12.2 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán comezou os actos do "Ano Palacios" coa presentación dun libro sobre...

    Nigrán comezou os actos do “Ano Palacios” coa presentación dun libro sobre o legado do arquitecto

    O Concello iniciou este sábado, coa presentación do libro ‘O legado de Antonio Palacios en Nigrán’, os actos polo 150 aniversario do nacemento do célebre arquitecto porriñés, fito que se cumplirá en xaneiro de 2024. O resultado desta obra de investigación, contratada ao tamén arquitecto Álvaro Bonet (Editorial Engaiolarte), foi presentado no CPI Arquitecto Palacios de Panxón para facer coincidir a data e a localización coa inauguración do Templo Votivo, a súa obra cume e que se estreou o 16 de Outubro de 1937. Á presentación acudíu o propio autor desde Madrid, o alcalde de Nigrán, Juan González; Xosé Fernández Puga pola editorial Engaiolarte; o fotógrafo Xulio Gil; e o catedrático de Historia del Arte da Universidade de Santiago, Jesús A. Sánchez García.

    “Temos en Panxón a obra relixiosa máis representativa de Palacios, un arquitecto recoñecido internacionalmente pola súa trascendencia no deseño de Madrid e ao que a capital de España consagrará o ano 2024; en Nigrán non podemos ser menos, queremos festexar este fito e promover a súa pegada no municipio”, incide Juan González, alcalde de Nigrán e quen, como historiador, louba o resultado obtido por Bonet. “Revisou durante anos documentación do Arquivo Municipal e de diferentes institucións, conquerindo información ata agora descoñecida que se plasma neste libro, asi que non podemos estar máis orgullosos”, incide. González refírese á obtención de documentos inéditos que agora saen á luz, entre os que destacan fotos novas da construción do Templo Votivo, cartas do arquitecto dando instruccións sobre a obra ao párroco ou debuxos a man alzada da igrexa de Santiago de Parada.

    Entre esta documentación inédita sobresae un plano orixinal da súa proposta de reordenación urbanística de Panxón, feito curioso porque se encadraba no seu ambicioso plan de reforma da cidade de Vigo (aprobado en 1932 e anulado durante a Guerra Civil) e que abranguía tamén unha nova organización comarcal.

    A correspondencia fluida desde Málaga co cura de Panxón, Jesús Espinosa, retrata a un Palacios meticuloso que dá instruccións precisas sobre a propia dirección da obra e reflexa o gran avance na construción cando se conseguía un aumento da recadación popular e o atraso cando sucedía o contrario, asi como o silencio absoluto na Guerra Civil debido á incomunicación entre Madrid (a súa residencia, en bando republicano) e Galicia (no bando sublevado desde o inicio). Bonet destaca destas cartas o absoluto detallismo de Palacios nos seus planos, debuxos e comentarios ao respecto, asi como a súa gran confianza no construtor José Mogimes, do que figuran diferentes fotos. Nunha destas misivas, o arquitecto rexeita modestamente “asinar” unha lápida co seu nome para o Templo Votivo, tal e como lle pide Espinosa.

    Igualmente, Bonet rescata un plano de 1942 sobre o “conxunto do santuario do Mar” que incluía ao carón do Templo Votivo un mosteiro ou un claustro, e do que simplemente se materializou a rectoral e o orfanato (actualmente CPI Arquitecto Palacios e desvinculado da igrexa). Como fito curioso, o libro repreoduce os seus debuxos a man alzada da igrexa de orixe románica de Santiago de Parada en 1944, descoñecidos por completo ata agora e nos que únicamente titula ‘Estudos Arqueolóxicos Santiago de Parada’, sen que se coñeza con qué finalidade os realizou (inclúen a planta, a sección ou restos pictóricos da ábsida xa desaparecidos e omite todos os engadidos modernos).

    Outro dos grandes descubrimentos da investigación de Bonet é que o chalé de Praia América bautizado como ‘Nidito de Amor’ (rúa Rans, 38) atribuído desde sempre a Palacios, é en realidade obra do seu amigo Gómez Román (autor tamén do Monumento á Mariña Universal en Monteferro), sen embargo, ratifica que o veciño hoteliño de Sileno (pseudónimo do avogado e famoso caricaturista) si é de Palacios. Igualmente, destaca Bonet que existíu un proxecto de Palacios para o seu irmá Xosé en Gaifar porque atopou unha licencia de construción de 1936, pero se descoñece en que quedou e non hai máis expediente ao respecto.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.