Tag: melgaço
‘Dous povos. Um só território’, Arbo e Melgaço reabren a súa fronteira
A Ponte Internacional que une de Arbo e Melgaço, pechada dende o pasado 17 de marzo, volveu a ser o punto de unión entre "Dous povos e um só território" como sinalaba a pancarta que, no acto simbólico de reapertura da fronteira, portaban o alcalde de Arbo, Horacio Gil e o presidente da Câmara Municipal de Melgaço, Manoel Batista.
Un monumento da Escola de Cantería homenaxeará en Melgaço ao galeguista Xosé Velo
A localidade portuguesa de Melgaço acollerá, este venres 6 de decembro, a inauguración do monumento en homenaxe ó político galego Xosé Velo Mosquera e ao propio pobo da vila portuguesa "por servir de acubillo ós galegos fuxidos durante a Guerra Civil e a posterior barbarie franquista". A peza, un monólito de granito silvestre de 178 centímetros de alto por 126 de largo e 56 de fondo, foi elaborada polo alumnado da Escola de Cantería e xurdiu dun convenio entre a Fundación Lois Peña Novo e a Deputación de Pontevedra.