrazas e balcóns.

Cada un de nós podemos facer moito para ter a calidade e cantidade de auga que precisamos.

Dende o Concello da Guarda se pide á poboación que extremen as precaucións no uso deste ben, faise preciso adoptar medidas de aforro e uso responsable da auga  xa que a estas alturas do verán, todos os modelos meteorolóxicos apuntan a que este verán vai a ser moi seco, co cal todas as precaucións son poucas para evitar cortes de auga. Hai que ter en conta que nestas datas e ata outubro a nosa vila ten un incremento de persoas importante co gasto de auga que iso ocasiona, por todo iso pedimos a colaboración de todos e todas.

A Cañiza celebra a festividade do Cristo da Agonía

0

O vindeiro domingo 10 de xullo, un ano máis, como todos os segundos domingos do mes de xullo celébrase a festividade do Cristo da Agonía na Cañiza.

A do Cristo da Agonía é unha das festividades con máis arraigo e tradición do noso Concello, con máis de 120 anos de existencia. As actividades programadas para a xornada inclúen a realización dun “pasa-rúas” polas vías do casco urbano, que dará comezo ás 11.00, a cargo da Banda de Gaitas Xarabal de Vigo.

A misa solemne será ás 11.30 horas e será cantada pola Coral Polifónica da Cañiza. A continuación, terá lugar a procesión, acompañada pola Banda de Gaitas Xarabal de Vigo.

Ao finalizar a procesión, a banda de gaitas, contratada polo Concello, dará un concerto no cruce entre as rúas Vilanova e Progreso (Cruce Xatomé).

O Concello, tamén un ano máis, colabora coa organización en materia de limpeza e seguridade para que as actividades programadas descorran da mellora maneira e para maior goce dos veciños e visitantes da nosa vila nestas datas estivais.

Nigrán compra 8 novidosas ramplas accesibles para Praia América, Panxón e Patos

0

O Concello de Nigrán ven de investir 17.908 € na adquisición de 8 ramplas flexibles para que os areais de Praia América-Lourido e Patos resulten fácilmente accesibles. Fronte á tradicional pasarela de táboas, este é un sistema diferente porque resulta máis similar a unha alfombra pola súa flexibilidade, permitindo crear carreiros temporais de acceso para peóns e persoas con mobilidade reducida (cadeiras de rodas, muletas, carriños de bebes, bicicletas, etc) en superficies difíciles.

Esta semana quedarán dispostas 2 en Panxón, 4 en Praia América-Lourido e 2 en Patos. As mesmas foron adquiridas á empresa gaditana Novaf Andalucía, están 100 % fabricadas de poliéster reciclado e resultan lixeiras e resistentes pese a súa estrutura flexible e permeable e non teñen cravos ou achas, para maior seguridade dos usuarios.

“Durante a celebración este ano do campionato mundial e nacional de surf adaptado en Patos os propios deportistas e clubes nos recomendaron este sistema como verdadeiro garante da accesibilidade, xa que as táboas ao final se levantan ou rompen fácilmente, polo que non son recomendadas actualmente”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca tamén a facilitade do seu almacenaxe (enrolada) e colocación. Entre os beneficios destas pasarelas están tamén que son antideslizantes e con baixa conductividade térmica, polo que resulta agradable e seguro camiñar sobre elas en calquera situación meteorolóxica.   

“La Bombonera” luce un inmellorable aspecto logo das obras de remodelación da pista

0

O Pavillón Polideportivo Municipal ‘As Marismas’, coñecido popularmente como La Bombonera, luce xa un aspecto inmellorable logo das obras de remodelación de que foi obxecto a única pista desta instalación deportiva e na que o Concello, a través da Concellería de Deportes que dirixe Nacho González, investiu 66 561,59 euros (IVE incluído).

O piso de La Bombonera, de aproximadamente 1000 metros cadrados, moi deteriorado polo paso do tempo e o uso continuado, foi substituído por un pavimento deportivo aerea-elástico con acabado en madeira de faia. Este tipo de piso, explica a alcaldesa Digna Rivas, “foi elixido entre outros por tratarse dun pavimento específico para os lugares nos que se practica o balonmán ou o fútbol sala que son as dúas principais modalidades que se desenvolven neste pavillón”.

A maiores, este tipo de piso tamén está especialmente recomendado para outras modalidades deportivas como o baloncesto, voleibol e bádminton.

As obras consistiron no estendido dunha subbase de espuma de poliuretano flexible de 15 mm e unha barreira antihumidade a base de lámina de polietileno sobre a que se colocou unha capa de listóns de contrachapado fenolico de 12 mm. Por último, sobre ela púxose unha capa de madeira de faia con acabado de barniz de Bona UV sportive específico para o uso deportivo.

