Este vindeiro sábado, 25 de xullo a partir das 11 horas, tui acollerá a primeira proba do ‘Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica’, que se celebrará o vindeiro sábado, 25 de xullo, en Tui a partir das 11:00 horas. Esta primeira proba abre a que será a quinta edición deste Campionato que ten como obxectivo principal o fomento do deporte náutico en persoas con discapacidades físicas.
Trátase de probas de regularidade –unha mestura de competición, pericia e demostración de coñecimentos náuticos– nas que cada equipo formado por duas persoas e cunha embarcación adaptada para persoas con distintos graos de discapacidade, fai un percorrido tipo slalom de aproximadamente un cuarto de milla e no que se valora o tempo, o correcto viraxe de boias, maniobras de atraque, maniobras de fondeo…