Tag: baile
Nigrán ofrece un baile de Samaín e chocolatada este luns
O Concello de Nigrán ofrece este luns 1 de novembro de 17:00 a 18:00 horas no Auditorio Municipal un baile de Samaín dirixido a todo tipo de públicos e co único requerimento de acudir co disfraz máis terrorífico posible.
A Guarda acolle este sábado un espectáculo de baile e música da Man de “O Fiadeiro”
Este sábado día 7 de agosto o Auditorio de San Benito da Guarda será o escenario dun espectáculo de Baile e Música a cargo de “O Fiadeiro” e que terá inicio ás 20:30h da tarde.
Fusión de bailes este verán para a mocidade do Rosal
Ao abeiro da programación de lecer destinada á mocidade rosaleira, o Concello do Rosal pon en marcha este verán un obradoiro monográfico de baile moderno no que os rapaces e rapazas maiores de 12 anos mergullaranse en distintos tipos de danzas.
Mos homenaxea a Patricia Martínez polos seus 17 títulos de Campioa de España de Baile Deportivo
Esta mañá celebrouse no Concello de Mos a recepción á bailarina mosense, Patricia Martínez. Patricia é 17 veces Campioa de España de Baile Deportivo e a fin de semana do 20 e o 21 de marzo erixiuse Campioa de España Profesional Standard e Latinos
As Meninas, Campioas Galegas Danza Coreográfica
O grupo As Meninas de Patricia Martínez, xunto coa propia Patricia, foron recibidas onte pola tarde na Praza do Concello pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Cultura, Turismo e Igualdade, Sara Cebreiro, para felicitalas polo título de Campioas Galegas de Danza Coreográfica acadado o pasado mes de decembro.
O bailarín mosense Rubén Cabaleiro reúnese co conselleiro de Cultura para estudar posibles colaboracións coa Xunta
O bailarín mosense Rubén Cabaleiro Campo, solista do Ballett am Rhein (Ballet do Rin) –compañía de ballet das cidades alemás de Düsseldorf e Duisburg– reuniuse esta mañá co Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e pola concelleira mosense de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro.
Patricia Martínez acada un novo Ouro no Campionato de España Profesional Standard 2019
O Salón de Sesións do Concello acolleu esta semana a recepción á bailarina mosense Patricia Martínez logo de proclamarse Campioa de España Profesional Standard 2019. Na recepción, Patricia estivo acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; as concelleiras de Deportes e Cultura, Begoña Toucedo e Sara Cebreiro, respectivamente, e demais membros do equipo de Goberno local e membros da Corporación Municipal.
Alto Minho, Salvaterra e Vilanova de Arousa prepáranse para vivir «O Mundo a Dançar»
Coa organización do Grupo Folclórico da Casa do Povo de Barbeira, entre o 27 de xullo e 5 de agosto desenvolverase, a unha e outra beira do río Miño, o «34º Folk Monção O Mundo a Dançar» que, como en anteriores edicións, promete volver a encantar a milleiros de persoas nos espectáculos...