Tag: desinfección
Digna Rivas asegura que “Redondela é segura” e que as desinfeccións de lugares públicos “nunca se deixaron de realizar dende marzo”
“Non se pode consentir que, en plena pandemia, un partido político utilice a mentira, a falsidade e a terxiversación para alarmar á poboación coa única intención de sacar beneficio político”, asegurou hoxe a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, logo de que o PP afirmase que o Concello “non leva a cabo a desinfección de lugares públicos dende hai 10 días”.
O Concello de Baiona realiza unha desinfección xeral no Pavillón Municipal de Deportes
O Concello de Baiona realizou unha desinfección xeral no Pavillón Municipal de Deportes durante a pasada fin de semana. Este reforzo na limpeza súmase á desinfección diaria que se realizan na pista central, na pista de pádel, na sala de máquinas, na sala multiusos e nas oficinas do edificio municipal.
O Concello comeza a realizar desinfeccións diarias nos colexios e garderías
O Concello do Porriño comezará hoxe xoves, 1 de outubro, a realizar as desinfeccións diarias dos colexios públicos e das dúas escolas infantís segundo os protocolos anti-covid. Trátase dunha competencia impropia que o Concello realiza pero que non lle corresponde. De xeito que, como outros concellos limítrofes (Gondomar ou Nigrán), realizase polo axuntamento que despois facturará os gastos á Xunta de Galicia que é a administración que ten esa competencia.
O Rosal investirá preto de 30.000 euros na desinfección dos centros públicos
O Concello do Rosal asumirá o custo das tarefas de desinfección dos centros educativos do municipio por responsabilidade co ensino público e coa saúde de todas e todos. Non obstante, a administración local é unicamente responsable da limpeza dos centros escolares pero non da súa desinfección.
Tomiño reclamará á Xunta os gastos xerados pola desinfección dos centros escolares
Tomiño súmase á reivindicación para que a Xunta dote de suficiente profesorado e persoal aos centros escolares, garantindo así a actividade educativa ao longo deste curso en calquera dos escenarios posibles. O Concello aprobou este xoves unha moción similar á presentada de forma conxunta por BNG e PSdG-PSOE e aprobada en sesión plenaria na Deputación de Pontevedra, na que se solicita ao goberno autonómico que asuma a responsabilidade e adopte medidas que son da súa competencia.
Tui precinta e vala a zona inferior do parque infantil dos xardíns de Troncoso ante os numeros actos vandálicos rexistrados
O Concello de Tui procedeu onte ao precintado e vallado da parte inferior do Parque Infantil situado a carón dos Xardíns de Troncoso, no Paseo Familia Álvarez Blázquez. Esta decisión vén motivada polos reiterados actos vandálicos que estaban a rexistrarse nos distintos elementos do parque que foran renovados recentemente tras o seu acondicionamento para cativos e cativas de 0 a 5 anos, cun investimento de 13.752,38 €, e que estaban aínda pendentes de rematar polo que esta zona estaba xa precintada.
O Concello das Neves cumpre co seu compromiso de asumir as limpezas adicionais e desinfeccións dos centros de ensino
O Goberno Local, vai custear os gastos derivados das limpezas e desinfeccións necesarias para cumprir coas necesidades de seguridade actuais. O embolso, por un total de 3.970 € mensuais de gasto adicional ao que xa se vén facendo, inclúe actuacións no colexio, nas escolas unitarias, no Pavillón Municipal, e no Centro de Día.
O Concello de Arbo reforza a limpeza e desinfección no C.E.I.P Antonio Carpintero
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional e o conselleiro de Sanidade aprobaron pola resolución conxunta do 22.07.2020 o Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, que inclúe no seu apartado 4 as medidas xerais de limpeza. Consonte as referidas medidas, cada centro disporá dun protocolo de limpeza e desinfección que formará parte do Plan de adaptación a situación COVID-19 no curso 2020/2021.
