21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: provedores

    O Rosal convoca un Pleno Extraordinario para aprobar o recoñecemento extraxudicial de crédito

    O Concello do Rosal celebrará este mércores 25 de marzo un pleno extraordinario urxente para aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para que a Administración poida pagar coa maior axilidade posible as diferentes facturas pendentes sen esperar ao fin da crise sanitaria. A sesión celebrarase a porta pechada e coa asistencia mínima de concelleiros e concelleiras.

    O PP de Salceda vota, unha vez máis, en contra de pagar as facturas dos provedores

    O Equipo de Goberno do Concello de Salceda lamenta o acontecido na Comisión Informativa celebrada onte, onde unha vez máis o Partido Popular de Salceda "seguiu na liña de votar en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que permitirá o pago de 783.121,60 € a diferentes provedores do Concello de Salceda", sinala o executivo local.

    O Goberno porriñés “garante o pagamento a provedores fronte a política de atrancos do PP”

    O Goberno Municipal de Porriño co apoio da maioría da corporación “garante o pagamento ós empresarios e proveedores de Porriño fronte á política de atrancos do PP que ainda non asumiu que non gobernará este concello neste mandato”, manifestou Eva García de la Torre, alcaldesa da vila.

    O PP do Porriño asegura que “se suceden” as sentenzas por impago a provedores aos que se lle rexeitan as facturas

    O PP do Porriño denunciou o que cualifica de "goteo de sentenzas condenatorias ao Concello do Porriño por impago a provedores". Nesta ocasión, sinalan os populares porriñeses, o xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra ven de condenar á entidade local a pagar 468.000 euros, aos que se suman...

    O PP do Porriño asegura que o Concello “debe 5,7 millóns de euros a provedores”

    O portavoz e presidente do PP do Porriño, Alejandro Lorenzo, cualificou de "nefasta" a xestión do goberno municipal que provocou que na páxina oficial do Ministerio de Facenda figure como "o concello da provincia de Pontevedra –de menos de 20.000 habitantes– coa maior débeda a provedores". A xestión do executivo...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.