O Concello de Nigrán pecha mañá o prazo de inscrición para o roteiro guiado polo educador ambiental Antón Lois de identificación e recoñecemento das herbas de San Xoan nos montes de Camos. Os interesados deben realizar inscrición previa no mail secretariap@nigran.org ao estar as prazas limitadas por medidas de seguridade sanitaria e presentarse ás 18:00 horas en Camos (Xogo de Bolos, onda a Comisión de festas). A duración aproximada é de 2 horas e a dificultade baixa.
Mellor sementar que arrincar. Máis alá das súas propiedades máxicas (que esto sempre é relativo) estas herbas son plantas silvestres, algunhas delas sensibles e ameazadas, que compre coñecer e poñer en valor a súa contribución a manter o equilibrio ecolóxico e o seu papel fundamental como indicadoras dun ecosistema ben conservado.
Quérese, polo tanto, facer unha proposta novedosa: e si, en lugar de recolectar as plantas, recollemos as súas sementes para facer na casa un pequeño viveiro de herbas de San Xoán? Podería ser unha boa alternativa para que manter as tradicións non sexa incompatible coa conservación da natureza.