Mércores, 15 Xaneiro de 2025

O CB Nigrán presenta as súas novas equipacións na festa de inicio de tempada

O acto, que tivo lugar a pasada fin de semana, comezou co desfile dos nove equipos que competirán esta tempada vestidos coas novas equipacións que adquiriu o club.

O primeiro equipo que tivo o honor en aparecer na pista foi o equipo sénior, e logo, a continuación, fixeron aparición o equipo junior masculino, os dous equipos cadetes masculinos, o cadete feminino, o infantil masculino, o equipo alevín, o benxamín e o peche ao desfile púxoo o equipo baby, os máis cativos do club.

Xunto aos equipos, desfilaron os seus respectivos adestradores que, baixo a dirección deportiva del Club, levarán a cabo o traballo conas diferentes categorías a lo longo de toda a tempada.

Ao acto acudiro, o deputado de Deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez, o alcalde do Concello de Nigrán, Juan González e o concelleiro de deportes, Luis Sanromán, ademais doutras autoridades.

Tras finalizar o desfile, e antes de que se realizase a foto final de grupo, o club quixo obsequiar aos adestradores e ás autoridades que colaboran co club, agradecendo así a labor desinteresada que realizan.

A presidenta do CB Nigrán, Nuria Gómez, pechou o acto co desexo aos xogadores que de gocen dunha boa tempada.

[su_image_carousel source=”media: 47147,47145,47144,47143,47142,47141,47140,47137,47139,47138″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]