20 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosPosta a punto das Escolas Infantís de cara á súa reapertura en...

    Posta a punto das Escolas Infantís de cara á súa reapertura en setembro

    O Concello de Mos traballa para que estean en perfecto estado no inicio do novo curso escolar e para elo os concelleiros Camilo Augusto e Sara Cebreiro visitaron e supervisaron esta mañá os 3 edificios

    O Concello de Mos está a traballar para que de cara á súa reapertura en setembro, as tres Escolas Infantís da Rede A Galiña Azul, da Porteliña, Cototorrón e Veigadaña, estean en perfecto estado e con todas as medidas de seguridade ante a COVID-19 instaladas.

    Durante todo o vindeiro mes de agosto acometeranse nas 3 Escolas Infantís Municipais da Galiña Azul obras de mantemento e reparacións necesarias derivadas do habitual uso das instalacións, así como labores de acondicionamento dos xardíns e outras actuacións como cambio de parte da grifería para adaptala á nova normativa anti COVID-19 e dos dosificadores de papel polo mesmo motivo.

    Deste xeito todas as dependencias quedarán adaptadas aos novos protocolos de uso das mesmas, onde se impartirán as clases en grupos burbulla, grupos dun número reducido de nenos/as.

    Para detectar e contrastar as necesidades de cada centro a concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, participou este mes no Consello Escolar das 3 escolas infantís, nas que ademais da dirección dos centros tamén estiveron presentes membros das ANPAs e, durante o mesmo, recolléronse todas as necesidades das escolas e informouse dos novos protocolos de métodos e productos de limpeza que se instaurarán nos centros educativos a partir de setembro, e que son diferentes aos existentes ata o de agora.

    Para ultimar detalles, repasar e confirmar in situ as necesidades das escolas infantís e coordinar os prazos de execución dos traballos a realizar en agosto, a concelleira de Política Social Sara Cebreiro, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, visitaron esta mañá as instalacións das 3 Escolas Infantís A Galiña Azul mosenses: Porteliña, Cototorrón e Veigadaña.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.