11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasNace 'Fálame Delas' para rescatar as historias das mulleres de Baiona

    Nace ‘Fálame Delas’ para rescatar as historias das mulleres de Baiona

    Nos museos, nos nomes das rúas, na lista de nomeamentos dos premios Nobel, nos libros de historia, na memoria colectiva, na memoria local… a pregunta é onde están as mulleres? A pesar dos obstáculos e a discriminación, moitas estiveron aí deixando a súa pegada na historia da humanidade, marcando un punto de inflexión na súa época. Pero non aparecen, non están. Foron completamente borradas do mapa. Esquecidas. Silenciadas. Invisibilizadas. Condenadas a permanecer na sombra. É hora de rescatalas.

    A través do proxecto “Fálame Delas” a Concellaría de Igualdade do Concello de Baiona busca historias das mulleres do municipio, historias que deben ser contadas.

    A través do email falamedelas@baiona.gal a cidadanía poderá enviar las incribles e admirables historias das veciñas da Vila, moitas delas relegadas a un segundo plano, outras directamente silenciadas e invisibilizadas, outras tantas canto menos ignoradas por unha sociedade androcentrista na que parece que só os homes contribuíron á historia da humanidade. A historia de Baiona tamén se escribe en feminino.

    En caso de non ter correo electrónico a información pódese mandar por correo postal á dirección do Concello de Baiona, Rúa Lorenzo da Carreira, S/N, 36300 Baiona, Pontevedra, especificando “Concellería de Igualdade”. Ademais, a concellaría instalará en cada un dos centros escolares municipais unha caixa de correos para a recollida específica destas historias.

    É importante deixar un contacto para poder comunicarse con a persoa que achega a historia, para ampliar información ou solicitar material gráfico si fose posible. As persoas interesadas en dar luz ás historias das mulleres de Baiona poderán facelo até o 15 de outubro.

    “A idea é que a veciñanza mande historias de mulleres que coñecen ou coñeceron, avoas, tías, nais, veciñas, etc. Queremos recompilar historias da nosa Vila vividas pola outra metade que case nunca conta”, sinala a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas.

    “Dar luz ás súas historias non é só renderlles homenaxe a todas esas mulleres da nosa localidade. É tamén concederlles o lugar que merecen. É construír un futuro no que non falten referentes fundamentais para as mulleres. É poder dicirlle a unha nena de hoxe que “si elas puideron, ti podes”, finaliza.

    O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, sinala que “ Temos claro que o que non se nomea, non existe, por iso esta campaña e moi imporntae para visibilizar as mulleres da nosa Vila. Este Concello aposta firmemente por avanzar nos valores da igualdade de xénero desde a administración, como exemplo a seguir polo resto da cidadanía na construción dunha sociedade de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Entre todos contruímos unha Baiona mais igualitaria”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.