11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaÚltimos días para inscribirse no II Concurso de Escaparates de Entroido de...

    Últimos días para inscribirse no II Concurso de Escaparates de Entroido de Redondela

    O certame está aberto a todos os establecementos que posúan vitrina incluíndose, amais dos comercios, as oficinas ou centros formativos

    Por segundo ano consecutivo, as Concellerías de Eventos e Promoción Económica, que xestionan a alcaldesa Digna Rivas e a concelleira María Castro, respectivamente, veñen de convocar o Concurso de Escaparates de Entroido, unha iniciativa que busca “incentivar e premiar aos e as comerciantes que, co seu esforzo, apoian a promoción e mellora da imaxe do comercio cunha decoración especial dos seus escaparates”.

    Trátase, explica a alcaldesa Digna Rivas, de crear “non só un ambiente agradable, acorde coas datas de entroido nas que nos atopamos, senón ofrecer un aliciente engadido ao comercio local e unha ferramenta para dinamizar as compras nestas datas”.

    No concurso poderán participar todos os establecementos comerciais que teñan unha vitrina cara a rúa. É dicir, que non só estará aberto aos establecementos comerciais, comerciantes polo miúdo e almacenistas de Redondela, senón tamén a todos aqueles establecementos que teñan unha vitrina como poden ser, por exemplo, un despacho de oficinas ou un centro formativo, entre outros.

    A inscrición no concurso será de balde, debendo realizarse no correo electrónico concursoescaparatesentroido@redondela.gal. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 18 de febreiro de 2022 e o comercio deberá ter preparado o seu escaparate antes do día 25 de febreiro.

    Outorgaranse tres premios, quedando algún deserto se o xurado estímao oportuno: Premio á orixinalidade e innovación, Premio á composición e deseño tradicional e Premio especial do público dotados, os tres, con 30 cuñas de publicidade na Radio Municipal de Redondela a partir do mes de abril de 2022, agasallo corporativo e diploma acreditativo.

    Pola súa banda, as veciñas e veciños que compren ou consuman nos establecementos participantes terán a oportunidade de votar para outorgar o premio especial do público. O poderán facer dende o 28 de febreiro ata ás 14:00 horas do 4 de marzo de 2022, nunha urna situada na Casa do Concello depositando nela o seu vale debidamente cumprimentado e selado polo establecemento.

    Os nomes dos comercios gañadores serán publicados na páxina web oficial do Concello www.redondela.gal e nas redes sociais corporativas; serán convocados para que asistan ao acto de entrega de premios.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.