Tag: SAF
O Concello de Nigrán amplía o servizo de axuda a domicilio para poder duplicar beneficiarios
O Concello de Nigrán vén de adxudicar o ‘Servizo de Axuda no Fogar’ a empresa 'Atendo Calidade' aumentando a licitación de 165.000 €/anuais a 580.000 € e primando por vez primeira a calidade sobre a oferta económica.
A Xunta impulsa o novo local de axuda no fogar de Mondariz e o ecoparque do Rosal
A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, vén de impulsar a habilitación do novo local do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Mondariz e a creación do ecoparque infantil O Sobreiral, no Concello do Rosal, ao abeiro das axudas da orde para a mellora de infraestruturas e equipamentos de uso público do ano 2021.
A Deputación cofinanciará os servizos sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes
A Deputación de Pontevedra mobiliza este 2022 preto de 2,5 millóns de euros (2.481.074 €) parao Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais dos 51 concellos de menos de 20.000 habitantes.
Mos remata o ano coa renovación do contrato do SAF
O Pleno do Concello de Mos aprobou en Pleno por maioría dos seus membros (todos os votos a favor agás o de GañaMos en contra) a adxudicación do contrato do Servizo de Axuda no Fogar que seguirá a prestar a mesma empresa que o facía ata o de agora.
O Goberno de Nigrán aproba cuadriplicar o orzamento do SAF e dá luz verde ao segundo rescate municipal da hostalería
O Concello de Nigrán cuadriplicará o orzamento destinado ao servizo de axuda a domicilio, o que permitirá duplicar o número de usuarios ao incrementarse de 165.000 € anuais a 580.000 €.
O persoal do Servizo de Axuda no Fogar de Tomiño recibe a primeira dose da vacina contra a Covid-19
Esta semana as 44 traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Tomiño recibiron xa a primeira dose da vacina contra o Covid-19. Así o comunicou a empresa adxudicataria do servizo, IDADES SL, quen informou que seguindo o Plan de Vacinación de Galicia o persoal de axuda a domicilio está considerado colectivo prioritario.
Onte iniciouse a vacinación das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Mos
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, informaron que ao mediodía de onte comezaron as vacinacións contra a COVID-19 entre o persoal do Servizo de Axuda no Fogar, SAF, do Concello de Mos. En total serán vacinadas un total de 53 traballadoras. No día de onte recibiron a vacina un total de 30 traballadoras e nos vindeiros días vacinaranse as 23 restantes.
Os populares da Cañiza denuncian que hai 43 dependentes en lista de agarda, mentres que hai sen adxudicar 940 horas de axuda no fogar
No pleno celebrado o pasado 28 de xaneiro, o Partido Popular da Cañiza formulou unha pregunta dirixida á concelleira de benestar social, sobre as horas de asistencia no fogar que o Concello tiña pendentes de asignar e para que explicase cantas persoas se atopaban en lista de agarda.
O Concello de Salceda de Caselas licita o SAF por 2.895.894,26 €
O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Salceda ven de aprobar por unanimidade o proceso de licitación do servizo de axuda no fogar (SAF) para os vindeiros 4 anos, por un importe de 2.895.894,26 €.