Tag: arquitectura
O Arquitecto Antonio Palacios, será o protagonista dunha gran exposición no Museo do Mar de Galicia
O Museo do Mar de Galicia acollerá a partir do mes de setembro unha gran mostra sobre o legado e traxectoria do arquitecto Antonio Palacios. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, na presentación do libro Antonio Palacios. Soños de modernidade. Compromiso con Galicia.
O...
Gondomar distinguido co Premio Gran de Área de Aportación á Arquitectura 2020
O proxecto de recuperación do contorno do Peto de Ánimas de Piñeiro, desenvolto polo arquitecto Santos Vila González, foi distinguido con este galardón que, anualmente, concede o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), e que destaca o proxecto por recuperar e poñer en valor o camiño histórico que unía a vila coa Igrexa de San Miguel, en Peitieiros.
O Porriño iniciou hoxe os actos do ‘Ano Arquitecto Antonio Palacios’ para dar a coñecer a obra do arquitecto porriñés
Coa colocación dunha coroa de dalias brancas e loureiro no cemiterio municipal, o Concello do Porriño deu inicio aos actos do 'Ano Arquitecto Antonio Palacios' coa ocasión do 75 aniversario do seu pasamento que se cumpre hoxe o 27 de outubro.
Música, arquitectura e ecoloxía centran as actividades da Deputación para esta fin de semana
A oferta de actividades sostibles da Deputación non decae neste inicio de outubro. Así, música, arquitectura e coidado do medio ambiente centran a programación provincial nos concellos de Cangas, Vigo, Nigrán e Baiona.
María Fandiño, premio ‘Simonetta Bastelli’ de arquitectura pola ‘Explanada do Horizonte’ do Rosal
A arquitecta María Fandiño acaba de gañar o premio internacional de arquitectura e natureza Simonetta Bastelli na categoría xove polo seu proxecto para a Explanada do Horizonte do Rosal. O xurado destacou o traballo feito por Fandiño nesta obra na que, tras un “atento e minucioso análise de coñecemento do lugar e da súa historia evolutiva, propón un novo capítulo para o seu desenvolvemento, cun deseño mínimo pero eficaz, utilizando técnicas e materiais que aínda sendo propios do sitio constrúen a súa nova identidade”.
Os roteiros literarios e de arquitectura toman o relevo na programación “Re-acción cultural” da Deputación
A Deputación de Pontevedra segue a camiñar na “Re-Acción Cultural” da provincia coas dúas novas edicións dos Roteiros Literarios e os de Arquitectura que se levarán a cabo nos meses de setembro e outubro por diversos espazos da provincia. A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, destacou hoxe na presentación destas actividades a colaboración respectiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e da Academia Galega de Belas Artes, cuxos representantes Césareo Sánchez Iglesias e Celestino García Braña participaron no acto.
A Guarda inaugura este domingo a mostra «Arquitectura en porispán»
Este domingo día 18 de agosto a Casa dos Alonso acolle a inauguración da Exposición «Arquitectura en Porispán», contando con varias obras de Ramón González González, baixo a organización de Infomaxe coa colaboración do Concello da Guarda.