8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis

    Tag: motonáutica

    Tui acolle a primeira proba do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60

    O río Miño ao seu paso por Tui acolle esta fin de semana primeira das tres probas do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60. Participarán pilotos galegos, entre eles o vigués Keko Pereira, cataláns, andaluces e o inglés Cristian Burguess.

    Tomiño acolle o vindeiro sábado a 3ª etapa do VII Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica

    O Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño) acolle o vindeiro sábado, 28 de maio, a 3ª etapa do VII Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica.

    A Federación Galega de Motonáutica impartirá un novo curso en Tomiño para obter ou renovar a licencia de navegación

    A Federación Galega de Motonáutica impartirá en Tomiño un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación. Impartirase o sábado 10 de abril, sendo o día 6 o último día para apuntarse.

    A Federación Galega de Motonáutica recibe o título de Real, xunto a vela e fútbol, “a tríade rexia das federacións deportivas galegas”

    O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación do título de Real concedido á Federación Galega de Motonáutica e que foi celebrada na Casa do Deporte de Vigo.

    Tomiño alberga a última proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica

    O Espazo Fortaleza de Goian, no Municipio de Tomiño, alberga este sábado a quinta e última proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, recta final que tras varias xornadas de competición lideran os noieses José Barrio e Pilar Sarmiento.

    Unha vintena de persoas obteñen a licenza de navegación en Goián

    O curso celebrouse o pasado 1 de agosto, para poder obter a LICENZA DE NAVEGACIÓN, en Goián - Tomiño. Matriculáronse 22 persoas, das cales 15 fixeron o curso completo (teoría e práctica) e 7 só fixeron a parte práctica porque xa estaban en posesión da Autorización Federativa e por tanto valídaselle a parte teórica.

    A Federación Galega de Motonáutica imparte en Tomiño un novo curso aberto para obter ou renovar a licencia de navegación

    O vindeiro sábado, 1 de agosto, pola mañá, a Federación Galega de Motonáutica, impartirá coa colaboración da Concellería de Deportes de Tomiño, un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación. Carlos Estévez, vocal da federación, e Marcos Casaleiro, colaborador, mantiveron este mediodía unha reunión co concelleiro de Deportes, Fran Campo, para ultimar os detalles da acción formativa teórico-práctica.

    Tui, escenario da primeira proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica

    Este vindeiro sábado, 25 de xullo a partir das 11 horas, tui acollerá a primeira proba do 'Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica', que se celebrará o vindeiro sábado, 25 de xullo, en Tui a partir das 11:00 horas. Esta primeira proba abre a que será a quinta edición deste Campionato que ten como obxectivo principal o fomento do deporte náutico en persoas con discapacidades físicas.

    A Guarda acolleu a terceira proba do IV Campionato Galego inclusivo

    O club Deportivo Sen Amarras ven de celebrar a terceira proba náutica do IV Campionato Galego Inclusivo, disputada o pasado sábado día 27 de xullo no Porto da Guarda, enmarcada na celebración da Festa do Peixe Espada. A principal característica da proba é a integración, contando coa participaron de 12 equipos de diferentes localidades, formados por persoas con e sen discapacidade, empregando unha embarcación adaptada que pode ser patroneada de maneira fácil e sinxela.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.