Exposición 'Vento nas velas' de Xurxo Lobato en Baiona

Dende este sábado 8 de xuño ata o vindeiro 7 de xullo ámbolos dous inclusive, veciñanza e visitantes poderán gozar, no marco incomparable do paseo Ribeira de Baiona, da exposición fotográfica 'Vento nas Velas' do fotógrafo Xurxo Lobato. A mostra, organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Baiona, está composta por cinco grandes cubos expositivos de carácter didáctico, pensada para achegar ao público a cultura marítima da nosa provincia.

O C.B. Nigrán, campión da fase de ascenso senior

O equipo Sénior masculino do C.B. Nigrán proclamouse, o pasado día 1 de xuño, campión da Fase de Ascenso, conseguindo así unha praza na Segunda División para a próxima tempada. Os de Nigrán conseguían dar este importante paso a falta dunha xornada, na que mañá sábado enfrontaránse ao Salesianos Vigo, sendo ata o de agora o único equipo invicto. 

O Goberno de Nigrán apremia ao equipo redactor a axilizar a tramitación do PXOM

O goberno de Nigrán reuniuse esta mañá con Alfonso Botana, arquitecto responsable da redacción PXOM no municipio, para axilizar a tramitación do documento despois da paréntese electoral da corporación, xa que se trata dunha dunha cuestión prioritaria e urxente para o Concello. Neste encontro, o equipo técnico confirmou que confía en ter resoltas antes de finais de ano tódolos requerimentos, incluído o de Patrimonio que está sendo xa informado, tal e como hoxe foi confirmado dende a Xafatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo.

Éxito da VII Festa da Empanada en Gondomar

Como todos os anos e coincidindo coa conmemoración do día das Letras Galegas, celebrouse en Gondomar, desde o xoves 16 ata o domingo 19 de maio, a sétima edición da “ Festa da Empanada”, organizada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI, en colaboración coa Concellería de Comercio do Concello de Gondomar. A cita gastronómica tivo unha gran acollida entre veciños e foráneos que se achegaron ata Gondomar para gozar desta delicia culinaria tan presente en Galicia.

Carmela Silva visita as obras na rúa da Igrexa e o Castro de Chandebrito

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Nigrán, Juan González, e concelleiras e concelleiros do goberno municipal, visitou esta mañá a parroquia de Chandebrito para coñecer as labores de escavación, consolidación e restauración do seu castro, así como as actuacións de mellora na rúa da Igrexa, situada na contorna. Esta última actuación, que conta cun orzamento de 60.350 euros, finánciase a través do Plan Concellos 2018.

Suscribirse a este canal RSS