O alcalde socialista de Nigrán e candidato ás municipais de maio, Juan González, aposta pola continuidade na súa lista para concurrir ás eleccións do 26 de maio despois de catro anos nos que, como goberno, traballaran arreo conforme ao ‘Nigrán para todos’ que sempre buscaron conseguir.
“Teño claro que nos quedan moitas cousas por facer, moitas cousas por facer xunto aos veciños e veciñas. Somos un equipo unido e solvente cun proxecto en marcha dende 2015 que non se pode parar, temos por diante un futuro prometedor e cheo de retos que cumprir “, sinala Juan González, alcalde socialista de Nigrán e que, novamente, se compromete “cen por cen” co municipio. “O noso xeito de gobernar e xestionar xa quedou reflexado neste tempo e seguirá así, situando ás persoas por riba de todo. Agora buscamos a maioría suficiente que nos permita axilizar tódolos proxectos que temos en marcha e os que queremos iniciar xa”
Así, nesta lista que concorre as elección do 26 de maio repiten nos mesmos postos Raquel Giráldez Armas, actual teniente de alcalde, concelleira de Facenda, Desenvolvemento Local e Contratación no número 2; Diego García Moreira, concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Persoal no número 3; Rubén Rial Sánchez, concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos Urbanos e Seguridade no número 4; José Luis Sanromán Román, concelleiro de Educación e Deportes no número 6; e Alfonso Vázquez, concelleiro de Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio no número 7. Como novidade, incorpórase no número 5 Nuria Lorenzo, veciña de Chandebrito catedrática de Canto, solista e directora coral. Os seguintes postos o conforman persoas tamén moi comprometidas socialmente e que pertencen as filas do PSOE, como as mestras Bibiana Peixoto e Marina Vidal no número 8 e 9 respectivamente. Patricia Diego Travieso, de San Pedro; Cristina Dosil Valverde de Parada e María Mayán Areal de Priegue ocuparán os postos do 10 ao 12.
A lista a completan Ladislao Alonso Valverde (13) de San Pedro; 14, Mariluz Pérez Vidal de Camos; 15, José Fernández Rodríguez, de Nigrán; 16, Luciano Iglesias Costas de Chandebrito; 17, Auri Brión Toucedo de Panxón; 18, Jesús Costas Grabín de Nigrán; 19, Joaquina Barros Sanromán de Panxón e no 20 Rafael Castro de la Cruz de San Pedro.
“Nigrán está en marcha, un Nigrán para as persoas está en marcha e buscamos a maioría suficiente para poder continuar construíndoo”, sinala González, quen sitúa novamente “a transparencia e participación veciñal como eixo transversal da acción política nos vindeiros catro anos”.