Tag: maría castro
Redondela celebrará entre os días 8 e 16 de maio as Xornadas de Exaltación do Choco
O Concello de Redondela non celebrará este ano a Festa do Choco, unha das celebracións senlleiras do municipio e, no seu lugar, desenvolverá entre os días 8 e 16 de maio unhas Xornadas de Exaltación do Choco que buscan, non só seguir poñendo en valor un produto gastronómico de excelencia estreitamente ligado ao nome de Redondela, senón tamén contribuír á reactivación da hostalaría e restauración, un dos sectores máis duramente golpeados pola crise da COVID-19.
O Concello de Redondela denuncia o abandono, por parte da Xunta, das obras da PO-250 iniciadas hai preto de dous meses
“As obras que a Xunta de Galicia iniciou hai dous meses na PO-250 Redondela-Pazos, a parte de non resolver os graves problemas desta estrada, están, nestes momentos, no máis absoluto abandono”, afirmou hoxe a alcaldesa Digna Rivas. Hai dous meses, responsables da Xunta, “nun claro acto de falta de lealdade institucional”, engade a rexedora local, “acudían ao inicio das obras, acompañados por membros do PP de Redondela. Dous meses despois, as obras están sen rematar incrementando a inseguridade viaria da estrada”, engade a rexedora local.
Redondela asegura que as obras da PO-250 que realiza a Xunta “non resolven os problemas desta estrada” e non teñen en conta as peticións municipais
“As obras que se realizan na PO-250 Redondela-Pazos por parte da Xunta de Galicia non resolven os graves problemas que ten esa estrada e se perde a oportunidade de facer unha reforma de calado”, afirmou hoxe a alcaldesa Digna Rivas ao valorar uns traballos que comezaron hai unha semana sen que, tal e como se acordara no seu momento, houbera unha xuntanza previa para estudar as melloras propostas polo Goberno local.
Redondela acenderá o alumeado de Nadal mañá venres coincidindo co ‘black friday’ do comercio local
As rúas e prazas de Redondela encheranse mañá, ás 18 horas, de luz e cor co acendido do alumeado de Nadal que o Goberno municipal quixo facer coincidir co 'black friday' do comercio local como medio para dinamizar as rúas e contribuír á recuperación deste sector “fundamental para a recuperación económica do municipio”, sinalaron a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Comercio, María Castro.