O club Deportivo Sen Amarras ven de celebrar a terceira proba náutica do IV Campionato Galego Inclusivo, disputada o pasado sábado día 27 de xullo no Porto da Guarda, enmarcada na celebración da Festa do Peixe Espada.
A principal característica da proba é a integración, contando coa participaron de 12 equipos de diferentes localidades, formados por persoas con e sen discapacidade, empregando unha embarcación adaptada que pode ser patroneada de maneira fácil e sinxela. Sendo o mais importante o correcto desenrolo do trazado, e non o tempo deste, por tratarse dunha proba de regularidade.
[su_slider source=”media: 4175,4176,4173″ link=”lightbox” height=”400″ title=”no” centered=”no” autoplay=”8000″]
A proba foi organizada pola Federación Galega de Motonáutica e o Club Sen Amarras, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o Concello da Guarda, Orpagu(Organización de palangreiros Guardeses), Xunta de Galicia, Deporte Galego, Galicia Saudable e a Comandancia Naval do Miño.