8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán participa o venres 19 no proxecto de LIBERA...

    O Concello de Nigrán participa o venres 19 no proxecto de LIBERA ‘1m2 por los ríos’

    A xornada de limpeza desenvolverase desde as 11:00 horas na desembocadura do río Muíños en Praia América

    O Concello de Nigrán únese este venres 19 de marzo por vez primeira ao Proxecto LIBERA ‘1m2 por los ríos’ cunha xornada matinal de limpeza na desembocadura do río Muíños en Praia América. Os interesados en participar deben inscribirse en turismo@nigran.org antes do xoves 18 de marzo aportando os seus datos persoais, DNI e teléfono de contacto, sendo o aparcadoiro fronte as pistas de Gaifar o punto de encontro ás 11:00 horas. Recoméndase levar luvas, botella de auga e calzado axeitado.

    Esta acción voluntaria forma ten como obxectivo no es sólo liberar á natureza de lixo, senon caracterizar e tipificar o refugallo que en cada punto de se atopa. A xornada desenvolverase coas medidas de seguridade e prevención necesarias para salvagardar a saúde dos participantes.

    Paralelamente, baixo o lema ‘Plántalle cara aos plásticos’ o Concello e a asociación ecoloxista ‘Amigos da Terra’ manteñen activa esta campaña para que os conviventes aproveiten os seus paseos pola praia para recoller lixo. A acción é recoñecida premiando a cada grupo cun diploma de ‘Familia Concienciadora’, unha guía de aves do ecosistema dunar Praia América-Panxón e un paquete de sementes florais atraentes de insectos polinizadores, claves para a supervivencia do planeta. Os interesados en participar tan só teñen que descargar unha ficha da web www.nigran.org e cubrila durante a limpeza, facer unha foto de grupo co lixo obtido e enviar os dous documentos a comunicacion@nigran.org. O Concello instalou cadanseu ‘peixe tragaplásticos’ en Praia América e Patos para depositar aí o lixo e facer máis visible a campaña, pero resulta igualmente convinte que os participantes o tiren en contedores separativos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.