As piscinas municipais de Tui serán completamente renovadas ao remate da temporada estival

0

O Concello de Tui, dentro do programa de rehabilitación e mellora da totalidade dos equipamentos públicos, vai acometer ao remate da temporada estival obras de reforma e acondicionamento nas piscinas municipais. O orzamento previsto ascende a 306.238,95 € financiados con cargo ao Plan Concellos da Deputación.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explica que as piscinas  municipais “dende que se crearon non tiveron practicamente ningunha obra de mellora nin de acondicionamento”. Coa actuación proxectada reformarase esta instalación “ para gañar en accesibilidade e que teña un entorno máis harmonioso”.

As obras a executar, segundo o recollido no proxecto, contemplan por unha parte o acondicionamento da edificación coa humanización do espazo exterior inmediato ao edificio, favorecendo a accesibilidade. Levarase a cabo a limpeza do tellado e da pedra de peche, revestindo a parte central da edificación cun panel composite no que se colocará a sinalización do edificio.

Procederase tamén a substitución dos lavabos e espellos, acondicionamento de vestiarios para persoas con discapacidade, reparación das instalacións, pintado exterior e colocación dun novo pavimento na terraza exterior.

Na piscina de adultos, cunhas dimensións de 25m x 12,5 m, será substituído o gresite por revestido cerámico con melloras de impermeabilización, executarase unha rampla interior con pasamáns para acceso para persoas con discapacidade. Tamén se realizará un novo acabado na explanada con inclusión de rexilla cerámica mantendo o sistema desbordante.

Mentres na piscina infantil executarase un novo perímetro de vaso sobre a base existente, transformarase en vaso desbordante pola parte leste, executarase unha zona de xogos con chorros verticais e xogos centrais de choiva. Tamén será instalada un pérgola para xerar sombra.

Amais no proxecto previsto contémplase a substitución da bomba xeral das dúas piscinas e da bomba de filtración. Tamén se prevé a substitución do sistema de clorado por un xerador de ozono que ten maior capacidade desinfectante, menor toxicidade, non ten olor, nin irrita os ollos nin a pel. Ao tempo contribúe ao aforro de auga.

A substitución de válvulas, pernos, un novo cadro de control e mando, e a adecuación de cables e tubaxes forma parte tamén da actuación prevista xunto ao derribo da edificación onde esta maquinaria para construír nunha nova con estrutura metálica apoiada nos muros existentes.

Coa execución deste proxecto, que estará listo para o verán de 2023, a piscina municipal gañará en accesibilidade e eficiencia, ao tempo que contará cunhas instalacións máis modernas.

O Concello de Tui avanza no cumprimento das liñas marcadas pola Axenda Urbana Española e con esta iniciativa responde ao Obxectivo número 2 “Evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente” que propón, entre outros moitos aspectos, “deseñar un sistema de dotacións e equipamentos locais axeitados e equilibrados, cuantitativa e cualitativamente e tendo en conta o criterio da proximidade (…) con especial atención ás zonas verdes e espazos de convivencia…”.

Baiverán 2022, o Concello reafirma a súa aposta pola cultura cun programa “amplo e para todos os públicos”

0

O Concello de Baiona presentou, na mañá de hoxe o programa do Baiverán 2022 que foi definido polo alcalde Carlos Gómez “como a reafirmación deste Goberno local pola cultura que ten que ser un piar básico da sociedade”.

O programa, explicado polo miúdo pola concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, abrangue dende interesantes e atractivos concertos “para todos os gustos e para todas as idades” ata as sesións de Cine na Rúa pasando por monólgos, exposicións, festivais, roteiros ou teatro e cun programa específico para as Festas da Virxe da Anunciada, patroa do municipio e a recuperación do Día de Santa Liberata “unha data de enorme tradición na parroquia de Baiona.

O groso das actividades concentrarase nos días de semana –de martes a venres– porque, tal e como lembraba o alcalde Carlos Gómez, “como municipio de referencia turística, as fines de semana son de afluencia masiva e é preciso darlle protagonismo ao resto dos días”.

Adiántase tamén as horas dos concertos con respecto ao ano pasado, comezando case que todos ás 21:30 horas, un cambio de hora que permite compatibilizar a actividade de ocio coa Ordenanza de Convivencia Cidadá xa que, como apuntaba o rexedor local, “é preciso que a diversión non entorpezca a vida diaria das persoas que, ao día seguinte, teñen que madrugar para acudir aos seus traballos”.