O informe solicitado polos concellos non arroxa dúbidas: a desinfección dos centros escolares non é competencia dos municipios
“A desinfección dos centros escolares con motivo del Covid‐19 de infantil, primaria e especial non é competencia propia dos municipios e supón unha ampliación das mesmas que excede da pura limpeza”. De esta forma conclúe o informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra que foi solicitado por concellos da provincia, como xa ocorreu noutras zonas do estado, para coñecer o alcance real do “Protocolo de Adaptación ao contexto da Covid‐19 nos Centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020‐2021” das Consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Sanidade da Xunta de Galicia.
O Concello de Nigrán desinfecta todos os accesos aos centros educativos e marquesiñas ante o inicio do curso escolar
O Concello de Nigrán, a través da empresa municipal de limpeza CESPA, iniciou esta semana as labores de desinfección na contorna dos colexios, coincidindo co inicio do curso escolar, e noutras zonas máis sensibles como as marquesiñas onde os nenos esperan o autobús e son moi concorridas.
Arbo adopta medidas preventivas fronte á COVID-19 contratando os servizos dun camión atomizador
A Concello de Arbo, vén de adxudicar o contrato de 'Servizo de desinfección mediante pulverización con camión como medida de prevención da COVID-19' á empresa que leva realizando a desinfección con camión atomizador nos últimos meses. A empresa adxudicataría conta con toda a maquinaria e os medios persoais para seguir realizando estes traballos por todas as parroquias. O custe dos produtos desinfectantes correrán a cargo do concello de Arbo e as desinfeccións serán semanais cun importe total de 15.000,00 €.
Posta a punto das Escolas Infantís de cara á súa reapertura en setembro
O Concello de Mos está a traballar para que de cara á súa reapertura en setembro, as tres Escolas Infantís da Rede A Galiña Azul, da Porteliña, Cototorrón e Veigadaña, estean en perfecto estado e con todas as medidas de seguridade ante a COVID-19 instaladas.
O Concello de Redondela desinfecta o exterior dos Centros de Día que retoman a súa actividade hoxe
O Concello de Redondela desenvolveu onte traballos de desinfección exterior nos catro centros de día que funcionan no municipio ante o inminente inicio da súa actividade. O Goberno redondelán ofreceuse a realizar estas tarefas para “garantir, en todo momento, a seguridade sanitaria dos veciños e veciñas que utilizan estes servizos”.
Font acusa a Cores Turís de “mentir sen pudor” e pide a Feijóo “que free ao seu delegado que só busca a confrontación”
O deputado Carlos Font lamentou hoxe que o delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, Cores Tourís, “minta sen pudor de ningún tipo cando acusa falsamente á Deputación de Pontevedra de ameazar con deixar de desinfectar os centros de saúde”. “Tourís minte, e faino con todo descaro, porque a Deputación está cumprindo a orde da Xunta de desinfectar os PAC dos concellos co persoal do Consorcio Anti Incendios.
Arbo intensifica a campaña de desinfección coa axuda dun camión atomizador
O Concello de Arbo vén de contratar unha empresa especializada para que, coa axuda cun camión atomizador, proceda á desinfección de todas as zonas do municipio. Con esta iniciativa o Concello que preside Horacio Gil quere dar continuidade ao traballo iniciado antes do estao de alarma e ao que suma novas medidas preventivas.
Mos reforza a limpeza e desinfección nas zonas rurais ante a inminente saída da veciñanza para facer deporte
O Concello de Mos inicia o reforzo da limpeza, desbroce e desinfección de zonas rurais, zonas verdes e áreas de lecer de cara ao permiso individual dunha hora por adulto para saír a facer deporte a partir do sábado 2 de maio.
O Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Deputación súmase ás tarefas de desinfección na provincia
A Deputación de Pontevedra segue a dar pasos na loita contra a pandemia da COVID-19 na provincia. Neste caso, a partir de hoxe mesmo o Consorcio provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento incorpórase ás tarefas de desinfección nos concellos da provincia de máis de 5.000 habitantes.
Baiona agradece á empresa ‘Akiwater’ o préstamo de maquinaria para desinfección con ozono
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, agradeceu hoxe no seu nome e no de toda a Corporación Municipal, “o xesto solidario da empresa Akiwater” ao prestar ao Concello unha máquina de desinfección con ozono para utilizar no material que empregue o persoal municipal no desenvolvemento das súas funcións.
O Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios realizou 160 desinfeccións en centros de saúde e residencias da provincia
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá a labor dos profesionais do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPDCIF) de Galicia que levan realizadas 160 desinfeccións en centros de saúde e residencias de maiores e discapacitados nas comarcas do Salnés, Pontevedra, Morrazo, Deza, Baixo Miño e Condado-Paradanta dende que comezara a súa colaboración de maneira preventiva no marco da situación de emerxencia declarada por mor do coronavirus.
Viticutores de Arbo súmanse ás tarefas de desinfección contra o COVID-19
Ás tarefas de desinfección programadas polo Concello de Arbo e que contaron, dede o inicio coa colaboración das adegas As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal, sumaronse tamén os viticultores do municipio que colaboran, coa súa maquinaria á desfinfección do municipio.
Nigrán agradece á Subdelegación do Goberno e Brilat a “celeridade”na desinfección da residencia Serge Bellavista
O Concello de Nigrán agradece publicamente á Subdelegación de Goberno de Pontevedra e á brigada Brilat a celeridade e bo facer na desifección o pasado sábado da residencia de maiores Serge Bellavista, ubicada en Priegue, onde o día 1 de abril o test do covid-19 arroxara un resultado postivo nunha anciá que estivo totalmente asintomática. Ante a petición do Concello e da residencia de realizar unha desinfección das instalacións a resposta foi inmediata e o traballo inmellorable.
A Brilat colabora na desifección da ‘Residencia Monte Tecla’ da Guarda
As xestión realizadas polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, posibilitaron que o pasado venres 3 de abril, integrantes da Brilat trasladáranse á Guarda para realizar tarefas de desinfección na residencia da terceira idade, Monte Santa Tecla.
Tres adegas de Arbo colaboran na desinfección de mobiliario urbano, colectores e núcleos de poboación
O Concello de Arbo intensifica estes días a desinfección das rúas, zonas de paso dos veciños e veciñas así como parques e xardíns, coa finalidade de minimizar o risco de infección por coronavirus. Estas tarefas, realizadas coa colaboración de tres adegas de Arbo, As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal lévanse a cabo seguindo os protocolos establecidos, supervisados e coordinados polo alcalde, Horacio Gil
As Neves intensifica os traballos de desinfección en toda a vila para reducir ao máximo as posibilidades de contaxio
O Concello das Neves segue adiante cos traballos de limpeza en todas as parroquias e no centro, de cara a reducir ao máximo a posibilidade de contaxio por COVID-19. Á labor desenvolvida para a desinfección realizada nos lugares máis transitados-coma gasolineiras, farmacias, supermercados, panaderías, bancos, parada de taxis, tendas, o Centro de Saúde, prazas ou a oficina de Correos, –ademais de todos os edificios públicos– seguiu esta pasada fin de semana a das illas e contedores do lixo, repartidos por 331 puntos das Neves.
Ponteareas reforza a desinfección diaria das rúas cun tractor atomizador
Desde a noite do pasado martes, o Concello de Ponteareas reforzou a desinfección diaria de rúas coa posta en servizo do tractor municipal de desbroces dotado cun atomizador para pulverización. O atomizador, unha sulfatadora de grandes dimensións con capacidade para 1.500 litros, foi facilitado desinteresadamente por adegas Martín Codax.
O Areeiro elabora unha Guía de Limpeza e Desinfección de espazos públicos para todos os concellos da provincia
A Deputación de Pontevedra está a enviar a tódolos concellos da provincia unha guía gráfica cos protocolos de limpeza, baldeo e desinfección correctos na limpeza viaria para combater a pandemia causada polo coronavirus. O documento, elaborado polos técnicos da Estación Fitopatolóxica O Areeiro, parte do protocolo publicado polo Ministerio de Sanidade e incorpora pautas e consellos moi útiles para que o persoal municipal encargado deste servizo poida realizalo coa maior eficacia