Tag: semana das ciencias
A Semana das Ciencias de Ponteareas promove a igualdade a través dunha exposición
“O mar das mulleres” chegou a Ponteareas da man do obradoiro da profesora María Lorenzo “A maleta dos océanos”. A coordinadora do grao de Educación Primaria na facultade de Pontevedra traballou cos pequenos a vida no mar pero, esta vez, dende outra perspectiva.
Arrancou a VI Semana das Ciencias con obradoiros para primaria e conferencias para a ESO
A sexta edición da Semana das Ciencias arrancou onte en Ponteareas baixo o título “Sostibilidade e Cambio climático”. A alcaldesa e concelleira de Ensino, Cristina Fernández. Davila, abriu o programa de actividades visitando o CEIP Feliciano Barrera de Guláns.
A VI Semana das Ciencias conecta Ponteareas coa comunidade científica
Visibilizar a importancia da ciencia no noso día a día e conectar á cidadanía ponteareá coa ciencia é o obxectivo da Semana das Ciencias, así o resume a alcaldesa e concelleira de Ensino, Cristina Fernández Davila, que dende hai seis anos organiza e desenvolve esta exitosa programación.
Ponteareas adianta a súa Semana das Ciencias
O Concello de Ponteareas organiza unha nova edición da súa Semana das Ciencias, coa que se busca brindar ao público a oportunidade de coñecer da man de expertas e expertos universitarios os misterios da ciencia.
V Semana das Ciencias, ponte entre o alumnado ponteareán e as persoas vinculadas as ciencias das universidades galegas
“Unha vez máis o alumnado dos nosos centros educativos e o seu profesorado superou as expectativas amosando un amplo interés pola ciencia, realizando traballos de complexidade e calidade e participando nas distintas conferencias ofertadas”, adianta a alcaldesa en funcións e concelleira de Ensino de Ponteareas, Cristina Fernández Davila ao facer un primeiro balance da Semana das Ciencias
Cristina Fernández, “tivemos que reinventarnos para que a Semana das Ciencias mantivera o seu interese sen contacto persoal”
A Semana das Ciencias de Ponteareas chega, neste mércores, ao seu ecuador. A pandemia, as lóxicas precaucións e medidas de seguridade sanitaria, fixeron que esta edición tivera que reinventarse, literalmente falando, para manter unha iniciativa que logo de cinco anos, é un referente a seguir tanto dentro coma fora de Galicia.
A Semana das Ciencias de Ponteareas pranta cara á COVID-19 e afronta a súa quinta edición
“A nosa natureza é sabia e nela podemos atopar solucións e axuda, por iso debemos velar pola súa protección. Nesta quinta edición da Semana das Ciencias de Ponteareas abordaremos a estreita relación entre a Vida Verde e a Vida Azul”. Así daba a benvida hoxe a alcaldesa en funcións e concelleira de Ensino, Cristina Fernández Davila, aos centros educativos de Ponteareas, que ata o vindeiro día 16 participarán nas distintas actividades dunha edición que desafía á COVID-19 reformulándose para celebrarse de xeito seguro.