A Guarda conta con dúas mesas para a práctica do Xadréz ao aire libre

O Concello da Guarda ven de instalar recentemente dúas mesas de Xadréz cos seus respectivos asentos na parte posterior do edificio do Centro Cultural da vila, unhas instalacións que servirán para a práctica do Xadréz, ofertando ademais dun servizo de préstamo de fichas de Xadréz e Damas na recepción do Centro Cultural.

Tomiño recolle case 400 propostas para nomear á nova avenida que rodeará o Seixo

Éxito de participación na recollida de ideas para poñerlle nome á nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo. O Concello de Tomiño recolleu case 400 propostas durante a primeira fase da campaña ‘Ponlle nome!’, un proceso participativo que invita á cidadanía a colaborar na proposta e elección da denominación desta nova rúa que nace co obxectivo de eliminar o tráfico de paso polo centro urbano da vila.

Toalliñas e bastonciños provocan atascos na rede de saneamento municipal da Guarda

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente e da Concellería de Servizos, vén de facer un chamamento conxunto a toda a cidadanía para evitar que materiais como as toalliñas desechables e os bastoncillos non cheguen á rede de saneamento municipal, xa que provocan atascos e o deterioro das tubaxes e estacións de bombeo, en detrimento da calidade deste servizo, provocando ademais un impacto negativo no medio ambiente.

O Sergas asume os gastos de mantemento do Centro de Saúde da Guarda

O pasado martes día 15 de xaneiro de 2019 o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a directora xeral de Recursos Económicos do Sergas, María Jesús Piñeiro Bello, asinaron o acordo para a asunción dos gastos do Centro de Saúde PAC da Guarda por parte da Consellería de Sanidade, unha vella reivindicación, trala cal o Concello da Guarda cede a titularidade do Centro de Saúde a Sanidade.

Eu Rural arranca o ano cun curso de escaparatismo e paquetería comercial en Tomiño

A Escola Eu Rural comeza o 2019 cun novo curso de formación en Tomiño. Dende o pasado 17 de xaneiro e até o 30 do mesmo mes, o municipio acolle 'O ben feito, ben parece', unha actividade formativa organizada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural (entidade responsable da execución da Medida Leader 2014-2020), e que ten como obxectivo principal axudar a crecer e mellorar o comercio local, dando ferramentas a todas as persoas para mellorar as ventas dos negocios e facelos máis competitivos.

Suscribirse a este canal RSS