Un municipio como Baiona, que non só é un referente turístico senon, pola súa propia historia, un referente cultural de primeira orde, contará cunha serie de charlas que agrupadas baixo o nome xenérico de O falar das Pedras e co escenario do Multiúsos de Sabarís, tratará temas como Recuperar el patrimonio: el mosaico romano de Panxón, que tivo lugar o pasado 4 de xullo a cargo de Gustavo Pascual Hermida ao que seguirán Barcos de la Baiona medieveal o luns 11 de xullo a cargo de Rosa Villar Quinteiro; Las pasiones: lugares entre el placer y el dolor, luns 18 de xullo, con Elba Pedrosa; La catedral de Tui, el monasterio de Oia y Baiona en la Edad Media. Intercambio de modelos y talleres, luns 1 de agosto charla impartida por Marta Cendón Fernández; Ángel Bedriñana Meana: Príncipe del Azúcar y padre de la Humanidad, luns 8 de agosto a cargo de Víctor Miguel Fernández; Memorias de un cangrejo ermitaño. De Adolfo Valverde Quintas, martes 18 de agosto con Fernando Bartolomé Benito; Restauración y conservación del retablo mayor de Santa María de Baiona. Preservando el patrimonio, luns 22 de agosto con Celia Casás para rematar o luns 29 de agosto con Turismo e arte en la Baiona decimonónica a cargo de José Luis Mateo.

Xullo

Neste mes de xullo é unha mestura, feita con criterio, de teatro, música, cine, monólogos e espectáculos para toda a familia. Así o Parque da Palma acollerá durante toda a xornada do 12 de xullo o I Mercado Mariñeiro. A música correrá a cargo de Gustavo Almeida (xoves 14); Bardos do Rock (venres 15), DJ’s Dumore (sábado 16), La Patrulla (domingo 17), Coral San Lorenzo de Belesar (mércores 20), Volta a Galicia en 6 cordas. Rubén de Lis (xoves 21), Mercedes Peón dentro do Concerto Homenaxe Día de Galicia (venres 22) coa colaboración da Deputación de Pontevedra e no marco da programación de Musigal, Abógriga (sábado 23), Indiana (xoves 28) e Mi madre canta bien (venres 29). Todos os concertos terán como escenario a Praza do Concello a partir das 21:30 horas agás Mi madre canta bien que será na Praza Victoria Cadaval de Sabarís.

O Cine na rúa non queda cinguido ao carco urbano senón que tamén se achega as parroquias. Así o martes 12 no Centro Cultural de Baredo proxectarase, ás 23 horas A todo tren destino Asturias. O martes 19 e na Praza do Concello, tamén ás 23 horas, proxectarase Raya y el último dragón para rematar as proxeccións de xullo o martes 26 con Los Crood 2, una nueva aventura ás 23 horas Praza Vitoria Cadaval de Sabarís.

Pola súa banda o teatro, para moitos a expresión cultural por excelencia, terá o venres 15 no Auditorio V Centenario a representación de La Tempestad a cargo da Compañía Non sí Teatro. Os monólogos un fixo na programación do verán baionés dentro do Baiona con humor, correrán a cargo, neste mes de xullo, de Quico Cadaval (mércores 13) e Isabel Risco (mércores 27) ámbolos dous na Praza do Concello ás 21:30 horas.

O mes de xullo tamén contará con actividades cheas de interese como a actuación do Grupo de Baile Giro’s (martes 12 na Praza do Concello), a Feira de antigüidades e o coleccionismo (domingo 17 no Parque da Palma de 9 h a 21 horas), o espectáculo familiar C’est pas posible da Compañía Sempre Arriba e dentro do programa da Xunta de Galicia Cultura no Camiño, as actuacións da Asociación Folclórica Vila de Baiona (domingo 24) e do grupo de baile Dando la nota (martes 26) ámbolos dous na Praza do Concello ás 21:30 horas e a presentación do libro Aldea Buxán de Francisco Álvarez Koki (venres 29 ás 20 horas no Multiúsos de Sabarís).

O Concello de Ponteareas abre o prazo de solicitude da Aula Matinal do curso 2022/23

O Concello xa ten aberto o prazo de solicitude para inscribir a nenos e nenas na aula matinal dos centros educativos públicos de Ponteareas que, un ano máis, o Goberno municipal subvenciona nos colexios de infantil e primaria tanto no ámbito urbano como no rural.

Este servizo “supón un importante apoio para que as familias poidan conciliar a vida persoal e laboral”, explica a alcaldesa e concelleira de Ensino, Cristina Fernández Davila, que salienta que ao mesmo tempo a aula matinal permite “potenciar o desenvolvemento integral do alumnado, fomentar valores sociais como o compañeirismo e incentivando en cada neno e nena habilidades sociais, actitudes cooperativas, democráticas e cívicas”.

As familias interesadas poderán acceder ao formulario de inscrición a través da páxina web do Concello, descargándoo no espazo dedicado á Aula Matinal no apartado de Ensino, ou ben recolléndoo de forma presencial no Departamento de Ensino na casa do Concello ou nos centros educativos. Unha vez cuberta a solicitude deberá entregarse no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica. O prazo de solicitude remata o vindeiro 20 de xullo.