18.3 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO PP do Porriño asegura que "se suceden" as sentenzas por impago...

    O PP do Porriño asegura que “se suceden” as sentenzas por impago a provedores aos que se lle rexeitan as facturas

    O PP do Porriño denunciou o que cualifica de “goteo de sentenzas condenatorias ao Concello do Porriño por impago a provedores”. Nesta ocasión, sinalan os populares porriñeses, o xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra ven de condenar á entidade local a pagar 468.000 euros, aos que se suman costas xudiciais e intereses de demora, á empresa encargada da xestión da piscina municipal.

    O fallo xudicial chega tras o recurso presentado pola empresa que, explica o portavoz popular, Alejando Lorenzo, “levaba anos sen cobrar polos servizos prestados”. Tal e como veñen denunciando os populares, as facturas deste provedor de servizos eran rexeitadas polo Goberno Municipal de maneira reiterada, pese estar acreditado que o servizo se estaba prestando e contar con partida orzamentaria destinada a facer frente ao pago deste servizo, partida cuxos fondos se estaban a desviar a outros fins.

    “Mentres as sentenzas condenatorias se suceden, a alcaldesa continúa sen dar explicacións de ningún tipo sobre a facturación rexeitada e a manipulación de parte destas facturas”, afirma Alejandro Lorenzo quen chega a cualificar a situación de “estafa ás empresas que prestan servizos e subministros ao Concello do Porriño, así como ao erario municipal que non ten porque asumir as costas xudiciais e intereses”.

    Tal e como refire o voceiro dos populares, a devolución de centos de facturas por importe de 5 millóns de euros –evitando que a facturación se fiscalice por parte dos servizos de intervención–, “supón un grave perxuizo para moitas empresas e autónomos que non cobran polos seus traballos” polo que, asegura o portavoz do PP, esixiremos que se cumpla o contemplado no informe do Secretario Municipal e a alcaldesa ou concelleiro correspondente ordenador do gasto das facturas rexeitadas responda co seu patrimonio”.

    Dende o grupo municipal do Partido Popular continúan esperando unha explicación da rexedora que evita rendir contas ante o pleno e iniciar o proceso de revisión de oficio solicitado polos populares para proceder ao pago das facturas pendentes a provedores.

    O PP solicitou no seu momento “que se investigue a facturación rexeitada para proceder a elaborar a correspondente proposta de recoñecemento extraxudicial que facilite o pago a provedores, sen ter ata o momento resposta”.

    A negativa da rexedora a iniciar esta investigación da facturación que permitiría proceder de xeito transparente e legal ao pago a provedores supón para os populares unha nova mostra da “opacidade na xestión económica e política do executivo que preside Eva García”.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS