9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: club natación ponteareas

    Excelente papel do Club Natación Ponteareas no ‘Campionato de España de longa distancia’ celebrado en San Gugat, Barcelona

    Grandes resultados dos nadadores e nadadoras do Club Natación Ponteareas no Campionato de España de Longa distancia, celebrado onte na piscina de 50 m do Centro de Alto Rendemento de San Cugat (Barcelona) con cronometraxe electrónica. Por unha banda, magnífica cuarta posición final na clasificación conxunta feminina e masculina; por outra e a nivel individual, subliñar a medalla de ouro, coma Campión de España, de Pablo Cabana nos 5.000 m Júnior-1 (55:54.90) a máis de 30 segundos do seguinte clasificado.

    O Club Natación Ponteareas proclámase campión galego na clasificación conxunta

    O campionato galego de natación de inverno, en piscina de 25 metros, chegou co comezo de ano e disputouse do 3 ao 5 de xaneiro de 2021. Como en todas as competicións que se celebran actualmente, estableceuse un protocolo fronte á Covid-19 que obrigaba a que se celebrase sen a presenza de público.

    Sigue por streaming o Trofeo Amizade de Natación

    O club natación Ponteareas e o complexo deportivo Álvaro Pino retoman a súa axenda de competicións e eventos e convidan a gozar da celebración do XXI Trofeo Amizade que terá lugar esta fin de semana na piscina municipal. A empresa xestora do complexo acordou celebrar este trofeo a porta pechada para garantir a seguridade sanitaria tanto das e dos propios participantes como das usuarias e dos usuarios habituais da piscina municipal que non poderán adestrar mañá sábado ao estar só aberta para os e as participantes no trofeo.

    O CNPonteareas consegue un total de 14 medallas e álzase coa victoria na categoría Máster no Campionato Galego de Natación en Augas abertas

    Onte domingo, día 13, disputouse no encoro do Pontillón (Pontevedra) o IV Campionato Galego de Natacion en augas abertas. Tratábase da 1.ª proba oficial en augas abertas que se celebraba en Galicia tras o parón das competicións ocasionada pola Covid-19. A temperatura da auga non permitiu o uso de neopreno. O formato da proba e os/ as nadadores/ as adaptáronse ao protocolo establecido pola organización para previr o contaxio da Covid-19.

    Doblete para o C.N. Ponteareas no Campionato Galego de Fondo

    O Club Natación Ponteareas vén de pechar unha extraordinaria fin de semana ao proclamarse Campión Galego de Fondo na categoría máster, por partida doble, nos campionatos galegos disputados na piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela onde o equpo ponteareán competía nas probas dos 800 e 1.500 metros.

    O Club Natación Ponteareas presenta os equipos para a tempada 2019-2020

    O Club Natación Ponteareas presentou a súa tempada 2019-2020 nun acto celebrado no auditorio municipal Reveriano Soutullo e que contou coa presenza do alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a concelleira de Deportes, Nahir Covelo e a concelleira de vías e Obras, Chus Garrote.

    Preto de 200 deportistas converten a Freixa nunha auténtica festa da natación

    Preto de 200 nadadores e nadadoras déronse cita este pasado domingo, 18 de agosto, na Freixa en Ponteareas para converter as augas do Tea nunha auténtica Festa do Deporte. A cuarta edición da 'Travesía a Nado Vila do Tea', organizada polo Club Natación Ponteareas e a Federación Galega de Natación, bateu récord de participación e consolídase como un referente do Circuito Galego de Augas abertas do sur de Galicia.

    O Club Natación Ponteareas asecende á División de Honra da natación galega

    O pasado sábado, 18 de abril, a piscina do Real Club Náutico de Vigo acollia a disputa da final da Liga Galega de clubs, cita que outorgaba dúas prazas para participar, na vindeira tempada, na máxima categoría da natación galega: a División de Honra. O máis que meritorio segundo...

    O equipo feminino do C.N. Ponteareas, campión galego de Fondo Máster

    A piscina de Carballo-Calero no concello coruñés de Carballo acolleu, este domingo, 17 de marzo, as probas do Campionato Galego de Fondo na categoría Máster. O equipo feminino do Club Natación Ponteareas formado por Nuria Mutilba, Marta Abreu, Vero Varela, Clarisa Gesto, Paula González, María Lourdes Melón y María Acuña,...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.