23 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: vehículos eléctricos

    Oia adquire un novo vehículo eléctrico coa axuda da Xunta

    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o concello de Oia, que recibiu unha axuda de máis de 28.000 euros grazas ao Fondo de Compensación Ambiental para a compra de un vehículo.

    Tomiño saca a licitación a instalación de dous puntos de recarga de vehículos eléctricos

    Ao abeiro da estratexia para camiñar cara a unha economía baixa en carbono, eliminando de maneira progresiva o emprego de combustibles fósiles e reducindo as emisións, Tomiño vén de sacar a licitación a concesión para a instalación, xestión e mantemento de dous puntos de recarga de vehículos eléctricos.

    A Cañiza contará con puntos de recarga para vehículos eléctricos en tres localizacións diferentes

    A Cañiza contará nos próximos meses con puntos de recarga para vehículos eléctricos, un novo servizo á cidadanía no que o Concello presta o uso privativo durante 10 anos de espazos públicos á empresa Acciona Recarga, S.L. (anteriormente denominada Cargacoches SL) para o uso, mantemento e explotación de 4 cargadores eléctricos neses bens de titularidade municipal.

    Tomiño conta cun novo vehículo eléctrico para o servizo de compostaxe local

    O Concello de Tomiño vén de adquirir un novo vehículo con distintivo ambiental cero emisións de CO2 para o servizo do persoal encargado da Implantación e xeralización da Compostaxe.

    A Policía Local de Tui conta un vehículo eléctrico financiado cunha achega do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu esta semana, na Casa do Concello, á directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, xunto ao membros da corporación municipal de Tui.

    A Policía Local de Tui incorpora un vehículo 100 % eléctrico ao seu parque móbil

    A Policía Local de Tui conta dende hoxe cun vehículo 100 % eléctrico. Trátase dun Hyundai Kona cunha autonomía de 300 quilómetros. Foi adquirido polo Concello de Tui cargo ao Fondo de Compensación Ambiental financiado pola Xunta de Galicia. O investimento realizado ascende a 38.349,74 € incluíndo tanto o importe da adquisición do vehículo coma a instalación dun punto de recarga na nave municipal en Guillarei.

    Nigrán estrea a primeira ‘electroliñeira’ de cara rápida de Galicia situada nun espazo público

    O Concello de Nigrán ven de estrear esta mañá unha electroliñeira de Iberdrola ao carón do Centro de Negocios do parque empresarial Porto do Molle e contará nos vindeiros días con outra igual en Panxón, o que sitúa novamente ao municipio na vangarda das políticas medioambientais de España. Así, a localidade ostenta o récord de electroliñeiras en Galicia (dispón desde 2018 dunha semi-rápida municipal e gratuíta pegada á Casa do Concello) e é a única da comunidade que, ademais, ten todas situadas en espazos públicos.

    A Delegación do Goberno anima á cidadanía a aproveitar a convocatoria galega do Programa MOVES para fomentar o uso dos coches eléctricos

    O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, animou hoxe á cidadanía, empresas e administracións a aproveitar a convocatoria publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia para fomentar o uso do coche eléctrico e a mobilidade eficiente. Esta convocatoria, que xestiona a Xunta con fondos procedentes do Goberno de España, “ofrece a oportunidade de renovar o parque móbil dos galegos e a súa forma de trasladarse favorecendo o uso de medios menos contaminantes e máis sostibles”.

    A Xunta convoca as axudas ao Plan Moves para fomentar a mobilidade eficiente e sostible

    O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica mañá a convocatoria de axudas da segunda edición do Plan Moves para fomentar unha mobilidade eficiente e sostible. O programa, que xestiona a Vicepresidencia Económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, contará cunha dotación orzamentaria de 5M€.

    Nigrán bonifica o imposto de rodaxe aos vehículos eléctricos, híbridos e a gas

    A aposta do Concello de Nigrán polo medioambiente, dista moito de ser unha mera declaración de boas intencións –como por desgraza acontece noutros concellos– senón que é unha filosofía de traballo que dende o pasado mandato desenvolve o executivo de Juan González coa aplicación de medidas concretas, ben estudadas...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.